Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

  • Código do centro: 32003643
  • Nome do centro: CPI “Virxe dos Remedios”
  • Enderezo do centro: O Toural. Castro Caldelas. 32760. Ourense.
  • Teléfono do centro: 988 687 830
  • Web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpivirxeremedios
  • Email do centro: cpi.virxe.remedios@edu.xunta.gal
  • Oferta Educativa: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria

 

Datos estadísticos
(fonte información: PXA 2023-2024)

No.Profesorado

  • Educación infantil: 2
  • Educación primaria: 5
  • ESO: 11
  • PT ESO: 1
  • AL infantil e primaria: 2
  • Relixión Católica: 1

No.Alumnado

  • Educación infantil: 23
  • Educación primaria: 41
  • ESO: 41

 

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

  • Incardinación do Plan Dixital nos proxectos do centro:

Contribución ao Proxecto Educativo do Centro. O Plan Dixital desenvolve fundamentalmente de forma directa -sen prexuízo da súa incidencia noutros- o obxectivo seguinte do PEC: “Potenciar a utilización das novas tecnoloxías como recurso educativo”

  • Contribución a Programación Xeral Anual do curso 2023-2024. 

A realización do Plan Dixital está prevista no obxectivo específico c) da PXA 2023-2024

 

 

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

2.2.1.-Autoavaliación SELFIE
Entre os días 1 e 15 de decembro de 2021, o equipo directivo, o profesorado e alumnado do centro realizou un cuestionario como ferramenta de diagnose elaborada pola Comisión Europea (SELFIE) polo que se recollía o grao de valoración e satisfación (nunha escala 1-5) sobre items baseados nos descriptores do Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg). Pódense consultar os resultados no anexo no.01.

2.2.2.-Test CDD ou SELFIE FOR TEACHERS
No mes de febreiro de 2022, o profesorado deste centro realizou o test de competencias docentes que como ferramenta de autodiagnose elaborou a Comisión Europa (SELFIE FOR TEACHERS ou Test CDD) baseada nos descriptores do Marco Europeo para a Competencia Dixital Docente (DigCompEdu). Pódense consultar os resultados no anexo no.02.

 

Interno
45 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Prexuízos e falla dun ambiente positivo nas aulas dificultan o ambiente colaborativo entre o alumnado Alumnado Non
Debilidade Necesitamos mellorar na verificación da información que recibe o alumnado a través da rede Alumnado Non
Debilidade O profesorado considera que o alumnado debe mellorar na seguridade e responsabilidade no manexo das novas tecnoloxías Alumnado Non
Debilidade O alumnado non valora como suficientemente atractivo os recursos e actividades dixitais empregadas polo profesorado Alumnado Non
Debilidade A falta de interés e motivación por parte do alumnado dificulta as experiencias de autoregulación e autovaliación da aprendizaxe coas novas tecnoloxías Alumnado Non
Debilidade Baixa implicación por parte do alumnado e as súas familias nos avances dixitais educativos Familias Non
Debilidade Falta de preparación dixital en xeral das familias Familias Non
Debilidade Descoñecemento das medidas para identificar dificultades xurdidas coa aprendizaxe mixta Infraestruturas Non
Debilidade Non todo o alumnado (infantil e 1º-4º primaria) dispón dun equipo portátil que poida traer ao centro Infraestruturas Non
Debilidade Dado que, ata o presente curso, son poucos os alumnos/as matriculados/ as con necesidades educativas especiais, o centro non dispón das tecnoloxías asistenciais adecuadas para os atender Infraestruturas Non
Debilidade Non existe unha reflexión axeitada, meditada e suficiente, sobre o uso das novas ferramentas dixitais Organización de centro Non
Debilidade A avaliación dos progresos en materia de ensinanza-aprendizaxe empregando as tecnoloxías dixitais son escasos ou inexistentes Organización de centro Non
Debilidade No centro hai unha falta de proxectos e tarefas interdisciplinais nas diferentes materias, sobretodo no nivel de ensino secundario Organización de centro Non
Debilidade A colaboración/comunicación con outras institucións é escasa. Debe potenciarse e mellorarse. Organización de centro Non
Debilidade Debemos incorporar intercambios de coñecementos e materiais nas diferentes áreas Organización de centro Non
Debilidade Habería que mellorar a nivel de centro a colaboración empregando as novas tecnoloxías coas familias e con distintas institucións alleas ao centro Organización de centro Non
Debilidade O centro non posúe nin a formación ni o tempo suficiente para realizar actividades de programacion/codificación Organización de centro Non
Debilidade Na Educación Primaria hai unha falta de utilización de repositorios e uso de bibliotecas virtuais en liña Organización de centro Non
Debilidade Hai necesidade de formación no profesorado respecto de como mellorar nos coidados da práctica responsable coas novas tecnoloxías Persoal docente Non
Debilidade Coavaliación escasa entre o alumnado Persoal docente Non
Debilidade Falta de seguemento na avaliación formativa do alumnado a través das ferramentas dixitais Persoal docente Non
Debilidade Pouco coñecemento/información/formación sobre os dereitos de autor e as licenzas de uso. No centro hai unha falta de uso de dereitos de autor e licenzas tanto no emprego como á hora de compartir recursos dixitais Persoal docente Non
Debilidade O profesorado debe implementar actividades e contidos dixitais de creación propia específicos da contorna Persoal docente Non
Debilidade O profesorado amosa necesidade de maior formación na xestión e protección dos recursos educativos Persoal docente Non
Debilidade O profesorado dispón de pouco tempo, sobretodo en primaria, para implementar as novas estratexias dixitais Persoal docente Non
Debilidade Necesitamos mellorar o desenvolvemento na competencia dixital docente, tanto a nivel individual como grupal Persoal docente Non
Debilidade Falta de implementación de instrumentos de avaliación dixitais entre o profesorado principalmente pola escaseza de alumnado e un trato individualizado con eles Persoal docente Non
Debilidade Baixo emprego de métodos de feedback ou retroalimentación co alumnado Persoal docente Non
Debilidade Inexistencia das ferramentas dixitais na avaliación inicial Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado considera que o alumnado emprega diferentes habilidades dixitais nas materias Alumnado Non
Fortaleza O alumnado do centro valora positivamente o traballo colaborativo e a creatividade empregada nas actividades dixitais Alumnado Non
Fortaleza Grazas a que o centro pertence á rede Edixgal, o alumnado dispón de cadanseu ordenador portátil, proporcionado polo centro Infraestruturas Non
Fortaleza O centro facilita o acceso á Internet para o proceso de ensinanza e aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza Ao dispor o alumnado do equipo proporcionado polo centro non precisa traer o seu propio dispositivo Infraestruturas Non
Fortaleza Dispoñibilidade de espazos físicos que facilitan a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza O equipo directivo e o profesorado perciben que no centro contamos sen dúbida cunha estratexia dixital, pero esta é mellorable e débese concretar Organización de centro Non
Fortaleza O centro non amosa dificultades á hora de levar a cabo unha correcta comunicación entre os diferentes sectores Organización de centro Non
Fortaleza Nestes intres o profesorado e o alumnado do centro son usuarios das novas tecnoloxías dixitais. O profesorado colabora e apóiase no emprego das novas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza No centro seleccionanse e utilízanse recursos dixitais en liña. En xeral créanse recursos dixitais par empregar nos procesos de ensino-aprendizaxe. No centro en xeral empréganse Recursos Educativos Abertos. Persoal docente Non
Fortaleza Hai interese no centro en traballar o comportamento responsable no emprego das novas tecnoloxías. Todo o centro considera que temos un comportamento responsable e seguro no manexo das novas tecnoloxías. Persoal docente Non
Fortaleza Aténdese ás necesidades de DPC. Hai posiblidades de formación. Posibilítanse os intercambios de experiencias. Persoal docente Non
Fortaleza No centro está xeralizado o emprego de entornos virtuais de aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza Segundo a opinión do profesorado, somos quen de aprender empregando as novas tecnoloxías Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado tenta buscar que os recursos e as actividades dixitais empregadas sexan atractivas para o alumnado. Foméntase a creatividade e empréganse actividades interactivas co uso de distintas apps que melloran a colaboración estudiantil. Persoal docente Non
Fortaleza O centro adáptase ás necesidades do estudiantado con actividades dixitais individualizadas que fomentan a autonomía do alumnado. Atención e ensino individualizado na resolución de dúbidas e no emprego das tecnoloxías aplicadas á avaliación Persoal docente Non
45 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Os entornos virtuais da aprendizaxe corporativos da Xunta son pouco atractivos e motivadores para o alumnado máis novo do centro Administración educativa Non
Ameaza Desánimo dos docentes ante a carga de traballo que conleva a dixitalización da avaliación Administración educativa Non
Ameaza Que o Plan Dixital do Centro poidar quedarse só nun documento sen utilidade Administración educativa Non
Ameaza Centrar todo o noso potencial como educadores nas actividades dixitais e esquecer outro tipo de actividades nas que se traballen sentimentos, valores e prácticas que poidan perderse no marco da educación dixital Administración educativa Non
Ameaza Falta de fondos a longo prazo para renovar os equipos dixitais tanto do centro como do alumnado Administración educativa Non
Ameaza A administración educativa satura ao profesorado cunha gran cantidade de tarefas administrativas que restan tempo para o importante Administración educativa Non
Ameaza Reticencias do profesorado ao cambio dunha avaliación analóxica á dixital Administración educativa Non
Ameaza dificultades para o acceso a internet. Conexión non fiable na contorna rural do centro. A non mellora de infraestruturas dixitais no mundo rural no que viven a meirande parte do noso alumnado e familias. Contorna Non
Ameaza O escaso nivel de alfabetización dixital dalgunhas das nosas familias Contorna Non
Ameaza Ausencia dun plan para axudar aos profesores/as a enfrontar os desafíos relacionados coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico Contorna Non
Ameaza A utilización de recursos externos nos cales poidan os alumnos/as meter datos persoais dos que logo se faga un mal uso deles. Contorna Non
Ameaza O perigo que supón non verificar a información e non facer un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías Contorna Non
Ameaza Descoñecemento por parte do profesorado e do alumnado da lexislación relativa á protección de datos Lexislación Non
Ameaza Ausencia de repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensino e aprendizaxe Outras Non
Oportunidade A inspección educativa facilita, asesora e colabora Administración educativa Non
Oportunidade Temos ao noso alcance formarnosa a nivel particular e por medio da Consellería.Tamén podemos intercambiar experiencias entre o profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade O ter que elaborar o Plan Dixital do Centro, como instrumento para a mellora Administración educativa Non
Oportunidade Ser centro edixgal Administración educativa Non
Oportunidade Ser centro da Rede Dixital Galega Administración educativa Non
Oportunidade A posibilidade de aproveitar recursos de programación como o espazo maker da biblioteca Administración educativa Non
Oportunidade Fomento do coñecemento das ferramentas de avaliación dixital, da coavaliación e autoavaliación empregando as novas tecnoloxías. Administración educativa Non
Oportunidade Dispor dun mentor ADIX no noso centro Administración educativa Non
Oportunidade O centro ten oportunidades de realizar actividades de aprendizaxe nas que o alumnado a prenda a resolver problemas técnicos Administración educativa Non
Oportunidade Poucos alumnos por aula. Esto tamén favorece o acceso a materiais e equipos dixitais Contorna Non
Oportunidade comenzar desde as idades máis temperás co uso de recursos dixitais xa que a carreira dixital está cada vez máis presente nos centros educativos da nosa comunidade Contorna Non
Oportunidade Dispor dun técnico informático que vén os venres para a solución de problemas técnicos Outras Non
Oportunidade Existen moitas ofertas formativas en proxectos nos que o centro pode apuntarse para traballar con tecnoloxías emerxentes Outras Non
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir dos resultados acadados nas ferramentas de diagnose antes referidas (SELFIE e tCDD), o centro realizou unha análise DAFO coa que achegarse ao coñecemento da realidade do centro no eido dixital que facilitou logo a elaboración das liñas fundamentais de obxectivos e accións a desenvolver recollidos no Plan Dixital prantexado para o curso 2022-2023. Analizando a vixencia do análise feito hai dous anos, a incidencia dos cambios acadados no curso pasado así como os cambios do persoal docente no centro fundamentan as liñas fundamentais de obxectivos e accións propostas no Plan Dixital para desenvolver no actual curso académico 2023-2024.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Fomentar a formación do profesorado para o emprego dos Entornos Virtuais de Aprendizaxe
02PD Conseguir que exista traballo colaborativo entre os departamentos e entre o alumnado
03PD Implementar o uso dun maior número de potencialidades das pizarras dixitais interactivas máis aló de somentes pantallas de proxeccións
04PD Mellorar na seguridade e responsabilidade do alumnado no manexo das novas tecnoloxías así como tomar medidas para garantir sempre a integridade e veracidade da información que se colle de Internet

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos farase:
- No contexto dunha avaliación procesual na que mensualmente comprobarase o desenvolvemento das accións planificadas e ao remate do trimestre valorarase o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final ao remate do ano farase unha valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Ao longo dos meses de setembro e outubro, presentouse e acompañouse ao profesorado novo no manexo das plataformas de Edixgal e Aula Virtual, a sincronización dos libros dixitais, funcionamento de foros, mensaxería, incorporación de recursos de nova creación. Iríase actualizando con titoriais ao respecto o espazo formativo creado a este efecto na aula virtual do centro.

2º Trimestre

 

No mes de febreiro organizáronse uns tempos de lecer para traballar obradoiros co profesorado para o manexo das pizarras dixitais interactivas mais aló de proxectar nelas a pantalla do ordenador. Asimesmo, xa en consonancia cos obxectivos prantexados no plan dixital e que afectan ao seu desenvolvemento nas sesións lectivas de cadaquen prantexouse o tipo de enquisa que se pasaría a fin de curso para a recollida do grao de desenvolvemento das medidas adoptadas en relación a aquéles.

3º Trimestre

Neste trimestre empezáronse xa a esixir en moitos dos traballos dixitais a declaración da autoría das fontes e velar polo coidado das licenzas de uso do material empregado nos traballos dixitais a entregar nas materias. En Xuño fíxose a enquisa para a recollida do desenvolvemento sobretodo de medidas de actuación nas sesións lectivas.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de avaliación do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos farase:
- No contexto dunha avaliación procesual na que mensualmente comprobarase o desenvolvemento das accións planificadas e ao remate do trimestre valorarase o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final ao remate do ano farase unha valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

En xeral, leváronse a cabo os obxectivos prantexados. Quedaría xeralizar mais o número de profesorado implicado na implementación efectiva dalgunhas medidas acordadas, aínda que  as veces a propia natureza da materia non se prestou axeitada.

 

Proposta de mellora

Proporanse a comezos do curso seguinte con ocasión dunha nova análise da competencia dixital xeral do centro

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do plan dixital farase a través da súa publicación na plataforma de educalidade creada a tal efecto. A súa ligazón de acceso facilitarase aos membros do Claustro e Consello Escolar aos efectos da súa aprobación e implementación ao longo do curso académico 2023-2024 nos termos recollidos no mesmo logo de ser aprobados.