Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

     Datos básicos do centro

Nome do centro: CEIP PLURILINGÜE DE MACEDA

Enderezo: Rúa do Castelo 2, 32700 - Maceda Ensinanza: Educación Infantil e Primaria Teléfonos:

988 788 890 (Dirección)

988 788 891 (Xefatura, Secretaría e Sala de Profesorado)

988 788 892 (Orientación)

Correo electrónico: ceip.maceda@edu.xunta.gal

Páxina web: www.edu.xunta.gal/centros/ceipmaceda

Aula virtual: www.edu.xunta.gal/centros/ceipmaceda/aulavirtual

Contextualización do PDC:

CEIP Pluringüe de Maceda é un centro dependente da Xunta de Galicia, situado no Concello de Maceda que pertence á provincia de Ourense. Dada a súa situación xeográfica a poboación é basicamente rural e de carácter disperso, sendo a capital do concello (Maceda) o núcleo urbano máis importante. O resto da poboación disemínase en 52 núcleos rurais.

A economía baséase principalmente na agricultura e na gandaría. A industria só ten unha presenza testemuñal. Hai pequenos obradoiros. O nivel socioeconómico da comarca é de tipo medio.

A lingua empregada maioritariamente nas familias é o galego.

Nos últimos cursos o noso centro ven experimentando un cambio significativo, vanse matriculando máis alumnos/as de procedencia centroeuropea, sudamericana, ucraína e contamos tamén con alumnado de etnia xitana.

O CEIP Plurilingüe de Maceda acolle as etapas educativas de Educación Infantil e Primaria, contando este curso 2022/23 con tres unidades de Educación Infantil e seis unidades de Educación Primaria.

A visión do CEIP Plurilingüe de Maceda é facer que os estudantes sexan aprendices activos e colaborativos e desenvolver proxectos para resolver proxectos da vida real baseados na aprendizaxe-servizo. Búscase que os estudantes estean preparados para o futuro, sexan competentes dixitalmente e sexan respectuosos co medio ambiente.

Para conseguir a misión que se propón o centro, estanse a producir cambios e introducir modificacións. Neste curso escolar cambiaron integramente os membros do equipo directivo e con el estase definindo un novo Proxecto Educativo de Centro que dea respostas as novas demandas da sociedade e que contribúa a mellora do proceso de ensino-aprendizaxe.

Neste novo marco que está en proceso de definición a competencia dixital do alumnado e, por conseguinte, o Plan Dixital teñen un papel primordial.

A liña de traballo e o plan estratéxico que se está a concibir fundaméntase na idea do progreso, que pasa polo uso do uso das novas tecnoloxías, polo acceso á información e pola reflexión crítica sobre o uso que se fai desta información.

Por tanto, aínda que agora mesmo o centro non conta cun Proxecto Educativo real e actualizado, o Plan Dixital vai ser unha parte importante del e a súa execución vai a contribuír a lograr a misión establecida.

Por outro lado, en relación con outros plans e proxectos do centro dicir que este proxecto está incardinado coas programación xerais e programacións de aula dos distintos niveis educativos, xa que a competencia dixital do alumnado é un obxectivo a acadar ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe.

O traballo coas novas tecnoloxías implica unha formación do profesorado, de aí que se implante un PFPP con distintas liñas de traballo, unha delas relacionadas coas novas tecnoloxías e a innovación educativa.

Asemade o centro participa en distintas iniciativas internacionais relacionadas coas TIC. Durante o curso escolar 2021/22 participamos na iniciativa da Comisión Europea, Code

Week, que busca fomentar o pensamento computacional e a programación no alumnado. Ademais de rexistrar diversas actividades tamén solicitamos o selo de calidade para o centro.

Este curso participamos no programa Impact-Tech que busca poñer en contacto as empresas cos centros educativos para buscar solucións dixitais conxuntas que favorezan a competencia dixital do alumnado e a adquisición de contidos. Grazas a esta oportunidade o alumnado tivo a ocasión de testar a aplicación de realidade aumentada Augmented Classroom de forma gratuíta.

Neste curso tamén se solicitou a participación do centro no programa Digicraft pero non foi aprobada por non pertencer á rede Edixgal.

Breve xustificación do mesmo

Ca LOMLOE, a competencia dixital convértese nun principio pedagóxico da educación básica. Sin perxuicio do seu tratamento específico, a competencia dixital traballarase en todas as áreas e materias (artígo 19.2 y 24.5, da LOE modificado por la LOMLOE). A modificación estriba en que ya non se fala de traballar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación, como principio pedagóxico, senon da “competencia digital”.

A competencia dixital no ámbito educativo de Galicia vertébrase a través dos tres marcos europeos elaborados polo Centro Común de Investigación (Joint Research Centre, JRC) da Comisión Europea:

•    O marco europeo da competencia dixital docente (DigCompEdu) as súas siglas en inglés) é a referencia para o desenvolvemento da competencia dixital do profesorado.

•     O marco europeo para as organizacións educativas dixitalmente competentes é a referencia para os centros educativos e para a elaboración do plan dixital de centro.

•     O marco europeo da competencia dixital para os cidadáns é a referencia para a competencia dixital do alumnado.

Asemade, contamos coa distinta normativa que desenvolve a adquisición da competencia dixita, esta é a seguinte:

¿        Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

¿      Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

¿      Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e

Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

As fontes empregadas para a análise DAFO foron:

  • Autoavaliación SELFIE
  • Test CDD
Interno
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Unha gran parte do alumnado carece de recursos dixitais (tablet,pc,conexión a internet.) Alumnado Si
Debilidade Fenda dixital importante no caso do alumnado de minorías étnicas. Alumnado Si
Debilidade Rol pasivo do alumnado no uso da tecnoloxías (so consumidor non prosumidor nin creador). Alumnado Si
Debilidade As familias teñen unha baixa competencia dixital para axudar ao alumnado coas ferramentas dos entornos educativos dixitais. Familias Si
Debilidade A alfabetización dixital do alumnado non é unha das prioridades das familias. Familias Si
Debilidade Necesidade de formación para a realización de trámites en liña (alta na Chave 365). Familias Non
Debilidade Equipamentos: Pouca dotación de equipamento para as aulas tanto en pantallas dixitais, tablets e pc(s). Infraestruturas Si
Debilidade Equipos obsoletos con pouca capacidade. Infraestruturas Si
Debilidade Non ser centro Edixgal, coarta a posibilidade de participar noutros programas de innovación educativa. Oferta Si
Debilidade Negativa por parte da Administración a participar no progroama "Digicraft" por non ser un centro Edixgal. Oferta Si
Debilidade Equipo TIC con escaso persoal. Organización de centro Si
Debilidade O profesorado posee un baixo nivel de formación en competencia dixital e solicita formación especializada. Persoal docente Si
Debilidade As ferramentas tecnolóxicas empregadas na aula non fomentan o rol activo e creativo do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Medo do profesorado ante a tecnoloxía e non ser capaz de levar unha aula con libros dixitais. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non emprega a tecnoloxía como apoio a avaliación. Persoal docente Si
Debilidade Pouca liberación horaria da coordinación TIC para apoiar ao profesorado no uso da tecnoloxía. Persoal docente Si
Debilidade Pouca participación nas decisións do centro a través do Consello Escolar. Persoal non docente Non
Fortaleza Alumnado motivado e proactivo para o emprego de recursos dixitais no seu proceso de aprendizaxe. Alumnado Si
Fortaleza Emprego da aplicación Espazo Abalar. Familias Non
Fortaleza O centro conta con espazos para implantar aula dotadas dixitalmente. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro dispón de robots e outros elementos tecnoloóxicos para fomentar o pensamento computacional. Infraestruturas Si
Fortaleza Todas as aulas teñen posto do profesor con equipo, proxector e conexión á rede. Infraestruturas Si
Fortaleza Participación no programa da Consellería Introdución á Programación Educativa. Oferta Si
Fortaleza Participación en Etwinning para fomentar a cooperación con centros europeos a través do uso de ferramentas dixitais. Oferta Si
Fortaleza Participación na Semana Europea da Programación a través do rexistro de actividades que fomentan o pensamento computacional. Oferta Si
Fortaleza Actualmente en proceso de dixitalización da documentación e trámites (contabilidades, entradas e saídas, inventariado). Organización de centro Non
Fortaleza Avance na introducción das TIC no actividade cotiá da aula. Organización de centro Si
Fortaleza Incremento da participación en programas de innovación educativa, permite o incremento orzamentario para invertir no mellora global do centro. Organización de centro Si
Fortaleza O profesorado móstrase cohesionado para traballar en equipo e introducir metodoloxías innovadoras no proceso de ensino-aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado está formado no uso da plataforma Moodle. Persoal docente Si
Fortaleza Boa comunicación e traballo en equipo. Persoal non docente Non
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Baixa inversión económica. Administración educativa Si
Ameaza Demasiadas ferramentas administrativas, necesidade de unificalas e simplificalas. Administración educativa Non
Ameaza Necesidade de mellora da plataforma e do proceso de realización de trámites a través da Sede Electrónica. Administración educativa Non
Ameaza Demasiada burocracia. Administración educativa Si
Ameaza Necesidade da creación dunha escola de nais e pais para concienciar e ensinar sobre a importancia de acadar unha óptima competencia dixital no alumnado. ANPA Si
Ameaza Unha alta porcentaxe da poboación xitana ten reticencias á colaboración co centro. Contorna Si
Ameaza Asemade da falta de interese pola proceso educativo que reciben os seus fillos e fillas. Contorna Si
Ameaza Lexislación cambiante. Necesidade de actualizar lexislativamente e determinar a composición e o perfil do equipo TIC e as súas funcións. Lexislación Si
Ameaza Pouca comunicación coa Administración local. Outras Non
Oportunidade Charlas e obradoiros dentro do "Plan Director" para uso responsable da tecnoloxía. Administración educativa Si
Oportunidade Ferramentas institucionais para avaliación da competencia dixital do profesorado, do centro e da comunidade. Administración educativa Non
Oportunidade Programa "Navega con Rumbo" con fin de concienciar ás familias e ao alumnado sobre os perigos da rede. Administración educativa Si
Oportunidade Opción de solicitar Plans de Formación do Profesorado en centro sobre Dixitalización. Administración educativa Si
Oportunidade A ANPA está moi involucrada coa dinamización do centro e a implementación de metodoloxías innovadoras no ensino. ANPA Si
Oportunidade Módulo de Formación Profesional de Informática no IES ao que está adscrito o centro. Contorna Non
Oportunidade Colaboración coa Biblioteca Pública do Concello na organización de actividades. Contorna Si
Oportunidade O novo currículo permite a inmersión do contido dixital e o pensamento computacional como parte importante no proceso de ensino aprendizaxe do alumnado. Lexislación Si
Oportunidade A elaboración e o deseño dun Plan Dixital de Centro de carácter institucional. Lexislación Non
Oportunidade Contamos coa colaboración das entidades da contorna LIMISI, Cruz Vermella, Servizo de Acollida do Concello de Maceda, CIM do Concello de Maceda. Outras Si
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise DAFO obtida a partir dos resultados obtivos no Test CDD e do SELFIE. Partindo destes datos, en distintas reunións, analizamos cuantitivamente e cualitativamente ditos datos, empregamos o material facilitado no PFPP de   Plan Dixital. Tales reflexións leváronnos ao modelo dos tres porqués que nos facilitou enormemente a elaboración do DAFO no noso centro educativo.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a competencia dixital para o profesorado
O02PD Dotar e actualizar ao centro con infraestructuras i equipos tecnolóxicos.
O03PD Promover o uso das TIC do alumnado
O04PD Deseñar recursos dixitais para aula

Seguimento

Procedemento

Para poder alcanzar os resultados propostos no Plan de Dixital de Centro vaise le- var a cabo unha avaliación continua que nos permitirá ver se os obxectivos expostos son os axeitados e se as medidas propostas son as correctas para lograr os obxectivos planificados podendo realizar as modificacións oportunas.

Valorarase o grao de implicación de cada un dos membros que compoñen a nosa Comunidade Educativa, así como a coordinación entre eles e o grao de aceptación das distintas propostas. Esta avaliación continua complementarase cunha avaliación final onde se valorarán os resultados obtidos, as posibles melloras, erros cometidos, necesi- dades e grao de satisfacción coa experiencia. Para logralo, teranse en conta:

·A revisión dos obxectivos e actividades expostas.

·A avaliación das actividades propostas: diagnóstico inicial, desenvolvemento e conclusións.

·As reunións de seguimento cos axentes implicados.

·A memoria anual do Plan Dixital de Centro.

O seguimento e avaliación de plan está vinculada ao traballo de tres equipos:

 

¿  Equipo TIC

¿  Comisión de Coordinación Pedagóxica

¿  Equipo Directivo.

O principal responsable é o a directora e o equipo TIC pois segundo as súas funcións correspóndelle “Deseñar, seguir, avaliar e actualizar o Plan TIC do Centro”.

O resto dos equipos colaboran segundo o expresado en diferentes apartados deste plan.

O plan será revisado polo equipo TIC, que elaborará un informe para a memoria final e propoñerá os cambios que considere oportunos.

1º Trimestre

Realizouse unha valoración e seguimento dos obxectivos propostos para o 1º trimestre, e tra-la mesma, destácase o seguinte:

  • No referente a mellorar a competencia dixital do profesorado: este obxectivo está en camiño a ser acadado ao completo, xa que máis da metade do profesorado do centro está disposto a fomrarse en dixitalización a través do PFPP do centro. 
  • Elaborouse un inventario do material tecnolóxico, así como un horario de uso da aula de informática do centro. 
  • Actualizáronse os equipos do centro coa axuda da UAC.
  • Solicitouse  a Consellería novo material tecnolóxico. 
  • Creáronse os grupos de traballo para o PFPP.
  • Incrementouse a exposición á tecnoloxía, xa que a finais do 1º trimestre practicamente todo o profesorado empregaba, polo menos, o libro dixital. 
2º Trimestre

Realizouse unha valoración e seguimento dos obxectivos propostos para o 2º trimestre, e tra-la mesma, destácase o seguinte:

  • Planificáronse e deseñáronse recursos dixitais para o seu uso na aula. 
  • Promocionouse no alumnado o uso de diversas ferramentas dixitais; así como de recursos dixitais para a realización de diferentes actividades. 
  • Participouse en diferentes programas e concursos da Consellería, como por exemplo nos "Retos" de Polos CReativos. 
  • Non precisamos iniciar a busca de empresas que deceran material dixital, xa que desde o equipo directivo e equipo TIC solicitóuselle a Consellería novo material tecnolóxico, e este foi concedido.
3º Trimestre

No 3º trimetsre realizouse o seguimento dos obxectivos correspondentes; así como tamén s levou a cabao unha avaliación final do Plan dixital. Podemos destacar o seguinte:

  • Realizouse un banco de recursos na aula virtual realacionado con diversos temas de ineterese para o alumnado. 
  • Formáronse grupos entre o profesorado para o uso das TIC.
  • O 60% do alumnado é sobresaínte en competencia dixital, adaptada esta sempre as idades correspondentes do alumnado.
  • Fomenetouse o uso das tecnoloxías tanto no alumnado coma nas familias. 
  • Realizouse unha difusión das actividades realizadas a través da web do centro e das redes sociais (instagram, facebook, twitter).
  • Todo o profesorado emprega ferramentas dixitais a diario na aula. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No conexto da avaliación do Plan, esta será continua e trimestral,  a través da consecución ou non do obxectivo propostos. esta realizarse a través do equipo TIC, quen nas reunións porpostas, avaliará os obxectivos propostos para cada un dos trimestres e establecerá os obxectivos a cumprir nos vindeiros trimestres.

Valoración xeral

O desenvolvemento do PDC foi moi positivo. Realizouse un traballo coordinado e colaborativo entre os membros do equipo do Plan Dixital e contribuíuá súa planificación e ao desenrolo dunha planificación estratéxica que redunda na mellora da competencia dixital do alumnado e do profesorado.

A avaliación final puxo de manifesto que tódolos integrantes do grupo quedaron satisfeitos co proxecto de formación , cos contidos traballados e cos materiais dixitais  deseñados.

Proposta de mellora

As propostas de mellora de cara o vindeiro curso son as seguintes:

  • Continuar coa formación do profesorado en TIC, para alcanzar o C1 en acreditación dixital.
  • Incrementar a Competencia dixital do alumnado, xa que esta non chega o 60% establecido.
  • Xeneralizar o uso das TIC a todas as áreas e materias.
  • Ensinar ao alumnado a realizar contido dixital, para que o poda empregar no seu estudo diario.
  • Asignar unha hora lectiva diaria nos cursos máis baixos e dedicala a ensinanza do word, excel, buca de información...
  • Solicitai maior dotación de pantallas dixitais para dotar as aulas restantes (aulas de PT, AL...).
  • Concienciar ao profesorado do emprego das TIC, como unha ferramenta mais a empregar no proceso de ensino-aprendizaxe.

  • Xeneralizar o uso da aula de Informática non so para tarefas puntuais.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O CEIP Plurilingüe de Maceda dará a coñecer o seu Plan Dixital a través de distintas canles.

Por un lado, contarase cunha copia na zona de Administración do centro a disposición de calquera interesado/a que forme parte da comunidade educativa ou teña razóns xustificadas para consultalo.

Por outro lado, publicarase na páxina web do centro:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmaceda/

Asemade, mediante o espazo Abalar, notificarase as familias a súa aprobación e darase a coñecer a súa localización para que poida consultarse.