Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.Datos básicos do centro

  •  - Nome do centro: CEIP Padre Crespo

      •  Dirección:Estrada de Maceda s/n 32670 Xunqueira de Ambía

    - Correo: ceip.padre.crespo@edu.xunta.gal

    - Páxina web:http://colexiopadrecrespo.blogspot.com/

    - Etapas educativas:Educación infantil e Educación Primaria

    4º Infantil: 8

    5º Infantil:17

    6º Infantil:10

    1º Primaria:12

    2º Primaria:7

    3º Primaria: 13

    4º Primaria: 13

    5º Primaria: 8

    6º Primaria: 12

    Profesorado

    3 mestras e 1  mestre para Educación Infantil

    1 mestre de Educación Física

    1 mestre de Inglés

    1 mestra de Música

    1 mestre de PT de Atención Preferente

    1 mestre de PT

    4 mestras de Educación Primaria

    Ademais da Orientadora do colexio,  contamos con profesorado compartido con outros centros:

    1 mestra de Atención Domiciliara e 1 mestre de Relixión.

    Ao ter Seccións Bilingües, contamos con unha persoa Auxiliar de Conversa compartida.

    En canto ao persoal non docente, dispomos de Coidadora, Oficial e Axudante de cociña.

    1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

  • No  CEIP Padre Crespo iniciamos hai uns cursos unha serie de actuacións coas que pretendíamos cambiar un colexio no que estaba esmorecendo. Demandamos moitas melloras nas instalacións, que pouco a pouco imos conseguindo, pero que non servirían de nada se non lle deramos un gran pulo a nivel educativo. Para iso fomos introducindo profundos cambios nas aulas, a través de metodoloxías activas, nas que primamos o protagonismo do alumnado, fomentando a cooperación entre iguais, o traballo interciclos, proxectos comúns a todo o centro, tentando espertar o espírito crítico e creativo dende as primeiras etapas.

    Paralelamente volcámonos na organización de actividades e saídas lúdicas e culturais que cambiaron dun xeito radical o día a día do centro educativo, e estamos presentes en moitas iniciativas e programas educativos da Consellería: Plans Proxecta (Consumópolis, Aliméntate Ben, PVDA, Mirando polo Camiño) Contratos-Programa (as 5 modalidades do CP Inclúe e as 5 modalidades do CP Innova), Seccións Bilingües, PLAMBE, Lectura e Familias, a Radio, Voz Natura, O Club de Ciencia,  robótica… que nos garanten poder contar con máis recursos, actividades, obradoiros ou saídas didácticas.  

  • O noso obxectivo fundamental como colexio rural é por unha banda, elevar a calidade do ensino, e por outra ofertar o maior número de actividades alternativas tanto educativas coma culturais, tentando compensar a falla de posibilidade de acceso ás mesmas para todos e todas, potenciando así a igualdade de oportunidades.  

  • Nos últimos cursos, coa nova filosofía do centro, coa  mellora das nosas instalación e dos servizos, que con moito esforzo, estamos a introducir,  pretendemos atraer novo alumnado para así garantir a supervivencia do colexio. Todo ese traballo estase a ver reflectido no número de alumnos e alumnas que, ano tras ano e paseniño, paseniño, está a medrar debido á aposta de moitas familias, incluso de fóra do  noso Concello, que buscan alternativas a centros grandes e masificados ou máis “tradicionais”. 

  • Con este incremento tamén aumentan os retos, a carga de traballo, parte dela asociada ás propias necesidades do novo alumnado, pero tamén, a ilusión e as gañas de seguir  dando pasos encamiñados cara conseguir que os nosos nenos e nenas, por moito que estean nun pequeno colexio do rural, poidan gozar duns servizos e dunha ensinanza de calidade, sen esquecer o cultivo dos valores humanos  que motivarán e orientarán as  inquedanzas da súa vida cotiá e da realidade social na que estamos. 

  • ¿¿O Plan Dixital do centro deberá contribuír a esta ensinanza de calidade e adaptada aos tempos que nos toca vivir. Temos que integrar as novas tecnoloxías coma algo natural no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Debemos estar preparados a tódolos niveis, tanto na formación do profesorado coma na dotación de medios e adaptación das instalacións para acometer a tarefa. No noso caso vai ser un reto dobre, ao estarmos inmersos nun cambio metodolóxico importante, xa que os contextos ou ámbitos educativos pasaron a formar parte do noso día a día e para o vindeiro curso iniciamos a aventura do programa Edixgal.

1.3.Breve xustificación do mesmo

 

  • Para levar a cabo este Plan dixital tívose en conta a normativa vixente en referencia ó mesmo, que de maneiar xeral se reflicte nas seguintes leis:¿Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación 

  • ¿Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 

  • ¿Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022  

  • ¿¿Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022  

    1.4.Proceso de elaboración

  • Para a elaboración do Plan dixital realizouse unha organización e reparto de tarefas en relación as características e persoal docente encargado das mesmas. Así o equipo de Dinamización do plan dixital, co seu responsable, así como co director do centro foron os encargados de repartir tarefas, enviar cuestionarios as familias, así como de programar as actividades que despois ían ser levadas a cabo polo resto dos mestres.

  • Para outras aportacións realizáronse grupos de traballo e charlas coloquio para a realización e análise de datos do DAFO, así como para unha valoración xeral. Tamén se tivo en conta a aportación das familias para a posterior aprobación no consello escolar. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para obter información previa e recollida de datos no centro tivemos en conta o informe SELFIE, así como o test de competencia dixital docente. Así mesmo tamen estendemos cuestionarios entre as familias e tivemos en conta a opinión das anpas así como do persoal non docente e do concello para ter unha imaxe mais global de todas as ameazas e fortalezas do noso centro

Interno
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Dificultades no acceso a Internet e falta de formación e dispositivos axeitados Alumnado Non
Debilidade Falta de control no uso da rapazada das tecnoloxías Familias Non
Debilidade Oposición ao uso das tecnoloxías por parte de certas familias Familias Non
Debilidade Falta de formación Familias Non
Debilidade Infraestructura arcaica e antiga en varias zonas do centro. Infraestruturas Non
Debilidade Dispositivos dixitais obsoletos e avariados Infraestruturas Non
Debilidade Oferta de formación axeitada ou adaptada aos distintos niveis e intereses. Oferta Non
Debilidade Falta de estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Falta de recursos económicos para a estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Non hai plan de protección dixital de datos Organización de centro Non
Debilidade Ausencia de medios actualizados Persoal docente Non
Debilidade Non dispoñer de asistencia. Persoal docente Non
Debilidade Utilización da aula virtual Persoal docente Non
Debilidade Falta de estratexia dixital. Persoal docente Non
Debilidade Fomento da autoreflexión nos alumnos a traves de estratexias dixitais Persoal docente Non
Debilidade Habilidades e intereses dispares. Persoal docente Non
Debilidade Formación limitada. Persoal non docente Non
Fortaleza Motivación máxima en canto a uso das novas tecnoloxías Alumnado Non
Fortaleza Utilización de ferramentas dixitais para a mellora cognitiva Alumnado Non
Fortaleza Implicación co centro por parte de moitas familias no uso controlado das tecnoloxias dixitais Familias Non
Fortaleza Optimización no uso dos recursos. Infraestruturas Non
Fortaleza Rede Wifi en tódolos edificios (Redes Concectadas) Infraestruturas Non
Fortaleza Mellora no cableado do centro Infraestruturas Non
Fortaleza Formación continua de estratexias dixitais Oferta Non
Fortaleza Proxectos interdisciplinares Oferta Non
Fortaleza apoio o profesorado para execución de estratexias dixitais" Organización de centro Non
Fortaleza Inclusión do alumnado con dificultades Organización de centro Non
Fortaleza coordinacción correcta de propostas e actividades de ensino dixital, cursos, seminarios... Organización de centro Si
Fortaleza debatimos estratexias para o ouso das tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Fortaleza Ensino dun uso seguro das tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Fortaleza Interese por aprender e estar ao día" Persoal docente Si
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Edificios pouco fucionais. Administración educativa Non
Ameaza Dificultades para a mellora das instalacións. Administración educativa Non
Ameaza Axuda limitada dadas as características da nosa zona. " Contorna Non
Ameaza Cambios constantes na lexislación. Lexislación Non
Ameaza Non estar ao día en canto a lexislación. Lexislación Non
Ameaza Pouca implicación do Concello na contribución a mellora do centro. Outras Non
Oportunidade Mellor dotación para o centro educativo Administración educativa Si
Oportunidade Mellora das insfraestruturas Administración educativa Non
Oportunidade Concienciación das familias para un uso axeitado das tecnoloxías. ANPA Non
Oportunidade Concienciación das familias para un uso axeitado das tecnoloxías. ANPA Non
Oportunidade Colaboración coas entidades, asociacións da comarca (formación, medios¿) Contorna Non
Oportunidade Fomento dun uso seguro dos dispositivos e aplicacións Lexislación Non
Oportunidade Interese do Concello polo bo funcionamento do colexio.. Outras Non
Oportunidade Cesión ou donación de equipamento Outras Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do EDPD de Centro e o conxunto do claustro, obsérvanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno, e unhas oportunidades e ameazas a nivel externo que aparecen recollidas na presentes análise DAFO sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito cuantitativo, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do Plan de Acción, convirtindo os ítems en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto reflíctese na seguinte lapela (Obxectivos). 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
AO1.1 DOTAR EDIFICIO DE EDUCACIÓN PRIMARIA DE RECURSOS DIXITAIS
AO1.1 FUNCIONAMENTO DE APPS UTILES PARA O USO DIARIO NA AULA
AO1.1 RECIBIR FORMACIÓN POR PARTE DE PERSOAL ADECUADO EN RELACIÓN A CREACIÓN DE VIDEOS, EDICIÓN
AO1.2 CONVERTIR BIBLIOTECA EN ZONA CREATIVA MAKER E DIXITAL
AO1.2 RECIBIR FORMACIÓN EN FUNCIONAMENTO DE WEBS E REDES
A01.2 FORMACIÓN SOBRE RECURSOS FOTOGRÁFICOS E EDICIÓN DOS MESMOS

Seguimento

Procedemento

O EDPD do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan.
A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas trimestrais ao centro para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do mesmo.
A persoa coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso acadouse o obxectivo O01PD que consiste en MELLORAR A DOTACIÓN DE RECURSOS DIXITAIS PARA O CENTRO.

 AO1.1: DOTAR EDIFICIO DE EDUCACIÓN PRIMARIA DE RECURSOS DIXITAIS

AO1.2: CONVERTIR BIBLIOTECA EN ZONA CREATIVA MAKER E DIXITAL ESte obxectivo continúa en proceso
En xeral, o EDPD e a mentora ADIX, consideran que o proceso vai por bo camiño.

2º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso acadouse o obxectivo:AO1.1: RECIBIR FORMACIÓN POR PARTE DE PERSOAL ADECUADO EN RELACIÓN A CREACIÓN DE VIDEOS, EDICIÓN

O obxectivoAO1.2: RECIBIR FORMACIÓN EN FUNCIONAMENTO DE WEBS E REDES. Está en proceso de realización.

3º Trimestre

Para o terceiro trimestre e acadado o obxectivo A01.2 RECIBIR INFORMACIÓN EN FUNCIONAMENTO DE WEBS E REDES. Levéronse a cabo os obxectivos pendentes para este trimestre, e acadaronse as propostas realizadas. Os obxectivos conseguidos son:

AO1.2CONVERTIR BIBLIOTECA EN ZONA CREATIVA MAKER E DIXITAL. A pesar do espazo si se está evolucionando na mesma.   

A01.2FORMACIÓN SOBRE RECURSOS FOTOGRÁFICOS E EDICIÓN DOS MESMOS. Recibimos tres sesións por especilaistas externos que nos formaron na materia, e cos que seguiremos traballando no vindeiro curso académico.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación do Plan dixital tivéronse en conta as propostas presentadas pola coordinadora ADIX asignada o centro, taén tivemos en conta a través de cuestionarios de avalioón semellantes o SELFIE, e mediante a observación directa tanto de alumnos como de mestres e entorno para ter unha avaliación o mais realista e precisa posible.

Cda trimestre facíase unha reunión de todo o centro onde se ian vendo aspectos a mellorar así como aqueles puntos que considerabamos debilidades e onde debíamos poñer un foco mais preciso.

Valoración xeral

En xeral a consecución dos obxectivos, non sen dificultades, foise acadando, sobre todo en relación a participación e a formación de mestres para ter un plan dixital o máis adecuado a nosa realidade educativa. Se ben quedan aspectos e flecos por mellorar non cabe outra que dicir que o plan dixital se realizou de maneira positiva.

Os obxectivos acadados son os seguintes: A01.1- A01.1

Por outra banda non completamos os seguintes: A01.2

FUNCIONAMENTO DE APPS UTILES PARA O USO DIARIO NA AULA

Intetaremos darlle continuidade aos distintos proxectos para acabar por conquerir os obxectivos pendentes ou realizados parcialmente.

Con respecto ao espazo maker da Biblioteca Escolar, é imposible acadalo porque non temos espazos habilitados. A Biblioteca Escolar está funcionando parcialmente coma aula de 6º de Primaria ata que nos amplíen o centro. Isto supón que teremos tamén dificultades para a instalación de todos os dispositivos relacionados cos Polos Creativos.

Proposta de mellora

Como aspescto primordial de mellora, cremos que un dos obxectivos e no que faremos fincapé no vindeiro curso, será a utilización de apps ou aplicacións vencelladasa á robótica así como a implicación das familias e a participación das mesmas nos proxectos dixitais do centro.

Tendo en conta a dotación que recibiremos con respecto aos Polos Creativos, cremos necesaria a formación do profesorado en distintos eidos para sacarlle o máximo rendemento a este matierial, sempre e cando teñamos espazos dispoñibles para a súa instalación.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión do Plan dixital, utilizaremos as vías habituais de comunicación coas familias, si ben implementaremos outras a medida que os nosos recursos sexan maiores, así como a nosa formación e páxinas web e o seu uso correcto. Ademais tamén difundiremos o mesmo entre a comunidade educativa e introduciremos o mesmo no resto da vida cotiá, pois consideramos un aspecto básico na relación centro-entorno.