Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP de Quins é un centro educativo rural situado na comarca do ribeiro no Concello de Melón. O Concello de Melón ten na actualidade 1.137 habitantes segundo os datos do Ine. O Centro esta moi ben comunicado coas vilas de Ribadavia e A Cañiza e a 27 Km de Ourense ou a 63 da cidade de Vigo. A implicación das familias na vida do centro escolar é excelente así como a relación co Concello que colabora a traves do fomento de actividades de indole formativo e conciliación da vida familiar para o conxunto da comunidade educativa. A maioria das familias dispoñen de dispositivos dixitais conectados a internet: teléfono, tablet ou ordenador. O alumnado do centro esta organizado en aulas mixtas: Unha de infantil que na actualidade esta composta por 7 alumnos/as de 4º, 5º e 6º curso de educación infantil, e dúas aulas de primaria: unha con alumnos/as de 1º, 2º e 3º composta por 14 alumnos/as e outra de 4º, 5º, e 6º de primaria composta por 11 alumnos/as. O profesorado do centro esta composto por 4 profesores permanentes con destino definitivo e tres mestres itinerates ( doús deles fixos e un dependendo das necesidades educativas de cada curso escolar)

Entendemos o Plan dixital de Centro como un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitiais tanto nos procesos de iensino aprendizaxe  como na xestión diaria do centro educativo co obxectivo último de  colaborar no desenvovemento integral do alumno/a. Así este documento forma parte da programación xeral anual do curso 22/23.

O plan dixital é fruto das refelxións e acordos acadados no centro con respecto aos obxectivos xerais do plan, as estratexias de traballo e xestión dos recursos tecnolóxicos e a inclusión das TIC nas diferentes concrecións curriculares o que supon un compromiso da comunidade educativa. A necesidade de incorporar a transformación dixital dos centros nos procesos de ensino xustificase dede diferentes puntos de vista:  desenvovemento de competencias para unha cidadania dixital, o acceso democrático á información e o coñecemento a formación para o traballo e o emprego, a innovación en metodoloxias docentes, a creación de comunidades de aprendizaxe en rede ou o desenvovemento de de competencias para a innovación educativa.

Para elo seguiremos as directrices lexislativas actuais: lei orgánicas 2/2006 do 3 de maio de Educación, que desenvolve aspectos relacionados coa competencias dixital e a innovasción educativa. A dfisposición adicional quinta da Resolución 17 de xuño de 2021 da Secretaría de Educación e Formación Profesional (DOG 30 xuño) na que se dictan instruccións para o desenvolvemento das enseñanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e Bacharelato para o curso 2021/2022. Por todo o exposto este plan elaborase en liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencias da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital 2021/2027. A conselleria de cultura, educación e universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital do Centro como organización.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Durante o curso 2021/2022 realizamos a análise da situación do centro a través da ferramenta SELFIE coa que detectamos as necesidades, debilidadese problemas que tiñamos no centro. Tamén fixemos Test de Copetencia Dixital Docente por parte do profesorado no marco DigCompEdudende o seu perfil persoal. O que permitiu obter un informe individual coa valoración global do seu nivel de competencia (A1-C2) polas áreas deste marco. 

Áreas: (A) LIDERAZGO, (B) COLABORACIÓN EN REDES, (C) INFRAESTRUCTURAS E EQUIPOS, (D) DESENVOVEMENTO PROFESIONAL CONTÍNUO, (E) PEDAGOXÍA: APOIOS E RECURSOS (F) PEDAGOXÍA: IMPLEMENTACIÓN NA AULA, (G) PRÁCTICAS DE AVALIACÓN, (H) COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO.

Interno
41 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C13. Os alumnos/as non téñen ordenador portátil propio de uso individual. Alumnado Si
Debilidade H7. Os alumnos/as non saben crear contido dixital. Alumnado Non
Debilidade C13. Os nosos alumnos/as non dispoñen de ordenadores propios de uso individual. Familias Si
Debilidade C5. Non temos boa asistencia técnica. Infraestruturas Si
Debilidade C7. Protección de datos débil. Infraestruturas Non
Debilidade C13. non todos os alumnos/as dispoñen de ordenador individual. Infraestruturas Si
Debilidade C16. non dispoñemos de biblioteca ou repositorios en liña con materiais de ensino dixital que favorezan o ensino. Infraestruturas Si
Debilidade A1. Non existe unha estratexia dixital ben definida. Oferta Si
Debilidade B1. Non usamos tecnoloxía dixital para avaliar. Oferta Non
Debilidade A4. Pouco tempo para explorar o ensino dixital. Oferta Si
Debilidade C5. Non temos asistencia técnica. Organización de centro Si
Debilidade A1. Non temos unha estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade B1. Non avaliamos o noso progreso en materia de ensino aprendizaxe con tecnoloxía dixital. Organización de centro Non
Debilidade A4. Non temos tempo para explorar como mellorar os nosos métodos de ensino con tecnoloxia dixital. Organización de centro Non
Debilidade B4. Non colaboramos con outros centros para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais para o ensino. Organización de centro Non
Debilidade B1. Non avaliamos o noso progreso en materia de ensino con tecnoloxía dixital. Persoal docente Non
Debilidade D2. Non creamos recursos dixitais en liña para o ensino -aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade A4. Pouco tempo para explorar como mellorar os nosos métodos de ensino con tecnoloxía dixital. Persoal docente Non
Fortaleza H1. Os alumnos/as usan internet con seguridade. Alumnado Si
Fortaleza C8. Temos suficientes ordenadores para os nosos alumnos/as en caso de aprendizaxe mixto. Alumnado Si
Fortaleza C10. Dispoñemos de suficientes ordenadores para uso dos alumnos/as no centro educativo. Alumnado Si
Fortaleza H3. Os alumnos/as aprenden a usar internet con responsabilidade. Alumnado Si
Fortaleza H10. Os alumnos/as usan internet en varias áreas. Alumnado Si
Fortaleza E4. usamos tecnoloxía dixital para comunicar temas do centro educativo. Familias Non
Fortaleza C2. Dispoñemos de dispositivos dixitais para a labor docente. Infraestruturas Si
Fortaleza C11. Temos portatiles para prestar en caso de ensino mixto. Infraestruturas Si
Fortaleza C1. Temos infrestructura dixital que respalda o ensino-aprendizaxe con tecnoloxia dixital. Infraestruturas Si
Fortaleza C3. Bo acceso a internet. Infraestruturas Si
Fortaleza C8. Temos ordenadores para todo o alumnado. Infraestruturas Si
Fortaleza A3. O equipo directivo apoia novas formas de ensino dixital. Oferta Si
Fortaleza B4. Apoiamos o uso da tecnoloxía nas relacións con outros centros educativos. Oferta Non
Fortaleza A2. O equipo directivo trata de involucrar ao profesorado na estratexia dixital. Oferta Si
Fortaleza C11. Temos medidas para identificar necesidades socio-económicas relacionadas coa brecha dixital. Organización de centro Non
Fortaleza A3. O equipo directivo apoia o uso da tecnoloxía dixital no centro educativo. Organización de centro Si
Fortaleza A2. O equipo directivo trata de involucrar ao profesorado na estratexia dixital. Organización de centro Si
Fortaleza C12. Dispomos de un plan de apoio ao profesorado para superar as diferencias propiciadas por aspectos socioeconómicos e pola brecha dixital. Organización de centro Non
Fortaleza A3. O equipo directivo apoia o uso da tecnoloxía dixital para o ensino. Persoal docente Si
Fortaleza E3. usamos contornos virtuais de aprendizaxe cos nosos alumnos/as. Persoal docente Si
Fortaleza E4. Usamos tecnoloxía dixital para comunicar cousas do Centro. Persoal docente Non
Fortaleza D2. Temos acceso a plans de formación para uso de tecnoloxía dixital no ensino. Persoal docente Si
Fortaleza E1. Buscamos recursos educativos dixitais. Persoal docente Si
41 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C5. Non temos boa asistencia técnica. Administración educativa Si
Ameaza C16. Non dispoñemos de bibliotecas ou repositores en liña con materiais de ensino dixital que favorezan o ensino. Administración educativa Si
Ameaza C13. Os alumnos/as non teñen ordenador portátil propio de uso individual. ANPA Si
Ameaza C13. Non tódolos alumnos/as dispoñen de ordenador individual. Contorna Si
Ameaza C16. Non dispoñemos de bibliotecas ou repositorios en liña con materiais de ensino dixitais que favorezan o ensino. Contorna Si
Ameaza C7. Necesitamos formación en protección datos. Lexislación Si
Ameaza A4. Non temos tempo para explorar como mellorar os nosos métodos de ensino con tecnoloxía dixital. Outras Si
Ameaza C5. Non temos boa asistencia técnica. Outras Si
Oportunidade C2. Dispoñemos de dispositivos dixitais para a labor docente. Administración educativa Si
Oportunidade C1. Temos infraestructura dixital que respalda o ensino aprendizaxe con tecnoloxía dixital. Administración educativa Si
Oportunidade C3. Bo acceso a internet. Administración educativa Si
Oportunidade C14. Dispoñemos de espacios físicos axeitados para o ensino dixital. Administración educativa Si
Oportunidade C16. Non dispoñemos de bibliotecas ou repositorios en liña con materiais de ensino dixital que favorezan o ensino. ANPA Si
Oportunidade C11. Temos medidas para identificar necesidades socio-económicas relacionadas coa brecha dixital. Contorna Si
Oportunidade A5. Respectamos os dereitos de autor e licencias de uso en internet. Lexislación Non
Oportunidade B4. Apoiamos o uso da tecnoloxía dixital con outros centros educativos. Outras Si
Oportunidade C1. temos infraestructura dixital que respalda o ensino-aprendizaxe con tecnoloxía dixital. Outras Si
Oportunidade B3. Usamos tecnoloxía dixital con outros organismos. Outras Si
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Dende o grupo de traballo tivemos en conta aqueles aspectos mais relevantes do informe DAFO  establecendo dende o noso contexto particular cales eran as nosas debilidades e fortalezas para usalas ao noso favor e cales eran as amenazas e oportunidades que podiamos aproveitar dende un punto de vista externo para establecer objetivos realistas e posibles basados na nosa realidade.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD POR EN MARCHA UN PLAN DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA OS DISPOSITIVOS DIXITAIS.
O2PD CREAR UNHA BIBLIOTECA EN LIÑA CON MATERIAIS DE ENSINO APRENDIZAXE DE DISTINTAS ÁREAS.
O3PD FAVORECER A EXPLORACIÓN DOS RECURSOS DIXITAIS A TRAVES DE PLANS FORMATIVOS NO PROPIO CENTRO.
O4PD IMPLANTAR UNHA ESTRATEXIA DIXITAL.
O5PD ADQUISICIÓN DUNHA COMPETENCIA ÓPTIMA EN MATERIA DE PROTECCIÓN DE DATOS CON RELACIÓN Á TECNOLOXIA DIXITAL.

Seguimento

Procedemento

AO LONGO DO CURSO ESCOLAR FIXEMOS DISTINTAS ACCIÓNS ENCAMIÑADAS A ACADAR OS OBXECTIVOS PLANTEXADOS QUE SE REFLITEN NO TRABALLO REALIZADO EN CADA TRIMESTRE COA FINALIDADE DE ACADAR OS OBXECTIVOS PLANTEXADOS AO REMATE DESTE CURSO ESCOLAR.

1º Trimestre

PUXEMOS EN MARCHA UN PLAN DE ASISTENCIA TÉCNICA DESPOISDE VALORAR AS NECESIDADES DO NOSO CENTRO E OS EQUIPOS INFORMATICOS QUE TEMOS A DISPOSICIÓN DE ALUMNOS/AS E PROFESORES/AS.

SOLICITAMOS ORZAMENTO E CONTRATAMOS OS SERVICIOS DA EMPRESA SOFTONER (SECTOR INFORMATICO) CON SEDE: POLIGONO DAVID FERRER R/ ACCESO A PAZOS 1. CP 32901 OURENSE.

ADQUIRIMOS TRES EQUIPOS INFORMATICOS E ACTUALIZAMOS E MELLOORAMOS O RENDEMENTO DOS EQUIPOS EXISTENTES.

INTRODUCIMOS NAS CONCRECIÓNS CURRICULARES UN 25% DE ENSINO A TRAVES DE TECNOLOXIA DIXITAL NO HORARIO LECTIVO DE CADA MATERIA.

COMUNICOUSE AO PROFESORADO A NECESIDADE DE SELECCIONAR MATERIAIS E ACTIVIDADES PARA CREAR UN RELATORIO PARA CADA UNIDADE CON ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NAS DISTINTAS MATEIRAS A TRAVES DO ENSINO DIXITAL ESTABLECENDO UN PERIODO DE BUSQUEDA QUE NOS PERMITA FACER UN RELATORIO DE ACTIVIDADES OU MATERIAIS NO TERCEIRO TRIMESTRE.

ORGANIZAMOS O USO DA AULA DE INFORMÁTICA .

FIXEMOS FORMACIÓN PARA USO DO ESPAZO ABALAR COA FINALIDADE DE POTENCIAR ESTE COMO MEDIO DE COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS PLANTEXANDO O SEGUNDO TRIMESTRE COMO TEMPO DE USO E PRÁCTICA.

2º Trimestre
  1. CONSOLIDAMOS AS COMUNICACIÓNS COS RESPONSABLES A TRAVÉS DE TECNOLOXIA DIXITAL (APLICACIÓN ESPAZO ABALAR).
  2. ESTASE DESNVOLVENDO UN 25% DO ENSINO DE CADA MATERIA A TRAVÉS DE TECNOLOXIA DIXITAL DENTRO DO HORARIO LECTIVO.
  3. PARTICIPAMOS EN REUNIÓNS OS MARTES PARA REFLEXIONAR SOBRE O USO DA TECNOLOXIA DIXITAL E COA FINALIDADE DE ADQUIRIR UNHA BASE DE MATERIAIS PARA DESENVOVER  O ENSINO A TRAVES DE TECNOLOXÍA DIVITAL ASI COMO ACTIVIDADES PARA FACER NA AULA .
  4. ESTAMOS TRABALLADO NA SELECCIÓN DE MATERIAIS PARA TRABALLAR AS MATERIAS CON APOIO DE TECNOLOXIA DIXITAL.
  5. ACTUALIZAMOS EQUIPOS INFORMATICOS E REPARAMOS PANTALLAS E MONITORES.
  6. TRABALLAMOS PARA MELLORAR O USO RESPONSABLE DA TECNOLOXIA E REDES DE COMUNICACION DIXITAL.
3º Trimestre
  1. FACEMOS ACTIVIDADES USANDO A TECNOLOXIA DIXITAL NO HORARIO LECTIVO TANTO NA AULA COMO NA SALA DE TIC.
  2. COLABORAMOS CON OUTRAS INSTITUCIONS PARA NAVEGAR CON SEGURIDADE NA REDE. PLAN DIRECTOR( GUARDIA CIVIL: ACOSO ESCOLAR NA REDE O A TRAVES DA TECNOLOXÍA DIXITAL)
  3. COLABORAMOS CO CONCELLO DE MELÓN A TRAVES DA FUNDACIÓN CIBERVOLUNTARIOS A TRAVÉS DO PROXECTO "EJE DIGITAL" PARA OPTIMIZAR E USAR DE XEITO SEGURO A TECNOLOXIA DIXITAL COS NOSOS ALUMNOS/AS.
  4. OBRADOIROS "EJE DIGITAL":1- des-conectate( cintra la adicción a internet e as tic). 2- fake new (recoñecer novas falsas) 3- para, piensa conectate con el bienestar emocional. 4- conectate contra la violencia de género. 
  5. eLABORACIÓN DE BIBLIOTECA EN LIÑA PARA MELLORAR O ENSINO A TRAVES DE ACTIVIDADES CON TECNOLOXIA DIXITAL.
  6. AVALIACIÓN, REFLEXIÓN SOBRE O USO DE TECNOLOXIAS DIXITAIS PARA O ENSINO E ASPECTOS MELLORABLES.
  7. OUTROS...
  8. DEIXAMOS PENDENTE PARA O PROXIMO CURSO A FORMACIOÓN EN MATERIA DE PROTECCIÓN DE DATOS E DERITOS DE AUTOR.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación con relación á consecución dos obxectivos e a implemtentación das accións a levar a cabo.

Avaliación inicial partindo do nivel de competencia dixital do profesorado e alumnado do centro así como as infraestructuras e equipamentos do propio centro educativo. Ferramenta SELFIE e test de competencia DIXITAL.

Avaliación timestral: tendo en conta os indicadores asociados aos obxectivos e accións. (estado de execución das accións, valoración de resutados, posibles modificacións nas accións e propostas de mellora)

Avaliación final: unha vez rematado o curso : logro dos obxectivos, analise da competencia dixital a través da ferramenta SELFIE e os test de competncia dixital: familias, profesorado e alumnos/as.

Analise dos avances do profesorado no uso das TIC para o proceso de ensino-aprendizaxe.

Analise do acceso ás TIC por parte das familias e alumnos/as.

Analise das melloras en infraestructuras e equipamentos do Centro escolar.

TODO O MENCIONADO DEBE SER INFORMADO NA MEMORIA FINAL DE CURSO.

Valoración xeral

Valoramos de xeito positivo a implemnteación do plan dixital do centro pero requerimos mais formacion para o desenvolvemento dunha estratexia dixital realista. Ademis é necesario favorecer estratexias de traballo coordinado coa administración e a dirección dos centros para valorar e anlizar as necesidades propias de cada centro e non dar por suposto as necesidades. Cda centro ten as súas caracteríticas de alumnado, profesorado e agrupamentps con necesidades distintas que procisan de solucións distintas e individualizadas. As TIC usadas de xeito adecuado facilitan e potencia o proceso de ensino aprendizaxe pero en primaria hai que dominar habilidades instrumentais basicas para que o acceso a internet ás tecnoloxias sexa individualizado e proximo ás caracteristicas propias dos alumnos/as destas idadades.

Proposta de mellora

Mellorar a coordinación coa administración no acceso ás infraestructuras e equipamentos segundo as necesidades e características propias de cada centro educativo.

Favorecer a implicación do profesorado á formación e ao desenvovemento da estratexia dixital con icentivos reais e acordes a unha sociedade tecnoloxica real.

Incentivar a permanecia nos centro do rural e favorecer a chegada de profesorado que permita realmente investigar no ensino dixital.

Individualizar a estratexia dixital tendo en conta o contexto do Centro educativo.

Mellorar a asistencia técnica e formacvión do profesorado.

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O PLAN DIXITAL DO CEIP DE QUINS ATOPASE CUSTODIADO NA SECRETARIA DO CENTRO ESCOLAR, SERÁ INTRODUCIDO NA WEB DO CENTRO EDUCATIVO E NA PLATAFORMA DE EDUCALIDADE TAMÉN DIFUNDIDO A TRAVÉS DOS REPRESENTANTES DOS ÓRGANOS DE GOBERNO DO CENTRO EDUCATIVO:  CONSELLO ESCOLAR E CLAUSTRO DE PROFESORES.