Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CRA de Ribadumia está situado no concello de Ribadumia, na comarca do Salnés. Trátase dun centro de nova creación, integrado o 9 de xuño de 2005. Está composto por 5 unidades espalladas polo concello: 2 en Santa Eulalia de Ribadumia, 1 en San Xoán de Leiro, 1 en San Fins

de Lois e 1 en San Clemente se Sisán. Todas elas están asentadas no ámbito rural pero , a pouca

distancia está o núcleo urbano de San Andrés de Barrantes. Como a maior parte dos municipios da comarca do Salnés esta foi medrando nos últimos anos contando na actualidade cuns 5.157 habitantes, distribuídos polas seguintes parroquias: San Andrés de de Barrantes, Santa María de Besomaño, San Xoán de Leiro, San Fins de Lois, Santa Eulalia de Ribadumia e San Clemente de Sisán. No núcleo ruban de Barrantes e Ribadumia está aglutinado moita poboación moza grazas ás novas construcións . As familias dispoñen dun nivel socioeconómico medio.

 

Na lexislación vixente establécese que o Proxecto Educativo recollerá a estratexia dixital do centro. Confórmase este Plan como unha ferramenta fundamental no noso centro para o fomento da investigación e innovación, a formación do profesorado, a xestión e organización interna, a compensación de desigualdades e a inclusión, etc. Ten un papel importante no desenvolvemento dos proxectos elaborados a nivel de centro e en coordinación con outros Equipos como o de Biblioteca escolar. Nos últimos anos, dende o CRA de Ribadumia apostouse fortemente polo emprego das TIC no día a día, non só como recursos de aprendizaxe para o alumnado, senón tamén como estratexia de organización interna e de apertura á contorna.

Actualmente o CRA de Ribadumia conta co PFPP Análise da competencia dixital do centro e elaboración do Plan Dixital, que servirá como ferramenta para alcanzar os obxectivos que se formulen na PXA do próximo curso.

Articulado concreto dos Decretos autonómicos no que se recolle a obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo:

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. 

O que recollen ditos artigos é o seguinte: “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

O Plan Dixital seguiu diferentes fases de elaboración, enmarcadas no PFPP baixo o asesoramento da persoa ADIX e do asesor de zona do CFR. O proceso de elaboración foi o seguinte:

 

Análise e diagnose da situación do CRA de Ribadumia:

ž   Elaboración e implantación do SELFIE.

ž   Cumprimento do Test CDD.

ž   Análise dos resultados do SELFIE e do Test CDD.

ž   Elaboración dun DAFO.

 

Deseño e elaboración do Plan Dixital:

ž   Elaboración dos obxectivos do Plan de Acción de acordo ao DAFO.

ž   Elaboración do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O test SELFIE e o test CDD foron os empregados para a análise DAFO.

Participación dun  83,3% do profesorado, todo definitivo.

A puntuación do nivel de competencia do centro ao igual que o nivel de competencia por etapas, é de 47,4 (sobre 192), posto que contamos só coa etapa de Educación Infantil.

O 20% do profesorado atópase no nivel A1, o 70% no A2 e un 10% no B1.

Interno
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade -A baixa idade do noso alumnado. Alumnado Non
Debilidade -Alumnos con competencia dixital insuficiente. Alumnado Non
Debilidade -Acceso limitado a conexión de internet. Alumnado Si
Debilidade - Equipamento TIC anticuado. Infraestruturas Non
Debilidade -Falta de equipos para todo o profesorado. Infraestruturas Si
Debilidade -Apoio técnico limitado. Infraestruturas Non
Debilidade -Fallos na conexión de internet. Infraestruturas Non
Debilidade -Falta de formación neste ámbito. Persoal docente Si
Debilidade - Formación noutros ámbitos de forma prioritaria antes que a parte dixital. Persoal docente Non
Debilidade -Competencia dixital insuficiente. Persoal docente Si
Fortaleza -Gran motivación dos alumnos e interese polas TIC en xeral. Alumnado Si
Fortaleza - O centro conta con espazos amplos.. Infraestruturas Non
Fortaleza -Disposición dunha aula de TICS. Infraestruturas Non
Fortaleza - Horario para levar a cabo as sesións de TICS para O alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza - Novo material para o alumnado (un ordenador e unha PDI por aula) Infraestruturas Non
Fortaleza -Todo o profesorado é definitivo no centro. Persoal docente Si
Fortaleza -Colaboración do profesorado (nos blog do colexio). Persoal docente Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza -Falta de fondos. Administración educativa Non
Ameaza -Horario limitado para coordinarse co centro. ANPA Non
Ameaza - Condicións socieconómica da contorna. Contorna Non
Ameaza -Falta de lexislación dixital específica en educación infantil (ou descoñecemento desta). Lexislación Non
Oportunidade -Posibilitar a formación para o plan dixital. Administración educativa Non
Oportunidade -Facilitar asesoramento específico para cada centro. Administración educativa Non
Oportunidade -Implicación e boa relación coa ANPA do centro. ANPA Non
Oportunidade -Alta participación nas redes sociais para dar visibilidade ao centro. ANPA Non
Oportunidade -Facilidade por parte do concello para o uso público dos ordenadores (biblioteca do concello, locais sociais). Contorna Non
Oportunidade -Proporciona instrucións para orientar os diferentes procesos administrativos que facilitan a tarefa. Lexislación Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez feitos os Test SELFIE e CDD, o que necesitamos é unha maior competencia profesional a nivel dixital en tódolos parámetros: compromiso e recursos dixitais, ensino e aprendizaxe, avaliación e capacitación do alumnado, así como o desenvolvemento da competencia. Temos que ter en conta que o noso alumnado é de Educación Infantil, polo que a capacitación é traballo ten que ser específico para estas idades.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a competencia dixital do profesorado
O02PD Dinamizar a páxina web do centro
O03PD Empregar a aplicación Abalar móbil para a comunicación coas familias.

Seguimento

Procedemento

Se trata de un traballo continuo ao longo do curso, para ir mellorando ao longo dos próximos anos.

1º Trimestre

Realizado.

AO3.2: Elaborar un plan de acción para a posta en marcha do Abalar móbil. Ponse en marcha dende o primeiro trimestre.

AO3.1: Crear un grupo de traballo que aborde este obxectivo. Dende o primeiro trimestre, vai ser o mesmo equipo TIC do centro.

AO2.1: Crear un grupo de traballo que aborde este obxectivo.Xa no primeiro trimestre, será o mesmo equipo TIC do centro.

2º Trimestre

Realizado.

3º Trimestre

Realizada unha parte. Á espera de realizar a páxina web do centro.

AO1.1: Iniciar e/ou continuar a formación en materia dixital por parte do profesorado. Dende o primeiro trimestre se inicia a formación por parte de tres mestras, ata o último trimestre por parte de outras dúas.
AO1.2: Facer unha posta en común cada dous meses para o intercambio de experiencias do profesorado. Dende o primeiro trimestre.

AO2.3: Ordear os contidos na páxina web do centro. Á espera de asesoramento para realizala e poñela en funcionamento.

AO3.3: Utilizar AbalarMóbil como forma de comunicación coas familias.Dende o primeiro trimestre e durante todo o curso.

AO2.2: Elaborar un plan de acción para a posta en marcha da páxina web do centro. Iniciamos no terceiro trimestre.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

-  Contexto da avaliación procesual: a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

-  Contexto da avaliación final: a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora. Todo isto verase reflectido na memoria final de cada curso.

Valoración xeral

Despois de acabar este curso actual, conseguimos case todos os obxectivos propostos. Non chegamos a formar a páxina web do centro, que é o primeiro obxectivo a traballar no seguinte curso. 

Proposta de mellora

Como dificultade principal á hora de traballar en canto ao plan dixital, en xeral, e á realización da páxina web, en particular, é a falta de medios técnicos no centro para poder traballar todo o profesorado, pois ademais de ser mestras itinerantes, non dispoñemos de ordenadores portátiles para poder traballar nunha escola ou noutra, só tendo dous ordenadores de sobremesa que funcionen, e non continuamente a rede, para compartir coas demais compañeiras.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este documento será difundido á comunidade educativa mediante o seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36024616