Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Con respecto a vida económica e profesional, a agricultura e a gandería son as principais vías de subsistencia da xente do municipio. A actividade gandeira céntrase nos rabaños de ovellas e cabras que pasan a meirande parte do verán nos curros dos cumes. Destes rabaños, aprovéitase a carne e a lá.

O ser explotación propias para o autoconsumo, as familias precisan de ingresos económicos extras, que se conseguen a través da realización de traballos como peóns, xornaleiros… Existe tamén certa actividade industrial, no que se refire á empresa Iberdrola coa súa central eléctrica situada na vila. Por último, a actividade comercial é escasa, reducíndose esta a existencia dalgúns comercios de artigos básicos de primeira necesidade: supermercado, mercería, farmacia, panadaría, banco… En canto a situación económica das familias o nivel cultural é medio ou medio-baixo. O noso alumnado procede maioritariamente dun medio familiar galegofalante.

Contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro.

Na lexislación vixente establécese que o Proxecto Educativo recollerá a estratexia dixital do centro. O plan dixital do CEIP Manzaneda é un instrumento de planificación integrado no Proxecto Educativo que persegue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensino-aprendizaxe. Para iso é fundamental dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de modo que se converta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que dea coherencia e guíe o uso das tecnoloxías. Será un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo e da Programación Xeral Anual.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23.

Programación Xeral Anual do curso 22/23 onde se terán en conta actividades para acadar os obxectivos propostos do noso plan dixital, enfocado a realizar estratexias para compensar as desigualdades e reducir a fenda dixital.

Mediante o presente plan, preténdese: dotar ao noso alumnado das ferramentas necesarias que garantan a súa autonomía e iniciativa persoal (competencias básicas, tratamento da información e competencia dixital) para que saiban en todo momento tomar as decisións correctas para seleccionar a información.

Na nosa contorna e concretamente no noso centro non dispoñemos dunha boa conexión a internet polo que o claustro consideramos que ao ter no centro aulas mixtas sería inviable levar a cabo un programa como o E-dixgal.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O Plan Dixital seguiu diferentes fases de elaboración, enmarcadas no PFPP baixo o asesoramento da persoa ADIX e do asesor de zona do CFR.

O proceso de elaboración foi o seguinte:

- Análise e diagnose da situación do CEIP Manzaneda:

o Elaboración e implementación do SELFIE.

o Cumprimento do Test CDD.

o Análise dos resultados do SELFIE e do Test CDD.

o Elaboración dun DAFO.

- Deseño e elaboración do Plan Dixital:

o Elaboración dos obxectivos do Plan de Acción de acordo ao DAFO.

o Elaboración do Plan Dixital.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H. 3. Comportamento seguro. H.4. Verificar a calidade da información. H.11. Aprender a codificar ou programar. H.13. Resolver problemas técnicos. Alumnado Non
Debilidade A.1. Estratexia dixital A.2. Desenvolvemento da estratexia co profesorado. A.4. Tempo para explorar o ensino dixital Outras Non
Debilidade D.3. Intercambio de experiencias Persoal docente Non
Debilidade E. 2. Creación de recursos dixitais. E.3. Emprego de contornas virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade F.1. Adaptación ás necesidades do alumno. F.5. Colaboración do alumno. F.6. Proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Debilidade G. 1. Avaliación das capacidades. G.3. Retroalimentación adecuada. G.6. Comentarios a outros alumnos sobre o seu traballo. G. 7. Avaliación dixital Persoal docente Non
Fortaleza H.1. Comportamento seguro. H.3. Comportamento responsable. H.6. Outorgar recoñecemento ao traballo dos demais. H.7. Creación de contidos dixitais. H.8. Aprender a comunicarse. H.10. Habilidades dixitais para diferentes materias. Alumnado Non
Fortaleza A.3. Novas modalidades de ensino. A.4. Tempo para explorar o ensino dixital. A.5. Normas sobre dereitos de autor e licenzas. Outras Non
Fortaleza F.3.Fomento da creatividade. F.4. Implicación do alumno. Persoal docente Non
Fortaleza G. 3. Retroalimentación adecuada. G.5. Autorreflexión sobre o aprendizaxe. G.8. Documentación da aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza D.1. Necesidades de DPC. D.2. Participación no DPC. Persoal docente Non
Fortaleza E.1. Recursos educativos en liña. E.2. Creación de recursos dixitais. E.3. Emprego de contornas virtuais de aprendizaxe. E.5. Recursos educativos abertos. Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza B.1. Avaliación do progreso. B.3. Colaboracións. B.4.Sinerxias para o aprendizaxe mixto. Administración educativa Non
Ameaza C.1. Infraestrutura. C.2. Dispositivos dixitais para o ensino. C.5. Asistencia técnica. C.8. Dispositivos dixitais para o aprendizaxe. C.10. Dispositivos para o alumnado. C.12. Brecha dixital: apoio para abordar retos. C.13. Traer o propio dispositivo. C.15. Tecnoloxías asistenciais. C.16. Bibliotecas/repositorios en liña. Administración educativa Si
Oportunidade B.1. Avaliación do progreso. B.2. Debate sobre o uso da tecnoloxía. B.3. Colaboracións. Administración educativa Non
Oportunidade C.3. Acceso a internet. C.7. Protección de datos. C.11. Brecha dixital: medidas para identificar retos. C.14. Espazos físicos. Administración educativa Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise DAFO permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Potenciar o uso da aula virtual para a autoavaliación dos alumnos e alumnas.
O02PD Crear actividades de reforzo e ampliación mediante o uso da aula virtual.
O03PD Presentar traballos a través da aula virtual para a súa posterior corrección doutro compañeiro. Empregar os foros na aula virtual como instrumento de avaliación.
O04PD Verificar as fontes de información buscadas en contornos dixitais.
O05PD Realizar actividades conxuntas con outros colexios a través de distintos medios dixitais.

Seguimento

Procedemento

A través do mentor Adix e a relización dos obxectivos.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Tomando como referentes os obxectivos propostos para dito plan estableceremos uns criterios de avaliación a través duns instrumentos de avaliación que serán os seguintes:
- Lista de control na que recolleremos uns ítems, que nos servirán para comprobar a consecución dos obxectivos formulados.
- Rúbricas nas que estableceremos uns obxectivos de logro a alcanzar mediante uns niveis de desempeño.
- Escala de co-avaliación que favorece a aprendizaxe do alumnado.

Valoración xeral

Como valoración final do plan dixital do curso 22/23 as valoracións finais son negativas. A mala conexión e a falta de equipamentos no centro ocasionaron múltiples problemas á hora de levar a cabo os obxectivos do devandito plan, conlevando a que en moitas ocasións tivésese que cambiar as sesións que se planificaron. A mala conectividade do noso centro fai que levar a cabo o plan dixital sexa algo complicado. Todos os obxectivos do plan cumpríronse aínda que foi difícil poder levalos acabo porque cada obxectivo tiña un período de tres semanas máis ou menos para cumprilo, e cando vos levamos a cabo démonos conta de que necesitariamos moitas máis sesións das que se programaron.

Proposta de mellora

Non abarcar tantos obxectivos.

Dispoñer dunha mellor conectividade no centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este documento será difundido á Comunidade Educativa trala súa aprobación mediante a Páxina Web do centro e/ou aula virtual.