Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Breve xustificación  do Plan Dixital en relación á normativa vixente.

Para a elaboración do Plan Dixital, seguiuse a seguinte normativa vixente:

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

 “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Na normativa de desenvolvemento do anterior Decreto, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

2. Contextualización do Plan Dixital no centro e contribución ao Proxecto Educativo.

O Plan Dixital contribuirá, sen dúbida, a facilitar o desenvolvemento do Proxecto Educativo da Escola porque vai mellorar os recursos materiais así como a capacidade da comunidade educativa para conñecer e empregar axeitadamente os medios tecnolóxicos dispoñibles a fin de que estes servan de axuda na vida das persoas.

3. Proceso de elaboración.

A elaboración do presente Plan Dixital foi realizado pola mestra responsable da escola e única componente do Equipo de Dinamización do Plan Dixital, Carmen Rodríguez López, contando coa asesoría do equipo Adix Vilagarcía 2.

A fase de recollida de información comenzou coa aplicación da enquisa SELFIE, e test TCDD, que nos aportaron os datos de estudo para a seguinte fase.

A fase de reflexión e análise coa aplicación da matriz DAFO para detectar as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades da situación actual do centro.

E rematamos coa elaboración dun Plan de Acción para aplicar os vindeiros cursos, deseñando as liñas de traballo en base a uns obxectivos que foron reflexionados dos datos e traballo das anteriores ferramentas. Todos estos puntos refléxanse neste actual Plan Dixital para a EEI de Curro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

1. SELFIE
    A través da web oficial da Unión Europea, empregouse esta aplicación de diagnose de persoal docente e alumnado. A través do rexistro nesta páxina, ademais das cuestións predeterminadas, incluíronse preguntas xerais e concretas para o centro.

2. TEST CDD

A través da aplicación FProfe desenvolveuse entre a comunidade docente unha enquisa do nivel de competencia dixital do profesorado.

3. OUTRAS FONTES

Análise cuantitativo e cualitativo do centro, matríz dos tres porqués e CANVA co equipo TICs e Claustro de profesorado.

Interno
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Sobreexposición do alumnado á tecnoloxía. Alumnado Non
Debilidade Uso arbitrario de recursos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Uso arbitrario de recursos dixitais. Familias Non
Debilidade Asesoramento dixital e asistencia técnica Infraestruturas Non
Debilidade Non existen recursos suficientes ou específicos no centro. Infraestruturas Non
Debilidade Escaseza de coñecemento de plans de traballo doutros centros ou organismos. Oferta Non
Debilidade Complexidade da realidade educativa. Oferta Non
Debilidade Pouca difusión de recursos e traballos. Inmensidade de recursos dixitais. Oferta Non
Debilidade Falta de comunicación, por falta de tempos, para establecer criterios comúns dentro do centro. Organización de centro Non
Debilidade Falta de información e plans de desenvolvemento dixital. Organización de centro Si
Debilidade Falta de tempo no horario persoal. Persoal docente Non
Debilidade Falta de motivación e formación do profesorado no campo dixital. Persoal docente Non
Debilidade Dificultades e medos a protección de datos e seguridade no traballo dixital. Persoal docente Non
Debilidade Pouca experiencia e funcionalidade da autoalaviación dixital. Persoal docente Non
Debilidade Pouca confianza ou seguridade na utilización do software libre e aplicacións corporativas. Persoal docente Non
Debilidade Sobrecarga de proxectos de centro que limitan o tempo específico para este tipo de traballo. Persoal docente Non
Debilidade Falta de continuidade do profesorado, equipos cambiantes. Persoal docente Non
Debilidade Medo ao dixital, protección de datos, seguridade, pegada dixital... Persoal docente Non
Debilidade Dependencia do traballo dixital centralizado nunha persoa sen formación específica no tema. Persoal docente Non
Debilidade Necesidade de formación en alfabetización informacional, lectura hipertextual, traballo e análise de contidos multimedia, noticias falsas... Persoal docente Non
Debilidade Dificultade para dar apoio ao profesorado no desenvolvemento de metodoloxías que impulsen o traballo dixital. Persoal docente Non
Fortaleza Implicación e motivación do alumnado durante o traballo dixital, gamificación... Alumnado Non
Fortaleza Promover as competencias do alumnado completando a formación do noso alumnado. Alumnado Non
Fortaleza Sensibilización das familias sobre o traballo e acceso ao dixital e a pegada dixital. Familias Non
Fortaleza Conectividade á rede Infraestruturas Non
Fortaleza Novas metodoloxías de traballo na aula. Oferta Non
Fortaleza Potenciación e facilitación do acceso á información e consulta. Oferta Non
Fortaleza As ferramentas dixitais complementan a aprendizaxe. Oferta Non
Fortaleza Da coherencia e completa o plan educativo do centro. Organización de centro Non
Fortaleza Difusión do Plan Dixital a toda a comunidade. Organización de centro Non
Fortaleza Liñas e proxectos de mellora que se poden aplicar e impulsar no centro. Organización de centro Non
Fortaleza Existencia de multitude de propostas lúdicas que fomentan a competencia dixital. Persoal docente Non
Fortaleza Liñas de traballo e metodoloxías que orientan da práctica e traballo en Alfabetización dixital. Persoal docente Non
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Pouca tradición nos modelos educativos precedentes. Administración educativa Non
Ameaza Burocracia en constante cambio e excesiva. Administración educativa Non
Ameaza Poucos apoios da comunidade educativa para impulsar este cambio. Administración educativa Non
Ameaza Intentar implementar as tecnoloxías en idades temperás que non fomentan unha verdadeira capacidade dixital. Administración educativa Si
Ameaza Exceso de recursos dixitais. Contorna Non
Ameaza Brecha dixital e capacidade económica ou de acceso a conexión e recursos das familias. Contorna Non
Ameaza Pode converterse nun documento valeiro do centro. Lexislación Non
Ameaza Cambios normativos constantes. Lexislación Non
Ameaza Sobreexposición ao mundo dixital. Lexislación Non
Ameaza Imposición do traballo dixital. Lexislación Non
Ameaza Moitos recursos dependen de empresas privadas que buscan conseguir datos e información dixital. Outras Non
Ameaza Prezo elevado de licenzas de programas específicos. Outras Non
Ameaza Emprego da Intelixencia Artificial que limita a capacidade crítica. Outras Non
Oportunidade Facilitación de novas modalidades de ensinanza (presencial, semipresencial, a distancia ou mixta). Administración educativa Non
Oportunidade Inversión e institucións que fomentan contidos seguros. Administración educativa Non
Oportunidade Creación dun marco de traballo encamiñado a potenciar a competencia dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Traballo cooperativo e acceso a diferentes experiencias dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade Acceso a información de organizacións e organismos da comunidade educativa próximos. Contorna Non
Oportunidade Creación e acceso a repositorios de contidos cada vez máis variados. Contorna Non
Oportunidade Posibilidade de colaborar con centros e organizacións. Contorna Non
Oportunidade Exportar a educación ao tempo libre do alumnado mediante a investigación, gamificación... Contorna Non
Oportunidade Motivación do alumnado e difusión do traballo do alumnado ao exterior, sacar da aula á sociedade. Contorna Non
Oportunidade Curiosidade que xera o traballo multimedia, dixital, gamificación... Contorna Non
Oportunidade Compromiso por unha formación integral do alumnado. Lexislación Non
Oportunidade Está en auxe. Outras Non
Oportunidade Concursos e promoción de actividades e eventos que fomentan o traballo dixital. Outras Non
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez feita a análise dos datos obtidos mediante SELFIE, Test CDD e analizada a realidade da escola infantil plásmase na matriz DAFO que aquí aparece. Resaltan unha serie de consideracións que deberán ser tidas en conta á hora de deseñar os obxectivos e liñas de acción. 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Empregar a aplicación MobilAbalar para a comunicación coas familias
02PD Compartir experiencias de aprendizaxe mediante unha ferramenta de comunicación e encontro virtual con outras escolas unitarias da contorna.
03PD Ampliar a competencia dixital do profesorado.

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

Realizáronse parcialmente os obxectivos, quedando pendente de concretar liñas de acción no obxectivo n2.

2º Trimestre

A coordinadora do PD (única mestra do centro, titora e responsable da escola) atópase de baixa por enfermidade. Non se realizan tarefas nin accións do PD. Non se contempla a substitución da mestra nesta e noutras moitas funcións.

3º Trimestre

Completáronse o obxectivo n1 e o n3.

O obxectivo n2 non se acadou, principlamente por non dispor de recursos humáns que neste tipo de escolas (escolas unitarias) nos permitan realizar actividades desta índole. Tendo en conta que na maioría do horario lectivo a mestra titora se atopa soa co alumnado na única aula existente/habilitada e usable non é factible a preparación dos medios, dos materiais, nin sequera do desenvolvemento da propia sesión e moito menos cando se pretende gravar, calquera actividade... Se a maiores nos atopamos con alumnado discapacitado, como é o meu caso... esta empresa é simplemente unha utopía e remata sendo unha desfeita calquera intento de poñela en pé.

É importante deixar reflexada a dificultade coa que nos atopamos as mestras destas escolas para levar a cabo tanta tarefa burocática, sen unha mínima axuda e moitas veces con alumando discapacitado que precisan atención especializada e deseño de actividades específicas. Nestas condicións non se cumpren horarios.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Ter un Plan Dixital, lóxicamente axuda a reflexionar sobre cuestións que doutra maneira non recibirían tanta atención e sobre todo nunha escola coma esta, onde as necesidades son abundantes e resulta necesario priorizar.

Proposta de mellora

Paréceme moi importante continuar coa formación do profesorado, mais tendo en conta que nesta escola a única mestra son eu, e que o vindeiro curso non estarei, por concurso de traslados, deixaremos esta cuestión a decisión da mestra que me suceda.

Importante a ter en conta, que moitos posibles obxectivos van estar condicionados polo tipo de alumnado (grupo/clase) que teñamos ese curso na escola e que esta é unha circunstancia que na unitaria pode cambiar exponencialmente cada setembro ou incluso primeiro trimestre tendo en conta que recibimos alumnado novo e descoñecido cada curso.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será aprobado en Consello Escolar, pasará a formar parte da documentación de centro e sera difundido por Abalar Mobil e na paxina web do centro e a través do seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36015381