Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Seguimento a partir do análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas
fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.
Revisión dos equipos do centro e determinar cantos precisan da instalación de software libre. Determinar o software ofimático, de gravación e tratamento de audio cara a posta en marcha da radio escolar. Implicación docente para o uso deste software. Implicación dos docentes na implantación dos obxetivos do Plan Dixital.
Impártese formación ós docentes sobre as técnicas de edición e gravación para a radio escolar. Difusión de software libre na comunidade educativa. Instalación de software libre nos equipos da aula de informática, aulas e biblioteca. Impulsar o uso de entornos virtuais a través dun plan e horario de uso da aula de informática e dos dispositivos móviles. Implicación dos docentes na implantación dos obxetivos do Plan Dixital.
Difusión de software libre na comunidade educativa. Instalación de software libre nos equipos da aula de informática, aulas e biblioteca. Impulsar o uso de entornos virtuais a través dun plan e horario de uso da aula de informática e dos dispositivos móviles. Implicación dos docentes na implantación dos obxetivos do Plan Dixital.
Avaliación
Avaliación do plan
En canto a avaliación podemos especificar que cada unha das accións e obxectivos teñen asociados uns indicadores que nos axudarán a levar a cabo a avaliación do Plan Dixital. Para iso levaremos a cabo una avaliacióm procesual e unha avaliación final do Plan.
En canto á avaliación procesual será ao longo do curso, en principio farémola mensualpara ir vendo que todo vai segundo o establecido no plan de acción e se xurdise algún imprevisto, como mínimo realizarase de forma trimestral. Con esta avaliación valoraremos básicamente o seguinte:
-O estado da execución das accións programadas no plan de acción.
-A análise e valoración dos resultados.
-Un estudio de posibles modificacións do plan segundo vaian xurdindo os acontecementos no curso vindeiro.
-Propostas de mellora do plan.
No que se refire á avaliación final, dicir que a levaremso a cabo ao remate do curso 2022/2023 valorando tanto o logro dos obxectivos propostos coma o establecemento de propostas de mellora en función dos resultados obtidos.
Dende o centro valoramos a implantación do Plan Dixital no colexio de forma positiva.Cada vez estamos a usar de forma mais habitual (tanto o alumnad@ como os mestr@s) recursos de software libre fomentando o desenvolvemento de habilidades dixitais na aula. Estar familiarizados con estas ferramentas e saber como utilizalas eficazmente bríndalles unha vantaxe na súa educación continua e na súa futura vida persoal e profesional.Por outro lado a creación da radio escolar fomentou as habilidades de comunicación entre os nen@s, o desenvolvemento das súas habilidades técnicas coñecendo as ferramentas básicas para a gravación e a edición de podcast, o traballo en equipo, o desenvolvemento da súa creatividade coa elaboración de guións sobre temas diversos, etc...
- Difusión e concienciación para o uso do software libre por parte da comuinidade educadiva.
- Formación ó alumnado nos diferentes roles na gravación dos programas de radio.
- Optimización do uso dos equipos informáticos.
- Impresión e formación en impresión en 3D.
- Posible incorporación do centro no proxecto Polos Creativos da Xunta de Galicia.
Comunicación e difusión
Difusión do plan
Difundirase o plan ao claustro en CCP e a través da Coordinación TIC e da Coordinación do Equipo do Plan Dixital mediante unha presentación e reunión.
Tamén se lle presentará ao Consello Escolar e será aprobado por este órgano. Unha vez aprobado polo Claustro e Consello Escolar publicarase na web do centro, intentando dar a coñecer esta incorporación a través das listas de difusión.
A sección creada aloxarase no apartado do Equipo de Dinamización de TICs.
Organizaremos este traballo temporalmente da aeguinte forma:
- Curso 2021/2022: presentación e aprobación polo Claustro e Consello escolar, antes do 30 de xuño.
-Curso 2022/2023: Presentación da implementación do Plan Dixital ao Claustro no primeira reunión do curso.