Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución

1.1. Datos básicos do centro

-NOME: CEIP JOAQUINA GALLEGO JORRETO.

-CÓDIGO CENTRO: 32015189. -TELÉFONO e FAX: 988 26 00 52. -CÓDIGO ZONA: 320389.

-RÚA : ESTRADA DE CELANOVA, No 1. -CONCELLO: A MERCA. -CÓDIGO POSTAL: 32830. -PROVINCIA: OURENSE. - MAIL: ceip.joaquina.gallego@edu.xunta.es

- DIRECCIÓN WEB: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipjoaquinagallegojorreto/

- ETAPAS EDUCATIVAS: infantil e primaria. - Nº ALUMNADO: 67 alumnos e alumnas.

- Nº PROFESORADO: 9 mestres/as (contando una mestra substituta) e 1 orientadora compartida.

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O C.E.I.P. Joaquina Gallego Jorreto encóntrase nun ámbito rural situado a uns 20Km. da cidade de Ourense, compartindo características do ámbito rural galego, así como beneficios da súa proximidade ao núcleo de poboación urbano da cidade, que aglutina a maioría dos servizos e recursos.

O Centro Educativo conta con arraigamento na zona levando varias décadas como centro de referencia. A procedencia do alumnado é de familias de clase media sen grandes problemas económicos que viven en pobos adxacentes ao Centro Educativo en busca dunha maior calidade de vida que a que oferta vivir na área urbana. A poboación dedícase maioritariamente á agricultura e gandería. Hai sectores industriais coma : cerámica, serradoiros de madeira, serradoiros de pedra, talleres de metalurxia, carpinterías, industrias cárnicas, granxas : porcinas, avícolas, ovinas., etc. A procedencia familiar do alumnado é rural, e de familias de tres ou catro membros. Os pais destes nenos posúen, en xeral, estudios elementais ou medios. A calidade de vida do alumnado é moi satisfactoria.

A escolarización iníciase no Centro ós tres anos. O alumnado pertence ós Concellos de : A Merca (Corredoira, Entrambosríos, Forxás das Viñas, A Manchica,A Mezquita, As Marianas, A Medorra, A Merca, Olás, Parderrubias, Pereira de Montes,As Pías, Rubillós, Salpurido, Solveira, Vilachá e Vilar); Cartelle ( Augalevada, Espiñoso e Muntian ); Taboadela ( Barrio, A Telleira ).

O centro conta con 2 unidades de Infantil e 3 de Primaria, deste xeito quedan agrupados os cursos de primaria por ciclos educativos. Entre as instalacións do centro consta unha biblioteca, un aula de informática, de educación artística, de audición e linguaxe, de madrugadores/as, comedor escolar que fai a súa vez de aula de usos múltiples, sala de profesores/as e un ximnasio, respectando así as exixencias do Real Decreto 132/2010, de 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros. Durante anos o centro levou a cabo a introdución das tic a través da asistencia de cada grupo a aula de informática unha hora a semana, ata que coa chegada da pandemia se interrompeu esta iniciativa.

Relacións con outros Plans e proxectos do centro:

- Plan de Dinamización da lingua galega. Incluíndo entre as ferramentas para a dinamización do galego nas aulas softwares de ámbito lúdico que motiven e enganchen ao alumnado coa lingua da súa cultura.

- Plan lector. Ademais da versión tradición de promoción do plan lector, a través do emprego de libros de lectura da biblioteca escolar para os trinta minutos de lectura diario; o profesorado tamén  emprega lectura de acceso online que se proxectan nas aulas e incluso o emprego de vídeos con letras de cancións. Esta última proposta resultou ser de gran interese e motivación para un dos grupos de primaria.

- Plan TIC. Con este Plan Dixital, queremos entre outras medidas, recuperar no centro o “Proxecto Didáctico de Iniciación á Informática e Incorporación das novas Tecnoloxías no Proceso Educativo” iniciado no curso 2001/2002, co alumnado de Ed. Infantil e Primaria, intentarase dar resposta ó Plan de integración das tecnoloxías da información e a comunicación que ten como Marco lexislativo a Lei Orgánica 2/2006, de Educación, de 3 de maio; e que está integrado dentro do Plan TIC.

1.3. Breve xustificación do mesmo O equipo directivo do centro promoverá o uso das TIC na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo tarefas de ensinanza e aprendizaxe (art. 11 bis, art. 121 e art. 132 da LO 2/2003, de 3 de maio de Educación. Tal e como se insta na disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 o centro elaborou durante o curso o presente plan dixital. Para levar a cabo este Plan Dixital tívose en conta a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, a cal continúa vixente no presente curso escolar.

1.4. Proceso de elaboración

1. Reunión: 18/11/2021.Informar sobre o PD. Constituír Equipo Dinamización PD. Informar sobre a normativa aplicable.

2. Reunión: 22/11/2021.Constitución do Equipo de Dinamización do PD

3. Sesión individual: 23/11/2021.Informar sobre Test SELFIE Pax 6 de 19

4. Sesión individual 14/12/2021.Entrega SELFIE" Toma de decisión sobre como proceder

5. Docencia. 21/03/2022.Videoconferencia: Reunión deseño, elaboración e implantación do PD

6. Reunión. 06/04/2022.Análisis DAFO

7. Docencia. 21/04/2022.Videoconferencia: Reunión deseño e elaboración do plan de acción.

8. Reunión. 12/05/2022.Acordar os obxectivos a traballar.

9. Reunión. 19/05/2022.Acordar as actividades a desenvolver para a consecución dos obxectivos.

10.Reunión 26/05/2022.Redacción PD

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

 

Os instrumentos de recollida de informavión previa foron o Informe SELFIE e o test de Competencia Dixital.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Comportamiento responsable. 2. Creación de contenidos digitales. 3. Habilidades digitales para diferentes materias. 4. Participación do alumnado na autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais. 5. Dinámicas para reflexionar sobre o uso da tecnoloxía Alumnado Non
Debilidade 1. Traer el propio dispositivo. 2. Utilización no centro de equipos dixitais propiedade do alumnado. Familias Non
Debilidade 1. Traer el propio dispositivo. 2. Tecnologías asistenciales. 3. Asistencia técnica. 4, Protección de datos. 5, Características do software instalado nos equipos. Infraestruturas Non
Debilidade 1. Novas modalidades de ensino. 2. Participación en proxectos interdisciplinares. 3. Creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais Oferta Non
Debilidade 1. Desenvolvemento da estratexia co profesorado. 2. Novas modalidades do ensino. 3. Existencia de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro. 4. Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais. 5. Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continúa do profesorado. Organización de centro Non
Debilidade 1. Novas modalidades de ensino. 2. Avaliación do progreso. 3.Creación de recursos educativos dixitais. 4. Colaboracións. 5. Formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. Persoal docente Non
Debilidade 1. Intercambio de experiencias. 2. Colaboración del alumnado. Persoal non docente Non
Fortaleza 1. Dispositivos dixitais para o aprendizaxe. 2. Comportamiento seguro. 3. Verificar la calidad de la información. Alumnado Non
Fortaleza 1. Acceso a internet. 2. Infraestructura. 3. Dispositivos digitales para la enseñanza. 4. Resolución de incidencias técnicas. 5.Características das plataformas e aplicativos online utilizados. Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Organización de centro Non
Fortaleza 1. Recursos educativos en liña. 2. Comunicación con la comunidad educativa. 3. Inclusión del alumnado Persoal docente Non
Fortaleza 1. Recursos educativos en liña. 2. Inclusión del alumnado Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Achegas económicas que recibe o centro. 2. Estabilidade laboral do persoal docente. 3. Actuacións da administración educativa. 4. Dotación de equipamento tecnolóxico. 5. Lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo. Administración educativa Non
Ameaza 1. Participación das familias ANPA Non
Ameaza 1. Participación das familias. 2. Condicións socioeconómicas da contorna. 3. Colaboración con institucións alleas ao centro educativo. 4. Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Contorna Non
Ameaza 1. Existencia de proxectos externos. Outras Non
Oportunidade 1. Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación. 2. Estabilidade laboral do persoal non docente. Administración educativa Non
Oportunidade 1. Relación coa/a ANPA/s. ANPA Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

As principais conclusións foron as seguintes:

Fortalezas e oportunidades

  • Boa disposición do profesorado.
  • Boa conexión a Internet.
  • Posibilidade de fomentar a inclusión e a aprendizaxe de novos contidos no alumnado.
  • Contar con dispositivos dixitais (gracias ao proxecto EDIXGAL).
  • Relación coa ANPA.
  • Oferta de actividades formativas.

Como principais debilidades ou ameazas, podemos mencionar:

  • Temática da protección de datos.
  • Asistencia técnica.
  • Responsabilidade do alumnado ante o material tecnolóxico que recibe como préstamo.
  • Características dos software instalados nos equipos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Elaborar actividades, durante o primeiro trimestre, que preparen ao alumnado para o uso responsable e de respecto aos demais cando empregan a rede.
02PD Impartir talleres de ofimática co alumnado unha vez á semana en horario lectivo
03PD Determinar diferentes actividades para que docentes e discentes melloren a aplicación da lei de protección de datos.
04PD Desenrolar recursos dixitais que reforcen a labor de ensinanza.

Seguimento

Procedemento

Reunións mensuais entre a coordinadora ADIX e o coordinador de centro do Plan Dixital.

1º Trimestre

As análisis recollidas durante o primeiro trimestre foron as seguintes:

  • Creouse o equipo docente de dinamización do PD con todo o equipo docente participando del.
  • A partires de novembro comezouse a levar a cabo co alumnado tarefas de búsqueda, recollida e exposición de información mediante as aplicacións Libre Office.
  • Leváronse á práctica actividades vinculadas a proxectos interdisciplinares.
2º Trimestre

As análises recollidas durante o segundo trimestre foron as seguintes:

  • Charla sobre ciberseguridade por parte da Garda Civil.
  • Visionado e reflexión por parte do alumnado de Educación Infantil do libro "El diario de Lola".
  • Formación do profesorado en materia de protección de datos.
  • Traballo de mecanografía e xogos interactivos.
  • Continuación dos proxectos interdisciplinares de búsqueda, recollida e exposición de información mediante as plataformas Libre Office.
3º Trimestre

As análises recollidas durante o terceiro trimestre foron as seguintes:

  • Continuación dos proxectos interdisciplinares de búsqueda, recollida e exposición de información mediante as plataformas Libre Office; así como do traballo de mecanografía e traballo de protección de datos.
  • Adiamento da creación do uso da aula virtual e da hora semanal de informática ao alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para levar a cabo a avaliación do proxecto, presentarase unha valoración procesual do proceso de construír unha escola máis dixitalizada e actualizada. Esta avaliación recollerá os obxectivos acadados por tarefas e as propostas de mellora.

Valoración xeral

A valoración xeral do traballo realizado no presente curso 2022/2023 é, en liñas xerais, positiva.

Por unha banda, conseguimos acadar completamente os Oxectivos 1 e 3, así como parcialmente o Obxectivo 2, aínda que non se conseguiu acadar unha semana de traballo TIC diario co alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria.

Por outra banda, o Obxectivo 4 non foi acadado. Non foi posible levar a cabo  incluir esa hora semanal, debido a que non conseguimos organizar o horario escolar para tal fin.

Dende o centro escolar, conseguimos aumentar o traballo TIC no alumnado, facendo tarefas de búsqueda e recollida de información, levando actividades con diferentes aplicacións informáticas (xogos de mecanografía, Scape Romms, mapas interactivos, etc).

Tamén, recibimos formación no tocante as ferramentas docentes e protección de datos, dende un punto de vista lexislativo, da man dun avogado experto na materia.

Proposta de mellora

Como propostas de mellora, dende o centro escolar plantexamos as seguintes:

  • Aumentar a competencia docente en materia de ensinanza en búsqueda, recollida e exposición de información ó alumnado.
  • Realizar unha sesión quincenal de mecanografía co alumnado do primeiro ciclo de Educación Primaria.
  • Subir á aula virtual do centro recursos TICS de mecanografía, adaptados a cada idade; así como actividades de Kahoot, Scape Rooms e mapas interactivos.
  • Empregar (de xeito quincenal) ordenadores portátiles da sala de informática, nas aulas de 1º a 4º de Educación Primaria.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do plan dixital entre a comunidade, realizarase por diferentes medios, en función dos remitentes da información. En primeiro lugar, informarase a través dun claustro a totalidade dos docentes, do resultado final da elaboración do Plan Dixital. En segundo lugar, ás familias (Consello Escolar) para que coñezan a implantación de este plan e a posibilidade de consultalo a través da web do centro. E por último, o alumnado será informado de maneira oral, explicándolles cales son obxectivos deste plan e como se van a traballar para o vindeiro curso.

Asemade, estará a disposición da comunidade educativa no seguinte enlace: 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipjoaquinagallegojorreto/?q=system/files/PLAN%20DIXITAL%20CEIP%20JOAQUINA%20GALLEGO%20JORRETO%20web.pdf