O CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez é un colexio Público, a titularidade osténtaa a Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Está situado no lugar do Cruceiro, parroquia de Lérez.
No colexio temos as etapas de E.I. e E.P. Somos un centro dunha única liña dividido en tres unidades de E.I (4º,5º,6º) e seis de E.P.(1º,2º,3º,4º,5º,6º). O número de alumnado deste curso é de 29 alumnos/as de E.I. e de 93 en E.P.
Os integrantes do Claustro son 19 mestres/as. Catro delas son especialistas de E.I; unha delas é a figura de apoio. Na E.P hai cinco mestres/as titoras/es, 1 especialista en Inglés, unha especialista de música que fai a súa fez de secretaria do centro, dúas especialistas de E.F, xa que unha delas ten a redución de xornada e a outra ostenta o cargo de titora de 6º, unha especialista en P.T, 1 especialista en A.L e un orientador compartidos con outros centros, unha mestra de Relixión que tamén é a Xefa de Estudos, un mestre de francés que ademais é o director e unha mestra de apoio (PROA+).
Da plantilla 14 son definitivos e 3 provisionais.
1.2 Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.
Dende o punto de vista económico e laboral das familias do alumnado, a situación é diversa, mentres que unas teñen un desenvolvemento baixo e un nivel cultural familiar tamén baixo, hai outras con cualificacións profesional, pequenas empresas ou funcionarios/as que proporciónalles mellores ingresos e polo tanto un maior benestar económico e maior acceso á cultura.
Esta diversidade correspóndese, en certo modo, co desenvolvemento cultural das familiar e do alumnado. Cada vez con máis frecuencia preséntanse situación de separación conxugais, moitas veces traumáticas para os fillos/as e que nalgúns casos inflúen negativamente no seu desenvolvemento académico.
· As posibilidades didácticas e pedagóxicas que ofrecenos o acceso e a xestión da información e do coñecemento, conceden ao Plan Dixital un peso específico como eixe transversal dentro da actividade docente. Todo isto afecta a globalidade do Proxecto Educativo de Centro nos seus aspectos metodolóxicos, organizativos, de xestión e curriculares.
· Avaliarase a situación de partida e a normativa ao respecto e solicitarase a formación necesaria segundo as necesidades do Claustro con respecto a outros plans e proxectos.
· Na PXA do curso 23/24 irá reflectida o uso da páxina WEB do centro como mecanismo para a participación activa da comunidade educativa do centro.
1.3 Breve xustificación do mesmo
Segundo o artigo 111a e o artigo 121 e o artigo 132 da LO/2006, do 3 de maio:
Os entornos virtuais de aprendizaxe que se empleen nos centros docentes sostidos con fondos públicos facilitarán a aplicación de plans educativos específicos deseñados polos docentes para a consecución de obxectivos concretos do currículo, e deberán contribuír a extensión do concepto de aula no tempo e no espazo. Así mesmo promoverán os principios de accesibilidade universal e deseño para tódalas persoas, tanto en formatos e contidos como en ferramentas e entornas virtuais de aprendizaxe. O proxecto educativo do centro recollerá así mesmo a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111bis.5.
Os centros elaboraron no curso 2021/22 o seu plan dixital e fórono modificando nos cursos sucesivos de acordo coas instrucións que se ditan.
Articulado concreto dos Decretos autonómicos no que se recolle a obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo:
Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
O que recollen ditos artigos é o seguinte: “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”
Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:
Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
1.4 Proceso de elaboración
O Coordinador das TICs xunto coa Xefa de estudos (ao non estar presente o Director), formou e dinamizou dende o comezo da elaboración do PD as tarefas de:
· Difusión e análises do selfie.
· Tarefas técnicas e resultados do CDD.
· Cos datos obtidos do selfie e do CDD, elaboración do DAFO, no que participou o claustro.
· O equipo das TICS, elaborou o plan de acción, os membro do equipo deseñaron uns obxectivos.