Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Para levar a cabo este PD teremos en conta que:
- O equipo de dinamización do PD realizará polo menos unha reunion co mentor ADIX asignado para valorar e asesorar a evolucion deste plan dixital.
- A persoa mentora ADIX visitará o centro as veces que sexa preciso para unha boa consecución do PD.
- A persoa coordinadora do PD terá acceso ao aplicativo Educalidade para rexistrar os avances e avaliación deste plan.
A avaliación do plan consistirá en medir o grado de consecución dos obxectivos que nos marcamos. Tamén será necesario probar a efectividade das actuacións levadas a cabo. Para levar a cabo dita avaliación, teremos en conta os seguintes instrumentos e ferramentas:
- Os indicadores de logro asociados a cada un dos obxectivos e accións.
- A ferramenta da avaliación SELFIE a través da cal poderemos facer unha análise da competencia dixital do centro.
- A avaliación da competencia dixital docente e do alumnado.
O plan avaliarase en función dos resultados obtidos no marco dos obxectivos e prazos previstos. O informe de progreso formará parte da memoria anual de centro.
Realizouse o seguemento trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos, tendo en conta que este ano temos dúas aulas no proxecto E-Dixgal e unha dotación de pizarras dixitais das que careciamos o curso anterior 22-23.
Neste primeiro trimestre, organizamos a formación do profesorado a través de cursos e grupos de traballo, mediante un PFPP con dous itinerarios: E-Dixgal Ano I e Polos Creativos.
Tamén realizamos comunicacións e reunións coas familias nas que se lles trasladou a utilidade da ferramenta Abalar Móbil para a comunicación co centro.
Realízase o seguemento trimestral de acordo co planificado para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.
Observamos a implicación do profesorado e do alumnado coa implementación das novas ferramentas dixitais (E-Dixgal, paneis dixitais). Case todo o profesorado está participando na formación do PFPP e adquirindo novas habilidades con estas ferramentas.
Seguimos á espera do material de Polos Creativos para poder realizar algún taller co alumnado e coas familias.
Realizouse o seguemento trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.
Analizamos que os obxectivos do PD correspondentes ata o 3ª trimestre desenvólvense segundo o programado:
O obxectivo O01PD considérase acadado.
Os obxectivos O02PD, O03PD e O04PD, están parcialmente acadados, realizáronse as accións dos mesmos e propóñense para o vindeiro curso.
O obxectivo O05PD está parcialmente acadado xa que houbo obras que no centro que o retrasou.
O obxectivo O06PD considérase pendente, xa que non se utilizaron os libros dixitais e non se considera unha acción prioritaria.
O obxectivo O07PD considérase acadado.
O obxectivo O08PD considérase parcilamente acadado, posto que faltou equipamento de Polos creativos.
O obxectivo O09PD queda pendente polo mesmo motivo que o obxectivo anterior.
Avaliación
Para a avaliacion do plan proponse:
1º: Integrar dentro do calendario de reunión dos martes pola tarde, unha reunión mensual do equipo que forme parte do Plan valorando:
- A adecuación dos prazos marcados.
- As accións executadas.
- Os resultados que se van obtendo.
- As dificultades que xurdan.
- As propostas de mellora para acadar os obxectivos plantexados.
Para poder avaliar o plan medimos o grado de consecución dos obxectivos marcados, mediante a observación do emprego da ferrmanta ABALAR, e se hai reciprocidade por parte das familias. Tamén se proba a efectividade das actuacións levadas a cabo, marcadas e analizadas no apartado de seguimento.
Teremos en conta os seguintes instrumentos e ferramentas:
-
Os indicadores de avaliación asociados a cada un dos obxectivos e accións.
-
A ferramenta da avaliación SELFIE a través da cal poderemos facer unha análise da competencia dixital do centro.
-
Avaliación da competencia dixital docente e do alumnado.
Asemade, este Plan que formará parte da Programación Xeral Anual e terá un proceso de avaliación final no que se reflectirá:
- Os obxectivos propostos no PD para este 2º ano e se foron acadados na súa maioría.
- Implicación do profesorado no desenvolvemento do PD.
- Implicación do alumnado e das familias.
Os resultados pódense ver no apartado Seguimento.
Non planificar obxectivos que dependen dunha actuación externa ao centro (por exemplo, a elaboración dos recursos didácticos co material de polos creativos depende da dotación por parte da Consellería).
Conseguir unha maior implicación das familias.
Fomentar a responsabilidade do alumnado na relación cos recursos dixitais.
Lograr algunha dotación dixital para o centro (eBooks, tabletas...).
Comunicación e difusión
O Plan Dixital será publicitado a través dos seguintes medios de comunicación externos ao inicio do curso:
- Páxina Web
- Nota Abalar conforme está publicado para que as familias poidan ir ao enlace.
- Comunicacións puntuais para as actividades contidas no Plan Dixital, a través de Abalar ou circular en papel.
O Plan Dixital é un documento vivo, o que implica que, ao final de cada trimestre, tras a oportuna valoración, se poda realizar unha modificación e/ou reformulación de obxectivos de acción, que serán publicitados seguindo o esquema anterior.