Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital. Normativa vixente.

- Referencias normativas:

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

O CPI Plurilingüe Cernadas de Castro é un centro do rural, polo que un dos obxectivos principais recollidos no PE e na PXA é o de compensar posibles desvantaxes a nivel socieconómico no alumnado, dando lugar a una mellora das oportunidades de desenvolvemento académico e, polo tanto, laboral e social. Trátase de evitar que a fenda dixital xere capas de marxinación como resultado da “analfabetización dixital”. Consideramos fundamental o aproveitamento das TIC de cara a un mellor desenvolvemento das Xustificación do Plan Dixital.

Competencias clave.

Son innegables as vantaxes das novas ferramentas en canto á posibilidade de aproveitamento para o ensino, pero tamén en canto ás posibilidades de avaliación das aprendizaxes: aulas virtuais, cuestionarios na rede,…

Son varias as iniciativas desenvoltas no centro relacionadas coas TIC en todos os niveis educativos:

  • Impartición dunha hora semanal de Robótica na etapa de Ed. Infantil por parte da mestra de apoio dende o curso 2017_18.

  • Participación no Proxecto ATS2020 durante o curso 2016-2017 no 5º curso de Educación Primaria.

  • Creación da materia de libre configuración Cultura e Práctica Dixital en 6º de Educación Primaria no curso 2017_18.

  • En 2º de Educación Primaria lévase a cabo una iniciativa englobada dentro os Contrato Programa, na liña da Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia baseada na utilización do Kit Play Osmo en combinación con ipads.

  • Impartición da materia de libre configuración, Programación, en 2º ESO.

  • Participación na liña de Mellora das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía dentro da convocatoria dos Contratos programas dende o curso 2011_12.

  • Participación no Proxecto Edixgal dende o curso 2018_19 nos niveis de 5º e 6º de Ed. Primaria.

  • Participación no Programa Espazos Maker durante os cursos 2018_19 e 2019_20.

  • Solicitude de participación no Proxecto Polos creativos para o vindeiro curso escolar.

  • Participación no proxecto Webs dinámicas da Consellería de Educación. A web do centro é un punto de información e contacto coa comunidade educativa que se mantén en constante movemento e actualización, tanto a nivel informativo como de difusión das actividades docentes, complementarias e extraescolares.

  • Construción das aulas virtuais para todos os niveis educativos do centro.

  • Creación dun equipo dinamizador TIC no centro dende o curso 2011_12.

  • Utilización do Abalarmóbil como canle de información entre o centro e as familias.

Proceso de elaboración.

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital está integrado por:

- O profesor de Tecnoloxía de Secundaria, en calidade de coordinador.

- O profesor de Física de Secundaria, responsable da dinamización TIC do centro.

- A secretaria do centro.

- A xefa de estudos de Ed. Infantil e Primaria.

- O xefe de estudos de Secundaria.

- A directora.

A elaboración do Plan Dixital realizouse do seguinte xeito:

- O coordinador mantera reunións de traballo periódicas coa asesora ADIX.

- O equipo dinamizador asistirá a todas as sesións de formación ás que sexa convocado por parte da Administración.

- Realizaranse enquisas aos diferentes membros da comunidade educativa para analizar o punto de partida da competencia dixital e os intereses de cada sector.

Con carácter quincenal, o equipo dinamizador reunirase en sesión de traballo para a toma de decisións, organización e redacción do Plan dixital.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital está integrado por:

- O profesor de Tecnoloxía de Secundaria, en calidade de coordinador.

- O profesor de Física de Secundaria, responsable da dinamización TIC do centro.

- A secretaria do centro.

- A xefa de estudos de Ed. Infantil e Primaria.

- O xefe de estudos de Secundaria.

- A directora.

A elaboración do Plan Dixital realizouse do seguinte xeito:

- O coordinador mantera reunións de traballo periódicas coa asesora ADIX.

- O equipo dinamizador asistirá a todas as sesións de formación ás que sexa convocado por parte da Administración.

- Realizaranse enquisas aos diferentes membros da comunidade educativa para analizar o punto de partida da competencia dixital e os intereses de cada sector.

Con carácter quincenal, o equipo dinamizador reunirase en sesión de traballo para a toma de decisións, organización e redacción do Plan dixital.

- Referencias normativas:

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

 

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 

 

Interno
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1.- Falta de actividades dixitais fora do centro, estas reduzense ao uso de videoxogos. Alumnado Si
Debilidade 2.- Falta de conciencia, por parte do alumnado, sobre a seguridade na rede. Alumnado Si
Debilidade 3.- Dificultade para buscar fontes fiables de información e desenvolver contidos dixitais combinando varios recursos. Alumnado Si
Debilidade 4.- Dificultade para resolver problemas técnicos sinxelos (conexión a internet). Alumnado Si
Debilidade 5.- Baixa implicación das familias no uso das novas tecnoloxías. Familias Si
Debilidade 6.- Problemas de conexión á rede nalgúns fogares do alumnado. Familias Si
Debilidade 7.- A Administración non proporciona equipos informáticos para o desempeño da actividade profesional dos docentes. Infraestruturas Si
Debilidade 8.- Equipos moi antigos e obsoletos. Infraestruturas Si
Debilidade 9.- Falta de mais aulas dotadas de equipos informáticos para uso dos diferentes grupos de alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade 10.- Incompatibilidade entre EDIXGAL e o programa de Gratuidade de Libros de Texto (ESO). Infraestruturas Si
Debilidade 11.- Déficit de dispositivos dixitais que o alumnado pode utilizar cando os necesita ou levalos para a casa. Infraestruturas Si
Debilidade 12.- Problemas técnicos frecuentes debido á estrutura do edificio e montaxes técnicos da rede wifi. Infraestruturas Si
Debilidade 13.- Falta de colaboración con outros centros educativos. Organización de centro Non
Debilidade 14.- Incompatibilidade entre EDIXGAL e o programa de Gratuidade de Libros de Texto (ESO). Organización de centro Non
Debilidade 15.- Parte da comunidade educativa con baixa competencia dixital e pouca iniciativa para formarse. Persoal docente Si
Debilidade 16.- Pouca presenza da autoavaliación do alumnado no proceso de avaliación e incluso da avaliación entre o alumnado. Persoal docente Si
Debilidade 17.- Escaseza de tempo para organizar e desenvolver o ensino dixital e a aprendizaxe mixta. Persoal docente Si
Debilidade 18.- Dificultades, por parte do profesorado, para orientar ás familias no apoio que estas deben prestar aos seus fillos e fillas na aprendizaxe mixta. Persoal docente Si
Debilidade 19.- Pouca presenza do asesor Abalar nos centros para darse conta da realidade dos mesmos. Persoal non docente Si
Debilidade 20.- Ausencia dun técnico, con presenza física, para resolver as incidencias que se presentan cada día. Persoal non docente Si
Fortaleza 21.- Concienciación por parte da Comunidade Educativa da importancia do uso das TIC. Organización de centro Non
Fortaleza 22.- Intención de elaborar un Plan Dixital de Centro real e práctico. Organización de centro Non
Fortaleza 23.- A nivel de aulas equipamento de portátil e encerado dixital con conexión á multicopista de Conserxería. Organización de centro Si
Fortaleza 24.- Uso do AbalarMóbil como canle de información inmediata entre centro-profesorado-familias. Organización de centro Non
Fortaleza 25.- Existencia dunha aula de informática. Organización de centro Si
Fortaleza 26.- Uso da páxina web do centro como canle de información á comunidade educativa. Organización de centro Si
Fortaleza 27.- O centro educativo, a través dos diferentes estamentos, mantén unha comunicación regular e organizada coas nais, pais e titores legais do alumnado. Organización de centro Non
Fortaleza 28.- Nos 5º e 6º de Educación Primaria, implantación do Proxecto E-Dixgal. Organización de centro Non
Fortaleza 29.- Novo cableado de rede en todo o centro. Organización de centro Si
Fortaleza 30.- Bo acollemento do persoal e do alumnado novo no centro. Persoal docente Si
Fortaleza 31.- O profesorado colabora dentro da escola para o uso da tecnoloxía dixital e a creación de recursos. Persoal docente Si
Fortaleza 32.- Bo clima de traballo e de colaboración e respecto entre compañeiros. Persoal docente Si
Fortaleza 33.- Membros do Equipo TICs con coñecementos e preparación na competencia dixital e disposto a contribuír á mellora dixital do centro. Persoal docente Si
Fortaleza 34.- Equipo directivo moi implicado no bo funcionamento do centro. Persoal docente Si
Fortaleza 35.- Claustro tolerante e respectuoso. Persoal docente Si
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.- Burocracia excesiva. Administración educativa Non
Ameaza 2.- Baixa implicación da Administración á hora de ofrecer recursos educativos TIC de calidade. Administración educativa Non
Ameaza 3.- Ausencia de persoal especializado en TIC e/ ou formación específica para os mesmos nos centros educativos. Administración educativa Si
Ameaza 4.- Falta de axudas económicas ou dotacións de partidas finalistas propias por parte da Administración co fin de modernizar a dixatilización do centro. Administración educativa Si
Oportunidade 5.- ANPA colaboradora. ANPA Si
Oportunidade 6.- Oferta de charlas, obradoiros,..., tanto virtuais como presenciais, por parte de servizos externos. Outras Si
Oportunidade 7.- Concello colaborador. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir dos datos recollidos a través do SELFIE e do test CDD obtemos a nivel interno unha serie de fortalezas e debilidades e a nivel externo unha serie de oportunidades e ameazas que reflexamos no análise DAFO. A partir de estos datos elaborase o Plan de Acción donde se reflexan os obxectivos que queremos acadar ao longo do curso 2022-23, mediante a realización de diferentes accións.

Obxectivos:

1.- Actualizar e mellorar os equipos informáticos do Centro.

2.- Promover o uso xeneralizado da aula virtual por parte do profesorado.

3.- Formar ao alumnado en seguridade na rede e solución de problemas técnicos cotiáns.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Actualizar e mellorar os equipos informáticos
O02PD Promover o uso xeneralizado da aula virtual por parte do profesorado
O03PD Formar ao alumnado en seguridade na rede e solución de problemas técnicos cotiáns

Seguimento

Procedemento

A elaboración do Plan Dixital realizouse do seguinte xeito:

- O coordinador mantera reunións de traballo periódicas coa asesora ADIX.

- O equipo dinamizador asistirá a todas as sesións de formación ás que sexa convocado por parte da Administración.

- Realizaranse enquisas aos diferentes membros da comunidade educativa para analizar o punto de partida da competencia dixital e os intereses de cada sector.

Con carácter quincenal, o equipo dinamizador reunirase en sesión de traballo para a toma de decisións, organización e redacción do Plan dixital.

1º Trimestre

- Elaboración de unha enquisa ao profesorado sobre a competencia dixital e os intereses de cada sector.

- Mellora das instalacións e espazos destinados ás TIC. Habilítase unha aula de secundaria como complemento á aula de informática existente. Instálase un carro de carga para 10 equipos con conexión wifi.

2º Trimestre

- Melloras na aula de informática: Instalación da maqueta  Avalar 2.0 en todolos equipos.

- Participación do equipo TIC no curso: Aplicacións didácticas do portafolio Agueiro.

- Solicitude para a participación nas seguintes actividades:

Plan director de convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos.

Programa navega con rumbo.

- Sesión de formación do profesorado: Seguridade nas redes sociais, protección de sistemas informáticos, prevención de pérdida de datos, prevención de accesos non autorizados.

3º Trimestre

- Sesión de formación do profesorado: H5P, importar contidos, Scorm, JClic...

- Coordinación do plan director de convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os sus entornos.

- Coordinación do programa "Navega con rumbo".

- Instalación de 7 paneis interactivos de 75" e módulos OPS integrados.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación do plan.

Cada unha das accións propostas no Plan de Acción ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar si o obxectivo proposto foi alcanzado e si é necesario realizar variacións no plantexamento destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen.

Coa análise destos indicadores, elaboraráse un informe final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores.

Valoración xeral

- Clima de traballo moi bo, coa cooperación como principal eixe,  que facilitou o bo desenvolvemento deste proxecto.

- O grao de satisfacción foi positivo porque supón ir avanzando nunha liña cada vez máis presente no sistema educativo.

- O impacto na aula foi positivo, xa que se formou ao alumnado na seguridade na rede, dende 6º de Ed. Primaria ata 4º ESO.

- Melloras en canto  a recursos directamente nas aulas.

Proposta de mellora

- Seguir promovendo o uso da AV por parte de todo o profesorado.

- Fomentar o uso didáctico  do portafolio Agueiro.

- Transmitir ás familias a necesidade da actualización permanente no ámbito educativo.

- Impulsar a formación e desenvolvemento  da CD do profesorado e alumnado.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Difusión do plan

A difusión do Plan Dixital entre os sectores da comunidade educativa reviste unha gran importancia, non só para fomentar a participación nel senón que, na medida en que o coñezan e se impliquen, poderán achegar propostas novas ou ideas para ir corrixindo posibles erros ou resultados non satisfactorios.

Por outra banda, cómpre acompañar a información de formación: ademais de coñecer o proxecto, as persoas deben sentirse capacitadas para colaborar e contribuír co seu traballo á consecución dos obxectivos. Por este motivo, moitas das accións destinadas a difundir o proxecto mesturarán os dous aspectos: o informativo e mailo formativo.

Se ben contamos cun medio de difusión común, a páxina web do propio centro, as estratexias de comunicación co profesorado, os pais/nais e o alumnado serán en parte distintas.

 

No que respecta ao profesorado, co fin de conseguir a implicación real de todos, no Claustro de comezo de curso darase cumprida información do proxecto a tódolos membros solicitando a súa colaboración. Esta información deberá repetirse periodicamente nas diferentes reunións dete colectivo: CCP, Claustros ordinarios,.. para dar conta da evolución do proxecto, as actividades feitas e por facer, novos recursos cos que se contan, etc.

Ademais, as persoas máis formadas serán as encargadas de axudar e orientar aos restantes compañeiros cobrando especial importancia para este labor o equipo dinamizador TIC.

Doutra banda, cobran especial importancia os cursos de formación para o profesorado que deberán ser moi prácticos e encamiñados a que este adquira destrezas directamente relacionadas cos contidos do proxecto, de xeito que o anime a colaborar nel.

Ao remate do curso, no derradeiro Claustro, farase unha presentación final do traballo desenvolvido a todo o profesorado, na que figuren os obxectivos conseguidos, os contidos traballados e se avalíen os resultados.

No caso dos alumnos, no primeiro trimestre nas titorías informaráselles dos medios e recursos dos que dispoñen (web do centro, aulas virtuais, aula de informática, portátiles de consulta, equipos Edixgal,...), dos proxectos relacionados coas TIC nos que o centro participa e, en xeral, en todo o referente ao Plan dixital. No caso do alumnado de ESO dende as diferentes materias o profesorado formará e potenciará no emprego das TIC: páxina web, aula virtual,…así como nos proxectos que lle afecten.

Finalmente, no tocante ás familias estas serán informadas do proxecto no primeiro Consello Escolar do curso. Para que a información chegue á totalidade dos pais, enviarase tamén un Abalarmóbil e, de considerarse conveniente, un folleto informativo con todos aqueles aspectos relevantes por correo electrónico. Tamén se aproveitarán as reunións de acollida que fan os titores no primeiro trimestre para dar a coñecer o Plan dixital. Ademais, ao longo do curso, nas horas de atención a pais, os titores aproveitarán para informar e implicar aos proxenitores nos aspectos que consideran máis necesarios e/ou adecuados.

A dirección do centro informará á ANPA do plan para que o difundan nas súas asambleas e podan, ao longo de todo o curso, ir recollendo as suxestións para posibles modificacións de cara a cursos posteriores. Solicitarase tamén a colaboración desta organización para levar a cabo cursos de interese en relación coas TIC para mellorar a competencia dixital entre as familias do noso alumnado.

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicernadascastro/system/files/PlanDixital_V1.0_100622.pdf