Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1 Datos básicos do centro

O CIFP A FARIXA de Ourense, está situado na rúa das Laxas s/n.

O noso correo electrónico é : cifp.farixa@edu.xunta.gal. A nosa web é:

www.farixa.es

O CIFP A Farixa foi inaugurado no ano 1981 como centro de Formación Profesional para as especialidades de Electrónica de Comunicacións, Equipos de Informática e Delineación de Edificios e Obras, dos estudos da Lei de Educación de 1970, impartindo os dous niveis para a obtención dos títulos de Técnico Auxiliar ( FPI) e Técnico Especialista ( FPII).

A pesar da súa curta vida, a evolución foi constante como o demostra o ser o único centro da capital ourensá que se acolleu voluntariamente á implantación anticipada do Ensino Secundario Obrigatorio no ano 1992, completando máis tarde todo o ciclo de LOXSE coa impartición dos tres tipos de Bacharelato: Científico-Técnico, Ciencias da Natureza e Saúde e Humanidades e Ciencias Sociais. No seu momento tamén foi o primeiro centro en impartir ensinos dos ciclos formativos.

No curso académico 2006-07 pasa a denominarse CIFP A Farixa por transformación do IES A Farixa, segundo regúlase no Decreto 154/2006, no seu Anexo I.

No curso 2021-22 o alumnado do centro é de 388, e o de profesorado de 57. Ademáis temos unha dinamizadora de Relación coas empresas na FP, unha auxiliar de conversa e unha intérprete de signos.

A oferta educativa actual do centro é a seguinte:

ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS

CS ACONDICIONAMENTO FÍSICO

FÚTBOL SALA (NIVEL I E II)

EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL

CS PROXECTOS DE EDIFICACIÓN

CM DE OBRA INTERIOR, DECORACIÓN E REHABILITACIÓN

ENERXÍA E AUGA CS EFICIENCIA ENERXÉTICA E ENERXÍA SOLAR TÉRMICA
ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

CS SISTEMAS DE TELECOMUNICACIÓN E INFORMÁTICOS

CS AUTOMATIZACIÓN E ROBÓTICA INDUSTRIAL

CM INSTALACIÓNS DE TELECOMUNICACIÓNS

FP BÁSICA ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

HOSTALARÍA E TURISMO

CS AXENCIAS DE VIAXES E XESTIÓN DE EVENTOS

CS GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIA TURÍSTICA

IMAXE E SON

CS PRODUCIÓN DE AUDIOVISUAIS, RADIO E ESPECTÁCULOS

CM VÍDEO DISC-JOCKEI E SON

FP DUAL CS TERMALISMO E BENESTAR

 

1.2 Contextualización do plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O CIFP A Farixa é un centro urbano situado no barrio de Mariñamansa, zona A Farixa, na zona sur da cidade de Ourense.

Conta cos seguintes servizos e recursos:

Escolas infantís:

  • Escola Infantil A Farixa.

Centros educativos de ensino infantil e primario:

FALTA TEXTO - LÍMITE SUPERADO

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación Selfie

Interno
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H1 - Comportamento seguro na internet Alumnado Non
Debilidade H3 - Actuar de maneira responsable na internet Alumnado Non
Debilidade H4 - Verificar información fiable na internet Alumnado Non
Debilidade H6 - Outorgar recoñocemento ao traballo dos demais Alumnado Non
Debilidade C8 - Dispositivos dixitais propiedade de centro, para utilizar alumnado cando o precise Infraestruturas Non
Debilidade A1 - Estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade F1 - Adaptar o meu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado Persoal docente Non
Debilidade A4 - Tempo para explorar como mellorar método de ensino dixital Persoal docente Non
Debilidade A5 - No noso centro respectamos os dereitos de autor Persoal docente Non
Debilidade E2 - Crear recursos dixitais para reforzar o meu método de ensino Persoal docente Non
Debilidade E5 - Utilizar recursos educativos abertos Persoal docente Non
Fortaleza C2 - Existen dispositivos dixitais que poden utilizar no meu labor docente Infraestruturas Non
Fortaleza C1 - A infraestrutura do noso centro respalda ensinanza e apendizaxe dixital Infraestruturas Non
Fortaleza F8 - Utilización da tecnoloxía dixital con fins de orientación lprofesional Organización de centro Non
Fortaleza C5 - Asistencia técnica Organización de centro Non
Fortaleza E3 - Utilización de entornos de aprendizaxe, aula virtual Persoal docente Non
Fortaleza E4 - Utilización de tecnoloxía dixital para comunicación centro educativo Persoal docente Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo Un elemento atopado.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A6 - Non participación de empresas colaboradoras Outras Non
Un elemento atopado.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
Realizar xornadas de formación en seguridade, responsabilidade e fiabilidade en internet
Formar á comunidade educativa na re-utilización e difusión con respecto á propiedade intelectual

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

Planificouse a formación de xestión interna dentro da liña do PFP asociado ao Plan dixital, e de acordo coa persoa asesora do CFR

Búsqueda do ponente para celebrar o obxectivo 1. En proceso

Reunión co coordinador Adix. Acta da reunión data de 25 de out 2022

Contacto co colaborador das xornadas de formación TIC a celebrar no mes de xaneiro

Reunión co coordinador Adix. Acta da reunión data de 20 de dec 2022

2º Trimestre

Promoción das xornadas de formación. Cartelería en departamentos e publicidade en páxina web (profesorado)

Celebración das accións formativas do Plan Dixital do centro educativo

19 xaneiro: “Propiedade intelectual e dereitos de autor”

26 xaneiro: “Seguridade, responsabilidade e fiabilidade en internet”

Difusión na aula virtual do centro da información das dúas accións formativas celebradas no centro

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Informarase ao profesorado da realización do Plan Dixital a través do claustro e publicarase na web do centro e enviarse por correo electrónico para o coñecemento de toda a comunidade educativa do centro.