Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Referencia Normativa:

•  Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

•  Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

•  Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

•  Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

•  Artigo 34.1 doDECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

•  Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

•  Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

•  Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

O Plan Dixital contribúe á consecución de determinados aspectos do currículo, como por exemplo, favorecer o pleno desenvolvemento de todo o alumnado, o emprego de metodoloxías didácticas e recursos que permitan o deseño de actividades educativas que se poidan desenvolver de forma presencial e, de ser o caso, non presencial, ademais de ter un carácter práctico e potenciar o traballo en equipo e o proceso de avaliación continua.
Tamén incide na atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e ao alumnado que tivese dificultades derivadas da fenda dixital, sen prexuízo do desenvolvemento doutras medidas de atención á diversidade que se poidan establecer.
Outro obxectivo do Plan Dixital é o reforzo da comunicación escola ↔ familia, buscando ademais mellorar a competencia dixital das familias para axudarlles no seu traballo de educadores do noso alumnado.

Para elaborar e implementar o noso Plan Dixital durante o curso 2022/2023, comezamos coa creación dun grupo de traballo formado por 3 membros do claustro.
Organizouse un plan de traballo para  levar a cabo durante o curso tendo en conta a temporalización das accións que nos foi entregada polo mentor ADIX (Xurxo Cobelas).

 Para elaborar o Plan Dixital levamos a cabo os seguintes pasos:
    1. Test Selfie, no que tivemos facer un labor de motivación para que fose realizado pola maior cantidade posible tanto de profesorado como de alumnado. 
    2. Test CDD, na que o labor de motivación foi o mesmo que no apartado anterior
    3. Matriz DAFO para detectar os puntos débiles e fortes do noso centro educativo mediante a análise dos datos obtidos cos test Selfie e CDD.
    4. Plan de Acción, elección dos obxectivos que nos marcamos de cara ao vindeiro curso.
    5. Plan Dixital, con toda a información obtida nos pasos anteriores, elaboramos un documento marco que sexa a nosa folla de ruta no ámbito tecnolóxico de cara aos vindeiros cursos académicos.

Para este curso 2023/2024 contamos co asesoramento do noso mentor ADIX, Juan Luis Iglesias Ferrón para a revisión e modificación do Plan Dixital en Educalidade.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Fontes empregadas para a análise DAFO:
           1. Autoavaliación SELFIE: Incluimos a información do Resumo das Áreas do Informe Selfie.

2. Test CDD: Incluímos a información recollida nas táboas 2.1, 2.2 e 2.3 así como o recollido na táboa 1.3 de dito test.

3. Outras fontes: Os datos proporcionados pola nosa experiencia diaria no centro.

 

Interno
43 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H.11: O alumnado non aprende a codificar ou programar nin a resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxías dixitais. H.13: O alumnado non aprende a resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Debilidade Nivel económico das familias medio-baixo. Falta de dispositivos dixitais axeitados para o ensino mixto. Familias Non
Debilidade Baixa competencia dixital das familias, salvo para o ocio. Familias Non
Debilidade Mala conectividade nos fogares. Familias Non
Debilidade Baixa implicación en actividades formativas organizadas polo centro. Familias Non
Debilidade C5: Temos asistencia técnica (pagada polo centro) pero resulta insuficiente para o correcto desenvolvemento do día a día. Infraestruturas Non
Debilidade C.13: Salvo en casos moi puntuais, non se contempla que o alumnado traia os seus propios dispositivos portátiles e poida utilizalos durante as clases. Infraestruturas Non
Debilidade C16: Non existen repositorios ou bibliotecas en liña propias que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe. Infraestruturas Non
Debilidade Non se ofertan materias específicas relacionadas coa competencia TIC Oferta Non
Debilidade A1: Non existe unha estratexia dixital coñecida por toda a comunidade Organización de centro Non
Debilidade B3: Pouca colaboración con outras entidades na área TICS . Organización de centro Non
Debilidade B4: Non existe colaboración con outros centros na área TICS. Organización de centro Non
Debilidade A4: Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Organización de centro Non
Debilidade Tempo insuficiente para xestión de repositorios propios. Persoal docente Non
Debilidade G6: Non se utilizan tecnoloxía dixitais para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos demais. Persoal docente Non
Debilidade E2: Insuficiente creación de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza. Persoal docente Non
Debilidade G.8: Non se facilita ao alumnado tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade Falta formación específica TICs Persoal non docente Non
Fortaleza H.4: O alumnado si aprende a comprobar si a información que atopa en internet é fiable e precisa. Alumnado Non
Fortaleza H.10: O equipo directivo si se asegura de que o alumnado desenvolva habilidades dixitais para diferentes materias. Alumnado Non
Fortaleza H.6: O alumnado si aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet. Alumnado Non
Fortaleza H.7: O alumnado si aprende a crear contidos dixitais e a comunicarse usando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza H.8: O alumnado si aprende a comunicarse usando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza PFC: O alumnado Si é coñecedor das vantaxes do emprego de software libre no ámbito educativo e/ou dispón deste tipo de ferramentas no centro. Alumnado Non
Fortaleza A tecnoloxía está presente en todos os fogares a través dos teléfonos móbiles. Familias receptivas á implantación de proxectos de innovación relacionados coas TICs Familias Non
Fortaleza A5: Si se coñecen os dereitos de autor. Infraestruturas Non
Fortaleza C.14: Todas as aulas equipadas para a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C1: Están actualizados os equipamentos e as redes. Infraestruturas Non
Fortaleza PFC: En todas as aulas do centro equipamento informático mercado polo propio centro. Infraestruturas Non
Fortaleza Tres etapas educativas obrigatorias no centro Oferta Non
Fortaleza Suficiente comunicación interna e externa. Organización de centro Non
Fortaleza G.7: Si se promove polo equipo directivo o uso das tecnoloxías dixitais con fins de avaliación. Organización de centro Non
Fortaleza B2: Existe de reflexión sobre TICs. Organización de centro Non
Fortaleza PFC: O equipo directivo promove o emprego de software libre no ámbito educativo Organización de centro Non
Fortaleza Profesorado disposto a adoptar tecnoloxía para a docencia e a aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza G5: Si se utilizan tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza G1: Si se utilizan tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza G3: Si se utilizan tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza C.12: Formación sobre aprendizaxe mixta PFPP. Persoal docente Non
Fortaleza E3: Si se usan contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza E5: Si se utilizan recursos educativos abertos Persoal docente Non
Fortaleza F6: Si se fomenta a participación do alumnado en proxectos Interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Cadro de persoal estable. Moi comprometido co funcionamento do centro Persoal non docente Non
43 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo do equipo TICS para valorar os resultados obtidos no selfie e no test CDD por esixencias de prazos .Falta de acompañamento na implantación de innovacións educativas nos centros, o que fai que vaian perdendo ¿fuelle¿ trala súa posta en marcha. Administración educativa Non
Ameaza Falta de recursos dado o escaso número de asociados e a falta de oportunidades de financiación para levar a cabo actividades. ANPA Non
Ameaza Entorno rural, infraestructuras de rede deficientes. Nalgúns lugares do concello a cobertura de rede é por radioenlace. Baixa natalidade, o que fai diminuir o número de alumnado do centro e, polo tanto, os recursos económicos. Contorna Non
Ameaza Constantes cambios na lexislación educativa. Lexislación Non
Ameaza Concello rural con poucos recursos económicos polo número de habitantes. Ausencia de tecido empresarial que poida axudar a dinamizar o centro. Outras Non
Oportunidade Impulso do Plan Dixital (formación, asesoramento¿). Financiación dos recursos para por en marcha proxectos como EDIXGAL, Contratos-programa, etc. Administración educativa Non
Oportunidade Actual ANPA moi colaboradora e implicada co desenvolvemento de proxectos de innovación no centro. Moi activa buscando recursos. ANPA Non
Oportunidade Imaxe Dixital do centro implantada (web institucional, redes sociais, etc) Cercanía de poboacións grandes como Redondela, Vigo e Pontevedra. Contorna Non
Oportunidade Cambio de lei (LOMLOE), o desenvolvemento da competencia da competencia dixital de toda a comunidade educativa como obxectivo da lei. Lexislación Non
Oportunidade Boa relación con outras entidades coma o Concello e coa Asociación ASPAVI. Biblioteca municipal dotada de equipamento TIC que colabora activamente co centro Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizado o informe DAFO, e analizados os datos que nos amosa, é preciso establecer un Plan de acción, concretado nos obxectivos que abordaremos de cara ao vindeiro curso, así como as accións que imos a levar a cabo para acadar eses obxectivos e os indicadores numéricos que nos permitirán avaliar todo o traballo realizado. 

Á hora de seleccionar os obxectivos que imos a incluir no Plan Dixital, tivemos en conta tres factores:
    • O equipamento co que contamos neste momento e as necesidades futuras atendendo ao cambio metodolóxico que pretendemos iniciar no noso centro.
    • As posibilidades tanto tecnolóxicas como de infraestrutura do noso centro.
    • A motivación do profesorado cara á inclusión de novas tecnoloxías e a formación nas mesmas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Creación dun Polo Creativo no centro
O02PD Mellora da formación TICs dos membros da comunidade escolar (persoal docente, non docente, alumnado e familias).
O03PD Mellora dos equipamentos para o alumnado nas aulas.

Seguimento

Procedemento

Revisión trimestral do estado de desenvolvemento das accións definidas para acadar os obxectivos do curso, co asesoramento do ADIX do centro, Juan Luís Iglesias Ferrón.

1º Trimestre

Revisión de cada unha das accións, co asesoramento do ADIX mediante videoconferencia.

O01PDCreación dun Polo Creativo no centro: EN PROCESO, pendentes de recibir a dotación. Formación do coordinador polo CFR de Vigo.

O02PDMellora da formación TICs dos membros da comunidade escolar (persoal docente, non docente, alumnado e familias): EN PROCESO: Actividades deseñadas, pendente de implementar.

O03PDMellora dos equipamentos para o alumnado nas aulas: EN PROCESO. Estudio de necesidades e dotación de parte das aulas previstas.

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A) Avaliación procesual:
Realizaremos unha avaliación trimestral do estado dos obxectivos marcados.
Os aspectos que valoraremos mediante unha rúbrica serán os seguintes:
    • Estado da execución das accións marcadas
    • Análise e valoración dos resultados obtidos ata o momento da avaliación procesual.
    • Posibilidade de incluir modificacións nas accións propostas por mor de dificultades na súa consecucións ou por adaptalas a novas necesidades xurdidas durante o curso.

B) Avaliación final:
Realizarase ao terminar o curso 2023/2024 e dita avaliación terá en conta os seguintes aspectos:
    • Valoración do logro dos obxectivos marcados.
    • Propostas de mellora de cara ao curso seguinte.
    • Posibilidade de ampliación dos obxectivos acadados este ano.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O noso Plan Dixital será difundido a toda a comunidade educativa mediante os seguintes métodos:

1. Publicación na páxina web oficial do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicurrosenriquezpazos

2. Envío ás familias da información a través da aplicación AbalarMobil

3. EDUCALIDADE: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36006079