Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos do Centro

Etapas educativas:  Educación Primaria e Educación infantil
Alumnado: 44 alumnos/as de Educación Infantil, 90 alumnas/os de Educación Primaria,                                                                                                Profesorado:17 mestres/as

1.2. Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro.
Polo seu emprazamento entre Vigo e Redondela vila as parroquias circundantes funcionan na actualidade como unha área moi dependente de Vigo, de feito parte de Vilar pertence á zona industrial de Vigo. Nas actividasdes industriais relacionadas coa pesca (estaleiros e conserveiras), destaca Vilar polo apreciable número de persoas que se adican a este ramo en Redondela.
Onde se rexistra unha grande porcentaxe do sector agrario é en Cabeiro, e cabe subliñar o predominio do traballo feminino nesta actividade.
En canto á oferta social, cultural e deportiva da contorna hai varias casas culturais (algunhas con biblioteca) onde se organizan charlas, excursións, clases de baile...Tamén hai varias instalacións deportivas, equipos de fútbol, petanca...
• Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa,...

  • Plan de Potenciación da lingua galega por exemplo potenciando o uso do galego nas relacións que se establece na comunidade educativa (abalarMóbil) ou incorporando o uso do galego ás novas tecnoloxías, tanto na elaboración e produción de novos materiais como na promoción, difusión e uso dos xa elaborados, poñendo especial atención na utilización da lingua galega na web do centro, así como os blogs que a conforman.
  • Participación en programas ou proxectos de innovación educativa, por exemplo co PLAMBE ó crear fondos de recursos materiais dixitais, empregando os scornabots as impresoras 3d...
  • Proxecto de vida activa e deportiva ó dinamizar o profesorado o proxecto a través da continuación do blogue deportivo de centro, incluíndo todas actividades lúdico- deportivas subidas con anterioridade á paxina web, incorporar as novas propostas e difundir información sobre vida activa e saudable.
  • Proxecto de educación patrimonial eTwining-: xa que entre os seus obxectivos para o alumnado está o de reforzar a competencia dixital e para o profesorado o de promover a utilización das ferramentas TIC. Ademais no 3º trimestre: elaboraranse materiais dixitais que se intercambiarán co alumnado dos colexios socios e tamén do mesmo centro.
  • Proxecto Edixgal, Abalar e Plan de introducción das tecnoloxías da información e da comunicación (Estratexia dixital): pois entre os seus obxectivos está o de elaborar/usar materiais e recursos didácticos de aula. Analizar, reflexionar sobre as prácticas educativas (intercambios e postas en común intercentro) ós que contribúe o PD.
  • Plan para a potenciación e organización das relacións coa comunidade, familia e sociedade xa que entre outras cousas contribúese a favorecer o diálogo entre distintos sectores da comunidade educativa. Pois a través do plan dixital usaránse ferramentas corporativas como abalarpro, abalarMóbil ou abalarbox que favorecen a relación entre profesorado, familias e alumnado.

 Contribución do PDC á Programación Xeral Anual do curso 23/24. Inclusión das concrecións do  Plan Dixital na Programación Xeral Anual do curso 23/24.  Coa implementación do plan dixital contribúese á PXA do curso 23/24 a través da relación que mantén con todos os plans e proxectos citados.

 

1.3. Procedemento de elaboración do PDC:

.-  Curso 21-22. Elaborouse a primeira versión do plan dixital.         

.- Curso 22-23. Implementouse o plan e subiuse a EduCalidade.

.- Curso 23-24. Novos obxectivos e mantemento dos que non se acadaron.

.- Séguese empregando o DAFO que se fixo no 21-22 e a experiencia acumulada nestes dous anos. 

.- Realización de reunións entre o equipo de PDC para chegar a acordos sobre os obxectivos a acadar no plan de acción.

.- Realización de reunións entre Coordinadora Dixital e Asesora do Plan.

 

1.4.Breve xustificación do  Plan Dixital de Centro

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia 
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordanción e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. 
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE: Profesorado, Alumnado, Equipo Directivo. Información para elaborar o PDC

Interno
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1.Escasa participación nas charlas doutras entidades (plan director...) Familias Non
Debilidade 2.Traer o propio dispositivo Familias Non
Debilidade 3.Fenda dixital nalgunhas familias Familias Non
Debilidade 1.Acceso a internet Infraestruturas Non
Debilidade 2.Asistencia técnica (gran cantidade de incidencias a resolver) Infraestruturas Non
Debilidade 3.Tecnoloxías asistenciais (equipamentos obsoletos ou deteriorados) Infraestruturas Non
Debilidade 1.Fenda dixital en parte da comunidade para as novas modalidades de ensino Oferta Non
Debilidade 1.Tecnoloxías asistenciais (gran cantidade de incidenciasen a resolver) Organización de centro Non
Debilidade 2.Traer o propio dispositivo Organización de centro Non
Debilidade 3.Existencia dunha estratexia dixital (pouca participación de parte profesorado) Organización de centro Non
Debilidade 4.Asistencia técnica(necesidade resolución de numerosas incidencias técnicas) Organización de centro Non
Debilidade 2.Avaliación do progreso insuficiente (só participa equipo TIC) Persoal docente Non
Debilidade 1.Tempo para explorar o ensino dixital Persoal docente Non
Debilidade 1.Resolver problemas técnicos Persoal docente Non
Debilidade 2.Traer o propio dispositivo Persoal docente Non
Fortaleza 2.Comportamentop responsable Alumnado Non
Fortaleza 1.Comportamento seguro Alumnado Non
Fortaleza 3.Verificar a calidade da información Alumnado Non
Fortaleza 4.Otorgar recoñecemento ó traballo dos demais Alumnado Non
Fortaleza 1.Recente instalación de rede wifi Infraestruturas Si
Fortaleza 1.Novas modalidades de ensino (uso de aula virtual, videoconferencia...) Oferta Non
Fortaleza 1.Existencia dunha estratexia dixital (proposta edixgal, abalar, plan TIC...) Organización de centro Non
Fortaleza 1.Participación no DPC Persoal docente Non
Fortaleza 4.Recursos educativos abertos Persoal docente Non
Fortaleza 2.Recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza 3.Comunicación coa comunidade eduvativa Persoal docente Non
Fortaleza 5.Adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Non
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.Acceso a internet Administración educativa Si
Ameaza 5.Selfies non adaptados á realidade do centro (primaria e menos de infantil). Administración educativa Si
Ameaza 2.Baixas de persoal sen cubrir Administración educativa Si
Ameaza 3.Nula dotación de equipamento tecnolóxico.Resolución de incidencias. Administración educativa Si
Ameaza 4.Carga burócratica. Administración educativa Si
Ameaza 1.Inestabilidade na súa composición ANPA Si
Ameaza 2.Dificultade de atopar voluintarios/as ANPA Non
Ameaza 1.Existencia dunha marcada fenda dixital nalgunhas familias. Contorna Si
Ameaza 2.Mala conexión en toda a zona Contorna Non
Ameaza 2.Falta de difusión Lexislación Non
Ameaza 1.Cambios continuos Lexislación Non
Oportunidade 1.Estabilidade laboral do persoal docente Administración educativa Si
Oportunidade 1.Aprender a codificar e programar a través de actividades extraescolares ANPA Non
Oportunidade 2.Posibilidade de ofertar actividades de robótica novamente... ANPA Non
Oportunidade 1.Boa colaboración co concello no suministro de equipos Outras Non
Oportunidade 2.Policía Nacional: charlas do plan director sobre seguridade na rede... Outras Non
Oportunidade 3.Asociación Érguete: charlas sobre protección de datos. Outras Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Durante o curso 2023/2024 nos centramos na resolución de incidencias sobre todo de conectividade, e na mellora da competencia dixital do:

* profesorado: formación individual/ formación en grupo de traballo- bibliotecas creativas-, e

* alumnado: introdúcense contidos dixitais nas diferentes materias e cóntase cunha sesión de apoio tics: traballo de contidos dixitais, uso da aula virtual, iniciación a tratamento de textos, presentacións, scratch segundo o curso.

Deste xeito mantemos os obxectivos:

 O01PD  Mellorar a competencia dixital do profesorado/alumnado mediante o aumento do tempo para explorar o ensino dixital. 

O02PD Reducir o número de incidencias e dispoñer de infraestrutura actualizada para todo o alumnado.

e reformulamos  os seguintes obxectivos: 

O03PD  Usar as ferramentas corporativas (AbalarPRO, AbalarBOX...) en lugar doutras ferramentas privadas menos seguras. PANEIS        

O04PD  Aumentar o emprego da Aula Virtual (AV) do centro por parte da Comunidade Educativa para a creación e uso de recursos cara a mellorar a competencia dixital do alumnado.             

O05PD  Integrar e maximizar o uso dos recursos dixitais proporcionados polo proxecto Edixgal, para mellorar a aprendizaxe e a participación do alumnado de 5º de E. Primaria no noso centro.          

O06PD  Crear e implementar recursos dixitais educativos elaborados coas ferramentas proporcionadas a través do Programa de Innovación Educativa de Polos Creativos, para mellorar a competencia dixital do profesorado e do alumnado       

O07PD  Deseño e desenvolvemento de proxectos steam na Biblioteca co polo creativo       

O08PD  Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.

 

Valoracións segundo o Documento DAFO: 

A -Liderado: Equipo Direct. 2,6 
                     Profesorado 3,3

B- Colaboración e redes: Equipo Direct. 2,6                                                                                                                                                                                                                           Profesorado 2,8                                                                                                                                                                                                                             Alumnado 4

C- Infraestruturas e Equipos: Equipo Direct. 2,6                                                                                                                                                                                                                           Profesorado 2,7
                                               Alumnado 4,1 (alumnado Abalar)

D- Desenvolvemento profesional continuo: Equipo Direct. 3,7
                                                                     Profesorado 3,8

E- Pedagoxía Apoio e Recursos: Equipo Direct. 3,4
                                                     Profesorado 3,8

F- Pedagoxía Implementación na aula: Equipo Direct. 2,7
                                                               Profesorado 3,4
                                                               Alumnado 3,8 (alumnado Abalar)

G- Prácticas de avaliación: Equipo Direct. 2,5
                                            Profesorado 2,5

H- Competencias dixitais do alumnado: Equipo Direct. 3,1
                                                                Profesorado 3,3
                                                                Alumnado 4,2 (alumnado abalar)

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a competencia dixital do profesorado/alumnado mediante o aumento do tempo para explorar o ensino dixital.
O02PD Reducir o número de incidencias e dispoñer de infraestrutura actualizada para todo o alumnado.
O03PD Integrar e maximizar o uso do panel dixital na aula, para mellorar a aprendizaxe e a participación do alumnado tanto de E. Infantil coma de E; Primaria
O04PD Aumentar o emprego da Aula Virtual (AV) do centro por parte da Comunidade Educativa para a creación e uso de recursos cara a mellorar a competencia dixital do alumnado.
O05PD Integrar e maximizar o uso dos recursos dixitais proporcionados polo proxecto E-Dixgal, para mellorar a aprendizaxe e a participación do alumnado de 5º de E. Primaria no noso centro.
O06PD Crear e implementar recursos dixitais educativos elaborados coas ferramentas proporcionadas a través do Programa de Innovación Educativa de Polos Creativos, para mellorar a competencia dixital do profesorado e do alumnado
O07PD Deseño e desenvolvemento de proxectos steam na Biblioteca co polo creativo
O08PD Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.

Seguimento

Procedemento

- O equipo de dinamización do Plan Dixital realizará, alomenos, 1 xuntanza ao trimestre  para valorar as evolucións deste plan.

- A persoa mentora ADIX, contactará presencialmente ou por videoconferencia, alomenos, 2 veces por trimestre para analizar xunto coa persoa coordinadora do PDC o desenvolvemento deste proxecto.

- A Coordinadora do PDC terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións segundo se determine polo equipo do Plan Dixital.

1º Trimestre
O01PD: Mellorar a competencia dixital do profesorado/alumnado mediante o aumento do tempo para explorar o ensino dixital.     
 AO1.1:Realizar reunión inicial do equipo directivo para valorar opcións de asignación horaria. Realizada.
AO1.2: Adaptar os horarios do profesorado e do alumnado. Realizada.
AO1.3: Adicar o tempo asignado para explorar o ensino dixital. En proceso ao longo do curso.
O02PD: Reducir o número de incidencias e dispoñer de infraestrutura actualizada para todo o alumnado.
AO2.1: Analizar os equipos do centro para identificar incidencias. Realizada.
AO2.2: Reunirse e valorar os resultados. Realizada.
AO2.3:Instalar APPs precisas, formatear e solicitar novos equipos de ser necesario. En proceso ao longo do curso.
O03.PD: Integrar e maximizar o uso do panel dixital na aula, para mellorar a aprendizaxe e a participación do alumnado tanto de E. Infantil coma de E. Primaria
AO3.1:Reunión e análise para a detección das necesidades do Claustro. Realizada.
AO3.2: Formación nos modos de traballo dos paneis dixitais: Función de PC/Función de taboleiro dixital. Búsqueda de relator. Realizada.
AO3.3: Formación na app Consello: Uso das ferramentas incluídas no panel dixital na "función pantalla". Realizada.
AO3.4: Fomación no panel dixital: manexo de webcam, teclado e funcionamento con conexión a dispositivos externos.Realizada.
AO3.5: Familiarizarse coa Maqueta Abalar. En proceso ao longo do curso.
O04PD: Aumentar o emprego da Aula Virtual (AV) do centro por parte da Comunidade Educativa para a creación e uso de recursos cara a mellorar a competencia dixital do alumnado.
AO4.2:Planificación de Recursos Dixitais: Planificar unha serie de recursos dixitais que se usarán e/ou crearán utilizando a Aula Virtual por parte dos profesores. En proceso ao longo do curso.
AO4.3: Creación de Recursos Dixitais: Crear os recursos dixitais planificados na Aula Virtual por parte do profesorado. En proceso ao longo do curso.
AO4.5: Implementación dos Recursos Dixitais: Implementar os recursos dixitais creados na Aula Virtual nas súas prácticas de ensino e aprendizaxe. En proceso ao longo do curso.
O05PD: Integrar e maximizar o uso dos recursos dixitais proporcionados polo proxecto E-Dixgal, para mellorar a aprendizaxe e a participación do alumnado de 5º de E. Primaria no noso centro.
AO5.1:Formación en E-Dixgal: Acceder á plataforma E-Dixgal e explorar os diversos recursos e ferramentas dispoñibles (se fose o caso). Realizada.
AO5.2: Planificación de actividades de aprendizaxe: Identificar os recursos dixitais de E-Dixgal máis útiles para incorporar ao plan de leccións. En proceso ao longo do curso.
AO5.3: Implementación das actividades de aprendizaxe: Implementar o plan de leccións na aula, asegurándose de que o alumnado teñan acceso aos recursos dixitais necesarios. En proceso ao longo do curso.
O06PD: Crear e implementar recursos dixitais educativos elaborados coas ferramentas proporcionadas a través do Programa de Innovación Educativa de Polos Creativos, para mellorar a competencia dixital do profesorado e do alumnado.
AO6.1:Formación do profesorado: Realizar formación sobre as ferramentas dos Polos Creativos (se fose necesario). A coordinadora de Polos Creativos do centro xa recibiu formación en Polos. O resto do equipo docente aínda está á espera do que decida o CFR.
O07PD: Deseño e desenvolvemento de proxectos steam na Biblioteca co polo creativo
AO7.1: Reunión e análise para a detección das necesidades. Realizada.
AO7.2: Inscrición nunha liña de Seminario axeitada ás necesidades. Realizada.
O08PD: Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.
AO8.1 Inventario de Equipamento Dixital: Manter actualizado e/ou inventariar e avaliar o estado do equipamento dixital do centro. Realizada reunión para tratar do equipamento dixital.
AO8.2: Creación de Inventario Dixital: Realizar unha táboa na que se recolla algúns datos relevantes dos equipos a revisar: Modelo, marca, número de serie, ano, espazo, situación..., que posteriormente será necesaria para incluír na aplicación INVENTARIO. Realizada a táboa
AO8.3 Avaliación de Espazos Tecnolóxicos: Manter actualizado e/ou inventariar e avaliar os espazos do centro destinados a equipamento tecnolóxico. En proceso ao longo do curso.

 

2º Trimestre

O01PD: Mellorar a competencia dixital do profesorado/alumnado mediante o aumento do tempo para explorar o ensino dixital.

AO1.3: Adicar o tempo asignado para explorar o ensino dixital. En proceso ao longo do curso.

AO1.4: Valorar a través de rúbricas o grado de cumprimento do obxectivo. Ao final do curso.

O02PD: Reducir o número de incidencias e dispoñer de infraestrutura actualizada para todo o alumnado.

AO2.3:Instalar APPs precisas, formatear e solicitar novos equipos de ser necesario. En proceso ao longo do curso.

AO2.4: Valorar se se reduce o número de incidencias a través de rúbricas. Ao final do curso.

O03.PD: Integrar e maximizar o uso do panel dixital na aula, para mellorar a aprendizaxe e a participación do alumnado tanto de E. Infantil coma de E. Primaria

AO3.5: Familiarizarse coa Maqueta Abalar. En proceso ao longo do curso.

AO3.6: Avaliación continua: Realizar avaliacións continuas para medir a efectividade do uso das ferramentas do panel dixital por parte do profesorado na aprendizaxe do alumnado. Ao final do curso.

O04PD: Aumentar o emprego da Aula Virtual (AV) do centro por parte da Comunidade Educativa para a creación e uso de recursos cara a mellorar a competencia dixital do alumnado.

AO4.1: Formación na Aula Virtual. Recibir formación no uso da AV para a creación de recursos dixitais por parte dos profesores e o resto da Comunidade Educativa (se fose necesario). Realizada formación interna.

AO4.2: Planificación de Recursos Dixitais: Planificar unha serie de recursos dixitais que se usarán e/ou crearán utilizando a Aula Virtual por parte dos profesores. En proceso ao longo do curso.

AO4.3: Creación de Recursos Dixitais: Crear os recursos dixitais planificados na Aula Virtual por parte do profesorado. En proceso ao longo do curso.

AO4.4: Avaliación Continua: Realizar avaliacións continuas para medir a efectividade dos recusos por parte dos profesores. Realizada ao longo do curso cada trimestre.

AO4.5: Implementación dos Recursos Dixitais: Implementar os recursos dixitais creados na Aula Virtual nas súas prácticas de ensino e aprendizaxe. En proceso ao longo do curso.

AO4.6: Proporcionar retroalimentación sobre os recursos dixitais e realizar melloras continuas baseadas nesta retroalimentación por parte do profesorado e o resto da Comunidade Educativa. Realizada ao longo do curso cada trimestre.

O05PD: Integrar e maximizar o uso dos recursos dixitais proporcionados polo proxecto E-Dixgal, para mellorar a aprendizaxe e a participación do alumnado de 5º de E. Primaria no noso centro.

AO5.2: Planificación de actividades de aprendizaxe: Identificar os recursos dixitais de E-Dixgal máis útiles para incorporar ao plan de leccións. En proceso ao longo do curso.

AO5.3: Implementación das actividades de aprendizaxe: Implementar o plan de leccións na aula, asegurándose de que o alumnado teñan acceso aos recursos dixitais necesarios. En proceso ao longo do curso.

AO5.4: Avaliación continua: Realizar avaliacións regulares para medir a efectividade das actividades de aprendizaxe. Realizada a nivel titorial.

O06PD: Crear e implementar recursos dixitais educativos elaborados coas ferramentas proporcionadas a través do Programa de Innovación Educativa de Polos Creativos, para mellorar a competencia dixital do profesorado e do alumnado.

AO6.1: Formación do profesorado: Realizar formación sobre as ferramentas dos Polos Creativos (se fose necesario). A coordinadora de Polos Creativos do centro xa recibiu formación en Polos. O resto do equipo docente aínda está á espera do que decida o CFR. Realizada pola coordinadora.

AO6.2: Creación de recursos: Elaborar actividades prácticas ou recursos dixitais educativos realizados coas ferramentas que nos indiquen nas formacións. En proceso ao longo do curso.

O07PD: Deseño e desenvolvemento de proxectos STEAM na Biblioteca co polo creativo

AO7.3: Contactar co CFR para buscar relatores. Realizada.

AO7.4: Desenvolvemento do proxecto steam: Traballo de varias materias integradas. En proceso ao longo do curso.

O08PD: Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.

AO8.3 Avaliación de Espazos Tecnolóxicos: Manter actualizado e/ou inventariar e avaliar os espazos do centro destinados a equipamento tecnolóxico. En proceso ao longo do curso.

3º Trimestre

O01PD: Mellorar a competencia dixital do profesorado/alumnado mediante o aumento do tempo para explorar o ensino dixital.

AO1.3: Adicar o tempo asignado para explorar o ensino dixital. En xeral o profesorado adicou tempo a cumprir este obxectivo pero viuse condicionado polas numerosas incidencias eléctricas, de conectividades, de equipos... xurdidas ao longo do curso.

AO1.4: Valorar a través de rúbricas o grado de cumprimento do obxectivo. As acción 1.1 e 1.2 cúmprense ao 100% , á acción 1.3 ao 50%

 

O02PD: Reducir o número de incidencias e dispoñer de infraestrutura actualizada para todo o alumnado.

AO2.3:Instalar APPs precisas, formatear e solicitar novos equipos de ser necesario.

Chegan ao centro 2 equipos novos e se solicita a substitución do Equipo de Orientación, así como a resolución de numerosas incidencias.

AO2.4: Valorar se se reduce o número de incidencias a través de rúbricas. O nº de incidencias non se reduciu en canto á conectividade, ao contrario ao longo do curso se deterioraron varios equipos (disco duro, fonte de alimentación,…), canóns, switch, respaldo de datos, say)

O03.PD: Integrar e maximizar o uso do panel dixital na aula, para mellorar a aprendizaxe e a participación do alumnado tanto de E. Infantil coma de E. Primaria

AO3.5: Familiarizarse coa Maqueta Abalar. Tanto alumnado coma profesorado progresou no uso da maqueta abalar.

AO3.6: Avaliación continua: Realizar avaliacións continuas para medir a efectividade do uso das ferramentas do panel dixital por parte do profesorado na aprendizaxe do alumnado. En xeral, usáronse os libros dixitais, a ferramenta Consello, Libre office writer, Libre office impress, Kolour Paint, Audacity, Openshot

O04PD: Aumentar o emprego da Aula Virtual (AV) do centro por parte da Comunidade Educativa para a creación e uso de recursos cara a mellorar a competencia dixital do alumnado.

AO4.1: Formación na Aula Virtual. Recibir formación no uso da AV para a creación de recursos dixitais por parte dos profesores e o resto da Comunidade Educativa (se fose necesario).Realízase unha resolución de dúbidas no día a día entre profesorado- Coordinadora Tics.

AO4.2: Planificación de Recursos Dixitais: Planificar unha serie de recursos dixitais que se usarán e/ou crearán utilizando a Aula Virtual por parte dos profesores. Os recursos planifícanse a partir dos que ofrece a propia aula virtual

AO4.3: Creación de Recursos Dixitais: Crear os recursos dixitais planificados na Aula Virtual por parte do profesorado. Introdúcense recursos externos de Canva/ Genially/Kahoot e Recursos de autoavaliación.

AO4.4: Avaliación Continua: Realizar avaliacións continuas para medir a efectividade dos recursos por parte dos profesores. Realízase por parte do Equipo Docente/Mestre en cada trimestre.

AO4.5:Implementación dos Recursos Dixitais: Implementar os recursos dixitais creados na Aula Virtual nas súas prácticas de ensino e aprendizaxe. Cada mestre fai a valoración da súa implementación.

AO4.6: Proporcionar retroalimentación sobre os recursos dixitais e realizar melloras continuas baseadas nesta retroalimentación por parte do profesorado e o resto da Comunidade Educativa. Cada mestre realiza a valoración da súa retroalimentación.

O05PD: Integrar e maximizar o uso dos recursos dixitais proporcionados polo proxecto E-Dixgal, para mellorar a aprendizaxe e a participación do alumnado de 5º de E. Primaria no noso centro.

AO5.2: Planificación de actividades de aprendizaxe: Identificar os recursos dixitais de E-Dixgal máis útiles para incorporar ao plan de leccións. Realizada ao longo do curso.

AO5.3: Implementación das actividades de aprendizaxe: Implementar o plan de leccións na aula, asegurándose de que o alumnado teñan acceso aos recursos dixitais necesarios. Realizada ao longo do curso

AO5.4: Avaliación continua: Realizar avaliacións regulares para medir a efectividade das actividades de aprendizaxe. Realizada a nivel titorial/especialistas

AO5.5 Compartir boas prácticas: Compartir as experiencias e boas prácticas co uso de recursos dixitais en reunións regulares do equipo docente. Compártense cando se contemplan reunións de Equipo Docente.

 

O06PD: Crear e implementar recursos dixitais educativos elaborados coas ferramentas proporcionadas a través do Programa de Innovación Educativa de Polos Creativos, para mellorar a competencia dixital do profesorado e do alumnado.

AO6.1: Formación do profesorado: Realizar formación sobre as ferramentas dos Polos Creativos (se fose necesario). Só recibiu formación a Coordinadora de Polos Creativos.

AO6.2: Creación de recursos: Elaborar actividades prácticas ou recursos dixitais educativos realizados coas ferramentas que nos indiquen nas formacións. Só se realizaron automatismos nunha aula.

AO6.3:Implementación na aula: Implementar na aula os recursos/actividades creados e recoller feedback tanto do alumnado como do profesorado para poder facer axustes e melloras (Rúbrica). Non se implementa ao non recibir o profesorado nin formación nin material.

AO6.4: Avaliación e seguimento: Realizar un seguimento continuo da implementación destes recursos na aula, a través de observación na aula, enquisas aos alumnos e reunións co  profesorado para discutir os progresos e os desafíos.Créase o espazo na Aula virtual pero non se compartiron  nin recursos nin experiencias.

O07PD: Deseño e desenvolvemento de proxectos STEAM na Biblioteca co polo creativo

AO7.4: Desenvolvemento do proxecto steam: Traballo de varias materias integradas.

Desenvólvese: Produción dunha película, gravación de audios, anuncios dobrados e podcast de literatura oral.

AO7.5: Valorar a través de rúbricas o proxecto steam e o desenvolvemento do Seminario.Os obxectivos foron acadados no que a contidos se refire pero se detecta falta de recursos para desenvolver o proxecto.

O08PD: Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO. AO8.3: Avaliación de Espazos ...:Continúa en proceso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A través do PDC propoñemos unha serie de obxectivos que haberá que acadar nun tempo determinado durante o curso 2023/24. 

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos farase do seguinte xeito :
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez no curso. Considerarase a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Farase unha táboa/rúbrica  consensuada no Equipo Dixital para avaliar a consecución dos obxectivos e as accións relacionadas co mesmo e cos indicadores de logro. Finalmente, iniciaremos o proceso de reflexión e poremos por escrito aquelas melloras que nos gustaría propoñer para os obxectivos que o requiran, do seguinte xeito:

a. Que valoración global fai o profesorado da súa aplicación na aula? E o equipo directivo e os membros do equipo do plan dixital?

b. Manterase o obxectivo?

c. Coa súa implantación, convertéronse en novos obxectivos específicos ou derivados da mesma?

d. É necesario engadir actuacións? Quitar? Modificar os existentes?

e. É necesario concretar con máis detalle aspectos relativos aos responsables, temporalización ou avaliación?

f. Tendo en conta o obxectivo proposto, parécenos oportuno presentar outros novos que completen e melloren a experiencia deste primeiro? 

Valoración xeral

Avaliación procesual:

Reunión mes de Setembro: O equipo do Plan Dixital fai unha primeira aproximación aos obxectivos e accións previstas. Comunícase en reunión informativa ao Claustro os puntos máis destacables a traballar solicitando que colaboren na detección de necesidades.

Reunión mes de Outubro: Trátanse os obxectivos do Plan Dixital e se estrutura como se van desenvolver, sobre todo os obxectivos que se refiren á polos creativos e ao proxecto steam

Reunión mes de Novembro: Trabállase sobre as incidencias na infraestrutura, nos equipos e a necesidade de incorporar as tablets / programa educativo. Trátase en reunión informativa de todo o claustro os contidos do Grupo de traballo que se solicita dentro do PFPP.

Reunión mes de Xaneiro: Faise unha primeira avaliación dos obxectivos e accións xa conseguidas no 1º trimestre, así coma dos indicadores.. Obsérvase que resultados son satisfactorios. Se comunica que se realizará a finais do mes  a reunión conxunta coa asesora do PD Nani Lima para subir o seguimento á plataforma.

Reunión mes de febreiro:

- Estrutúrase que planificación se vai seguir para a realización do inventario.

- Trátanse as incidencias que hai no centro e as dificultades para desenvolver o plan.

- Adiántase que se realizará de novo unha reunión con Nani Lima para facer o seguimento a finais do 2º trimestre.

Obsérvase a dificultade para desenvolver o obxectivo 6-

Reunión mes de Maio: Trátase sobre as propostas do 3º Trimestre. Realízase o seu seguimento ata o momento.

Reunión mes de Xuño - Avaliación Final-: Coincide coa última reunión da Avaliación procesual realizada o 18/06/2024. Faise unha análise dos obxectivos, indicadores e grado de consecución valorando a súa continuidade. Obsérvase que non se baixan os valores de partida.

En xeral acadáronse uns obxectivos mínimos, mantendo a porcentaxe indicada nos valores de partida.

Citar con respecto aos obxectivos:

2.- A actualización de equipos se consegue na porcentaxe marcada no PD, pero non só se reduciron o nº de incidencias se non que foron agravadas por circunstancias alleas ao profesorado: sobrecarga por fenómeno meteorolóxico, tarifa non axustada as necesidades do Centro (por parte do Concello), fallos eléctricos constantes na rede, fallos de conectividade…

 5.- Aula Edixgal e 7.- Proxecto steam a falta de dotación de recursos.

6.- Polos creativos: O único material que chegou ao Centro foi un kit de automatismos pouco atractivo para o alumnado, que só se usou na aula de 5º.

Proposta de mellora

Propostas de mellora:

1.- Valorar a necesidade de facer formación sobre as ferramentas do espazo abalar e proxectos steam

2.- Contar cunha dotación de recursos acorde ás necesidades e propostas da Lomloe: recursos que non ofrezan barreiras como a última dotación de portátiles para o alumnado. Son continuos os pantallazos coa mensaxe  “security boot”.

3.- Contar cunha conectividade en todo o centro acorde as necesidades e propostas da Lomloe.

5.- Usar os recursos de scornaboots, robots.. con máis frecuencia, integrándoos na metodoloxía de aula.

6.- Cumprir co obxectivo de dotar aos colexios co material proposto no Programa de Polos Creativos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Darase publicidade e difusión ó plan dixital entre toda a comunidade educativa a través da páxina web do centro, unha vez validado e aprobado polos órganos colexiados competentes.  https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipportocabeiro

A Coordinadora do PDC terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións segundo se determine polo equipo do Plan Dixital

Buscador de plans dixitais en EduCalidade para o curso 23-24:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36007631,