Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Na medida do posible intamos seguir a cronoloxía recollida no Plan Dixital.
- Nunha reunión no mes de outubro, o profesorado acordou: unha das liñas do PFPP sería aprendeizaxe de Apps Educativas aplicadas aos Paneis Dixitais.
- Decídese crear un Panel Colaborativo en Canva, nel compartirase o traballo que se realiza en cada aula relacionado con proxecto de centro, deste xeito a final de curso teremos un resumo gráfico de o traballado.
- Nun claustro decidiuse elaborar un diagrama interactivo(Canva) con páxinas de interese para o profesorado.
- Levamos 2 anos solicitando un PC para Dirección e a resposta, como sempre é: Non dispoñemos deles.A directora está a traballar cun ordenador feito de restos doutros ordenadores, que da erros continuamente, facendo moi complexa a súa tarefa.
- Creamos unha pestaña na web (eeiasdunas) denominada Polos Creativos, na que estamos reflexando todo o relacionado con estas actividades.
- Non acabamos de elaborar o diagrama interactivo(Canva) con páxinas de interese para o profesorado.Queda pendente de rematar o vindeiro curso.
- Non se recibiu o material solicitado,un ordenador de URXENCIA para o uso de dirección(Órgano Unipersoal). Xa é o 4º curso no que se solicita, o que está actualmente en dirección está totalmente obsoleto e composto de diferentes elementos doutros ordenadores xa descartados. A última vez que viñeron reparalo xa avisaron que non se podía facer nada máis, que volveramos a solicitalo. Corremos o risco de quedar sen ordenador e perder todo o que nel está gardado.
-Solicitouse formación sobre APPs para os Panis Dixitais, pero o CEFORE non nola brindou.
Avaliación
Para poder avaliar o plan, será necesario medir o grao de consecución dos obxectivos que marcamos. Tamén será necesario comprobar a efectividade das actuacións levadas a cabo e o desenvolvemento do plan. Así pois, no contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Por outra banda, no contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Como non recibimos a formación solicitada ao CEFORE sobre APPs para os Panesi Dixitais, o vindeiro curso voltarase solicitar.
Non recibimos os equipamentos informáticos solicitados, estando obsoletos os de Dirección do centro, fando moi complexa a labor da dirección.
Non se elaboraron instrumentos de avaliación empregado ferramentas dixitais.
Rematar o diagrama interactivo con páxinas de interese para o profesorado, este curso por falta de tempo non se puido rematar.
Elaborar instrumentos de avaliación empregando ferramentas dixitais.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital poderase visualizar libremente na plataforma Educalidade(edu.xunta.gal/educalidade).
Dentro de Plans de Centro escribindo o nome "As Dunas". Ou picando neste enlace.Plan Dixital