Datos básicos do centro
Tipo : Colexio Público de Educación Infantil e Primaria (CEIP).
Denominación : CEIP Vistahermosa.
Situación : Rúa Vistahermosa Nº10 . Ourense - Ourense.
Código Postal : 32002
Teléfono e Fax : 988231410. Teléfono mobil: 675679967
e–mail : ceip.vistahermosa@edu.xunta.gal
Páxina web : http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvistahermosa
Código do Centro : 32015220
Catálogos e agrupamento do alumnado.
INFANTIL 3 unidades
PRIMARIA 6 unidades
TOTAL 9 unidades
O centro conta No Curso 2021/2022 con 9 unidades: 3 de Ed. Infantil e 6 de Ed. Primaria cun total de 152 alumnos.
XUSTIFICACIÓN
A finalidade do PLAN DIXITAL é tratar de integrar as novas tecnoloxías e dixitalización do ensino na información e comunicación do desenvolvemento da actividade habitual docente do centro en todas as áreas. As TICs facilitan a aprendizaxe e o logro dos obxectivos, afianzan contidos, motivan e dinamizan as clases e favorecen a interacción estudante-docente e estudante-estudante.
A normativa en ralación co Plan Dixital do noso centro:
¿ Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
¿ Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022