Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Nome: Ceip Plurilingüe de Seixalbo.

Dirección: Rúa da Vela nº 20. Seixalbo (Ourense)

Correo: ceip.seixalbo@edu.xunta.gal

Páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipseixalbo/

Etapas: Educación Infantil e Primaria.

Nº de alumnos: 221

Nº Profesores: 28

En liñas xerais, o nivel sociocultural é medio ou medio-­baixo xa que a procedencia de moitos deles é de pobos pouco habitados da periferia de Ourense. (Taboadela, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas e Ourense). A maioría das familias teñen estudios primarios ou secundarios, sendo unha minoría os que posúen titulación superior. A poboación socialmente é bastante homoxénea, pertencente ao medio rural próximo ao Centro.

As familias caracterízanse por ter un perfil moi diverso: ao tipo tradicional únese cada día máis familias con pais separados onde un deles ostenta a custodia do fillo/a, cos que conviven tamén os avós.

En canto ás profesións predominan as de ámbito manual e asalariado, abonda menos o funcionariado e só unha pequena cantidade son profesións liberais. É de subliñar a porcentaxe de nais que traballan nas labores de casa ou en traballos esporádicos.

Pódese afirmar que nas familias a lingua habitual é o galego, e nunha porcentaxe un pouco máis baixa o castelán.

No que atinxe á lingua vehicular usada no centro polos/as alumnos/as é maioritariamente o castelán. Emprégase o galego nas materias de lingua galega, música, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Relixión e Valores Sociais e Cívicos. A nivel de profesorado emprégase o galego nas notas oficiais e internas do colexio.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

SELFIE (cuxas siglas en inglés significan «reflexión persoal sobre unha aprendizaxe efectiva mediante o fomento da innovación a través de tecnoloxías educativas») é unha ferramenta deseñada para axudar ós centros educativos a integrar as tecnoloxías dixitais na docencia, a aprendizaxe e a avaliación do alumnado. Pode poñer de relevo que é o que funciona, en que aspectos precísase mellorar e cales deberían de ser as prioridades.

Test CDD: Test de competencia dixital docente.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Escasez de dispositivos, tan-to no centro como nas casas. Alumnado Si
Debilidade Familias que non contan cos medios suficientes ou con ma-la conexión a internet pola zo-na na que viven. Familias Non
Debilidade Moitos equipos antigos e con tendencia ás avarías. Infraestruturas Non
Debilidade Escasa formación dixital que sexa verdadeiramente efectiva e de fácil aplicación na aula. Oferta Si
Debilidade A adicación atópase aída en niveis baixos. Organización de centro Si
Debilidade Alta carga de traballo que non sempre facilita ter tempo para formarse. Persoal docente Si
Debilidade Escasa formación dixital. Persoal non docente Si
Fortaleza Alumnado moi motivado de cara ás novas tecnoloxías. Alumnado Non
Fortaleza Familias conscientes da im-portancia das novas tecnolo-xías na aprendizaxe dos seus fillos/ as. Familias Non
Fortaleza Aumento de equipamento por mor da Covid, xa que chegaron máis equipos ao centro. Infraestruturas Non
Fortaleza Maior oferta de formación en aspectos dixitais. Oferta Non
Fortaleza Cada vez o centro é máis consciente da importancia de adicarlle tempo e espazo ao aspecto dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Persoal docente moi implica-do e disposto a aprender. Persoal docente Non
Fortaleza Persoal moi colaborador. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Alto nivel de esixencia para o nivel formativo e recursos dos centros educativos. Administración educativa Non
Ameaza O nivel de esixencia empeza a ser elevado mentres a dota-ción de medios segue a ser escasa. Lexislación Non
Ameaza Pese a boa vontade dos Concellos, as unidades cedi-das son limitadas. Outras Non
Oportunidade Aumento do interese pola me-llora do aspecto dixital na educación. Administración educativa Non
Oportunidade Anpa moi colaborativa e implicada. ANPA Non
Oportunidade Crecente importancia que se lle otorga aos aspectos dixitais da educación. Contorna Non
Oportunidade Importancia otorgada na nova lexislación educativa. Lexislación Non
Oportunidade Implicación dos Concellos que escolarizan aos seus ne-nos no centro, prestando apoio de equipos informáticos. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Utilizar as ferramentas dixitais para mellorar a eficacia e a eficiencia dos procedementos
O02PD Mellorar a competencia dixital dos docentes dacordo co nivel de competencias dixitais europeas.
O03PD Utilizar programas e entornos que faciliten a súa aprendizaxe e favorezan a adquisición de habilidades, destrezas e coñecementos.

Seguimento

Procedemento

O EDPD do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a
evolución deste Plan.
A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas trimestrais ao centro para
analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do mesmo.
A persoa coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances
e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso acadouse o obxectivo O01PD que
consiste en utilizar as ferramentas dixitais para mellorar a eficacia e a eficiencia dos procedementos . En concreto, as dúas primeiras accións propostas están acadadas:

AO1.1: Detección das necesidades de aprendizaxe a través dunha enquisa

AO1.2: Proposta de uso de ferramentas dixitais, como pode ser a autofirma

AO1.3: Solicitude de formación ao Cefore de creación de grupo de traballo ou seminario.

Esta última atópase en proceso, xa que o seminario non remata ata finais do mes de maio.
En relación ao O02PD “Mellorar a competencia dixital dos docentes dacordo co nivel de competencias dixitais europeas.” están realizada a acción AO2.1: Enquisa ao profesorado sobre ferramentas dixitais.

En xeral, o EDPD e a mentora ADIX, consideran que o proceso vai por bo camiño

2º Trimestre

Aínda que o obxectivo O02PD iniciouse no primeiro trimestre coa realización da enquisa entre o profesorado, e poñendo en marcha as outras dúas accións:

AO2.2: Coordinación e organización de formaciones para o profesorado sobre ferramentas dixitais.

AO2.3: Continuación ca actualización e mantemento da páxina Web do centro.

Estas continuaron durante o segundo trimestre e estenderánse ata o terceiro.

Presisamente, durante a formación do profesorado é que acordouse por en marcha a iniciación do alumnado en Scraych, co cal damos paso ao terceiro obxectivo:

O03PD: Utilizar programas e entornos que faciliten a súa aprendizaxe e favorezan a adquisición de habilidades, destrezas e coñecementos.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos farase do seguinte xeito:

- Levarase a cabo unha avaliación procesual  unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar son os seguintes:

·    Estado da execución das acción.

·    Análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- Realización dunha avaliación final ao remate do curso. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

A valoración xeral é positiva grazas ao profesorado implicado en formarse e en implementar esa formación dentro da aula, creando un clima de aprendizaxe moito máis productivo e motivador entre o alumnado.

A nivel de formación para o Equipo directivo resultou moi positivo tamén, xa que axudou a axilizar os trámites administrativos e a cumplir coas novas esixencias da Administración.

Proposta de mellora

Para o vindeiro curso continuaremos a traballar na creación dunha biblioteca creativa, que xa se iniciou este ano, así como en aplicacións educativas e creación de contidos dixitais.

Tamén traballaremos na aplicación inventario que previsiblemente entrará en funcionamento o vindeiro curso.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan Dixital entre a comunidade educativa levarase a cabo a través da páxina web do centro e de todos os medios incluídos no Plan de comunicación do centro, da aula virtual e de Abalar.