Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

CEIP EMILIA PARDO BAZÁN

Leiro Pequeno, s/n - 32420 Leiro

Mail: ceip.emilia.pardo.leiro@edu.nta.gal

Web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardoleiro

 

CEIP con 4 unidades mixtas: 1 de Infantil (cos cursos 4º, 5º e 6º); 3 de Primaria (1 de 1º e 2º, 1 de 3º e 4º e 1 de 5º e 6º).

Consta de 43 alumnos e alumnas e 9 mestres e mestras (1 mestra de EI e directora, 1 mestra de EP, 1 mestra de EP e Música, 1 mestre de EP e Educación Física, 1 mestra de Inglés, 1 mestra de apoio á dirección, 1 mestra de relixión (compartida con outro centro), 1 mestra de AL (compartida con outro centro), 1 orientadora (compartida con outros 2 centros)).

1.2. Ubicación da zona

O centro atópase no Concello de Leiro, na Comarca do Ribeiro, na provincia de Ourense. Está situado nunha zona importante de cultivo de vide. O centro está situado no medio do pobo.

Nivel socio-económico e cultural

En liñas xerais, o nivel socio-económico e cultural da zona é baixo, fundamentalmente baseado no sector primario.

Hai un número considerable de familias monoparentais, pais e nais separados/as, nenos/as que conviven só con avós ou outros familiares.

Relacións das familias co centro educativo

O interese das familias polo futuro formativo e laboral dos nenos/as é escaso en liñas xerais, non mostrando expectativas altas cara eles/as. A pesar desto, as relacións co centro educativo son cordiais e frecuentes, mostrando respecto cara o traballo en xeral do centro e dos/as profesionais que o conforman.

Hai anos constituiuse unha ANPA da que forman parte máis da metade de familias, a cal promove diferentes actividades e xuntanzas.

A Direción comezou a empregar o curso pasado a aplicación Abalar para comunicarse cos pais e nais. gualmente, a comunicación que prima é a telefónica ou postal.

A páxina web do centro tamén se emprega por parte da Direción e se incita ás familias a que a usen para obter información.

Apoio das entidades públicas

Dende o Concello só se levan a cabo tarefas de mantemento mínimas das instalacións e colaboracións económicas puntuais (axudas para excursións por exemplo), non sendo moi fluída a relación con esta institución. Hai unha estreita relación con organismos como Servizos Sociais da Mancomunidade, Servizo de Atención Temperá da Mancomunidade e Biblioteca Municipal.

1.3. Breve xustificación do mesmo

O Marco Europeo para a Competencia Dixital Docente (DigCompEdu) responde á crecente concienciación de moitos Estados membros europeos de que o persoal docente necesita un conxunto de competencias dixitais específicas para a súa profesión a fin de poder aproveitar opotencial das tecnoloxías dixitais para innovar e mellorar a educación.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE e Test CDD.

Outras fontes

Empregáronse tres modelos para o traballo e análise de datos: cuantitativo, cualitativo e 3 porques.

Interno
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H.7. O alumnado non é capaz de crear contidos dixitais por falta de formación e medios. Descoñece este ámbito de aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade As familias carecen de formación no ámbito dixital. Familias Non
Debilidade As familias carecen de dispositivos axeitados para o traballo en entornos dixitais. Familias Non
Debilidade As familias non invirten en aparellos informáticos ata que o alumnado pase a etapas obrigatorias superiores (E.S.O.) ou postobrigatorias. Familias Non
Debilidade C.5. Non se conta con asistencia técnica gratuíta nin rápida e de calidade. Infraestruturas Si
Debilidade C.5. O alumnado non recibe formación básica sobre asistencia técnica no ámbito dixital nin sobre o emprego de equipos electrónicos dentro do centro educativo. Infraestruturas Si
Debilidade C.7. Descoñécense a normativa referida á protección de datos. Infraestruturas Non
Debilidade A.1. No centro non hai unha estratexia dixital clara. Organización de centro Si
Debilidade A.3. No centro non se empregan novas modalidades de ensino. Organización de centro Non
Debilidade E.2. O profesorado non conta con formación para crear recursos dixitais. Persoal docente Non
Debilidade A.4. O profesorado non conta co tempo suficiente para explorar o ensino dixital. Persoal docente Non
Debilidade E.3. O profesorado non emprega entornos virtuais de forma habitual. Persoal docente Si
Debilidade O persoal non docente non conta co tempo, coa formación nin cos dispositivos axeitados. Persoal non docente Si
Fortaleza F.4. O alumnado ten interese por manexar entornos dixitais e crear contidos dixitais. Alumnado Si
Fortaleza H.4. O alumnado é capaz de debater con sentido común sobre o emprego da tecnoloxía. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado implícase e colabora nas tarefas relacionadas co ámbito dixital e considéraas motivadoras. Alumnado Si
Fortaleza H.1. e H.3. O alumnado mostra un comportamento seguro e responsable no uso da tecnoloxía dixital baixo a supervisión do profesorado. Alumnado Si
Fortaleza E.4. A comunicación coas familias por parte do profesorado é fluída e continua. Familias Si
Fortaleza A comunicación coas familias por parte da direción do centro é fluída e continua e emprégase unha ferramenta dixital sinxela como é o Abalar. Familias Si
Fortaleza C.2. O centro conta cun número medio de dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Si
Fortaleza C.10. O centro conta cun número medio de dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza A.3. No centro estase abertos a coñecer e dar a coñecer novas modalidades de ensino, especialmente relacionadas coa dixitalización. Organización de centro Si
Fortaleza D.2. O profesorado está interesado na participación no DPC. Persoal docente Non
Fortaleza E.4. A comunicación coa comunidade educativa por parte do profesorado é fluída e continua. Persoal docente Non
Fortaleza E.1. O profesorado emprega recursos educativos en liña e valora a súa utilidade. Persoal docente Non
Fortaleza B.2. O profesorado debate e analiza o emprego da tecnoloxía no ensino Persoal docente Si
Fortaleza A.3. O profesorado ten interese por coñecer novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non se invirte suficiente en formación dixital en centros pequenos. Administración educativa Si
Ameaza Non se dotan economicamente con cuantías suficientes ós centros pequenos para a adquisición de aparellos informáticos. Administración educativa Si
Ameaza Non se informa das posibilidades de solicitude por doazón de aparellos informáticos que en ocasións se desbotan de empresas ou organismos de ámbito público. Administración educativa Si
Ameaza Os centros pequenos atópanse en situación de certo "illamento" na relación con outros centros. Administración educativa Si
Ameaza A ANPA non conta cun local axeitado nin achegas económicas para levar a cabo formación en xeral e dixital en particular. ANPA Non
Ameaza A ANPA non oferta formación para o alumnado nin para as familias sobre o ámbito dixital. ANPA Non
Ameaza A aula CEMIT do concello é pequena, cun funcionamento e horario reducidos. Contorna Non
Ameaza Non hai boa cobertura de Internet na capitalidade nin nas parroquias do concello. Contorna Non
Ameaza A.5. Non hai unha normativa clara sobre dereitos de autor e licenzas de uso axeitada ó nivel dos usuarios do centro. Lexislación Non
Ameaza A metade do profesorado do centro está en situación de provisionalidade, polo que non lle aporta estabilidade ó centro. Lexislación Non
Ameaza Dende o concello e outras organizacións/administracións da zona non se oferta formación dixital a familias nin alumnado. Outras Non
Oportunidade A administración comeza a apostar pola dixitalización dos centros en xeral. Administración educativa Si
Oportunidade A administración impulsa a elaboración e posta en marcha do Plan Dixital de Centro en base á Resolución do 3 de setembro do 2021. Administración educativa Si
Oportunidade Forman parte da ANPA a maioría de familias do centro. ANPA Non
Oportunidade Existe unha estreita relación de colaboración e comunicación entre a ANPA e a Dirección do centro. ANPA Non
Oportunidade O concello conta con locais ó lado do centro que poderían ser empregados para ofrecer formación e actividades. Contorna Non
Oportunidade Existe no concello unha aula CEMIT da que poderían ser usuarios as familias e alumnado do centro. Contorna Non
Oportunidade Varios mestres/as e a direción do centro coñecen ben este e o entorno por estar en situación definitiva dende hai máis de cinco cursos. Lexislación Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través de SELFIE e o TEST CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámvas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de centro e o conxunto do Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES a nivel interno, e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS a nivel externo, que aparecen recollidas na presente ANÁLISE DAFO, sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito CUANTITATIVO, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro CUALIATATIVO, dando como resultado unha serie de PRIORIDADES ás que nos propoñemos atender en diferentes TEMPORALIZACIÓNS. Aqieñas qie spm de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN, convertindo os ítems en OBXECTIVOS que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso meidante a realización de diferentes ACCIÓNS. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD PROMOVER A COMUNICACIÓN ENTRE O PROFESORADO E AS FAMILIAS MEDIANTE O USO DA FERRAMENTA ABALAR MÓBIL
O02PD INVENTARIAR OS EQUIPOS DA AULA DE INFORMÁTICA E O ESTADO DESTES
O03PD FORMAR AO ALUMNADO DE TERCEIRO A SEXTO DE PRIMARIA NO USO DA AULA VIRTUAL.
O04PD EMPREGAR A AULA VIRTUAL DO CENTRO SEMANALMENTE

Seguimento

Procedemento

NO CONTEXTO DA AVALIACIÓN PROCESUAL a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre, deixando temporalizadas as datas dos tres trimestres coincidindo coas reunións de claustro de profesores trimestrais, recollendo en actas de Claustro o seguemento do Plan dixital así como as posibles modificacións que se vaian desenvolvendo para cada un dos obxectivos propostos no plan de acción

OS ASPECTOS A VALORAR na avaliación trimestral serán:

(1) Estado da execución das accións para cada obxectivo proposto no PD. 

(2) Análise e valoración dos resultados.
(3) Posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

NO CONTEXTO DA AVALIACIÓN FINAL a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Farase coincidir coa reunión final de Claustro de profesores/as do mes de xuño de 2023.
OS ASPECTOS A CONSIDERAR serán:

- Valoración do logro dos obxectivos para cada acción desenvolvida.

- Propostas de mellora a realizar no curso 2023-24

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso acadouse o obxectivo O02PD que consiste en inventariar os equipos da aula de informática e o estado destes.

En relación ao O01PD que fai referencia a promover a comunicación entre o profesorado e as familias mediante o uso da ferramenta ABALAR móbil tratouse en claustro pero non se puxo en marcha de xeito eficaz nin tuvo a resposta esperada por parte das familias.

 

 

2º Trimestre

Ao longo do segundo trimeste do presente curso realizouse no centro a formación do PFPP referida á aula virtual. Precisa un forte impulso pero sen dúbida para elo precisamos máis medios informáticos. Por esa falta de recursos tentamos levar a cabo o O04PD  que fai referencia a empregar a aula virtual do centro semanalmente, pero non foi posible acadalo.

En referencia ao O03PD, relacionado tamén coa aula virtual e a formación do alumnado de 3º a 6º de primaria no uso da mesma, atopámonos co mesmo impedimento anterior...a falta de recursos e medios TIC. Sen eles, é imposible dar unha formación e, sobretodo, unha continuidade no uso e mantemento da aula virtual. Destacar ademais que moitos alumnos e alumnas non teñen ordenadores nas súas casas e o único xeito de achegalos ás TIC é a través da escola, polo que volvo a resaltar a importancia da dotación de medios necesarios.

3º Trimestre

Neste terceiro trimestre fíxose patente a non consecución dos obxectivos O01PD, O03PD, O04PD. A aula virtual precisa de constancia e, sobretodo, de medios axeitados para que os alumnos e alumnas poidan facer o uso e desenvolvemento da mesma. Fíxose a formación, pero na mesma quedou tamén constancia das dificultades atopadas neste eido pola falta de recursos.

Respecto ao emprego da ferramenta ABALAR destacar que sí se empregou por parte da direción en ocasións puntuais para dar algún aviso pero non por parte do profesorado titor. Este foi na meirande parte polo rexeitamento das familias ao seu uso. ABALAR é unha app moi versátil e que pode chegar a ser moi útil para manter unha canle de comunicación coas familias, pero fai falta que tódalas familias a teñan descargada e fagan un bo uso da mesma.

En conclusión; neste final de trimestre quedou patente a non consecución da meirande dos obxectivos propostos neste plan.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

NO CONTEXTO DA AVALIACIÓN PROCESUAL a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre, deixando temporalizadas as datas dos tres trimestres coincidindo coas reunións de claustro de profesores trimestrais, recollendo en actas de Claustro o seguemento do Plan dixital así como as posibles modificacións que se vaian desenvolvendo para cada un dos obxectivos propostos no plan de acción

OS ASPECTOS A VALORAR na avaliación trimestral serán:

(1) Estado da execución das accións para cada obxectivo proposto no PD. 

(2) Análise e valoración dos resultados.
(3) Posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

NO CONTEXTO DA AVALIACIÓN FINAL a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Farase coincidir coa reunión final de Claustro de profesores/as do mes de xuño de 2023.
OS ASPECTOS A CONSIDERAR serán:

- Valoración do logro dos obxectivos para cada acción desenvolvida.

- Propostas de mellora a realizar no curso 2023-24

Valoración xeral
Proposta de mellora

Para acadar os obxectivos propostos, en primeiro lugar é necesario valorar o estado de tódolos ordenadores do centro (tanto portátiles como de sobremesa), actualizalos/formatealos e engadirlle algún antivirus no caso daqueles que se consideren aínda con utilidade.

Os demais que estean obsoletos deberían ser substituídos, así como as pantallas máis antigas que non teñen boa calidade de imaxe.

Sería necesario tamén dotar ao centro de altofalantes, cascos e videocámaras para os ordenadores de sobremesa, e tamén dotar a aula de Informática dunha pantalla con proxector.

Sería útil contar con varias tabletas para o traballo do alumnado e cunha conexión a Internet Wi-Fi máis estable, xa que ten variacións de velocidade e erros de conectividade a miúdo.

En primeiro lugar, estas necesidades deberían ser atendidas para poder realizar a formación en materia dixital tanto do profesorado como do alumnado do centro e, en último lugar se fora o caso, das familias.

Así mesmo, para poder actualizar a páxina web do centro, traballar na aula virtual e co espazo Abalar ou no día a día das clases con emprego de tecnoloxía, estas necesidades deberían ser cubertas.

En resumo, para poder levar a cabo o Plan de Acción e acadar os obxectivos propostos neste, o centro debería estar dotado do equipamento axeitado, así como das infraestruturas tecnolóxicas necesarias.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

DEFINICIÓN DA ESTRATEXIA OU PROTOCOLO PARA A PUBLICIDADE E DIFUSIÓN DO PLAN DIXITAL
Para difundir convenientemente e con efectividade o Plan Dixital entre tódolos membros da comunidade educactiva realizaranse as seguintes acción:

- PROFESORADO: O Equipo responsable do PD (ou o director/a no seu defecto, se non se constitúe equipo) elaborará unha circular informativa e enviará ós correos corporativos da totalidade do profesorado do CEIP o presente PD.

- ALUMNADO: Cada mestre/a incluirá unha copia dixital do PD na súa aula virtual.

- FAMILIAS: A dirección do centro elaborará unha circular informativa que fará chegar ás familias mediante diversas vías para informar da existencia do PA e dos espazos dixitais nos que se pode atopar o seu contido. Tamén se redactará un aviso en ABALAR sobre este aspecto e publicarase na web do centro.

Este documento, unha vez validado e aprobado polos órganos colexiados competentes será publicado na páxina web do centro.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para poder rexitrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.