Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O centro educativo CEIP do Xurés pertence ó Concello de Lobios, situado ó sur de Galicia e tamén da provincia de Ourense. Limita ó Norte cos Concellos de Lobeira e Entrimo, ó Leste cos de Lobeira e Muíños e ó Sur e ó Oeste  coa veciña Portugal.

 

Denominación oficial:   CEIP  Plurilingüe do Xurés

Código do Centro:         32006358

Concello:                       Lobios

Enderezo:                      Paraño 31

Código Postal:              32870

Teléfono / Fax:             988448007

Correo electrónico:      ceip.doxures@edu.xunta.es

A relación de postos de profesorado no curso 2021-2022 foi  o seguinte:

  • Educación Infantil: 1
  • Educación Primaria: 2
  • Lingua Estranxeira: 1
  • Educación Física: 1
  • Educación Musical: 1
  • Relixión Musical: 1
  • Pedagoxía Terapeutica e Audición e Linguaxe: 1
  • Orientaci´n: 1
  • *Arco: 1
  • *Proa+: 1
  • Auxiliar de conversa: 1

* O profesorado non estivo todo o curso académico (mestre ARCO rematou 21 decembro, mestre PROA* rematou  de xuños e auxiliar conversa rematou 31 de xaneiro)

- O Concello conta cunha poboación de aproximadamente 1700 habitantes. Trátase dunha poboación maioritariamente regresiva, na que predominan os maiores de 60 anos sobre os menores de 20 anos, que decrecen progresivamente en número o que supón cada ano un descenso no alumnado do noso centro.

- A poboación non se distribúe uniformemente por toda a zona. Pobos, aldeas e lugares concéntranse polo baixo val do Limia como corresponde a un patrón de poboamento con economía agropecuaria.

- Sobre as áreas mais propicias para a agricultura localízanse os núcleos de poboación mais importantes. En contraste, existen auténticos desertos dentro da comarca sobre todo nas zonas superiores das serras.

- O sector servizos, sobre todo hostalería, comercio e transportes, ocupa o segundo lugar na economía da zona. Nos últimos anos, a raíz da explotación turística do parque do Xurés e do Balneario de Río Caldo aumentou moito o nivel de ocupación neste sector.

- A industria a penas existe, salvo pequenas explotacións familiares: bares, panaderías, tendas, algo no traballo da madeira, algunha canteira e tamén construción.

 

En canto a contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo do centro e a outros Plans e programas, incidir que será unha ferramenta vital para o emprego das Tic´s no centro educativo, xa que os obxectivos propostos no presente plan (versión 1.0) van encamiñados a capacitar ao profesorado, alumnado e familias integrando as ferramentas Tic´s no desenvolvemento curricular e da vida do centro educativo.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Informe Selfie e Test CDD

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Facer énfase na creación de contidos recoñecendo e valorando o traballo dos demais. Alumnado Non
Debilidade Baixa implicación das familias en estratexias, actividades que impliquen recursos dixitais. Familias Non
Debilidade Limitacións da maqueta libre abalar. Infraestruturas Non
Debilidade Cadro de persoal cambiante e non estable, o que con leva que non teñan a continuidade que se desexase os programas, proxectos e iniciativas que se desenvolven no centro. Organización de centro Non
Debilidade Falta de coñecementos en materia de protección de datos por parte da comunidade educativa. Descoñecemento da lexislación referente a licencias de creación e compartir contados. Persoal docente Non
Debilidade Falta de tempo para desenvolver toda a creatividade dixital do profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza A competencia do alumnado aumenta segundo avanza a súa idade. Alumnado Non
Fortaleza A dotación de equipos do centro é boa en número. E-dixgal, Aulas virtuais, Biblioteca creativa; Digicraft. Infraestruturas Non
Fortaleza Implementación e Aulas Virtuais e outros recursos dixitais antes da realización do propio Plan Dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Implicación e predisposición ante novas metodoloxías. Persoal docente Non
Fortaleza Emprego de recursos dixitais no centro na actualidade a través de aulas virtuais; Edixgal; Liveworksheet. Persoal docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Oferta formación limitada en prazas para acceder profesorado. Limitacións maqueta abalar. Limitacións equipos E-dixgal. Puntualmente falla a conexión e a asistencia técnica demorase cando é en persoa debido a situación xeográfica do centro. Administración educativa Non
Ameaza Pouca implicación respecto a aplicación de estratexias dixitais na súa oferta de actividades. ANPA Non
Ameaza Perfil socio-demográfico baixo. Contorna Non
Ameaza Escasas ou inexistentes entidades na contorna relacionadas co Plan Dixital. Outras Non
Oportunidade Propor á ANPA de realizar actividades que fomenten os obxectivos do Plan Dixital. ANPA Non
Oportunidade Involucrar ás entidades presentes na contorna a participar en actividades co centro educativo. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
AO1 Aumentar coñecementos en materia de protección de datos
AO2 Aumentar tempo creatividade dixital do profesorado
AO3 Aumentar implicación da familia en estratexias/recursos dixitais

Seguimento

Procedemento

Reunión a comezo de curso, trimestralmente e reunión a final de curso; xa  que ó tratarse de un centro de menos de 6 unidades, o equipo do PLan Dixital está conformado unicamente pola figura do director do centro educativo

1º Trimestre
  • Reunión ao comezo do 1º trimestre para explicar o Plan Dixital do centro e os obxectivos porpostos para o curso.
  • Organización das actividades do 1º trimestre.
2º Trimestre
  • Reunión ao comezo do 2º trimestre para analizar as actividades realizadas do PLan Dixital no 1º trimestre.
  • Organización das actividades do 2º trimestre.
3º Trimestre
  • Reunión ao comezo do 3º trimestre para analizar as actividades realizadas do PLan Dixital no 2º trimestre.
  • Organización das actividades do 3º trimestre.
  • reunión a final do trimestre para analiar se se conseguiron os obxectivos propostos do plan de acción e analizar as propostas de mellora para convertilas en obxectivos do PLan de Acción do vindeiro curso académico

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación procesual: A frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre e valoraranse os aspectos indicados a continuación.

-Estado de execución das accións e análise e valoración dos resultados

Para avaliar si hai avances poderíase pasar unha enquisa aos mestres e alumnos, así como comparar os datos recadados a principio de curso coa observación do seguimento da web, redes sociais e uso da aula virtual, multimedia, etc.

Análise de necesidades:

  • Que necesidades colectivas de desenvolvemento profesional relacionadas coa integración das tecnoloxías dixitais de aprendizaxe xorden.
  • Potenciar o uso dos medios de comunicación dixitais do centro: páxina web, abalar....
  • Mellorar o uso do servidor documental.
  • Que necesidades individuais de desenvolvemento profesional relacionadas coa integración das tecnoloxías dixitais de aprendizaxe xorden?
  • Aprender-mellorar o manexo e uso na aula de ferramentas como o encerado dixital, tablets, aula virtual.
  • Compróbase que hai docentes que teñen un nivel elevado no uso de certas tecnoloxías, polo que as súas necesidades serían as de mellorar o seu manexo. Outros docentes non amosan ningún interese polo que a necesidade individual sería a de sentir motivación cara o uso das tecnoloxías na aula, antes de explicar o seu uso.
  • Como detectamos estas necesidades colectivas e individuais.
  • Seguimento de petición dos recursos do centro, xa que para usar as aulas multimedia hai que apuntarse nun caderno. Tamén para dispor de aula virtual, o responsable TIC debe dar de alta ao mestre-usuario, polo que é sinxelo comprobar cada ano quen usa ou non usa a aula virtual.
  • Conta o centro con recursos suficientes para satisfacer estas necesidades ou é necesario recorrer a axentes externos.
  • O centro podería dispor de recursos suficientes xa que existe a opción de facer grupos de traballo a través dos centros de formación do profesorado.
  • Que tipo de actuacións de desenvolvemento profesional se organizarán para satisfacer esas necesidades.
  • Poderíase empezar por buscar documentación sobre o uso da tecnoloxía para fomentar o interese do profesorado.
  • Como se avaliaran esas actuacións
Valoración xeral

Non se produce valoración xeral xa que no momento de incluír o PLan Dixital no aplicativo de Educalidade atópase o PLan de Acción en pleno proceso de execución.

Proposta de mellora

Na presente versión do Plan Dixital (versión 1.0) non se propoñen propostas de mellora xa que é o momento de partida do Plan e aínda non se realizou ningunha avaliación do mesmo. Nas seguintes versión do mesmo e cada vez que se realice a avaliación do plan dixital identificaranse as propostas de mellora que se consideren pertinentes para tal fin.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa será a páxina web do centro. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdoxures/