Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O C.R.A. Monterrei foi constituído pola Orde 3 de marzo de 2008 (DOG 10 de marzo de 2008).Este centro resultou da agrupación de tres escolas unitarias: a de Pazos, Vences e a de Vilaza.as aulas do noso CRA e a súa sede administrativa están dispersas xeograficamente ,  as aulas de Vilaza e a de Vences pertencen ao Concello de Monterrei e a de Pazos ao de Verín. Os dous concellos están enclavados no Val de Monterrei, situado no sur este da provincia de Ourense.

Os datos básicos do noso centro son os seguintes: Nome do centro: C.R.A. MONTERREI Enderezo: Rúa Progreso nº 112- Baixo Localidade: Albarellos Concello: Monterrei Provincia: Ourense Teléfono: 988 788106 Código postal: 32618 Correo electrónico: cra.monterrei@edu.xunta.es Páxina Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cramonterrei/ Blog: http://cramonterrei.wordpress.com/ Facebook: https://www.facebook.com/cra.monterrei Instagram: cra.monterrei Tipo de centro: Colexio Rural Agrupado Número de mestres: 8 Número de alumnos : 34

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital do C.R.A. Monterrei está constituído por todos os membros do seu claustro. Todos eles, inscribíronse no PFPP solicitado para a elaboración do mesmo así como na formación sobre o Plan Dixital . A coordinadora do Plan Dixital do noso centro a través das informacións recibidas polo mentor foi configurando o acceso á Aula virtual creada para ir elaborando o Plan e, en colaboración co resto de membros do Equipo, e grazas á formación recibida polo mentor entre todos nós fomos, paso a paso, dando forma e enchendo de contido o citado plan: - Contestando o cuestionario SELFIE e analizando os resultados - Completando o Test de Competencia Dixital Docente (TCDD)e igualmente analizando os resultados - Elaborando a DAFO do CRA. Monterrei a partir das conclusión extraídas do análise dos resultados anteriores - Elaborando o Plan de Acción, detallando os obxectivos a conseguir para o curso 2022-2023 - E finalmente, elaborando o Plan Dixital co CRA. Monterrei, adaptado á nosa realidade .

A creación do Plan Dixital implica unha modificación inevitable do Proxecto Educativo ,pois nel teñen que figurar todas as actuacións previstas no Plan Dixital para conseguir a mellora dixital do noso centro en todos os aspectos e as variacións metodolóxicas ou pedagóxicas que isto poda implicar. Igualmente introduciremos modificacións no Plan de Integración das TIC e en todos aqueles outros plans onde a dixitalización estará máis presente. Polo dito anteriormente a Programación Xeral Anual do curso 2022-2023 verase igualmente afectada xa que haberá que : - Contemplar unha formación específica para o profesorado no ámbito dixital - Modificar Plans - Solicitar a renovación das dotacións dixitais - Modificar estratexias de traballo

O Plan Dixital do noso centro está circunscrito aos marcos de referencia da Competencia Dixital que orientan a formación inicial e permanente do profesorado e facilitan o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros educativos e nas súas aulas. Estas normativas vixentes son as seguintes: ¿ Ley Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación: ¿ Art. 111 bis. Tecnoloxías da Información e a Comunicación, no seu punto 5.¿ Art. 121. Proxecto Educativo,  no seu punto 1.¿ Art.132. Competencias do director ou directora  no seu apartado c) ¿ Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.¿ Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 ¿ Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022¿ Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 ¿ Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital do C.R.A. Monterrei está constituído por todos os membros do seu claustro. Todos eles, inscribíronse no PFPP solicitado para a elaboración do mesmo así como na formación sobre o Plan Dixital . A coordinadora do Plan Dixital do noso centro a través das informacións recibidas polo mentor foi configurando o acceso á Aula virtual creada para ir elaborando o Plan e, en colaboración co resto de membros do Equipo, e grazas á formación recibida polo mentor entre todos nós fomos, paso a paso, dando forma e enchendo de contido o citado plan: - Contestando o cuestionario SELFIE e analizando os resultados - Completando o Test de Competencia Dixital Docente (TCDD)e igualmente analizando os resultados - Elaborando a DAFO do CRA. Monterrei a partir das conclusión extraídas do análise dos resultados anteriores - Elaborando o Plan de Acción, detallando os obxectivos a conseguir para o curso 2022-2023 - E finalmente, elaborando o Plan Dixital co CRA. Monterrei, adaptado á nosa realidade .

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A DAFO é unha ferramenta que facilita a análise da realidade e a toma de decisións sobre distintos ámbitos .

Para efectuala é necesario recoller información, proceso que realizaremos a través de diferentes ferramentas. Estas son :

 

Autoavaliación SELFIE: É unha ferramenta de reflexión para centros educativos desenvolta pola Comisión Europea que ten como obxectivo axudar aos centros a integrar as tecnoloxías dixitais no ensino e nas aprendizaxes.

Os resultados obtidos polo noso centro quedan reflexados no Anexo 1

Test CDD: Test de Competencía Dixital Docente : Ferramenta de autorreflexión do profesorado que determina, de forma orientativa,o nivel de competencia dixital de cada un dos participantes e servirá para poder planificar a formación futura do profesorado no ámbito dixital.

Os resultados obtidos polo noso centro quedan reflexados no Anexo 2

Outras fontes:

-        Debates  realizados polos membros do Equipo  de Dinamización do Plan Dixital nas reunión realizadas permitiron ,no momento de chegar á análise tanto dos resultados da enquisa SELFIE como aos  do Test de Competencia Dixital Docente , interesantes achegas que contribuíron á toma de decisións consensuada sobre  a nosa DAFO.

-        Análise cuantitativa e cualitativa tanto da enquisa SELFIE como do Test de Competencia Dixital Docente realizado polo profesorado do centro , valorando tanto resultados numéricos como determinados aspectos internos e externos, que nos axudarán a determinar cales poden constituír debilidades ou fortalezas (internos) ou ameazas ou oportunidades (externos).

-        Dinámica dos “3 Porqués” onde  entre todos analizamos aqueles dous datos da enquisa SELFIE que obtiveron a maior puntuación , os dous que  tiveron a menor e aqueles outros dous cunha maior dispersión para tentar atopar 3 motivos que puideran xustificar esa valoración e polo tanto que nos axudaran a determinar debilidades e ameazas así como fortalezas e oportunidades. 

 

Interno
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade A idade do alumnado para traballar a competencia dixital. Alumnado Si
Debilidade A infraestrutura dixital nalgunhas aulas é deficitaria por carencia de espazos ou por ser inadecuados. Infraestruturas Si
Debilidade . Equipos obsoletos e de mala calidade. Infraestruturas Si
Debilidade O centro non conta cunha estratexia dixital definida, posto que non se debate sobre a mesma Organización de centro Si
Debilidade Carecemos dun banco de recursos en liña. Organización de centro Si
Debilidade Definir e determinar aspectos e items da competencia dixital que queremos que adquiran os nenos das idades que temos na aula. Organización de centro Non
Debilidade Proxecto educativo sen actualizar dende algúns cursos. Organización de centro Non
Debilidade O nivel dixital do profesorado é baixo polo que necesita formación e actualización. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado é capaz de buscar e empregar recursos dixitais para o ensino, pero ten máis dificultades para crear actividades de aprendizaxe dixital . Persoal docente Si
Debilidade . Falta de tempo para crear recursos dixitais Persoal docente Si
Fortaleza Comunidade educativa implicada. Familias Non
Fortaleza Abundantes recursos nas escolas. Infraestruturas Non
Fortaleza Recursos compartidos na nube (Dropbox), Instagram, Blog do centro activo. Infraestruturas Non
Fortaleza Blog do centro activo. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro conta co apoio da dirección para todo o relacionado coas melloras educativas. Organización de centro Non
Fortaleza Empregamos técnicas dixitais para colaborar con outros centros ou organizacións. Organización de centro Non
Fortaleza Proxectos e Plans de Formación (Contratos Programa, Club de Ciencia, PFPP¿) Organización de centro Non
Fortaleza Boa disposición por parte do profesorado para ampliar e completar a súa formación profesional. Persoal docente Non
Fortaleza O tamaño reducido do claustro favorece a coordinación e o traballo cooperativo dos docentes Persoal docente Non
Fortaleza Variedade de recursos dixitais. Persoal docente Non
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Carecemos de equipos dixitais actualizados, as conexións a internet fallan con frecuencia e a asistencia técnica corre, a maior parte das veces, por conta do centro e non da UAC Administración educativa Si
Ameaza O profesorado non dispón do todo o tempo desexable para a formación e a elaboración de recursos dixitais, pola sobrecarga de traballo procedente da Consellería de Educación. Administración educativa Si
Ameaza Os equipos informáticos mercados a través de proxectos carecen de cobertura por parte da Consellería. Administración educativa Si
Ameaza Falta de materiais de robótica, impresoras 3D, PDI actualizadas, entre as dotacións de material ofertados pola Administración. Administración educativa Si
Ameaza Brecha dixital nas familias (Formación dixital, medios tecnolóxicos e conexións á rede ANPA Si
Oportunidade Aproveitar as convocatorias dos novos plans da Consellería. Administración educativa Non
Oportunidade Acceso a distintas posibilidades de formación en técnicas dixitais Administración educativa Non
Oportunidade A rede de formación do profesorado ofrece formación ao centro adaptada ás necesidades ( PFPP) Administración educativa Non
Oportunidade Aproveitar a elaboración do Plan Dixital para por en valor o traballo da ferramenta TIC no CRA e mellorar na práctica docente. Administración educativa Non
Oportunidade Existe ANPA Contorna Non
Oportunidade Ampla oferta de entidades colaboradoras que se achegan a nós grazas ás técnicas dixitais . Outras Non
Oportunidade A difusión nos medios de comunicación e nas redes sociais da educación noutros Centros educativos e dos novos medios dixitais que empregan, xera aprendizaxe e motiva a actualización da dotación tecnolóxica. Outras Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da análise da DAFO elaborado traballamos primeiro, a nivel individual , tentando establecer aqueles obxectivos que nos parecían máis necesarios acadar , posteriormente cunha posta en común do feito por cada un de nós, establecemos de forma conxunta e consensuada os obxectivos para o noso Plan de Acción , determinamos   a Área de mellora coa  que están relacionados , os indicadores( e dicir, ata onde queremos chegar ) e os seus valores de partida e de chegada. Tamén é necesario concretar as accións para conseguir cada obxectivo , determinar o responsable , acordar a temporización e  os recursos necesarios. 

A DAFO elaborado polo C.R.A. Monterrei figura no Anexo 3 e no Anexo 4

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Renovar os recursos informáticos do noso centro de traballo
O02PD Mellorar a formación do profesorado na competencia dixital
O03PD Empregar a Nova Nube Dixital para o CRA Monterrei

Seguimento

Procedemento

A avaliación do Plan Dixital deberá facerse contemplando dous aspectos :

-        Avaliación procesual : Que estudará  o estado de execución das accións , a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso , as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora; e que se realizará no momento de fin de remate de cada acción ( mínimo unha vez ao trimestre)

-        Avaliación final : Que valorará o logro dos obxectivos e as propostas de mellora e a súa frecuencia de realización será unha vez ao  ano  .

 

Segundo cada un dos obxectivos os procedementos e a temporización da avaliación ,tanto procesual como final, variarán atendendo ás peculiaridades de cada un deles.

Así pois,por exemplo,  para o obxectivo 1 : “Renovar os recursos informáticos do noso centro de traballo”,  a avaliación das nosas accións finalizará no fin do Primeiro Trimestre, mentres que nos outros dous será  en xuño de 2023.

O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital farémolo a través de rexistros ou instrumentos diseñados para tal efecto nos que iremos anotando e contrastando o grao de consecución de cada obxectivo proposto.

 

1º Trimestre

En relación co primeiro obxectivo : "Renovar os recursos informáticos do noso centro de traballo", neste trimestre realizamos a revisión  detallada dos recursos dixitais de centro e actualizamos o noso inventario, especificandoo por aulas , tal como estaba planificado no Plan de Acción .Igualmente tramitamos a solicitude do material necesario á U.A.C.. pero foinos denegado o pedido por falta do material solicitado.

En relación co segundo obxectivo : "Mellorar a formación do profesorado na competencia dixital", realizamos a solicitude no PFPP da formación sobre Actualización Dixital no prazo establecido na que se implicou todo o Profesorado, tamén todo o profesorado participou na difusión das actividaders realizadas empregando as redes de difusión do Centro, pero na acción de creación de contidos dixitais aplicables á nosa práctica docente non participou todo o profesorado ben por falta de formación ou ben pola materia impartida que non se presta ao emprego destes recursos.

En relación co terceiro obxectivo: "Empregar a Nova Nube Dixital para o CRA Monterrei", tiñamos como accións a acadar no primeiro trimestre a Formación para traballar na nube  e a creación do seu entorno virtual, pero non fixemos ningunha delas, xa que por dificultades para  concretar unha data co Asesor do Curso   " Escolas na Nube " neste primeiro trimestre tivemos que pospoñer a sesión de formación ata o  10 de Xaneiro de 2023, polo que son obxectivos a conseguir no sedundo e terceiro trimestre.

 

 

2º Trimestre

En relación co primeiro obxectivo : "Renovar os recursos informáticos do noso centro de traballo", neste trimestre a Consellería de Educación envióunos tres equipos HP completos, uno para cada das escolas-aulas das que consta o CRA. Estes equipos constan cada un deles de : monitor,teclado, ratón e CPU. Igualmente actualizóuse o inventario dixital do centro para incorporar estes equipos.

En relación co segundo obxectivo : "Mellorar a formación do profesorado na competencia dixital",  todo o profesorado participou na difusión das actividaders realizadas empregando as redes de difusión do Centro, pero na acción de creación de contidos dixitais aplicables á nosa práctica docente non participou todo o profesorado ben por falta de formación ou ben pola materia impartida que non se presta ao emprego destes recursos.

En relación co terceiro obxectivo: "Empregar a Nova Nube Dixital para o CRA Monterrei", tivemos  a sesión de formación  o  10 de Xaneiro de 2023 e non no 1º Trimestre como estaba previsto. Grazas a esta formación creamos a  Nube do CRA: Monterrei dentro de "REDE DE ESCOLAS NA NUBE"  e empezamos a toma de contacto con ela para familiarizarnos coa ´sua estructura e manexo. Empezamos  a utilizalo como sistema de comunicación entre nós para  ter reunións on-line nunha rede segura e tamén como depósito dos documentos do CRA que poden ser consultados polos seus membros e empregados para diferentes fins. Tamén deteminamos cómo queremos configurala tanto para Educación Infantil como para Ed. Primaria ,determinando as carpetas que queremos crear para compartir e comunicarnos  coa Comunidade Educatica do CRA: Monterrei.

3º Trimestre

En relación co primeiro obxectivo : "Renovar os recursos informáticos do noso centro de traballo", neste trimestre a Consellería de Educación envióunos tres paneis interactivos Model Nº L75EG.polo tanto este obxectivo quedou totalmente ACADADO.

En relación co segundo obxectivo : "Mellorar a formación do profesorado na competencia dixital",  todo o profesorado participou na difusión das actividaders realizadas empregando as redes de difusión do Centro( AO2.3)considerando pois esta acción ACADADA, pero na  creación de contidos dixitais aplicables á nosa práctica docente ( AO2.2) non participou todo o profesorado ben por falta de formación ou ben pola materia impartida que non se presta ao emprego destes recursos, polo que nese aspecto a acción esta PENDENTE de consecución.

En relación co terceiro obxectivo: "Empregar a Nova Nube Dixital para o CRA Monterrei" trala formación recibida (AO3.1) acción ACADADA , iniciamos a toma de contacto con ela para familiarizarnos coa ´sua estructura e manexo. Empezamos  a utilizalo como sistema de comunicación entre nós para  ter reunións on-line nunha rede segura e tamén como depósito dos documentos do CRA que poden ser consultados polos seus membros e empregados para diferentes fins. Tamén deteminamos cómo queremos configurala tanto para Educación Infantil como para Ed. Primaria, determinando e creando  as carpetas necesarias  para compartir e comunicarnos  coa Comunidade Educatica do CRA. Monterrei (AO3.2) acción ACADADA. A que quedou PENDENTE de aplicación foi a acción AO3.3 : Achegamento de contido á Nube do CRA Monterrei

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do Plan Dixital deberá facerse contemplando dous aspectos :

-        Avaliación procesual : Que estudará  o estado de execución das accións , a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso , as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora; e que se realizará no momento de fin de remate de cada acción ( mínimo unha vez ao trimestre)

-        Avaliación final : Que valorará o logro dos obxectivos e as propostas de mellora e a súa frecuencia de realización será unha vez ao  ano  .

Segundo cada un dos obxectivos os procedementos e a temporización da avaliación ,tanto procesual como final, variarán atendendo ás peculiaridades de cada un deles.

Así pois,por exemplo,  para o obxectivo 1 : “Renovar os recursos informáticos do noso centro de traballo”,  a avaliación das nosas accións finalizará no fin do Primeiro Trimestre, mentres que nos outros dous será  en xuño de 2023.

O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital farémolo a través de rexistros ou instrumentos diseñados para tal efecto nos que iremos anotando e contrastando o grao de consecución de cada obxectivo proposto.

Valoración xeral

En relación co primeiro obxectivo : "Renovar os recursos informáticos do noso centro de traballo", quedou totalmente ACADADO ao realizar con éxito  todas as accións a desenvolver.

En relación co segundo obxectivo : "Mellorar a formación do profesorado na competencia dixital",  todo o profesorado participou na difusión das actividades realizadas empregando as redes de difusión do Centro( AO2.3)considerando pois esta acción ACADADA, pero na  creación de contidos dixitais aplicables á nosa práctica docente ( AO2.2) non participou todo o profesorado ben por falta de formación ou ben pola materia impartida que non se presta ao emprego destes recursos, polo que nese aspecto a acción esta PENDENTE de consecución.

En relación co terceiro obxectivo: "Empregar a Nova Nube Dixital para o CRA Monterrei" trala formación recibida (AO3.1) acción ACADADA , iniciamos a toma de contacto con ela para familiarizarnos coa súa estructura e manexo. Empezamos  a utilizalo como sistema de comunicación entre nós para  ter reunións on-line nunha rede segura e tamén como depósito dos documentos do CRA que poden ser consultados polos seus membros e empregados para diferentes fins. Tamén deteminamos cómo queremos configurala tanto para Educación Infantil como para Ed. Primaria, determinando e creando  as carpetas necesarias  para compartir e comunicarnos  coa Comunidade Educatica do CRA. Monterrei (AO3.2) acción ACADADA. A que quedou PENDENTE de aplicación foi a acción AO3.3 : Achegamento de contido á Nube do CRA Monterrei

Proposta de mellora

Para o vindeiro curso académico 2023-2024, temos pendente a revisión da DAFO do centro para ser conscientes da nosa nova realidade. 

Analizando os obxectivos non acadados  temos presentes como propostas de mellora para o vindeiro curso os seguintes aspectos :

- Realizar formacións que melloren os nosos coñecentos no ámbito dixital e que nos permitan sacar o máximo rendimento posible aos novos equipamentos informáticos dos que dispomos na actualidade no Centro,en especial é de moito interese, a formación sobre os  paneis interactivos 

- Continuar  coa creación de contidos dixitais aplicables á nosa práctica docente.

- En relación ao emprego da  Nube Dixital do CRA Monterrei temos que completar unha das accións programadas no PDC e que non foi acadada , é o "Achegamento de contido " que queda pendente para o vindeiro curso .

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital unha vez finalizado foi aprobado polo Claustro e polo Consello Escolar do CRA: Monterrei antes de finalizar o curso 2021-2022.

Igualmente, no  curso 2022-2023, deberá ser novamente informado o Claustro do contido de dito plan ,no caso de que houbera modificacións na súa plantilla, posto que todos os seus membros teñen o compromiso de implicarse activamente no seu desenrolo e aplicación. 

A  difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa farase a través da Paxina Web do CRA Monterrei http://centros.edu.xunta.es/crademonterrei/

Así mesmo, informarase por escrito ás familias que o poderán consultar no enderezo antes citado.