Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan Dixital de Centro enténdese como un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino e aprendizaxe como no resto de procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado. Por esta razón, é fundamental dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de modo que se convirta nun proxecto compartido por tódolos membros da comunidade educativa, que de coherencia e guíe o uso das tecnoloxías. Polo tanto, o Plan Dixital (PD) será un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo do centro (PE) e da Programación Xeral Anual (PXA). Estes tres documentos (PD, PE e PXA) deben estar en total consonancia e ser complementarios.

Dende fai uns anos, a través do Plan TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), a nosa escola está tratando de impulsar o uso das TIC co fin de levar a cabo unha alfabetización dixital dos nenos e das nenas.

Así mesmo, no curso 2021-2022, comenzamos a participar nos Plans e Programas ofertados pola Consellería, concretamente no Plan Proxecta+, co fin de facer fronte aos retos de caráter global como a igualdade de xénero, a competencia dixital, o recoñecemento dos dereitos da infancia, a promoción da saúde, a educación intercultural ou a transición ecolóxica.

Como xa comentamos anteriormente, o Plan Dixital está estreitamente relacionado cos obxectivos recollidos no Proxecto Educativo do noso centro e na Programación Xeral Anual. Con respecto a esta última, e tendo en conta a existencia dun Plan para a introdución das T.I.C no centro, que marca unha serie de obxectivos e actuacións ó respecto, a continuación indícase a forma en que se concretará a posta en práctica na aula do PD durante o curso académico 2023-2024. Se nunha primeira fase o obxectivo fundamental será que os nenos e nenas aprendan as habilidades básicas para utilizar estes medios (cámara de fotos, encerado dixital, panel de luz, tableta, panel dixital, etc ); nunha segunda fase o máis importante será aprender destes medios (mediante a utilización de programas, recursos e páxinas web específicas) e aprender con estes medios, xa que os utilizaremos como ferramenta para realizar determinadas tarefas escolares como escribir cartas, buscar información, colorear debuxos, traballar conceptos básicos, etc. Ademais, as TIC vannos servir como recurso para fomentar a comunicación e participación das familias e con outros centros (a través do correo electrónico, redes sociais, páxina web, videoconferencias, etc.).

Tendo todo isto en conta, co Plan Dixital do noso centro, pretendemos:

- Avaliar a situación do noso centro educativo con relación ao uso das TIC nos distintos elementos clave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes, para poder, a continuación, deseñar e emprender un proceso de transformación no noso centro.

- Recoñecer o Plan Dixital de Centro como un recurso clave para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa.

- Transformar o centro educativo nunha organización dixitalmente competente.

Por último, a continuación recóllense as referencias lexislativas que se tiveron en conta para a realización do Plan Dixital:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
• Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa
educativa.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Escasa competencia por parte do alumnado de infantil para a resolución de problemas técnicos dos dispositivos dixitais. Alumnado Si
Debilidade Existencia de familias que non teñen acceso a equipos informáticos. Familias Si
Debilidade Software desactualizado. Infraestruturas Si
Debilidade Problemas técnicos moi frecuentes (fallos de acceso á rede, lentitude dos equipos informáticos, etc.) Infraestruturas Si
Debilidade Escaso equipamento informático para o alumnado; non teñen acceso a un ordenador nin a unha impresora. Infraestruturas Si
Debilidade Equipamento informático bastante deteriorado e antigo. Infraestruturas Si
Debilidade O centro non ten fotocopiadora. Infraestruturas Si
Debilidade Documentación do centro sen actualizar. Organización de centro Non
Debilidade Falta de dispoñibilidade horaria para reunirse, organizar, planificar, etc. Organización de centro Si
Debilidade Persoal de apoio e especialista sen destino definitivo no centro. Persoal docente Si
Debilidade Exceso de burocracia que resta tempo para realizar reunións, actividades de coordinación e planificación, etc. Persoal docente Si
Debilidade Escasa formación do profesorado que traballa no centro en novas tecnoloxías. Persoal docente Si
Debilidade Escaseza de recursos humanos: na escola a mestra responsable do centro é a única encargada de realizar tanto as actividades docentes, como as de carácter burocrático (elaboración de plans, programas, programacións, actividades de carácter administrativo (admisión do alumnado, matrícula, realización de contas, etc.) o cal limita moito o tempo que pode adicarlle ao desenvolvemento do Plan Dixital. Persoal docente Si
Fortaleza Alumnado moi motivado con respecto ao uso das TIC na aula. Alumnado Si
Fortaleza Ao tratarse dunha unitaria na que conviven nenos e nenas de diferentes idades existe diversidade de competencia dixital, polo que pode empregarse a titoría entre iguais. Alumnado Si
Fortaleza Alta implicación das familias na vida do centro. Familias Si
Fortaleza Existencia de familias con coñecementos informáticos. Familias Non
Fortaleza Acceso a internet. Infraestruturas Si
Fortaleza Existencia de recursos para o profesorado: ordenadores e impresora para uso do profesorado. Infraestruturas Si
Fortaleza Existencia de recursos para o alumnado: pizarra dixital nunha das aulas, panel de luz, autofalante, radio CD. Infraestruturas Si
Fortaleza Posibilidade de solicitar novo equipamento informático ao servizo de inspección educativa. Infraestruturas Si
Fortaleza Posibilidade de contactar coa Unidade de Atención a Centros (UAC) Infraestruturas Si
Fortaleza Metodoloxías activas. Oferta Si
Fortaleza Aprendizaxe baseada en proxectos. Oferta Si
Fortaleza Centro pequeno. Organización de centro Si
Fortaleza Posibilidade de crear espazos específicos para o uso das TIC. Organización de centro Si
Fortaleza Existencia de estratexias de comunicación con outros centros educativos. Organización de centro Si
Fortaleza Posibilidade de crear espazos para compartir recursos educativos dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza Responsable do centro implicada e disposta a realizar cambios na escola en canto a metodoloxía, organización do centro, xestión de recursos, etc. Persoal docente Si
Fortaleza Concienciación por parte do profesorado da importancia do uso das TIC e da Realización dun Plan Dixital de centro real e práctico. Persoal docente Si
Fortaleza Responsable de centro con destino definitivo. Persoal docente Non
Fortaleza Elevada experiencia docente. Persoal docente Si
Fortaleza Equipo docente unido e comprometido co ensino. Persoal docente Si
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Recursos limitados por parte da ANPA. ANPA Si
Ameaza Perda de alumnado por despoboación no ámbito rural. Contorna Non
Ameaza Descoñecemento da normativa por parte da comunidade educativa Lexislación Si
Ameaza Recursos limitados por parte do Concello. Outras Si
Oportunidade Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Administración educativa Si
Oportunidade Participación do centro en plans, proxectos e programas de formación ofertados pola Consellería de Educación. Administración educativa Si
Oportunidade Achegas económicas que recibe o centro. Administración educativa Non
Oportunidade ANPA moi implicada coas actividades que se realizan na escola e moi colaboradora. ANPA Si
Oportunidade Nivel sociocultural das familias medio-alto. Contorna Si
Oportunidade Imaxe positiva do centro. Contorna Non
Oportunidade Normativa sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Lexislación Si
Oportunidade Protección de datos. Lexislación Si
Oportunidade Posibilidade de contactar con empresas, organizacións, asociacións e institucións da zona. Outras Si
Oportunidade Moi boa relación e comunicación co Concello. Outras Si
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o TEST CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto cunha reflexión do conxunto do Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS a nivel externo que aparecen recollidas na presente ANÁLISE DAFO.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD MELLORAR A INFRAESTRUTURA DIXITAL DO CENTRO
O010PD FAVORECER O INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS, NO CONTEXTO DA TRANSFORMACIÓN DIXITAL DOS CENTROS, TANTO ENTRE O PROFESORADO DO PROPIO CENTRO COMA DOUTROS CENTROS DE SIMILARES CARACTERÍSTICAS.
O02PD INTRODUCIR RECURSOS DIXITAIS NA ACTIVIDADE DIARIA DA AULA PARA LEVAR A CABO AS DISTINTAS RUTINAS AO LONGO DA XORNADA.
O03PD AUMENTAR O EQUIPAMENTO INFORMÁTICO DO CENTRO.
O04PD ACTUALIZAR O SOFTWARE DOS DISPOSITIVOS TECNOLÓXICOS DO CENTRO.
O05PD PROMOVER A FORMACIÓN DO PROFESORADO RESPECTO AO COÑECEMENTO E CREACIÓN DE RECURSOS DIXITAIS.
O06PD CREAR RECURSOS DIXITAIS PARA EMPREGAR NA PRÁCTICA DOCENTE NA ETAPA DE ED. INFANTIL
O07PD IMPLICAR ÁS FAMILIAS E AO CONCELLO NA REALIZACIÓN DE OBRADOIROS QUE SUPOÑAN O USO DE FERRAMENTAS DIXITAIS
O08PD PROMOVER A COMUNICACIÓN ENTRE O PROFESORADO E AS FAMILIAS MEDIANTE O USO DA FERRAMENTA ABALARPRO
O09PD EMPREGAR REGULARMENTE A AULA VIRTUAL E A PÁXINA WEB DO CENTRO.

Seguimento

Procedemento

A través da observación dos obxectivos formulados no PD procurarase levar a cabo o plan co maior éxito posible.

1º Trimestre

Non se atoparon atrancos no primeiro trimestre e as accións previstas foron acadadas.

2º Trimestre

Non se atoparon atrancos no segundo trimestre e as accións previstas foron acadadas.

3º Trimestre

Houbo varias incidencias relacionadas coa conexión de rede e o funcionamento de equipos informáticos (PDI). Algúns foron resoltos (conexión a internet), pero outros aínda están pendentes de arranxar (PDI).

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Como tódolos Plans do Centro, o Plan Dixital someterase a un proceso de avaliación co fin de introducir as modificacións ou melloras necesarias para a consecución dos obxectivos.

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano (ao finalizar cada curso escolar). Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Para a avaliación do Plan Dixital empregaremos como instrumento as táboas para cada obxectivo que aparecen no Plan de Acción do Plan Dixital do Centro.

Valoración xeral

En xeral, acadáronse a maioría dos obxectivos propostos para o curso, pero quedaron pendentes algunhas accións previstas. De cara ao vindeiro curso recoméndase incluír novamente no Plan Dixital as accións que non se desenvolveron durante este curso co fin de acadar os obxectivos propostos.

Proposta de mellora

Como propostas de mellora recoméndase que para o vindeiro curso a mestra responsable do centro dispoña de polo menos 1 sesión semanal adicada ao desenvolvemento do Plan Dixital, co fin de que se poidan poñer en marcha tódalas accións previstas que permitan o logro dos obxectivos marcados.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Centro publicitará e difundirá o seu Plan Dixital entre toda a comunidade educativa a través de diferentes medios: envío do enlace do Plan Dixital da nosa escola por correo electrónico ás familias, envío do enlace do Plan Dixital aos diferentes membros do Consello Escolar e publicación do Plan na páxina web do centro.

A URL do noso Plan Dixital é a seguinte: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36015214