Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan Dixital enmárcase dentro da seguinte normativa:

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información foron:

Autoavaliación Selfie.

Test CDD

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade A competencial dixital do profesorado pode non cumprir as expectativas das familias. Familias Si
Debilidade O centro posúe limitacións respecto ao espazo escolar. O apoio técnico é limitado. O centro non dispón de aula de informática equipada con mobiliario. Falta de espazo adecuado para conferencias, xuntanzas. Dispoñibilidade de unha intranet que permita unha xestión eficiente. Infraestruturas Non
Debilidade As materias implicadas na adqui-sición de tecnoloxía dixital son optativas e polo tanto non son cursadas por todo o alumnado. A rixidez da plantilla de profesorado non propicia a aparición de novas materias de libre configuración en primeiro e segundo de eso Oferta Non
Debilidade A falta de profesorado implica o aumento de materias afíns impartidas por profesorado non especialista. Falta de tempo para a coordinación entre o profesorado. Organización de centro Si
Debilidade Gran parte do profesorado posúe competencia dixital insuficiente ou medo ao uso das novas tecnoloxías, o que provoca inmobilismo. O profesorado carece de tempo no horario presencial para colaborar nos distintos proxectos. Parte do profesorado adica pouco-tempo da súa práctica docente na aula no uso das tecnoloxías dixitais. Uso de metodoloxías tradicionais Deficiente cultura de traballo en equipo. Persoal docente Si
Debilidade O persoal non docente non ten destino definitivo no centro e iso crea inseguridade respecto ao seu futuro profesional. Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado implícase e colabora na adopción de tecnoloxías dixitais. O alumnado é responsable, colabo-rador e pouco conflitivo. O alumnado utiliza as tecnoloxías no fogar con fines de aprendizaxe. Gran parte do alumnado ten acceso a dispositivo dixital adecuado para rea-lizar o seu traballo escolar. Alumnado Si
Fortaleza Parte do alumnado ten acceso limitado a conexión estable de internet nos seus fogares. Parte do alumnado usa a tecnoloxía no fogar para o ocio. Gran parte do alumnado con máis dificultades non conta con apoio no fogar. Posibles problemas de ámbito social a raíz da pandemia ou da guerra na Ucraína. Familias Non
Fortaleza As familias son receptivas ás tecnoloxías dixitais pois seus fillos cursaron primaria no programa Edixgal Familias Si
Fortaleza O centro dispón de lousas dixitais e ordenadores en tódalas aulas. O centro dispón de mecanismos de protección de datos. A conexión a internet é fiable. A revisión e mantemento de instalacións e equipamento é unha constante. A biblioteca posúe infraestructuras tecnolóxicas. Infraestruturas Non
Fortaleza A oferta educativa do centro inclúe materias implicadas na adquisición de tecnoloxía dixital, tales como TIC ou Programación. No centro estase a implantar a Educación Edixgal de forma progresiva en todos os cursos da etapa. Oferta Non
Fortaleza O centro só emprega servizos dixi-tais educativos corporativos (web, aula virtual, correo corporativo, abalar) para comunicarse coa comunidade educativa. O equipo directivo e unha pequena parte do profesorado promove o em-prego de software libre no ámbito educativo. O centro promove a creación conxunta de coñecemento a través da organización do Plan de Formación en Centros de traballo. Concienciación do equipo directivo da importancia do uso das TIC e da realización dun plan dixital de centro real e práctico. Organización de centro Non
Fortaleza A maioría do profesorado apoia o desenvolvemento profesional conti-nuado. A maioría do profesorado ten destino definitivo no centro e ten actitude fa-vorable cara o uso das tecnoloxías A maioría do profesorado amosa interese e empatía co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O persoal non docente (administrativa e conserxe) coñece os aspectos básicos da tecnoloxía dixital para o desenvolvemento das súas tarefas. O persoal non docente colabora en tarefas alleas ó seu posto na procura de maior efectividade. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A administración educativa pode reducir a oferta de equipamento dada a escaseza de recursos derivada da situación xeopolítica mundial. As instruccións chegan constantemente tarde sen deixar tempo para meditar, tendo que recorrer á miúdo á improvisación. Administración educativa Non
Ameaza O risco que conleva o mal uso das ferramentas dixitais. ANPA Non
Ameaza Incerteza sobre os cambios na no-va lei LOMLOE. Excesiva burocracia e papeleo que restan enerxía e ganas. Lexislación Non
Ameaza O concello pode non cumprir co seu compromiso na mellora das instalacións. O concello pode non chegar a cubrir cos gastos derivados do uso das ins-talacións. Os grupos de whatsapps de país e nais que valoran conflitos se comunicalos ao centro. A existencia de familias reticentes a metodoloxías emerxentes Outras Non
Oportunidade A administración fomenta o uso da tecnoloxía dixital a través do programa Edixgal. A administración educativa presenta actividades formativas individuais para actualizar as competencias dixitais do profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA defende o uso da tecnoloxía na aula pois o alumnado cursou o Programa de Educación Dixital na Primaria e son favorables á súa implantación na Educación Secundaria. ANPA Non
Oportunidade Incerteza sobre os cambios na nova lei LOMLOE. Excesiva burocracia e papeleo que restan enerxía e ganas. Lexislación Non
Oportunidade O centro está en contacto co Concello e existe boa disposición por parte deste para colaborar en distintos aspectos educativos . Imaxe de modernidade e continua renovación ante as institucións. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o TEST CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto cunha reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro e o conxunto do Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS a nivel externo que aparecen recollidas na presente ANÁLISE DAFO.

A devandita análise DAFO indícanos que debemos mellorar en:

-

-

-

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Implementar Proxectos competenciais en todos os cursos da ESO que fomenten o uso das TICS
O02PD Uso de aplicacións corporativas da Consellería para elaboración de programacións, comunicacións, etc. Consecución de todo o profesorado de destrezas de uso destas aplicacións (PROENS, ABALAR, AGUEIRO¿)

Seguimento

Procedemento

Trimestralmente farase o seguimento das accións e obxectivos do PD, recollendo as conclusións de dito  seguimento nos campos de texto habilitados para cada trimestre

1º Trimestre

Tivo lugar reunión de traballo cos profesores de proxecto competencial implicados e o equipo responsable das TICS.

Tiveron lugar dúas reunións co asesor do plan dixital José Antonio Rodríguez Pérez nas seguintes datas:

Martes 2 de outubro de 2023 e luns 15 de xaneiro de 2024

 

2º Trimestre

Tivo lugar reunión de traballo cos profesores de proxecto competencial implicados e o equipo responsable das TICS.

Tivo lugar unha  reunión co asesor do plan dixital José Antonio Rodríguez Pérez o luns 15 de xaneiro de 2024.

3º Trimestre

Tivo lugar reunión de traballo cos profesores de proxecto competencial implicados e o equipo responsable das TICS.

Tivo lugar unha  reunión co asesor do plan dixital José Antonio Rodríguez Pérez o luns 13 de maio de 2024.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

O documento foi útil para acadar os obxectivos alomenos en parte.  Contribuiu a mellorar  a competencia dixital docente e do alumnado. A revisión trimestral permitiu acadar os obxectivos de forma pausada. O equipo integrante do Plan traballou plenamente  de forma colaborativa favorecendo a consecución dos obxectivos. 

Proposta de mellora

No vindeiro curso intentarase afianzar a competencia dixital do alumnado co establecemento de novos proxectos competenciais na ESO. 

Tense previsto fomentar o uso de distintos dispositivos relacionados cos polos creativos, dado que estes requiren tratamento dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será difundido entre toda a comunidade educativa a través da páxina web do centro.