Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O colexio esta¿ integrado por tres etapas educativas cun total de 250 alumnos/as distribui¿dos en E.I., E.P., E.S.O.

Educación Infantil: 54 alumnos/as

Educación Primaria: 118 alumnos/as

Educación Secundaria: 78 alumnos/as

A tipoloxía familiar é de moi diversa índole: unha pequena porcentaxe do 5% de nivel socioeconómico alto, un extenso abano do 75% de nivel social medio e un 20% de baixos recursos culturais, económicos e educacionais de alumnado de etnia xitana.
Parte das familias estaá en contacto directo coa ANPA ou é membro a través de actividades extraescolares e informativas.

O noso Centro ten escasamente incorporadas as tecnoloxías da información e a comunicación aos procesos de ensino-aprendizaxe nas tres etapas. A implantación da aula virtual a raíz da crise provocada pola COVID-19 fixo que inevitablemente se ampliase o uso das tecnoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe, non obstante, esta plataforma emprégase sobre todo para o envóo de documentación.

O proceso de elaboración do Plan Dixital estivo marcado en todo momento polas directrices enviadas. No centro iniciamos unha liña de formación dentro do PFPP do que formamos parte o equipo directivo e dous mestres que apoian o proceso de dixitalización do centro.

Realizamos a formación ofertada e mantivemos as reunións de traballo necesarias para realizar as diferentes fases do Plan. Este proceso resultou intenso e abarcou todo o curso escolar.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O centro está moi ben equipado. Todas as aulas de infantil, primaria e secundaria contan con ordenadores con conexión a internet (cableada e wifi), proxector, e PDI. Estes equipos repóñense segundo a necesidade de actualización dos propios equipos, e, na súa gran maioría, costeados polo propio centro. Ademais contamos con dúas bibliotecas con 4 ordenadores cada unha, aula de informática con 18 equipos de sobremesa, aula de tecnoloxía con 8 equipos portátiles e impresora 3D, música, plástica e aulas de apoio nas que tamén hai equipamentos dixitais suficientes. Contamos tamén con 25 tablets que poden ser empregadas para diferentes finalidades.

Servizos dixitais educativos: o centro conta coa páxina web, aula virtual, comunicación a través de Abalar, ClassDojo, Google Drive, blogues e páxinas de Instagram.

O mantemento dos equipos recae maioritariamente nun mestre do centro e nunha empresa externa. Isto é debido a inmediatez que require este tipo de mantementos xa que UAC presta un bo servizo pero moi lento.

Na táboa que se recolle no anexo faise un resumen da puntuación obtida en cada unha das areas da autoavaliación SELFIE e no test de Competencia Dixital Docente (CDD).

Interno
32 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C8. Non ten acceso a dispositivos EDIXGAL fóra do centro educativo. Alumnado Non
Debilidade Falta de competencias dixitais nas familias sobre todo relacionadas coa escola. Familias Non
Debilidade Alto porcentaxe de alumnado que non usa as tecnoloxías con finalidade educativa Familias Non
Debilidade C15. Hai un porcentaxe alto de alumnado que tería dificultades para traer un equipo propio. Infraestruturas Non
Debilidade C7. O profesorado non é totalmente consciente da importancia da protección de datos. Infraestruturas Non
Debilidade A3. Non existe actualmente ningunha modalidade de ensino en relación ás tecnoloxías dixitais. Oferta Non
Debilidade H12. Estratexia dixital en proceso de definición. Organización de centro Si
Debilidade H12. Insuficiente tempo para que os docentes poidan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Organización de centro Non
Debilidade G3. G5. Necesidade de mellora na retroalimentación e autoreflexión da aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade E3. Non se empregan entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado Edixgal. Persoal docente Non
Debilidade A4. Dificultade do profesorado a explorar o ensino dixital e tempo para facelo. Persoal docente Non
Debilidade F1. Dificultade para aplicar as tecnoloxías dixitais as necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade B3 F6 O profesorado non está afeito a traballar en grupos de traballo interdisciplinar. Persoal docente Non
Debilidade A3. Formación docente non está axustada ás necesidades que se demandan. Persoal docente Si
Debilidade E2. Falta de seguridade do profesorado para a creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade B3. Non emprego dos canles de comunicación internas corporativas entre o persoal docente e non docente. Persoal non docente Non
Fortaleza C10. Alta motivación do alumnado ao traballar coas novas tecnoloxías. Alumnado Non
Fortaleza C8. Gran capacidade de aprendizaxe no uso das novas tecnoloxías. Alumnado Non
Fortaleza C8. Bo dominio de ferramentas ofimáticas. C8 Alumnado Si
Fortaleza C8. Dispoñen de dispositivos dixitais para unha aprendizaxe mixta.C8 Alumnado Non
Fortaleza Boa relación co equipo directivo e co profesorado. As familias amosan boa vontade para participar e implicarse nos proxectos do centro. Familias Non
Fortaleza Participan en redes sociais e aplicacións de comunicación. Emprego do Espazo Abalar para comunicacións coas familias. Familias Non
Fortaleza C3. A conexión a internet é boa e constante Infraestruturas Non
Fortaleza C11. C12. En casos de alumnos con dificultades para obter recursos, o centro sempre supliu as necesidades. Infraestruturas Non
Fortaleza C1. C2. C8. C10. C14. C16. O centro dispón de bos recursos dixitais, ordenadores, portátiles, tablets, aula de informática, dúas bibliotecas con ordenadores, PDIs. Infraestruturas Non
Fortaleza C5. Hai profesorado preparado para facer asistencia técnica a outros compañeiros, ademais de contar cun informático. Infraestruturas Non
Fortaleza Suficiente profesorado de apoio, ademais do profesorado de PROA e ARCO Organización de centro Non
Fortaleza B3. Relación cordial entre o profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza B3. D2. Hai persoal definitivo involucrado, responsable das TIC. Persoal docente Non
Fortaleza D2. Parte dos docentes están motivados para formarse en competencias dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado recibe formación dixital anual a través dos PFPP. Persoal docente Non
Fortaleza B3. Boa predisposición á colaboración cos membros da comunidade educativa. Persoal non docente Non
32 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva carga burocrática e administrativa na actualización dos recursos tecnolóxicos. Administración educativa Non
Ameaza Non existe certificación en competencias dixitais. Administración educativa Non
Ameaza C12. Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Contorna Non
Ameaza C11. Condicións socioeconómicas da contorna. para levar a cabo unha formación e un cambio atendendo as necesidades dixitais que se nos presentan. Contorna Non
Ameaza Cambios constantes na lexislación educativa. Lexislación Non
Oportunidade C2. A administración aposta e apoia a transformación educativa a través das tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade C2. Aumento e uso das aplicación dixitais establecidas pola Administración Educativa Administración educativa Non
Oportunidade C2. Adecuada oferta de actividades formativas. Moitas aplicacións en liña dispoñibles. Administración educativa Non
Oportunidade C2. Existencia da Rede DixitalGal promovida pola Administración. Administración educativa Non
Oportunidade Adecuada e boa relación coa ANPA Nova directiva cun alto grado de compromiso e participación ANPA Non
Oportunidade C12. Interacción con outras entidades locais en diferentes proxectos Contorna Non
Oportunidade Nova lexislación que permite o acceso a novos programas e unha nova financiación e dotación de recursos dixitais Lexislación Non
Oportunidade Implicación con entidades externas público-privadas que ofertan actividades dixitais para centros educativos Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Crear una estratexia dixital do noso centro (A1)
02PD Fomentar o uso de ferramentas dixitais no centro (B1)
03PD Fomentar o uso da aula virtual do centro como medio de traballo (B2)
04PD Fomentar a participación no desenvolvemento profesional continuo de toda a comunidade educativa do centro (D2)
05PD Adaptar as tecnoloxías dixitais de entornas de innovación de ensino- aprendizaxe cos proxectos interdisciplinares (F6)
06PD Coñecer as competencias dixitais reais do alumnado do centro (H7)

Seguimento

Procedemento

O seguimento farase nas reunións do equipo do Plan Dixital, facendo as reunións necesarias co equipo directivo, o equipo de tics, e os profesores que sexan necesarios

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación procesual será como mínimo una vez o trimestre na cal o centro por parte dun cuestionario ou rubrica dependendo do aspecto a analizar valorará os resultados acadados ata ese momento; modificando as accións e os recursos necesarios para seguir os obxectivos previstos nun principio. Unha vez acadados os resultados dos ítems estableceranse as propostas de mellora en función da área, obxectivo e valor previsto.

En canto a avaliación final teranse en conta o análises dos resultados acadados en cada trimestre en función dos aspectos xa conseguidos e estableceranse un análise final sobre os obxectivos conseguido así coma das propostas de mellora tendo en conta todos os aspectos tanto os positivos coma os negativos para abordar un análise real da situación do centro nese momento.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

En primeiro lugar información o claustro sobre os pasos que se van a seguir así coma a organización do Plan dixital e comunicación o resto da comunidade educativa a través do Consello.

Para isto especificarase en que consiste, quen son os responsables do mesmo e que pasos se seguirán o longo do curso para a súa realización e exección durante o curso escolar.

A continuación terase en conta no Plan de comunicación de centro e por último publicitarase a través da paxina web do centro, aula virtual e redes sociais para a completa difusión do mesmo.