Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan dixital do CPI de Ponte Carreira para o curso 2022-23 elaborouse e implementarase en función da seguinte normativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o Pax 4 de 14 desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021- 2022.
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Unha escola actual e adaptada a nosa realidade ten que estar conectada coas tecnoloxías dixitais. O Plan Dixital do noso centro nace para mellorar a competencia dixital da nosa comunidade educativa e fomentar o uso de ferramentas dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe dunha forma sistemática, coherente, organizada e avaliable.

O centro conta con catorce profesores do corpo de mestres, trece do corpo de secundaria (incluída a orientadora) e dous profesores de relixión que comparten centro e non forman parte deste claustro. Posúe unha liña de cada nivel educativo (Ed. Infantil, Ed. Primaria e E.S.O) cun total de 148 alumnos. É un centro rural no concello de Frades, cunha poboación estimada segundo o INE de 2339 habitantes a 1 de xaneiro de 2019, o CPI está situado na parroquia de Gafoi (275 habitantes).

Aínda que nos atopamos nun ámbito rural, o acceso ás novas tecnoloxías está totalmente normalizado xa que o alumnado emprega gran parte do seu tempo en ocupacións relacionadas coas TICs, por exemplo, navegar por internet, videoxogos, ver a televisión ou utilizar redes de mensaxe instantánea.

O centro participa en diversos proxectos, e entre eles os que destacan pola súa integración co Plan dixital, son: Implantación da plataforma EVA-EDIXGAL dende hai dous cursos e na que toman parte dende 5º de Ed. Primaria ata 4º de ESO e o TIL (Tratamento Integral das Linguas).

O Plan dixital forma parte da Programación Xeral do curso 22/23 e axudará á súa modelación e posta en funcionamento. Xa en PPXX anteriores a integración das TIC aparece como un dos obxectivos propostos.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Entre xaneiro e marzo de 2022 leváronse a cabo a enquisa SELFIE e o test CDD, de cuxos resultados se elaborou o seguinte DAFO.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Baixa competencia dixital do alumnado. Alumnado Non
Debilidade O centro non emprega prácticas de avaliación dixital das habilidades do alumnado. Organización de centro Non
Debilidade Estratexia dixital non definida. Organización de centro Non
Debilidade Non se aplican correctamente os dereitos de autor/licencias. Outras Non
Debilidade Créanse poucos recursos dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Baixa implicación do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Pouca colaboración nos recursos. Persoal docente Non
Fortaleza Boa conexión a internet: velocidade e puntos AP en todo o centro. Infraestruturas Non
Fortaleza - Boa comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza - Empréganse habitualmente entornos virtuais de aprendizaxe (aulas virtuais, etc.) Persoal docente Non
Fortaleza O centro fomenta o uso de software libre. Persoal docente Non
Fortaleza Recursos dixitais adaptados ás necesidades do alumnado. Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Exceso de traballo burocrático. Administración educativa Non
Ameaza Asistencia técnica mellorable. Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo para formarse. Contorna Non
Ameaza Baixo nivel dixital das familias. Contorna Non
Oportunidade Formación continua do profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade Participar en materias/proxectos STEM. Administración educativa Non
Oportunidade Colaboración con entidades externas. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Analizado este DAFO pode observarse que as nosas fortalezas son as seguintes:

- Boa conexión a internet: velocidade e puntos AP en todo o centro.

- Boa comunicación coa comunidade educativa.

- Empréganse habitualmente entornos virtuais de aprendizaxe (aulas virtuais, etc.).

- O centro fomenta o uso de software libre.

- Recursos dixitais adaptados ás necesidades do alumnado.

 

Mentres que as principais debilidades son:

- Baixa competencia dixital do alumnado.

- O centro non emprega prácticas de avaliación dixital das habilidades do alumnado.

- Estratexia dixital non definida.

- Non se aplican correctamente os dereitos de autor/licencias.

 

Consideramos que os obxectivos do noso Plan Dixital para o curso 2022-23 deben estar encamiñados a mellorar as nosas debilidades.

 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Mellorar a competencia dixital do profesorado (D2)
O2PD Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado (E3)
O3PD Fomentar un comportamento seguro e responsable do alumnado (H1, H3)
O4PD Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro (C1 e C8)

Seguimento

Procedemento

Eu, Dna. Dina Asensio Campazas, coordinadora do Plan Dixital 2022-23 reunireime con D. Jorge Fernández Otero, asesor ADIX do noso centro dúas veces por trimestre para realizar o seguimento da implantación do Plan Dixital do centro. Quedará constancia destas reunións nas actas que se elaboran tras cada reunión (ver apartado Anexos).

Ademais, o seguimento do Plan dixital consistirá en recoller información por medio de rúbricas e cuestionarios que se pasarán ao conxunto
do profesorado, o cal indicará que porcentaxe dos obxectivos propostos neste plan se ven cumpridos, e cales non. Tamén indicarán se hai novos
obxectivos para un vindeiro curso. Dito seguimento levaráo a cabo o Equipo de Dinamización do Plan Dixital.

 

1º Trimestre

A 22 de decembro de 2022, os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse como segue:

 

Obxectivo 1: Mellorar a competencia dixital do profesorado (D2)

AO1.1: Detección de carencias relativas á competencia dixital e necesidades formativas a través da realización dunha enquisa (1º trimestre). Realizado. 

AO1.2: Organización dunha liña de formación dentro do PFPP ou tamén a nivel individual (1º trimestre). Realizado. 

AO1.3: Implementación na aula dos novos coñecementos adquiridos na formación que enriquezan o proceso de ensino  (Fin 3º trimestre). En proceso.

 

Obxectivo 2: Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado (E3)

 AO2.1: Reunión inicial co claustro para explicar que ao longo do curso se vai fomentar o uso da Aula Virtual (1º trimestre). Realizado. 

AO2.2: Subida e corrección de actividades aos cursos correspondentes da AV corporativa  (Fin 3º trimestre). En proceso.

 

Obxectivo 3: Fomentar un comportamento seguro e responsable do alumnado (H1, H3)

AO3.1: Busca e solicitude de actividades (charlas, talleres, obradoiros...) para concienciar ao colectivo indicado. (1º T). En proceso.

 AO3.2: Realización de actividades complementarias por parte de persoas externas ao centro e formadas na temática. (1º T). En proceso.

 

Obxectivo 4: Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro (C1 e C8) 

AO4.1: Elaboración dun inventario dos equipos máis obsoletos ou que teñen un peor funcionamento. ( outubro). En proceso.

 AO4.2: Solicitude de presuposto en función dos equipos que se prevén cambiar. (outubro). En proceso.

 AO4.3: Actualización dos equipos que máis urxen. (22 xuño 2023). Non tratado.


 

 

 

2º Trimestre

A 31 de marzo de 2023, os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse como segue:

 

Obxectivo 1: Mellorar a competencia dixital do profesorado (D2)

AO1.1: Detección de carencias relativas á competencia dixital e necesidades formativas a través da realización dunha enquisa (1º trimestre). Realizado.

 AO1.2: Organización dunha liña de formación dentro do PFPP ou tamén a nivel individual (1º trimestre). Realizado.

 AO1.3: Implementación na aula dos novos coñecementos adquiridos na formación que enriquezan o proceso de ensino  (Fin 3º trimestre). En proceso.

  

Obxectivo 2: Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado (E3)

 AO2.1: Reunión inicial co claustro para explicar que ao longo do curso se vai fomentar o uso da Aula Virtual (1º trimestre). Realizado.

 AO2.2: Subida e corrección de actividades aos cursos correspondentes da AV corporativa  (Fin 3º trimestre). En proceso.

  

Obxectivo 3: Fomentar un comportamento seguro e responsable do alumnado (H1, H3)

AO3.1: Busca e solicitude de actividades (charlas, talleres, obradoiros...) para concienciar ao colectivo indicado. (1º trimestre). Realizado.

 AO3.2: Realización de actividades complementarias por parte de persoas externas ao centro e formadas na temática. (1º trimestre ). En proceso.

 

Obxectivo 4: Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro (C1 e C8)

 AO4.1: Elaboración dun inventario dos equipos máis obsoletos ou que teñen un peor funcionamento (outubro). En proceso.

 AO4.2: Solicitude de presuposto en función dos equipos que se prevén cambiar (outubro). En proceso.

 AO4.3: Actualización dos equipos que máis urxen (22 xuño 2023). En proceso.

3º Trimestre

A 21 de xuño de 2023, os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse como segue:

 

Obxectivo 1: Mellorar a competencia dixital do profesorado (D2)

AO1.1: Detección de carencias relativas á competencia dixital e necesidades formativas a través da realización dunha enquisa (1º trimestre). Realizado.

 AO1.2: Organización dunha liña de formación dentro do PFPP ou tamén a nivel individual (1º trimestre). Realizado.

 AO1.3: Implementación na aula dos novos coñecementos adquiridos na formación que enriquezan o proceso de ensino  (Fin 3º trimestre). Realizado.

 

 Obxectivo 2: Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado (E3)

 AO2.1: Reunión inicial co claustro para explicar que ao longo do curso se vai fomentar o uso da Aula Virtual (1º trimestre). Realizado.

 AO2.2: Subida e corrección de actividades aos cursos correspondentes da AV corporativa (Fin 3º trimestre). Realizado.

  

Obxectivo 3: Fomentar un comportamento seguro e responsable do alumnado (H1, H3)

AO3.1: Busca e solicitude de actividades (charlas, talleres, obradoiros...) para concienciar ao colectivo indicado. (1º trimestre). Realizado.

 AO3.2: Realización de actividades complementarias por parte de persoas externas ao centro e formadas na temática. (1º trimestre ). Realizado.

  

Obxectivo 4: Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro (C1 e C8)

 AO4.1: Elaboración dun inventario dos equipos máis obsoletos ou que teñen un peor funcionamento ( outubro). En proceso.

 AO4.2: Solicitude de presuposto en función dos equipos que se prevén cambiar (outubro). Realizado.

 AO4.3: Actualización dos equipos que máis urxen (22 xuño 2023). Realizado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do Plan dixital consistirá en recoller información por medio de rúbricas e cuestionarios que se pasarán ao conxunto
do profesorado, o cal indicará que porcentaxe dos obxectivos propostos neste plan se ven cumpridos, e cales non. Tamén indicarán se hai novos
obxectivos para un vindeiro curso. Dito seguimento levaráo a cabo o Equipo de Dinamización do Plan Dixital.

Valoración xeral

A valoración xeral do desenvolvemento e implantación do plan dixital do noso centro durante o curso 2022-23 é positiva. Conseguiuse acadar a maioría dos obxectivos propostos (aínda que con bastante traballo) o curso anterior en canto ao uso da aula virtual/Edixgal, á formación do profesorado e do alumnado e á mellora de mateiais e infraestruturas. Incluso realizouse unha acción formativa para as familias que non estaba prevista inicialmente.

Sen embargo, somos conscientes de que aínda queda traballo por facer e que o plan debe actualizarse cada ano para adaptarse ás necesidades que vaian xurdindo.

Proposta de mellora

Unha vez desenvolvido o Plan Dixital 2022-23, este centro considera que para o vindeiro curso o número de obxectivos debería ser menor para centrarse e que poidan ser realmente operativos e realizables. Consideramos que os obxectivos deberían estar centrados na seguridade do uso de internet e redes sociais, tanto para alumnado como profesorado. Outro aspecto importante a ter en conta é que a comunidade educativa debe manterse actualizada no uso, coñecemento e aplicación da tecnoloxía, xa que avanza e cambia moi rápidamente.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital publicitarase a toda a comunidade educativa na páxina web do centro (https://www.edu.xunta.gal/centros/cpipontecarreira/), así coma nos diferentes documentos que se elaboren (PXA, etc.).