Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O presente PD redáctase para:
Nome do centro: CEIP de Beariz
Código de centro: 32001920.
NIF: Q8255040A
Dirección postal: Avenida de Daniel Vázquez Gulías nº11
CP: 32520, Beariz (A goberna)
Provincia: Ourense.
Teléfono: 988 28 42 23
Mail: ceip.beariz@edu.xunta.gal
Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbeariz/

Titularidade: pública
Nº de unidades: 1
O Ceip de Beariz é un centro de infantil e primaria, dunha soa unidade mixta.
Está situado no concello de Beariz, que linda oa norte co concello Pontevedrés de Forcarei , ao este cos concellos ourensáns de Irixo e Boborás , ao sur co concello ourensán de Avión e ao oeste co pontevedrés concello de A Lama.
Aprincipal vía de acceso é a estrada nacional N-541, que comunica ao concello co centro de Ourense, ou con Pontevedra.

O concello atópase encadrado nas seguintes coordenadas xeográficas: 42º 27´ 58´´ N. 8º 16´ 14´´O. E ten una superficie de 56´2 km2, distribuídos en tres parroquias con pequenos núcleos de población. Conta cunha censo na actualidade de 971 hab.
Sendo o alto de Marcofán o seu punto máis alto.
O centro está situado nunha zona periférica do centro da vila, denominada monte da Goberna.
No momento da redacción deste PD , o CEIP de Beariz, conta con 5 alumnos repartidos en 5 cursos diferentes.
Na actualidade o claustro do centro está composto por dúas Mestras a tempo completo: 1 especialista de primaria e outro de inglés. Máis a adición de 2 mestres que itineran desde otros centros da contorna. Sendo as súas especialidades: relixión e orientación.

O concello de Beariz está ubicado nunha zona montañosa, relativamente cercana a grandes centros de poboación como Carballiño ou, incluso, á capitalidade provincial, Ourense. Pola banda de Pontevedra, tanto Forcarei como Soutelo de Montes, ou a mesma Pontevedra, están relativamente próximos. Tendo incluso país e nais que traballan nestas áreas de influencia e teñen a súa residencia no concello.
Ao ser una zona relativamente alta, Próxima ao alto do Paraño e en plena terra de montes a climatoloxía é dura, con baixas temperaturas no inverno (ocasionalmente nevadas).
O nivel socioeconómico e cultural das familias é medio. A meirande parte dos pais/nais traballan no sector servizos, aínda que moitos deles ten¿en unha economía mixta, traballando en empresas durante a semana e adicándose á agricultura ou gandería os fins de semana.

O nivel cultural das familias tamén é medio. Os pais/nais do noso alumnado acadan na súa meirande parte os estudos primarios e en menor medida son obreiros especializados e titulados medios ou superiores.
A lingua utilizada pola meirande parte dos nenos/as é o castelán, aínda que na vila conviven as dúas linguas cooficiais de Galicia, cun predominio do galego sobre o castelán.
O Concello conta con distintos servizos: un Servizo Social de Base, un Centro de Saúde con servizo de pediatría dous días á semana, un polideportivo, unha piscina ao aire libre, un campo de fútbol, pistas de pádel e tenis, unha Aula de Cultura con servizo de Biblioteca, un Centro Social e unha Residencias xeriátricas.
Incardinacion e contribucion do PD ao Proxecto Educativo. Relacion con outros Plans e proxectos do centro.
O presente plan pretende achegar as TIC a todo o alumnado e para eso, os primeiros conecedores das mesmas deben ser os propios mestres/as. Ademais de fomentar o uso das mesmas polos alumnos/as, pretende dar resposta ás inquedanzas que a sociedade actual, e en concreto o alumnado, reclama, adaptándose así aos seus intereses formativos. Por todo isto, este plan nonten carácter estático senón dinámico.Intentará ser unha tarefa da vida cotiá, para que o noso centro achegue o plan aos alumnos/as, ás familias e a sociedade en xeral.
O Plan Dixital forma parte do Proxecto Educativo do centro e gardará estreita relación cos demais Plans e proxectos do centro, co fin de acadar o desenvolvemento dos obxectivos educativos e das distintas competencias.
Contribucion do PD a Programacion Xeral Anual do curso 23/24
O Plan Dixital será un instrumento importante para o desenvolvemento da Programación Xeral Anual do curso escolar 2023-2024, xa que pretende xeneralizar o uso das tecnoloxías no proceso de ensinanza-aprendizaxe, achegar os recursos dixitais ao alumnado e profesorado, adaptalos aos seus intereses formativos e fomentar o seu uso para dar resposta ás inquedanzas que a sociedade actual reclama.

O presente documento baséase na seguinte lexistación estatal e autonómica:
Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022. • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
1.4. Proceso de elaboración
O proceso de elaboración do Plan Dixital levouno a cabo a persoa responsable do centro en coordinación coa titoría de primaria ao longo deste curso. A meirande parte da carga organizativa foi atendiada ao longo do curso dende a dirección, coa dificultade do axustarse aos plazos marcados, unha vez que se suman moitos outras obrigas e incidencias propias dun centro con tan poucas axudas ao ser este un claustro moi reducido.

1. Realizaremos unha análise da situación do centro.
Para a realización da análise utilizamos a ferramenta SELFIE e o Test de Competencia Dixital Docente. A partir dos informes xerados polo SELFIE e polo TCDD, elaboramos o informe DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) que nos permitiu definir as liñas fundamentais do Plan Dixital, os seus obxectivo e planificar a liña de formación docente.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a realización da análise utilizamos a ferramenta SELFIE e o Test de Competencia Dixital Docente. A partir dos informes xerados polo SELFIE e polo TCDD, elaboramos o informe DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) que nos permitiu definir as liñas fundamentais do Plan Dixital, os seus obxectivo e planificar a liña de formación docente.

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Baixo nivel de competencia dixital. - Baixo nivel de auto avaliación das capacidades. - Detección errónea das capacidades Alumnado Non
Debilidade -Servicio técnico lento e excesivamente burocratizado.C5, -Ausencia de continuidade no profesorado, nula continuidade dun plan dixital.B1,C1,C14,D3 - Excesiva variabilidade,tanto en matrícula como composición do grupo mixto.E, F, G,B Infraestruturas Non
Debilidade Excesiva variabilidade do cadro de persoal.Ausencia de planificación e continuidade.E,F, -Aula mixta,disparidade de niveis de competencia.Necesidades dispares.F1,G1 - Dificultade para abordar dende o currículo pola diversidade. -Tempo limitado Organización de centro Non
Debilidade - Excesiva movilidad. -Ausencia de continuidade e linearidade do PCC Persoal docente Non
Fortaleza Pouco alumnado. Fácil detectar carencias e axudar a pautalas. Alumnado Non
Fortaleza Recursos materiais: ordenadores Infraestruturas Non
Fortaleza Outros recursos dixitais coma tablets etc Infraestruturas Non
Fortaleza -2 redes Wifi corporativas e 1 propia (C1, C2, C3). -Aulas dotadas de PDI,ordenadores portátiles. Biblioteca con 6 PC para uso dos alumnos,PDI e duas tablets de consulta. C1, C3, Infraestruturas Non
Fortaleza persoal docente con coñecementos de ofimática Persoal docente Non
Fortaleza Posibilidade de atraer profesorado novo e formado/con interese nas TIC. -Incorporación de profesorado cada novo curso. Interese e enerxías renovadas. Persoal docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza -Excesiva demanda burocrática. -Achega á realidade do centro limitada Administración educativa Non
Ameaza Implicación docente, en cada curso escolar Contorna Non
Oportunidade Comprensión das dificultades inherentes ao centro. -Apoio e comprensión en cuestións organizativas. Administración educativa Non
Oportunidade -Apoio da comunidade educativa. Contorna Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Aprender a manexar o teclado e alcanzar un mínimo de 200 ppm
O02PD Traballar con procesadores de texto.
O03PD Traballar coñecementos básicos de ofimática ( app google, power point, elaboración de cuestionarios....)

Seguimento

Procedemento

Cada trimestre farase unha pequena recollida de datos para ver o estado de consecución dos obxectivos propostos

1º Trimestre

Neste trimestre valoramos os puntos de partida de cada alumno e os coñecementos das diferentes ferramentas.

O punto de partida era bastante baixo e limitado no comezo.

Acadase o coñecemento da existencia de diferentes procesadores de texto e outros aplicativos básicos de ofimática

2º Trimestre

Neste trimestre xa acadan o coñecemento do teclado para poder traballar con soltura ( posición de cada letra e caracter, así como a colocación  correcta das mans).

Empezan a traballar con algunha soltura na elaboración e trascrición de textos.

Crean unha conta de correo electrónico en Google para poder subir , gardar e enviar diferentes tarefas.

3º Trimestre

Van aumentando o número de ppm, pero so un deles acada as 50ppm. O outro alumno consegue chegar ata 33 ppm.

Xa son capaces de elaborar textos en word, convertilos en pdf, subilos a Drive e envialos por correo electrónico ou gardalos en un pendrive.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A valoración xeral é moi positiva, tanto pola motivación e implicación amosadas, coma polos resultados obtidos.

Proposta de mellora

Como proposta de mellora incluiriamos a posibilidade de aumentar os 15 minutos diarios adicados, para así poder afianzar e acadr con máis facilidade os obxetivos propostos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Engadiremos a seguinte ligazón na páxina web do centro para que a comunidade educativa teña acceso ao plan dixital do centro:


• https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32001920