Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.  Datos básicos do centro

 

O CEIP Augusto Assía é un centro público onde se imparten ensinanzas de Educación Infantil e Primaria. O claustro está composto por 7 mestres. Unha das mestras é a titora de EI, dúas titoras de EP (que ao mesmo tempo son as especialistas de música e EF), mestra de inglés que exerce as funcións de directora do centro, un mestre de PROA+, unha PT e a orientadora do centro, que está compartida co CPI Laureano Prieto de A Gudiña. No centro, na actualidade están matriculados 34 alumnos, 9 dos cales son de EI e 25 de EP.

O centro atópase en A Mezquita, capital do concello co mesmo nome, no recanto sudoriental da provincia de Ourense, lindando con Zamora. Os datos de contacto son os seguintes:

•          Teléfono: 988 42 55 26

 

•          E-mail:  ceip.augusto.assia@edu.xunta.es 

 

•          Web:  HTTP://edu.xunta.gal/centros/ceipaugustoassia/

 

•          Blog:  "Aprendendo na Mezquita"

 

 

1.2.  Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

A oferta educativa do centro vai dirixida a unha poboación moi heteroxénea. A maioría dos pais/nais adícanse á agricultura e gandería, así como ao sector servizos: restaurantes, carnicerías.... e unha proporción significativa teñen traballos temporais.

Atopámonos con que a maior parte dos pais e nais do alumnado só posúen os estudos elementais ou medios, sendo unha minoría os que realizaron estudos universitarios.

Con todo isto podemos concluír que o nivel socioeconómico e cultural das familias é, en xeral, medio-baixo.

 

O Proxecto Educativo do centro contén unha serie de proxectos, programas e plans que definen a filosofía pedagóxica do centro, neste intre o Proxecto Dixital pasa a formar parte do mesmo. Adáptase á realidade do centro e complementa todos os demais documentos. Inflúe directamente en documentos como o Plan de integración das TiC, Proxectos lector e Plan de acción Titorial. Na Programación Xeral Anual deben aparecer aspectos concretos que se desenvolverán durante o vindeiro curso académico, curso 22/23.

 

1.3.  Breve xustificación do mesmo

 

Mediante o presente plan, preténdese:

 

•          Avaliar a situación do centro educativo con relación ao uso da innovación e as TIC nos distintos elementos clave que se recollen a nivel Europeo para poder, a continuación, deseñar e máis emprender un proceso de transformación do centro.

•          Recoñecer o Plan anual Dixital como un recurso clave para poder planificar a estratexia dixital que acompañe ao proceso de E-A do centro.

•          Transformar ao centro, nun centro dixitalmente competente.

1.  Situación de partida

 

1.1.  Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

No presente curso, 2021/2022, fixéronse obras no andar superior. A reforma supuxo contar con puntos de conexión cableada en todas as estancias do centro, pero, ao estar aínda baleiras varias aulas, non está comprobada a conexión e a calidade da rede.

A conexión wifi falla cando fai mal tempo e a velocidade de transferencia de datos depende do número de persoas conectadas.

 

O centro dispón dos seguintes recursos dixitais a disposición dos membros do claustro e alumnado:

 

-     Aulas dixitalizadas:

 

A aula de infantil conta cun portátil Lenovo do ano 2012 con sistema operativo de Windows 7, un proxector e cun encerado dixital interactivo do ano 2016.

Na Aula 1º y 2º de EP hai un portátil Lenovo do ano 2015 con sistema operativo Debian, un videoproxector do mesmo ano e un encerado dixital interactivo que non funciona.

 

Aula 3º,4º,5º e 6º de EP: dispón dun ordenador de mesa Dell cuxo sistema operativo é Windows 7, funciona lento e falla en moitas ocasións. Un proxector (Benq) e unha pizarra interactiva (IQ board), que non está ben calibrada, polo tanto non se utiliza como pizarra interactiva.

A aula de pt conta cun ordenador de mesa para uso exclusivo da/o mestre/a, cuxo sistema operativo e Windows 7, forma parte dun lote de ordenadores cedido polo CIFP A Carballeira.

Na aula de inglés hai un portátil con Windows 7 Ultimate, un videoproxector e unha pantalla interactiva, todos do ano 2011.

-       Os equipos de xestión e administración que utiliza a dirección do centro é un ordenador de

 

mesa con sistema operativo de Windows. Non ten cámara web integrada, polo que, non é útil á hora de facer reunións online.

-       Na biblioteca hai tres ordenadores de mesa cuxo sistema operativo e Windows.

 

-       Na sala de mestres non hai con equipos. Os mestres utilizan os equipos propios.

 

O Departamento de Orientación conta cun portátil Acer con Windows 7 do 2010.

 

 

-      Na aula de informática hai 8 ordenadores de mesa cedidos polo CIFP A Carballeira con sistema operativo de Windows 7, son lentos e fallan en moitas ocasións

 

Dos servizos dixitais do centro, a páxina web non se emprega como recurso de difusión de información do centro, porén é o blog a ferramenta máis empregada para colgar os diferentes proxectos dixitais, recursos e información. Para a comunicación coas familias emprégase o teléfono fixo ou móbil do centro e o correo electrónico, ningunha familia ten instalado o Abalarmóbil.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Test CDD:

 1.3. Participación segundo perfil do profesorado

DEFINITIVO:

- Nº de profesorado que participa: 2

- Nº de profesorado total: 2

- % de participación: 100%

 

PROVISIONAL:

- Nº de profesorado que participa: 3

- Nº de profesorado total: 4

- % de participación: 75%

 

2.1.  Puntuación e nivel de competencia do centro

Puntuación media do test (sobre 192): 65,2

Nivel de competencia: Integrador/a (B1)

Puntuación media do test en Galicia (sobre 192): 76,4

Nivel de competencia en Galicia: Integrador/a (B1)

 

2.2. Puntuación e nivel de competencia por etapas

EDUCACIÓN INFANTIL

Puntuación media do test (sobre 192): 35,5

- Nivel de competencia: Explorador/a (A2)

- Puntuación media do test en Galicia (sobre 192): 66,2

- Nivel de competencia en Galicia: Integrador/a (B1)

EDUCACIÓN PRIMARIA

Puntuación media do test (sobre 192): 90,5

Nivel de competencia: Integrador/a (B1)

Puntuación media do test en Galicia (sobre 192): 77,3

Nivel de competencia en Galicia:Integrador/a (B1)

 

2.3.  Distribución do profesorado por niveis

A1

Total profesorado no nivel de competencia: 1

% de profesorado participante neste nivel: 20%

A2

Total profesorado no nivel de competencia: 1

% de profesorado participante neste nivel: 20%

B1

Total profesorado no nivel de competencia: 2

% de profesorado participante neste nivel: 40%

B2

Total profesorado no nivel de competencia: 1

% de profesorado participante neste nivel: 20%

TOTAL: 5 (100%)

 

"ANÁLISE DOS 3 PORQUÉS"

MAIOR PUNTUACIÓN

1. Desenvolvemento da estratexia co profesorado.

POSIBLES CAUSAS:

  1. Dende a dirección do centro apóiase e anímase ao profesorado a participar en todas as actividades e proxecto.
  2. É un centro cunha alta participación en todas as actividades que se propoñen dende a Consellería ou dende outros organismos.
  3. Colaboración activa e funcional entre os distintos axentes da comunidade educativa.

2. Proxectos interdisciplinares.

  1. Apoio dende dirección
  2. Alta participación do centro nos diferentes proxectos de innovación ofertados pola Xunta.

  3. O profesorado novo está aberto á utilización das novas tecnoloxías.

 

MENOR PUNTUACIÓN

1. Tempo para explorar a ensinanza dixital.

POSIBLES CAUSAS:

  1. Excesiva carga lectiva do profesorado.
  2. Tipo de organización do centro. Os grupos mixtos requiren maior tempo de organización de cada sesión para garantir a súa funcionalidade por parte dos mestres que a imparten.

  3. Falta de inversión por parte das administracións competentes, que se traduce en

    escaseza de horas e equipamento.

2. Dispositivos dixitais para a ensinanza.

POSIBLES CAUSAS:

  1. Falta de recursos dixitais. A pouca dotación da que dispón o centro, e de segunda man, está obsoleta para o uso de determinadas ferramentas dixitais e non son suficientes, nin para o profesorado nin alumnado.
  2. Falta de financiamento e recursos dixitais por mor de non pertencer a EDIXGAL.

  3. Déficit na infraestrutura, no referido a escaseza de enchufes e rosetas.

 

MAIOR DISCREPANCIA

1.  Habilidades dixitais para diferentes materias.

POSIBLES CAUSAS:

  1. A discrepancia é debida á pouca funcionalidade da enquisa, non reflicte a realidade do centro. A mestra de infantil, única como docente que cubriu a enquisa, é a que menos utiliza as ferramentas dixitais co seu alumnado.

  2. A directora, si que emprega os citados recursos dixitais dentro das posibilidades coas que conta o centro. O resto do profesorado emprega os seus propios recursos, xa que están máis adaptados as novas ferramentas dixitais.

  3. O alumnado non entendeu as preguntas da enquisa e contestou ao chou. Ademais, cren que saben manexar as novas tecnoloxías porque as empregan para ocio, pero á hora da verdade, isto non é suficiente.

2. Dispositivos dixitais para a aprendizaxe.

POSIBLES CAUSAS:

  1. A puntuación é moi diferente pola interpretación da pregunta. O profesorado utiliza os dispositivos dixitais propios polos motivos explicados con anterioridade.
  2. Para o alumnado ver una cantidade de ordenadores conectados ao fío xa significa ter recursos, non teñen a capacidade para valorar se son útiles, suficiente e axeitados.


 

Interno
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - Dificultades para acceder a dispositivos dixitais axeitados. Alumnado Si
Debilidade - Nulas habilidades dixitais nas diferentes materias. Alumnado Si
Debilidade - Insuficiente competencia para codificar, programar en relación ás competencias dixitais, polo tanto, para a creación de contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade - Descoñecemento para a resolución de problemas técnicos dos dispositivos dixitais. Alumnado Si
Debilidade - Tardanza na resolución de incidencias técnicas. Infraestruturas Si
Debilidade - Non existen recursos específicos no centro. Infraestruturas Si
Debilidade - Obsolescencia dos equipos informáticos e software instalados nos mesmos. Infraestruturas Si
Debilidade - Falta de dispositivos dixitais para o alumnado e profesorado. Infraestruturas Si
Debilidade - Pouca conectividade. Déficit na infraestrutura, no referido a escaseza de enchufes e rosetas. Infraestruturas Si
Debilidade Organización en grupos mixtos, o que dificulta adicar o tempo libre na exploración da ensinanza dixital. Organización de centro Si
Debilidade Excesiva carga lectiva. Organización de centro Si
Debilidade A falta de equipamentos supón unha dificultade engadida para utilizar as novas tecnoloxías dixitais como ferramenta de avaliación, Persoal docente Si
Debilidade - Falta de tempo en horario escolar Persoal docente Si
Debilidade - Falta de tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
Fortaleza - Ratio de alumnado por nivel. Alumnado Non
Fortaleza - Motivación e interese por aprender a utilizar os diferentes recursos dixitais. Alumnado Si
Fortaleza - Recente reforma de diferentes espazos do centro que ata o momento non se podían utilizar. Infraestruturas Si
Fortaleza Apoio constante por parte da dirección do centro para fomentar a participación do profesorado nas diferentes actividades e proxectos. Organización de centro Non
Fortaleza Colaboración activa e funcional entre os distintos axentes da comunidade educativa. Organización de centro Non
Fortaleza - Participación na formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. Persoal docente Si
Fortaleza - Predisposición para á participación en proxectos interdisciplinares e a creación de recursos educativos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza - Uso activo e creativo da aula virtual e web do centro. Persoal docente Si
Fortaleza Participación activa en redes colaborativas profesionais. Persoal docente Si
Fortaleza - Existencia dunha boa coordinación entre as diferentes etapas do centro. Persoal docente Non
Fortaleza - Participación activa do cociñeiro nas diferentes actividades docentes. Persoal non docente Si
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Escaseza de achegas económicas que recibe o centro en relación coas necesidades existentes. Administración educativa Si
Ameaza - Insuficiente dotación de equipamento tecnolóxico. A maioría da dotación coa que conta o centro, son ordenadores vellos e reutilizados doutras institucións. A dirección do centro tivo que ir a buscalos a outro concello e montalos. Administración educativa Si
Ameaza - Inestabilidade do persoal laboral docente. Administración educativa Si
Ameaza - Imposición de burocracia. Administración educativa Si
Ameaza - Baixo nivel socioeconómico. Contorna Si
Ameaza - Limitada participación das familias. Contorna Si
Ameaza - Limitado e escaso acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro. Contorna Si
Ameaza - Preferencia por parte do alumnado e familias polo ensino presencial e o uso de materiais e recursos físicos (libros, fichas...) Contorna Si
Ameaza Inextabilidade lexislativa, continuos cambios normativos Lexislación Si
Oportunidade Estreita colaboración entre a ANPA e o claustro. ANPA Non
Oportunidade Boa colaboración con institucións alleas ao centro educativo. Outras Si
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Análise cuantitativa

-ÁREA A: LIDERADO

  1. Desenvolvemento da estratexia do profesorado: PUNTUACIÓN 4.5 (FORTALEZA)
  2. Novas modalidades de ensinanza: PUNTUACIÓN 4.5 (FORTALEZA)
  3. Tempo para explorar a ensinanza dixital: PUNTUACIÓN 2.5 (DEBILIDADE)

-ÁREA B: COLABORACIÓN E REDES

  1. Debate sobre o uso da tecnoloxía: PUNTUACIÓN 4 (FORTALEZA)
  2. Colaboracións: PUNTUACIÓN 3 (FORTALEZA)

-ÁREA C: INFRAESTRUTURAS E EQUIPOS

  1. Acceso a internet: PUNTUACIÓN 3.5 (FORTALEZA)

  2. Dispositivos dixitais para a ensinanza: PUNTUACIÓN 2 (DEBILIDADE)

  3. Dispositivos para o alumnado: PUNTUACIÓN 2 (DEBILIDADE)

  4. Espazos físicos: PUNTUACIÓN 3 (FORTALEZA)

-ÁREA D: DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL CONTINUO

  1. Intercambio de experiencias: PUNTUACIÓN 4 (FORTALEZA)
  2. Participación no DPC: PUNTUACIÓN 3.5 (OPORTUNIDADE)

-ÁREA E: PEDAGOXÍA; APOIOS E RECURSOS

  1. Recursos educativos en liña: PUNTUACIÓN 4.5 (FORTALEZA)
  2. Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe: PUNTUACIÓN 3.5 (FORTALEZA)

-ÁREA F: PEDAGOXÍA; IMPLEMENTACIÓN NA AULA

  1. Fomento da creatividade: PUNTUACIÓN 2.5 (AMEAZA)
  2. Implicación do alumnado: PUNTUACIÓN 2.7 (AMEAZA)

  3. Proxectos interdisciplinarios: PUNTUACIÓN 4 (FORTALEZA)

-ÁREA G: PRÁCTICAS DE AVALIACIÓN

  1. Autorreflexión sobre a aprendizaxe: PUNTUACIÓN 2 (AMEAZA)
  2. Documentación da aprendizaxe: PUNTUACIÓN 2 (AMEAZA)
  3. Emprego de datos para mellorar a aprendizaxe: PUNTUACIÓN 4 (FORTALEZA)

-ÁREA H: COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO

  1. Comportamento seguro: PUNTUACIÓN 4.3 (FORTALEZA)
  2. Outorgar recoñecemento ao traballo dos demais: PUNTUACIÓN 3.5 (FORTALEZA)
  3. Creación de contidos dixitais: PUNTUACIÓN 2 (DEBILIDADE)

 

ANÁLISE CUALITATIVA

ASPECTOS INTERNOS

  1. Existencia dunha estratexia dixital.(FORTALEZA)
  2. Tratamento das licenzas e dereitos de autoría.(FORTALEZA)
  3. Existencia de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro.(FORTALEZA)
  4. Existencia de estratexias de comunicación con outros centros educativos.(FORTALEZA)
  5. Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais.(FORTALEZA)

  6. Formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital.(FORTALEZA)

  7. Política de protección de datos. (FORTALEZA)

  8. Creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais.(FORTALEZA)

  9. Participación en proxectos interdisciplinares.(FORTALEZA)

  10. Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continúa do profesorado.(FORTALEZA)

  11. Creación de recursos educativos dixitais.(FORTALEZA)
  12. Adopción de innovacións educativas por parte do profesorado.(FORTALEZA)
  13. Extensión e promoción entre o profesorado de innovacións educativas.(FORTALEZA)
  14. Tipoloxía da oferta educativa do centro ( por exemplo familias de FP)
  15. Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa.(FORTALEZA)
  16. Características das plataformas e aplicativos online utilizados.(FORTALEZA)
  17. Uso activo e creativo de aulas virtuais. (FORTALEZA)
  18. Tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades de ensino.(DEBILIDADE)

  19. Resolución de incidencias técnicas.(DEBILIDADE)

  20. Utilización no centro de equipos dixitais propiedade do alumnado.(DEBILIDADE)

  21. Incorporación por parte do profesorado de tecnoloxías dixitais para a avaliación.(DEBILIDADE)

  22. Participación do alumnado na autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais.(DEBILIDADE)

  23. Dinámicas para reflexionar sobre o uso da tecnoloxía.(DEBILIDADE)

  24. Dinámicas para reflexionar sobre o uso de recursos dixitais (tratamento da imaxe, protección de dereitos, licenzas, software libre, plaxio etc)(DEBILIDADE)

  25. Utilización de recursos dixitais para observar e documentar os progresos.(DEBILIDADE)

  26. Transformación da práctica docente co uso da ferramentas dixitais.(DEBILIDADE)

  27. Habilidades dixitais adquiridas polo alumnado en diferentes materias.(DEBILIDADE)

  28. Competencia por parte do alumnado para codificar, programar en relación ás tecnoloxías dixitais.(DEBILIDADE)

  29. Competencia por parte do alumnado para a resolución de problemas técnicos dos dispositivos dixitais.(DEBILIDADE)

  30. Incorporación nas diferentes materias de conceptos como a verificación da calidade da información, comportamento seguro e responsable do alumnado na Internet etc.(DEBILIDADE)

  31. Diversidade da competencia dixital.(DEBILIDADE)

  32. Características do software instalado nos equipos.(DEBILIDADE)

 

ASPECTOS EXTERNOS

  1. Achegas económicas que recibe o centro.(AMEAZA)
  2. Existencia de proxectos externos.
  3. Condicións socioeconómicas da contorna.(AMEAZA)
  4. Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación.(AMEAZA)
  5. Estabilidade laboral do persoal docente.(AMEAZA)
  6. Estabilidade laboral do persoal non docente.(AMEAZA)
  7. Participación das familias.(AMEAZA)
  8. Actuacións da administración educativa.(AMEAZA)
  9. Dotación de equipamento tecnolóxico.(AMEAZA)
  10. Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo.(AMEAZA)

  11. Lexislación educativa.(AMEAZA)

  12. Colaboración con institucións alleas ao centro educativo.(OPORTUNIDADE)

  13. Relación coa/a ANPA/s.(OPORTUNIDADE)

  14. Relación con persoas que non forman parte da comunidade educativa.(OPORTUNIDADE)

  15. Lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo.(OPORTUNIDADE)

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Dotar ao centro de equipamento dixital actualizado para mellorar a eficiencia das xestións.
O02PD Actualizar e posta a punto dos dispositivos dixitais do centro.
O03PD Participar nos distintos PFPP propostos para mellorar a competencia dixital.
O04PD Traballar e avaliar a competencia dixital do alumnado.
O05PD Ser capaces de elaborar contidos dixitais programados para o seu grupo/clase
O06PD Promover a comunicación coas familias mediante o uso das diferentes ferramentas virtuais (mail, aula virtual ou Abalar)

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos realizarase mediante unha avaliación procesual, cunha frecuencia como mínimo, dunha vez ao trimestre. Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso e as posibles modificacións das accións.

1º Trimestre

Ao longo deste primeiro trimestre, tívéronse en seguimento os diferentes obxectivos do Plan Dixital de Centro:

- OBXECTIVO 2:Actualizar e posta a punto dos dispositivos dixitais do centro.

  • AO 2.1 Elaboración dun inventario co equipamento que precisa dunha actualización por parte da UAC ou dunha empresa externa ( por non ser equipamento recibido directamente da UAC). (ESTADO ACADADO).
  • AO 2.2 Envío o informe anterior aos organismos competentes. (ESTADO: REALIZADO).

- OBXECTIVO 3: Participar nos distintos PFPP propostos para mellorar a competencia dixital.

  • AO 3.1 Información ao claustro dos diferentes proxectos/ PFPP nos que sería interesante participar. (ESTADO: REALIZADO)

- OBXECTIVO 4: Traballar e avaliar a competencia dixital do alumnado.

  • AO 4.1 Elaboración dun documento de centro que recolla os mínimos que se deberá traballar coas alumnos por titorías (ESTADO: EN PROCESO)
  • AO 4.2 Traballo das competencias establecidas no documento inicial co alumnado. (ESTADO: EN PROCESO)

- OBXECTIVO 6: Promover a comunicación coas familias mediante o uso das diferentes ferramentas virtuais (mail, aula virtual ou Abalar)

  • AO 6.1 Información ás familias das diferentes canles de comunicación que deben utilizar para estar en contacto co centro. (ESTADO: REALIZADO)

2º Trimestre

Ao longo deste segundo trimestre, tívéronse en seguimento os diferentes obxectivos do Plan Dixital de Centro:

- OBXECTIVO 4: Traballar e avaliar a competencia dixital do alumnado.

  • AO 4.2 Traballo das competencias establecidas no documento inicial co alumnado. (ESTADO: EN PROCESO)

- OBXECTIVO 6: Promover a comunicación coas familias mediante o uso das diferentes ferramentas virtuais (mail, aula virtual ou Abalar)

  • AO 6.2 Potenciación do uso das ferramentas dixitais mediante o envío de notificacións periódicas. (ESTADO: REALIZADO)
  • AO 6.3 Recollida da información sobre o % das familias que responderon de xeito adecuado as diferentes demandas do centro. (ESTADO: REALIZADO).
3º Trimestre

Ao longo deste terceiro trimestre, tívéronse en seguimento os diferentes obxectivos do Plan Dixital de Centro:

- OBXECTIVO 1: Dotar ao centro de equipamento dixital actualizado para mellorar a eficiencia das xestións.

  • AO 1.1 Elaboración dun informe trimestral das necesidades de equipos informáticos do centro (ESTADO: REALIZADO).
  • AO 1.2 Envío, de xeito trimestral, o informe anterior aos organismos competentes. (ESTADO: REALIZADO)

- OBXECTIVO 2: Participar nos distintos PFPP propostos para mellorar a competencia dixital.

  • AO 3.2 Participación nos proxectos/ PFPP (ESTADO: REALIZADO)

- OBXECTIVO 4: Traballar e avaliar a competencia dixital do alumnado.

  • AO 4.3 Recollida, análise e valoración da información obtida a través da avaliación ao alumnado seguindo o documento inicial. (ESTADO: EN PROCESO).

- OBXECTIVO 5: Ser capaces de elaborar contidos dixitais programados para o seu grupo/clase

  • A.O 5.1 Formación ao alumno das diferentes ferramentas que se van a empregar para a creación de contidos. (ESTADO: EN PROCESO)
  • AO 5.2 Realización das probas/tarefas marcadas polos mestres. (ESTADO: EN PROCESO).
  • AO 5.2 Avaliación dos contidos creados polo alumnado e o grado de adquisición das competencias necesarias para a súa elaboración (ESTADO: EN PROCESO)

- OBXECTIVO 6: Promover a comunicación coas familias mediante o uso das diferentes ferramentas virtuais (mail, aula virtual ou Abalar)

  • AO 6.4 Valoración do % das familias do centro que participaron de xeito adecuado. (ESTADO: REALIZADO).

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Coa análise dos indicadores de cada obxectivo realizarase a avaliación final, cunha frecuencia, como mínimo, dunha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora para os cursos posteriores.

Valoración xeral

De forma xeral, os resultados acadados neste curso 2022-2023 no CEIP AUGUSTO ASSÍA , foron satisfactorios; xa que se acadaron diferentes obxectivos previstos no Plan Dixital, conseguíronse deiferentes materiais dixitais novos (a pesares de que se segue a requerir algunha que otra cousa), iniciouse de forma satisfactoria a inclusión e iniciación do alumnado na competencia dixitalizada, participouse por parte do claustro nos diversos PFPP, etc.

A pesares disto, non todo o que se tiña plantexado durante este curso, foi acadado, xa que moitas veces que chamamos aos servicios competentes (AMTEGA) por posibles fallos nas pantallas ou nos equipos informáticos, non foron resoltos; coa conseguinte perda de tempo e de oportunidades de aprendizaxe para o alumnado.

Así, podemos concluír que, o Plan Dixital de Centro, acadou por norma xeral uns valores mínimos de satisfacción, pero deberá a ser traballado nos vindeiros cursos para a súa mellora.

Proposta de mellora

En canto as propostas de mellora destacamos as seguintes:

- Necesitaría o centro Augusto Assía outra pizarra dixital para a aula mixta 2, xa que seguen co modelo antigo, sendo este menos práctico e funcional que as novas.

- Sería necesaria unha renovación da instalación eléctrica da sala TIC.

- Os ordenadores da sala TIC, a pesares de que o coordinador TIC os puxo de novo en funcionamento, deben ser renovados ou reemplazados, xa que é un equipamento dixital obsoleto.

- Poderíanse poñer rosetas eléctricas novas na aula de PRIMARIA/INGLÉS e na aula de Primaria 3.

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Os órganos de goberno do centro levará a cabo as actuacións precisas para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa durante o primeiro mes de curso. A vía de difusión prioritaria será a páxina web do centro, ademais, do taboleiro de anuncios e correo electrónico.