Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O perfil da comunidade educativa é moi diverso. Conflúe e interactúa no centro un amplo abano de realidades moi diverxentes no relativo a formación académica, estatus económico, configuración familiar ou relixión, que determinan tamén diferentes expectativas con respecto á escola. Esta multiplicidade de situacións sociofamiliares coa que convivimos a diario nunha cidade como Santiago de Compostela non pode ser obviada pola escola, que debe tentar que dentro dos seus muros todos e todas sintan que teñen os mesmos dereitos, os mesmos deberes, o mesmo trato e as mesmas oportunidades. Se tomamos a referencia do ISEC, o centro sitúase no nivel medio-baixo.

Unha particularidade que cómpre subliñar é que –en contraste con outras áreas da cidade- un número significativo de familias teñen o galego como lingua de uso habitual.

Convén sinalar tamén que nesta parte da cidade conviven moitas escolas públicas e concertadas, de tal xeito que existe unha grande competencia por acoller o alumnado.

O CEIP Apóstolo Santiago leva tempo interesado polo desenvolvemento das tecnoloxías dixitais. Actualmente implementa EDIXGAL en 5º e 6º de EP.  Neste documento visualizaranse as estratexias, a os procesos de ensinanza-aprendizaxe necesarios para conseguir un adecuado desenvolvemento da competencia dixital por parte de todos os integrantes da comunidade educativa e do alumnado. A concreción do Plan Dixital do centro será incorporada á PXA.

Breve xustificación do PD. 

 NORMATIVA:  -Decreto 105/2014, 4 de setembro polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, Art 19 Educación Dixital. No que aparece reflexado “ Os centros docentes que desenvolvan o currículo completo nun contorno dixital deberán establecer un proxecto de educación dixital que formará parte do seu proxecto educativo e deberá contar coa aprobación da consellería competente en materia educativa, segundo o procedemento que se estableza”. -Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. -Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 no que menciona que “ Durante os curso 2021/2022 cada centro elaborará o seu plan dixital”. -Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 -Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022. -Estratexia dixital de Galicia 2030.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a anáise DAFO tívose en conta a ferramenta gratuita de autoavaliación SELFIE, que proporciona axuda aos centros educativos para deste xeito integrar as tecnoloxías dixitais na docencia, a aprendizaxe e a avaliación: 

A -Liderado Equipo Direct. 2,6 Profesorado 2,9 Alumnado

B- Colaboración e redes Equipo Direct. 2,8 Profesorado 2,6 Alumnado 3,2

C- Infraestruturas e Equipos Equipo Direct. 3,8 Profesorado 3,6 Alumnado 3,7

D- Desenvolvemento profesional continuo Equipo Direct. 3,3 Profesorado 3,6 Alumnado

E- Pedagoxía: Apoio e Recursos Equipo Direct. 3,6 Profesorado 3,6 Alumnado

F- Pedagoxía: Implementación na aula Equipo Direct. 3,2 Profesorado 3,5 Alumnado 3,3

G- Prácticas de avaliación Equipo Direct. 2,8 Profesorado 2,5 Alumnado

H- Competencias dixitais do alumnado Equipo Direct. 2,7 Profesorado 2,8 Alumnado 3,5

Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C1 Infraestrutura. Infraestruturas Non
Debilidade B1 Avaliación do progreso. Organización de centro Non
Debilidade A1 Estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade A2 Desenvolvemento da estratexia co profesorado Organización de centro Non
Debilidade B2 Debate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Non
Debilidade E2 Creación de recursos dixitais Persoal docente Non
Debilidade G3 Retroalimentación axeitada Persoal docente Non
Debilidade B1 Avaliación do progreso. Persoal docente Non
Debilidade D3 Intercambio de experiencias. Persoal docente Non
Debilidade E3 Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade F6 Colaboración do alumnado Persoal docente Non
Debilidade G1 Avaliación das capacidades Persoal docente Non
Debilidade G5 Autorreflexión sobre a aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade E2 Creación de recursos dixitais Persoal non docente Non
Fortaleza C8 Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Alumnado Non
Fortaleza C2 Dispositivos dixitais para o ensino Infraestruturas Non
Fortaleza C3 Acceso a Internet. Infraestruturas Non
Fortaleza C5 Asistencia técnica. Infraestruturas Non
Fortaleza C7 Protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino Oferta Non
Fortaleza C5 Asistencia técnica. Organización de centro Non
Fortaleza D1 Necesidades de DPC Persoal docente Non
Fortaleza D2 Participación no DPC Persoal docente Non
Fortaleza E1 Recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza F1 Adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza F3 Fomento da creatividade. Persoal docente Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino Persoal docente Non
Fortaleza E4 Comunicación con la comunidade Persoal docente Non
Fortaleza F5 Colaboración do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza D3 Intercambio de experiencias Persoal docente Non
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza B3 Colaboracións Outras Non
Ameaza C1 Infraestruturas. Outras Non
Oportunidade C3 Acceso a Internet. Administración educativa Non
Oportunidade C5 Asistencia técnica Administración educativa Non
Oportunidade C2 Dispositivos dixitais para o ensino Administración educativa Non
Oportunidade C7 Protección de datos. Lexislación Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Para o primeiro punto de partida a hora de concretar o Plan de Acción tivemos que ter en conta ás necesidades detectadas na enquisa SELFIE, Test CDD, DAFO así como os recursos, tanto materiais como humanos (segundo a conectividade, os recursos tecnolóxicos e servizos dixitais). Unha vez representados todo este tipo de información e datos dunha forma clara e concisa fixáronse os obxectivos neste plan que serán revisados anualmente.

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o propio centro educativo xerou unha análise DAFO que permite obter o coñecemento preciso da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Difundir e coñecer modelos de actividades a través de ferramentas dixitais que non sexan especificamente unha traslación da pantalla ao papel ou un xogo de relación.
O02PD Achegar o profesorado á Aula Virtual e os Polos Creativos. Deseñar unha actividade ou proba en Moodle ou aplicacións gratuítas.
O03PD Concienciar o alumnado e as súas familias das virtualidades e os riscos do mundo dixital a través de presentacións, actividades, charlas, experiencias.

Seguimento

Procedemento

Para a descrición da organización e do proceso de elaboración do Plan Dixital é importante citar que en Novembro de 2021, a Xunta de Galicia pon en marcha a Rede DixitalGal, constituíndo equipos de apoio dixital aos centros (ADIX). Cada equipo está formado por 3 mentores que serán os encargados de apoiar os centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no deseño, elaboración, dinamización e desenvolvemento do seu Plan Dixital.

En setembro de 2023, como resultado de reflexión colectiva e entrevista co asesor correspondente, deséñanse os obxectivos e prevense as tipoloxías de actividades a realizar.

O equipo de TICS do centro realizará planificación de actividades e seguimento das mesmas ao longo do curso. Os resultados do seguimento reflectiranse na memoria final.

 

1º Trimestre

Erro na data: aparece 2023, debe aparecer 2024.

Revísanse as accións previstas para o primeiro trimestre e anótanse os seguimentos no espazo previsto para tal fin en cada acción.

2º Trimestre

Erro na data: aparece 2023, debe aparecer 2024.

Revísanse as accións previstas para o primeiro trimestre e anótanse os seguimentos no espazo previsto para tal fin en cada acción.

3º Trimestre

Erro na data: aparece 2023, debe aparecer 2024.

Revísanse as accións previstas para o terceiro trimestre e anótanse os seguimentos no espazo previsto para tal fin en cada acción.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para o seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos levaremos a cabo unha avaliación procesual  trimestral por parte do equipo do Plan Dixital, o Claustro e o Equipo Directivo. Trataremos determinar e avaliar a consecución dos obxectivos propostos e aspectos como a realización das accións, a reflexión, o análise así como a valoración dos resultados e, determinar cambios ou modificacións de mellora no caso de que fose necesario. A avaliación final levarase a cabo a final de cada curso. Sancionarase o grao de consecución dos obxectivos e as propostas a mellorar no centro educativo. Terase en conta as aportacións dos equipos docentes e as propostas de mellora mencionadas anteriormente servirán como punto de partida para a actualización do Plan de cara o curso seguinte.

Valoración xeral

Non se puideron levar a cabo algunhas das accións previstas, que quedan pendentes para vindeiros cursos.

OBX 001: Non se puideron realizar as accións formativas previstas. Non acadado

OBX 002: Creouse o PFPP Polos Creativos. Parte do profesorado foi quen de crear algunha proba na Aula Virtual. Acadado parcialmente.

OBX 003: Realizáronse dúas conferencias relativas a riscos dixitais, redes sociais... Unha integrada no Plan Director (Policía Nacional) e outra conveniada con expertos da USC. En ambas accións participou a ANPA activamente. Acadado.

Conseguimos un 100% de uso da Plataforma Abalar (os últimos anos era un 90%).

O uso da aula virtual en 3º e 4º de primaria é residual.

A relación co asesor asignado a este centro foi fluída e productiva.

Proposta de mellora

Cómpre iniciar antes as accións incluídas no plan.

Cómpre retomar formación específica sobre o uso da Aula Virtual para o profesorado.

Tentaremos retomar as accións formativas previstas no OBX 001.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

 O Plan Dixital formará parte do Proxecto Educativo e da Programación Xeral Anual. Aprobaráse neste documento a súa concreción anual e difundirase na páxina web.