Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP “Ramón Otero Pedrayo” é un centro de titularidade pública no que se imparte ensino nas etapas de Educación Infantil e Educación Primaria. Está situado na localidade de Vilaño, Concello de A Laracha.

Está situado no sector oriental da Comarca de Bergantiños, dista da Coruña 23 km e está conectado coa área metropolitana de A Coruña por medio dunha estrada comarcal C-552 A Coruña- Fisterra e pola autopista de peaxe A Coruña–Carballo.

Os contrastes non son moi fortes e, entre as elevacións da Serra de Montemaior (sobre  500m) e o pequeno tramo costeiro de Caión, estendese un amplo val, por onde discorre o río Anllóns, que da unidade ao municipio, ao igual que a toda a comarca.

Os seus 126,3 kilómetros cadrados abarcan trece parroquias Cabovilaño, Caion, Coiro, Erboedo, Golmar, Lemaio, Lendo, Lestón, Montemaior, Soandres, Soutullo, Torás e Vilaño Os únicos núcleos urbanos son A Laracha (Torás) , Caion Paiosaco , predominando o poboamento disperso e diseminado .Obsérvase un crecemento na poboación destacando este nos núcleos urbanos.

Con respecto a poboación en algo mais dunha década os habitantes do Concello de A Laracha pasaron de traballar a maioría na agricultura e gandería a ter como ocupación maioritaria os servizos , industria e construción. O 33% dos habitantes traballa en servizos, o 25% en industrias tanto no Concello como en Arteixo,A Coruña e Carballo, o 22% en construción e o 17% segue a traballar na agricultura e gandería.

Na actualidade, nas parroquias non montañosas estanse a asentar invernadoiros dedicados ao cultivo de hortalizas. Os produtos do campo e dos invernadoiros comercialízanse en gran medida na feira de Paiosaco e Carballo.

Un grupo importante de poboación traballa no sector servizos no propio Concello e na industria nos Concellos limítrofes (Arteixo, Carballo, A Coruña).

Reseñar para rematar, que un pequeno sector da parroquia de Caión vive da pesca.

 

Segundo o tipo de traballo que realizan os pais dos nenos, vemos que a maioría deles son asalariados, aínda que no momento actual de crise moitos atópanse en paro.

O Plan Dixital contribuirá a consecución da parte tecnolóxica do P. Educativo a través dun mellor aproveitamento dos recursos tecnolóxicos así como nunha mellora na dotación e no uso destes recursos

O Plan Dixital relacionarase moi directamente co Proxecto Edixgal , co PLAMBE así como co Plan de Continxencia no caso de ter que poñelo en marcha.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23. O Plan Dixital formará parte da PXA de cada curso contribuíndo a súa consecución

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD (realizados no curso 2021/2022) e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade FALTA DE RECURSOS PERSOAIS PARA FACER REFORZOS OU DESDOBRES E PODER RABALLAR MÁIS PROFUNDAMENTE A DIXITALIZACIÓN Alumnado Non
Debilidade DIFICULTADES TÉCNICAS: FALTA DE ORDENADORES, PIZARRAS.. E DE TELOS ESTAN OBSOLETOS Infraestruturas Si
Debilidade NECESIDADE DE FORMACIÓN ESPECÍFICA Oferta Si
Debilidade FALTA DE HORARIO PARA DEDICAR Á DIXITALIZACIÓN Organización de centro Si
Debilidade FALTA FORMADORES INTERNOS, NO PROPIO CENTRO Persoal docente Si
Debilidade FALTA PERSOAL PARA ATENDER AS NOVAS TECNOLOXÍAS Persoal non docente Si
Fortaleza ALUMNADO DO 3º CICLO CO PROXECTO EDIXGAL Alumnado Non
Fortaleza FAMILIAS XÓVENES CON POSIBILIDADE DE IMPLICARSE ASÍ COMO UN CENTRO ABERTO ÁS FAMILIAS. Familias Non
Fortaleza INSTALACIÓNS CENTRO Infraestruturas Si
Fortaleza IMPLICACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO NOS PROXECTOS DE DIXITALIZACIÓN DO CENTRO Organización de centro Si
Fortaleza PLANTILLA PROFESORADO COMPROMETIDA Persoal docente Si
Fortaleza PERSOAL MOI IMPLICADO NAS ACTIVIDADES DO CENTRO Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza ASPECTO ECONÓMICO: FALTA DE RECURSOS, FALTA FORMACIÓN Administración educativa Non
Ameaza POSIBLES CAMBIOS POLÍTICOS ADMINISTRATIVOS Lexislación Non
Oportunidade PODER CONTAR CON MÁIS E MELLOR MATERIAL Administración educativa Non
Oportunidade AXUDAR A POTENCIAR A INNOVACIÓN. INCREMENTAR O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS ANPA Si
Oportunidade INCREMENTAR USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS Contorna Non
Oportunidade POSIBILIDADE DE RECIBIR APORTES ECONÓMICOS PARA ALCANZAR UN MAIOR APOIO INSTITUCIONAL Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Con independencia das necesidades ou propostas de mellora suxeridas polo claustro, Anpa, familias, administración… en cada curso escolar o Plan de Acción terá en conta os recursos materiais e humanos no momento de elaboración do Plan Dixital.

Incidirase en obxectivos que supoñan unha mellora relativa do uso que se fai dos recursos dispoñibles, tendo en conta que o catálogo dos mesmos está en constante evolución

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Mellorar a actividade programada das aulas virtuais
O2PD Crear un ¿repertorio ou banco de recursos¿ interno do centro
O3PD Coñecer a infraestrutura do centro e os equipos existentes, así como a súa organización e funcionamento
O4PD Utilizar as ferramentas oficiais nas comunicacións coas familias e alumnado.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan realizarase ao logo de dous contextos  específicos:

·                    No contexto procesual

·                    No Contexto final

a.- No contexto da avaliación procesual

·                    Será como mínimo unha vez ao trimestre.

Os aspectos a valorar:

·                    O estado da execución das accións programadas:

o        Realizada

o        Iniciada

o        Pendente

o        Aprazada

·                    A análise e valoración dos resultados ata ese momento

·                    As posibles modificacións das accións en busca de mellores resultados

·                As propostas de mellora buscando acadar os obxectivos programados

b.- No contexto da avaliación final

·                Será como mínimo unha vez ao ano, preto do final do curso escolar.

 Os aspectos a considerar:

·                    A valoración do logro dos obxectivos

o        Acadados

o        Parcialmente acadados

o        Non acadados

o        Pendentes

o        Aprazados e proposta de repetición de obxectivos

 

Valoración das causas polas que non se acadaron os obxectivos.

·                As propostas de mellora.

·                Plantexamento de novos obxectivos

 

A valoración procesual estase facendo en 2 liñas ao longo do curso. A través dun grupo de traballo e a través da mentora ADIX trimestralmente. Todas estas valoracións quedarán reflectidas na ferramenta de EDUCALIDADE.

1º Trimestre

Todos os obxectivos foron acadados casi ao 100% no 1º trimestre. A implicación do profesorado foi clave para a consecución dos oxectivos en un período de tempo tan curto. 

Poucas foron as necesidades que se atoparon, pero unha vez posta en marcha o PD, demonos conta de que se precisaba unha renovación de algúns equipos (sobre todo PDI, proxectores e actualización de equipos de aula).

2º Trimestre

No segudo trimestre continuamos desenvolvendo os obxectivos do PD referentes a utilización dos elementos coorporativos para a comunicación e difusión da información do centro cara as familias. 

 

3º Trimestre

O desenvolvemento do Plan Dixital no centro levouse a cabo dun xeito satisfactorio. Uns obxectivos sinxelos, sumados co alto grado de participación do profesorado, fixeron que a consecución dos mesmos se realizase xa antes do inicio deste terceiro trimestre.

Un arranque de curso onde se presentou os distintos recursos ao novo profesorado e ao profesorado que os descoñecía (OBX 3), xunto cunhas reunións onde se marcaron uns criterios a seguir para a posta en marcha das AV e de como usar a aplicación Abalar, deixaban encamiñados os primeiros obxectivos.

Unha vez posta en marcha as distintas Aulas Virtuias, procedeuse a mercar un Servidor Nas, o cal nos permiteu crear unha base de datos onde os mestres intercambian distintos materiais e recursos; deixando cumplido os obxectivos deste 1º ano do noso plan dixital.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan realizarase ao logo de dous contextos  específicos:

·                    No contexto procesual

·                    No Contexto final

a.- No contexto da avaliación procesual

·                    Será como mínimo unha vez ao trimestre.

Os aspectos a valorar:

·                    O estado da execución das accións programadas:

o        Realizada

o        Iniciada

o        Pendente

o        Aprazada

·                    A análise e valoración dos resultados ata ese momento

·                    As posibles modificacións das accións en busca de mellores resultados

·                As propostas de mellora buscando acadar os obxectivos programados

b.- No contexto da avaliación final

·                Será como mínimo unha vez ao ano, preto do final do curso escolar.

 Os aspectos a considerar:

·                    A valoración do logro dos obxectivos

o        Acadados

o        Parcialmente acadados

o        Non acadados

o        Pendentes

o        Aprazados e proposta de repetición de obxectivos

 

Valoración das causas polas que non se acadaron os obxectivos.

·                As propostas de mellora.

·                Plantexamento de novos obxectivos

 

A valoración procesual estase facendo en 2 liñas ao longo do curso. A través dun grupo de traballo e a través da mentora ADIX trimestralmente. Todas estas valoracións quedarán reflectidas na ferramenta de EDUCALIDADE.

Valoración xeral

O Plan Dixital está integrado no día a día do centro. Isto foi posible grazas a inclusión no mesmo de obxectivos que involucrasen a todo o persoal, como o coñecemento dos recursos do centro, a creación constante de recursos dixitais e a súa aplicación nas distintas plataformas (aula virtual e E-Dixgal) e o aumento da utilización da ferramenta Abalar como medio de comunicación coas familias.

Esta primeira toma de contacto co Plan Dixital deixa ao centro cun gran sabor de boca, xa que a maioría do profesorado participou activamente no mesmo para a consecución dos obxectivos, pero tamén co reto de seguir crecendo con obxectivos máis ambiciosos.

Proposta de mellora

De cara ao vindeiro curso, o centro proponse avanzar na creación dun espazo onde se poidan integrar as TIC, a través de materiais ou ben dados pola xunta (como o programa Polos Creativos), ou ben con materiais mercados polo propio centro.

Así mesmo, buscarase o xeito de que ese espazo sexa accesible a todo o centro, por iso, buscarase formación e tentarase transformar eses coñecementos nun produto final.

Tamén se continuará cas liñas xa iniciadas, tanto ca creación de contidos dixitais, como o intento de aumentar a porcentaxe de uso da ferramenta Abalar.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do centro, posto que abarca a mestres, alumnado, familias e administracións , terá que darse a coñecer  a toda a comunidade educativa.

·                    Iniciarase coa posta a disposición de  todo o profesorado previo ao seu paso polo Claustro  para que poida ser enriquecido e mellorado coas aportacións de todos/as e ao mesmo tempo sexa coñecido.

·                    Nun segundo paso teremos o seu paso polo Consello Escolar para a súa aprobación. Previo a este paso será enviado aos representantes das familias, da Anpa e do Concello para acadar as súas aportacións, a súa implicación  e dalo a coñecer.

·                    Tras estes dous pasos fundamentais e por outro lado, de obrigado cumprimento colgarase na páxina web do centro para a seu coñecemento e consulta por todas as partes interesadas.

Máis concretamente, ao remate de cada curso, unha vez realizada a avaliación trasladaranse os resultados a Claustro e Consello e solicitaranse aportacións de cara á súa mellora no inicio curso seguinte