Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Base legal:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

As técnoloxias dixitais aumentaron a súa presenza na vida cotiá de forma vertixinosa nos últimos anos.

Consideramos que na escola debemos preparar cidadáns competentes dixitalmente e que o uso das tecnoloxías dixitais non pode quedar en man da voluntariedade do profesorado senon que debe ser un obxectivo de centro. Por iso semella imprescindible contar con un Plan dixital de centro que, a partir das propias características, nos proporcione unha folla de ruta para acadar recursos, organizar ensino, modificar metodoloxias e axudar a acadar que o noso alumnado teña a adecuada competencia dixital adecuado a sua etapa.

Para a o deseño, a elaboración e a implementación do presente plan, leváronse a cabo as seguintes actuacións: Revisar o plan dixital do curso 2022-23, aplicar as modificacións necesarias e presentalo o consello escolar para sua aprobación.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Plan dixital curso 2022-2023 e as propostas de mellora

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Ausencia dunha estratexia dixital establecida. Organización de centro Si
Debilidade O uso da aula virtual é irregular en función do titor/titora. Persoal docente Non
Debilidade Falta de MOTIVACIÓN TECNOLÓXiCA do persoal docente Persoal docente Si
Debilidade Competencia dixital insuficiente do profesorado. Persoal docente Si
Debilidade Non se está traballando con tecnoloxías innovadoras coma robótica, impresión 3d¿ Persoal docente Non
Debilidade Uso de metodoloxías tradicionais e acomodación por medo ao descoñecido, ao que non se pode controlar¿ Persoal docente Non
Fortaleza Implicación e colaboración do alumnado. Alumnado Si
Fortaleza Comunicación permanente entre o profesorado e as familias. Familias Si
Fortaleza Emprego de Abalar. Familias Si
Fortaleza Adquisición recente de dispositivos tecnolóxicos e boa dotación nas aulas de pizarras dixitais, ordenadores, impresoras, ordenadores para o profesorado¿ Aula de informática dotada con trece ordenadores. Infraestruturas Non
Fortaleza Equipo directivo con experiencia no desenvolvemento das tarefas que lle son propias. Organización de centro Si
Fortaleza Incremento nos programas de formación proporcionados pola Consellería de Educación. Organización de centro Non
Fortaleza Colaboración do profesorado nas actividades do Proxecto Documental Integrado do centro. Persoal docente Si
Fortaleza Cultura de traballo en equipo. Persoal docente Si
Fortaleza Preocupación polo desenvolvemento persoal do profesorado. Persoal docente Si
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Exceso de burocracia Administración educativa Non
Ameaza Limitacións técnicas e de acceso de algunhas familias ás novas tecnoloxías. ANPA Non
Ameaza Descenso da natalidade na área de influencia do centro. Contorna Non
Ameaza Cambios constantes na normativa Lexislación Non
Ameaza A infraestrutura do centro ten as súas limitacións. Outras Non
Ameaza Limitada utilización das TIC no ensino. Outras Non
Ameaza Falta de formación do profesorado en Novas Tecnoloxías. Outras Non
Oportunidade O Concello colabora co centro en determinadas actividades de coñecemento do contorno Administración educativa Non
Oportunidade Boas dotacións económicas por parte da administración. Administración educativa Non
Oportunidade A comunicación coa comunidade educativa é moi fluída Contorna Si
Oportunidade O centro basea o seu traballo nun proxecto documental integrado moi potente no que participa toda a Comunidade Educativa. Contorna Non
Oportunidade A ratio profesor/alumno é idónea para o traballo. Os grupos reducidos de alumnado supoñen una gran vantaxe á hora de instaurar novas metodoloxías, estratexias¿ Contorna Non
Oportunidade Persoa allea ao centro que repara os equipos informáticos e problemas técnicos. Outras Si
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

 

Despois de analizar os datos anteriores, tomamos como accións prioritarias para este curso 23/24 os seguintes:

Continuar co proceso de dixitalización das distintas xestións do centro, fomentando un uso responsable das TIC por parte do toda a comunidade educativa.

Continuar Actualizando o equipamento do centro.

Promover o emprego das AV por parte de todos os mestres/as

Fomentar a formación contínua do profesorado e a participación en espazos colaborativos.

Impulsar a robótica dentro das aulas, se mandan a dotación do material de polos creativos

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover a comunicación entre os titores e especialistas as familias mediante o uso da ferramenta Abalar
O02PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital
O03PD Aumentar o emprego da AulaVirtual do centro para o debate e coordinación entre o profesorado
O05PD Favorecer o intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros, tanto entre o profesorado do propio centro coma doutros centros de similares características.
O06PD Promover o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado.
O07PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP para analizar a fiabilidade da información.

Seguimento

Procedemento

O seguimento do Plan Dixital farase a través de reunións periódicas do Coordinador do PD e a persoa Adix do centro.

Ademáis, tamén se realizarán reunións trimestrais do Equipo de Dinamización do Plan Dixital.

1º Trimestre

Realizouse o seguimento trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.

Analizamos que os obxectivos do PD correspondentes ao primeiro trimestre se desenvolven segundo  programado inicialmente no plan,e algúns están en proceso por seguir durante todo o curso. 

 

2º Trimestre

 

O PD do centro desenrólase sen dificultade. Realizouse o seguimento trimestral do plan dixital a través da revisión do nivel de execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.

Os obxectivos do PD correspondentes ao 2º trimestre desenvolvense según o previsto 

3º Trimestre

O PD do centro desenrólase sen dificultade. Realizouse o seguimento trimestral do plan dixital a través da revisión do nivel de execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.

Os obxectivos do PD correspondentes ao 3º trimestre desenvolvense según o previsto 

 

 

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez  ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Facendo fincapé na responsabilidade das diferentes persoas que deben asumir os roles pertinentes no proceso.
Elaborar estratexias para tentar de lograr a maior parte dos obxectivos propostos e valorar os cambios pertinentes para ser quen de modificar ou adecuar os outros para ser quen de ser logrados.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Na mesma tamén buscarase que posibilidades existen de poder enfocar os seguintes obxectivos,  baseándose no éxito ou no fracaso dos anteriores, e comprobar a partires desa avaliación posibles  deficiencias ou necesidades, no proceso de ensinanza-aprendizaxe no centro que podan ser  susceptibles de ser traballadas ou non precisan un enfoque tan directo.

Valoración xeral

A valoración xeral é positiva ainda que o mundo dixital necesita unha constante vixianxia e actualización tanto dos equipos como das ferramentas así como ter a man un bo equipo de mantemento, tarefa que complexa xa que nos adicamos a ensinaza non a informática. 

Proposta de mellora

Anular a aula de informática do centro xa que está obsoleta e temos o carro de ordenadores portátiles, que é máis útil. Os ordenadores de sobremesa da aula de informática que sexan útiles repartiranse polas aulas. 

Actualizar ordenadores do profesorado.

Continuar traballando na mellora da competencia dixital do profesorado.

Buscar unha boa ferramenta para a xestión de fotos. 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez o Plan Dixital sexa aporbado polo Consello Escolar, realizaránse as seguintes accións para a súa difusión:

  • Farase pública a través da web do centro, onde están publicados tódolos documentos oficiais de centro.
  • Enviarase un Abalar ás familias anunciando a publicación do mesmo.
  • Formará parte do PEC do centro
  • Actualizarase cada ano na correspondente PXA.
  • Através da URL de educalidade