Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O plan dixital do CEIP Plurilingüe de Luíntra é un instrumento de planificación integrado dentro do Proxecto Educativo que persegue o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital, así como a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensino-aprendizaxe. O Plan dixital debe ser o instrumento que adecúe e facilite o uso dos medios dixitais no proceso de ensino aprendizaxe, entendido desde o obxectivo do desenvolvemento pleno e integral do alumnado. O Plan Dixital será o instrumento que defina a estratexia dixital deste CEIP formando parte do Proxecto Educativo, do Proxecto de Dirección e das diferentes Programacións Xerais Anuais que se elaboren cada curso escolar.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos usados na recollida da información previa para a realizaciópn do Plan Dixital do CEIP de Luíntra foron os seguintes:

Autoavaliación SELFIE realizada durante o final do curso 2021 - 2022.

Test CDD realizado durante o final do curso 2021 - 2022.

Outra das fontes a destacar na que baseamos a análise DAFO foron as conversas e reunións mantidas polo profesorado implicado na realización do documento.

Interno
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado cre que sabe manexar un dispositivo dixital. Alumnado Si
Debilidade A asistencia técnica resulta moitas veces insuficiente. Infraestruturas Non
Debilidade Gran parte do alumnado non conta cun dispositivo dixital axeitado na casa. Infraestruturas Si
Debilidade Non temos ningún membro do claustro con coñecementos profundos sobre as tecnoloxías dixitais. Oferta Si
Debilidade Non contamos cunha estratexia dixital definida. Organización de centro Si
Debilidade Parte do profesorado crea contidos dixitais para traballar na aula. Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado de 5º e 6º EP, integrados en Edixgal, conta con cadanseu dispositivo dixital. Alumnado Si
Fortaleza A motivación do alumnado por mellorar en cuestións como o manexo dos dispositivos, creación de contidos individuais e grupais, busca de información, comprobación da información... Alumnado Si
Fortaleza Temos un dispositivo para cada alumno de cada aula, compartido por varios rapaces da escola. Alumnado Si
Fortaleza Os equipos e as redes están actualizados xa que este ano comezamos co proxecto Edixgal. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro aposta polas TICS. Organización de centro Si
Fortaleza O profesorado usa as TICs na súa rutina de aula. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado ten unha gran implicación no centro educativo. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado busca e usa recursos de internet para traballar na aula. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado está implicado no PFPP do centro. Persoal docente Si
Fortaleza Parte do profesorado crea contidos dixitais para traballar na aula. Persoal docente Si
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A excesiva burocracia que requiren desde a Consellería ocupa moito tempo. Administración educativa Non
Ameaza A baixa matrícula da escola. Contorna Non
Ameaza Dificultade por gran parte do alumnado para usar dispositivos dixitais fóra do horario escolar. Lexislación Si
Ameaza O centro non conta cunha política de protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade Temos boa relación coas familias. ANPA Non
Oportunidade Temos boa relación co concello. Contorna Non
Oportunidade As colaboracións con outras entidades poderían mellorarse. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e das outras fontes utilizadas, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver. A través do análise DAFO sacamos as seguintes características:

O centro conta cunha suficiente cobertura de rede. A nosa escola aposta polo traballo coas tecnoloxías dixitais, pero sen un plan definido. tampouco ten unha política de protección de datos.

A excesiva burocracia que requiren desde a administración ocupa moito tempo ao profesorado.

As relación da escola co concello e coas familias é moi boa, aínda que podería mellorar a relación con outras entidades.

A baixa matrícula do noso centro é un risco moi preocupante.

O profesorado está implicado co centro educativo, así como na súa formación e usa as TIC de maneira diaria na aula, aínda que tamén require unha maior formación no ámbit dixital. Ningún membro do claustro ten coñecementos profundos sobre as tecnoloxías dixitais.

O alumnado conta cun dispositivo dixital compartido na escola, mais moitos deles non o teñen na casa. Gran parte do alumnado cre saber usar so dispositivos dixitais correctamente. A maioría do alumnado séntese motivado para mellorar no uso das TIC.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover a participación do profesorado no PFPP.
O02PD Mellorar no uso da Aula virtual do centro.
O03PD Realizar unha actividade cada mes na AV.
O04PD Alfabetización dixital gradual do alumnado

Seguimento

Procedemento

Para poder realizar o seguimento dos resultados propostos no Plan de Dixital de Centro levouse a cabo unha avaliación continua que nos permitiu ver se os obxectivos expostos eran os axeitados e se as medidas propostas foron as correctas para logralos, puidendo realizar as modificacións oportunas.

O seguimento deste plan foi competencia do equipo directivo do centro, da comisión de coordinación pedagóxica e do equipo TIC. O plan foi revisado polo equipo TIC  que propoñeu os cambios que considerou oportunos.

1º Trimestre

No 1º trimestre realizamos a primeria reunión do Grupo de traballo que decidiu os temas que desenvolveu o PFPP "Uso de canva na aula" e "Uso de Croma na aula". Tamén elaboramos o plan de formación deste curso relacionado co PD. Neste trimestre tamén se lle deron as credenciais de usuario e contrasinal da AV do centro ao profesorado implicado no proxecto. Ademais realizamos a reunión inicial para organizar o traballo de alfabetización dixital do alumnado e poder organizalo por aulas e trimestres.

2º Trimestre

Os obxectivos marcados no PD relacionados coa AV do centro non foron acadados debido a diferentes razóns:

A motivación para usar a AV por parte do profesorado non resultou ser moi alta.

A falta de formación no uso da AV por parte do profesorado.

 

3º Trimestre

Os obxectivos marcados no PD relacionados coa AV do centro non foron acadados tampouco neste trimestre e quedan pendentes de revisión para introducilos no plan de formación do próximo curso. Realizamos a reunión final para valorar o traballo realizado relacionado coa alfabetización dixital do alumnado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizamos durante este curso unha avaliación continua para comprobar a adecuación dos obxectivos marcados e se as medidas tamén son as correctas. Valorarouse o grao de implicación de cada un dos membros que compoñen a nosa Comunidade Educativa, así como a coordinación entre eles e o grao de aceptación das distintas propostas. Esta avaliación continua complementouse cunha avaliación final onde se valoraron os resultados obtidos, as posibles melloras, erros cometidos, necesidades e grao de satisfacción coa experiencia. Para todo iso, empregáronse os seguintes instrumentos de avaliación:

Revisión dos obxectivos e actividades expostas.

Avaliación das actividades propostas: diagnóstico inicial, desenvolvemento e conclusións.

Reunión de seguimento cos axentes implicados.

Memoria anual do Plan Dixital de Centro.

Valoración xeral

En xeral, a avaliación do PD do CEIP Plurilingüe de Luíntra non resultou moi positiva xa que dos 4 obxectivos marcados no documento tan so conquerimos dous:

"Promover a participación do profesorado no PFPP" (Obxectivo 1)

"Alfabetización dixital gradua do alumnado" (Obxectivo 4)

Os obxectivos relacionados co uso da AV do centro non foron adiante e quedan pendentes para o próximo curso.

Proposta de mellora

As propostas de mellora para o próximo curso son as seguintes:

1) Ampliar a participación de todo o claustro no Plan dixital e no PFPP no ámbito dixital.

2) Comezar coa posta en marcha da AV da escola de Luíntra.

3) Promover a aplicación Abalar Móbil para as comunicacións entre o claustro e coas familias.

4) Incorporar a ferramenta corporativa Agueiro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O CEIP Plurilingüe de Luíntra publicou e divulgou este documento por diferentes medios a toda a comunidade educativa. O Equipo Directivo foi o encargado de difundilo por diferentes canles, tanto físicas como dixitais. Para difundir o PD entre toda a comunidade educativa realizamos, a principio de curso, reunións coas familias implicadas para darlles a información precisa do proxecto.