Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro.

Nome: IES Martaguisela

Enderezo: Rúa A Coruña, 22. 32300 O Barco de Valdeorras

Correo: ies.martaguisela@edu.xunta.gal

Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmartaguisela

Etapas educativas: ESO e bacharelato.

Alumnado: 332

Profesorado: 40

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro.

O Barco é o principal núcleo de poboación do partido xudicial e da comarca de Valdeorras. O seu municipio aséntase no Sueste da provincia de Ourense cunha poboación aproximada de 15.000 habitantes.

A economía baséase na explotación da lousa, no sector servizos e na agricultura da vide.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros plans e proxectos do centro.

O centro leva anos potenciando o uso das tecnoloxías dixitais por parte de profesorado e alumnado. É un centro Abalar desde a implantación do programa en Galicia e, na actualidade, ten implantado o E-Dixgal en todos os cursos da ESO.

Ademais, ten realizado cursos de formación e participado en grupos de traballo e proxectos de formación coordinados/impartidos polo seu dinamizador Abalar e outros membros do claustro do centro para promover a formación e actualización do resto do profesorado.

Neste curso 2023-2024 o centro participará no programa de innovación educativa Polos creativos.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24

O Plan dixital forma parte da Programación Xeral Anual que foi aprobada no mes de outubro.

Breve xustificación do mesmo.

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021-2022.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Proceso de elaboración.

O centro participou no curso 2022-23 nun PFPP con dous itinerarios, un dos cales é “Análise da competencia dixital do centro e elaboración do Plan Dixital”, coordinado polo Coordinador Abalar. Ademais, o coordinador estivo inscrito nunha actividade formativa co asesoramento de mentores ADIX.

Fases:

Realización do SELFIE, unha ferramenta gratuíta facilitada pola Unión Europea para que os centros avalíen a súa posición coa aprendizaxe na era dixital.

Realización do test CDD para valorar o nivel de competencia do profesorado neste ámbito e que se basea no Marco Europeo de Referencia para a Competencia Dixital Docente, DigCompEdu.

Análise dos resultados do SELFIE e do CDD.

Elaboración dun DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades).

Concreción dos obxectivos para o vindeiro curso elixindo accións que permitan conseguilos.

Redacción do plan.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A recollida de información para a elaboración do DAFO levouse a cabo por medio da ferramenta de autoavaliación SELFIE e dun test CDD

Interno
48 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Aprender a comunicarse Alumnado Non
Debilidade Fomentar o uso responsable e ético das tecnoloxías Alumnado Si
Debilidade Aprendizaxe autorregulada Alumnado Non
Debilidade Aprendizaxe colaborativa Alumnado Non
Debilidade Fomentar o uso das tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Debilidade Seguridade coas novas tecnoloxías Alumnado Non
Debilidade Fomentar a creación, modificación e compartición de contidos Alumnado Non
Debilidade Xestión e protección de recursos dixitais Alumnado Non
Debilidade Aprendizaxe a distancia e mixta Alumnado Non
Debilidade Conectividade no fogar Familias Non
Debilidade Xestión e seguridade na rede Infraestruturas Non
Debilidade Colaboracións Oferta Non
Debilidade Sinerxias para a aprendizaxe mixta Oferta Non
Debilidade Tempo exploración ensino dixital Organización de centro Non
Debilidade Sinerxias para a aprendizaxe mixta Organización de centro Non
Debilidade Bibliotecas/repositorios en línea Organización de centro Non
Debilidade Comunicación e colaboración Organización de centro Non
Debilidade Existencia estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Pensamento computacional Persoal docente Non
Debilidade Accesibilidade e inclusión Persoal docente Non
Debilidade Práctica reflexiva Persoal docente Non
Debilidade Fomento da creatividade Persoal docente Non
Debilidade Diferenciación e personalización Persoal docente Non
Debilidade Tempo exploración ensino dixital Persoal docente Non
Debilidade Aprendizaxe colaborativa Persoal docente Non
Debilidade Proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade Orientación coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Debilidade Adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Non
Debilidade Compromiso alumnado na aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación a través de diferentes medios dixitais Alumnado Non
Fortaleza Emprego da tecnoloxía e das estructuras do centro Infraestruturas Non
Fortaleza Exploración de novas formas de ensino Oferta Non
Fortaleza Exploración de novas formas de ensino Organización de centro Non
Fortaleza Colaboración do profesorado Organización de centro Non
Fortaleza Colaboración profesional Persoal docente Non
Fortaleza Colaboración profesional Persoal docente Non
Fortaleza Emprego de entornos visuais de aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza Aprendizaxe profesional sobre tecnoloxías Persoal docente Non
Fortaleza Docencia con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Recursos educativos abertos Persoal docente Non
Fortaleza Exploración de novas formas de ensino Persoal docente Non
Fortaleza Posibilidades de participación no DPC Persoal docente Non
Fortaleza Debate uso tecnoloxías Persoal docente Non
Fortaleza Intercambio de experiencias Persoal docente Non
Fortaleza Creación de recursos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Recursos educativos en línea Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa Persoal non docente Non
48 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Aprendizaxe colaborativa Administración educativa Non
Ameaza Colaboración co ANPA ANPA Non
Ameaza Conectividade no fogar Contorna Non
Ameaza Normas de dereitos de autor e licenzas de uso Lexislación Si
Oportunidade Experimentación con novas ferramentas dixitais Administración educativa Non
Oportunidade Deseño de actividades de busca, selección, avaliación e xestión de información de forma crítica Administración educativa Non
Oportunidade Comunicación coa comunidade educativa ANPA Non
Oportunidade Busca e selección de recursos dixitais Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Potenciar o uso do software da maqueta Abalar e das novas pizarras
O02PD Coñecer e utilizar licenzas e dereitos de uso na elaboración de contidos dixitais.

Seguimento

Procedemento

O seguimento é realizado polo equipo de dinamización do Plan Dixital que da conta trimestralmente ao claustro do profesorado. Deste equipo forman parte:

  • A persoa titular da dirección do centro ou persoa na que delegue.
  • O dinamizador do plan dixital.

  • O coordinador E-Dixgal.

  • O coordinador de formación do centro.

1º Trimestre

Está creado o grupo de traballo do PFPP do centro no que se realizarán as accións previstas neste plan.

Prevese que se empezará polas accións relacionadas co obxectivo O02PD, Coñecer e utilizar licenzas e dereitos de uso na elaboración de contidos dixitais deixando para máis adiante as relacionadas co software Abalar e o das novas pizarras.

2º Trimestre

Debido á cantidade de actividades programadas no PFPP e á coincidencia de profesorado en distintas desas actividades retrasáronse as sesións correspondentes ao seminario Implementación e revisión do plan dixital. que terán lugar en gran parte no terceiro trimestre.

En calquera caso, e como estaba previsto, comézase polas relacionadas coas licenzas e dereitos de uso de contidos dixitais.

3º Trimestre

Xa están realizadas as accións relativas ao obxectivo O01PD (licenzas e dereitos de uso de contidos dixitais) quedando pendentes da chegada ao centro das novas pizarras as accións relativas ao obxectivo O02PD.

Como non tivo lugar a chegada deses novos dispositivos, as accións relativas ao segundo obxectivo quedaron limitadas a coñecer e difundir o software da maqueta Abalar e non o dos paneis dixitais. En consecuencia, estas accións quedan pospostas para o vindeiro curso cando xa estean instalados os paneis (o que está previsto que suceda entre finais de curso e o mes de xullo).

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

O calendario estivo condicionado polo feito de coincidir parte do profesorado en varias das actividades incluídas no PFPP e polo atraso na chegada ao centro dos novos paneis dixitais.

Considéranse acadados os obxectivos relativos ás seguintes debilidades/ameazas do DAFO:

  • Fomentar o uso responsable e ético das tecnoloxías
  • Normas de dereitos de autor e licenzas de uso

Pola contra se considera só parcialmente conseguido o obxectivo relativo a Fomentar o uso das tecnoloxías dixitais polo que se estima necesario manter ese obxectivo para o vindeiro curso. Entre as accións que se levarán a cabo para acadalo estará o traballo e a difusión do software dos novos paneis dixitais que se instalarán nas aulas ao remate deste curso.

Proposta de mellora

Como resultado da valoración xeral, no vindeiro curso se tratará novamente de "Fomentar o uso das tecnoloxías dixitais", unha das debilidades postas de manifesto polo DAFO.

Os novos obxectivos tratarán de paliar as seguintes debilidades:

  • Fomentar a creación, modificación e compartición de contidos
  • Bibliotecas/repositorios en línea
  • Accesibilidade e inclusión

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital, despois de súa aprobación polo consello escolar, oído o claustro, foi feito público por medio da páxina web do centro e tamén pode ser revisado físicamente por calquera membro da comunidade educativa.

Ademais, a principio de curso proporcionouse a todo o alumnado do centro un resumo do plan de acción por medio das titorías.

Antes do remate do curso, o consello escolar, oído o claustro, aprobou as modificacións que se incluirán no plan para o curso 2024/25. Unha vez aprobado será publicado na páxina web do centro.