Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro: 

·    Tipo de centro: Público                                            

·    Denominación oficial: CEIP Plurilingüe Vista Alegre      

·    Código do centro: 27015751

·    Provincia: Lugo                          

·    Enderezo: Rúa Mestre Don Camilo S/N

·    Código Postal: 27880

·    Teléfono: 982870116

·    CIF: Q7755086A

·    Dirección de correo electrónico: ceip.vista.alegre@edu.xunta.gal

·    Páxina Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistaalegre/

 

A plantilla do Colexio está formada por 25 profesores/as con destino definitivo, 5 con destino provisional e 1 profesor de relixión, adscritos como segue:

-        8 profesores de E. lnfantil

-        13 profesores de E. Primaria

-        2 especialista en P.T.

-        2 especialista en Inglés.

-        1 especialista de A.L.

-        1 especialista en Ed. Musical.

-        1 especialista de Francés.

-        2 especialista en Ed. Física.

-        1 Orientador

-        1 profesor de Relixión

Actualmente o centro conta con 329 alumn@s.

 

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

O CEIP Plurilingüe Vista Alegre está ubicado na Rúa Mestre Don Camilo s/n en Burela. O Concello de Burela está situado ao norte de Galicia, na provincia de Lugo, cun territorio de 8,2 km². no que se asentan ao redor de 10.000 habitantes. O concello oferta actividades culturais e deportivas nos colexios tanto en horario lectivo como   fóra do mesmo, polas tardes nos centros educativos así como nas distintas instalacións deportivas e culturais que posúe o concello. 

O Concello de Burela  experimentou un crecemento demográfico e económico espectacular nos últimos 25 anos, chamando a atención que a metade das familias dos alumnos do centro levan menos de 20 anos residindo na vila sendo unha gran porcentaxe dos pais de fóra da mesma, e estando a unidade familiar formada unicamente por pais e fillos.O nivel económico que corresponde ás familias do alumnado deste centro podémolo encadrar na clase media, aínda que se empezou a notar con forza a crise económica. 

En relación á diversidade de procedencia das familias dos nosos alumnos (outras zonas de Galicia e de España, Cabo Verde, Perú, Colombia, Brasil, Uruguai,  Rumanía, Bulgaria, Francia, Senegal, Marrocos, Portugal) danos unha grande diversidade de culturas, intereses, razas, lingüísticas, inquedanzas… que, sendo moi enriquecedor, tamén é a orixe de multitude de conflitos,  diversidade de intereses, de actitudes, de aptitudes, de situacións socio-económicas, emocionais... que debemos resolver da forma máis axeitada posible.  Este alumnado supón o 24% do alumnado total matriculado no colexio.

Dende o Proxecto Educativo de centro deféndese a necesidade de introducir ás novas tecnoloxías no día a día da aula. Consecuentemente, o centro conta con dous proxectos de vinculación estreita coas TIC:  E-Dixgal e Radio na Biblio. Co proxecto E-Dixgal o alumnado de 5º e 6º de Educación primaria contan con libros dixitais, potenciando así a súa competencia en habilidades informacionais. A Radio na Biblio unha ferramenta pedagóxica que involucra a toda a comunidade educativa e que é un tamén un medio de difusión e un escaparate do noso centro. Tamén destaca o emprego da nosa Aula Virtual como ferramenta pedagóxica e organizativa de centro.

 

Breve xustificación do mesmo

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.

Seguindo a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, elabórase ao longo deste presente curso, o documento aquí deseñado.

 

Proceso de elaboración

Durante o primeiro trimestre do curso 2021/2022, o centro realizou a análise de situación mediante a ferramenta de autoavaliación SELFIE. No segundo trimestre fixémolo a modo individual grazas ao Test CDD, para así iniciar coa fase de diagnose e o deseño e elaboración do Plan Dixital.

Realizamos o DAFO do centro a finais do segundo trimestre e o Plan de Acción ao comezo do terceiro trimestre, obtendo os obxectivos que marcarán o noso  Plan Dixital. No  último trimestre  do curso 2021/2022, o Plan Dixital será aprobado polo consello escolar, unha vez oído o Claustro.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE (páxina 4 do Informe SELFIE)

Consultar anexo "Autoavaliación SELFIE".

 

Autoavaliación do Test CDD (táboas)

Consultar anexo "Autoavaliación do Test CDD".

 

Interno
105 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - No noso centro non utilizamos a tecnoloxía para traballar en grupo. Alumnado Si
Debilidade O alumnado considera que non atopa toda a información que precisa na páxina web do centro. Alumnado Si
Debilidade - O alumnado recoñece que ten que empregar software de pago para a realización de actividades propostas polo profesorado. Alumnado Si
Debilidade - O alumnado non adica tempo á tecnoloxía fóra do centro con fins de aprendizaxe, só para o ocio e a grande maioría dispón de acceso a dispositivo propio no fogar. Alumnado Si
Debilidade - O alumnado non ten competencia para codificar, programar, en relación ás tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade - O alumnado non ten competencia para a resolución de problemas técnicos dos dispositivos dixitais. Alumnado Si
Debilidade - O alumnado ten poucas habilidades dixitais adquiridas nas diferentes materias. Alumnado Si
Debilidade - O alumnado non participa da autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais. Alumnado Si
Debilidade - No noso centro participo menos cando usamos a tecnoloxía. Alumnado Si
Debilidade - O alumnado sinala non ter ocasión de falar co seu profesorado sobre as vantaxes e desvantaxes de utilizar a tecnoloxía para a aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade - O alumnado non emprega dinámicas para reflexionar sobre o uso da tecnoloxía nin do uso de recursos dixitais. Alumnado Si
Debilidade - Algunhas familias teñen dificultades no emprego das novas tecnoloxías. Familias Si
Debilidade - O noso alumnado non utiliza tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre o seu aprendizaxe. Infraestruturas Si
Debilidade - O Equipo Directivo descoñece a normativa de adquisición de equipamento informático para os centros educativos. Infraestruturas Si
Debilidade - No noso centro non temos un plan para axudar ao profesorado a enfrontar os desafíos que xorden coa aprendizaxe mixta relacionados coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Infraestruturas Si
Debilidade - No noso centro o alumnado con necesidades educativas especiais non ten acceso a tecnoloxías asistenciais. Infraestruturas Si
Debilidade - O noso profesorado non utiliza tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos compañeiros. Infraestruturas Si
Debilidade No noso centro a infraestrutura dixital non respalda o ensino nin a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. No noso centro o alumnado non aprende a crear contidos dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade - No noso centro non hai dispositivos portátiles administrados en propiedade do centro que o alumnado pode levar á casa cando sexa necesario. Infraestruturas Si
Debilidade - No noso centro os espazos físicos non facilitan o ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade - O noso equipo directivo non se asegura de que os alumnos desenrolen actividades dixitais para diferentes materias. Infraestruturas Si
Debilidade - No noso centro non temos medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta relacionadas coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Infraestruturas Si
Debilidade - O centro non permite o uso de equipos dixitais propiedade do alumando. Infraestruturas Si
Debilidade - O profesorado considera que non hai unha boa orientación ou asesoramento interno, visitas de estudio ou programas acreditados no desenvolvemento profesional continuo. Oferta Si
Debilidade - A metade do profesorado considera que o desenvolvemento profesional presencial e a través de redes profesionais non responde ás súas necesidades. Oferta Si
Debilidade - Non hai incorporación das diferentes materias de conceptos como: a verificación da calidade da información, comportamento seguro e responsable do alumnado na internet, etc. Oferta Si
Debilidade - O noso centro non conta cunha estratexia dixital definida. Organización de centro Si
Debilidade - É preciso colaborar máis con outros centros e organizacións para apoiar o uso de tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Debilidade - Non existen espazos para compartir recursos educativos dixitais internamente. Organización de centro Si
Debilidade - Pouca oferta educativa (por exemplo FP). Actuacións da Administración Educativa en relación ao reforzo de recursos persoais. Non axudamos ao profesorado a utilizar tecnoloxías dixitais para fins de avaliación. Outras Si
Debilidade - O profesorado considera que as modalidades de formación organizadas pola Administración Educativa non se axustan ás necesidades formativas do profesorado. Outras Si
Debilidade - A resolución de incidencias é inefectiva externamente. Outras Si
Debilidade - Equipo directivo e profesorado consideran que as empresas coas que se colabora escasamente participan no desenvolvemento da estratexia dixital do centro. Outras Si
Debilidade - Non existen suficientes proxectos externos. Outras Si
Debilidade - A oferta de actividades formativas e as condicións para a participación son escasas. Outras Si
Debilidade - Posible peche de empresas ubicadas na comarca o que suporía perda de alumnado e de partidas económicas. Outras Si
Debilidade - As axudas da ANPA pode limitarse en ocasións aos seus asociados. Outras Si
Debilidade - O noso profesorado non realiza actividades de aprendizaxe dixitais que motivan ao alumnado. Persoal docente Si
Debilidade - Non fomento a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade - No noso centro o persoal docente non avalía os seus progresos en materia de ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais, causado pola escasa formación sobre o proceso de avaliación das TIC e falta de tempo. Persoal docente Si
Debilidade - O equipo directivo non axuda a intercambiar experiencias dentro do centro sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade - O noso profesorado non utiliza tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado. Persoal docente Si
Debilidade - O profesorado considera que non obtén retroalimentación e apoio á hora de manter a seguridade ao empregar a tecnoloxía. Persoal docente Si
Debilidade - O profesorado considera que lle adica pouco tempo á ensinanza dixital e que non se adapta ao uso da mesma. Persoal docente Si
Debilidade - O profesorado non fai un uso activo da aula virtual do centro educativo. Persoal docente Si
Debilidade - Non hai creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade - O profesorado non incorpora tecnoloxías dixitais para a avaliación. Persoal docente Si
Debilidade - O profesorado non emprega dinámicas para reflexionar sobre o uso da tecnoloxía nin do uso de recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade - O persoal docente non conta co tempo suficiente para explorar novos métodos de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais, debido á sobrecarga de traballo durante o horario lectivo, en parte provocada pola falta de profesorado e os labores burocráticos esixidos dende a administración. Persoal docente Si
Debilidade - O noso profesorado non fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade - Non se promocionan innovacións educativas entre o profesorado. O profesorado non participa da autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais. Persoal docente Si
Debilidade - O noso profesorado non facilita que o alumnado utilice tecnoloxías dixitais. . Persoal docente Si
Debilidade - A maioría do profesorado sinala a necesidade de desenvolver PFPP en tecnoloxías dixitais, aínda que a participación nos mesmos depende do nivel de esixencia e intereses persoais, das escasas posibilidades de formación na contorna e o que require a práctica docente. Persoal docente Si
Fortaleza - O alumnado é coñecedor das vantaxes que proporciona o Software Libre. Alumnado Si
Fortaleza - O alumnado considera que pode facer seguimento das súas tarefas a través da Aula Virtual ou de EVA de Edixgal. Alumnado Si
Fortaleza - O alumnado considera que lle chegan ben as notificacións de Abalar a eles ou ás súas familias. Alumnado Si
Fortaleza - O alumnado emprega máis dunha hora ao día ao uso da tecnoloxía no centro e no fogar para tarefas escolares. Alumnado Si
Fortaleza - As familias apoian o uso das tecnoloxías dixitais no centro. Familias Si
Fortaleza No noso centro existen algúns dispositivos dixitais que podo utilizar na miña labor docente. Infraestruturas Si
Fortaleza No noso centro hai dispositivos dixitais que son propiedade do centro ou están xestionados por el e que o alumnado pode utilizar cando os necesite. Infraestruturas Si
Fortaleza - O noso profesorado utiliza tecnoloxías para avaliar as actividades do alumnado. Infraestruturas Si
Fortaleza - O noso profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para facilitar a retroalimentación do alumnado. Infraestruturas Si
Fortaleza - O software instalado nos equipos funciona correctamente. Infraestruturas Si
Fortaleza - A resolución de incidencias é efectiva internamente. Infraestruturas Si
Fortaleza - O Equipo Directivo fomenta a participación en actividades formativas individuais. Oferta Si
Fortaleza - O profesorado considera que o desenvolvemento profesional en liña ou a través de colaboración está ofertado no noso centro educativo. Oferta Si
Fortaleza - O centro non promove a creación conxunta de coñecemento a través da organización dun Plan de Formación en centros do que forma parte. Oferta Si
Fortaleza - O Equipo Directivo considera que o centro só emprega servizos dixitais corporativos para difundir a información do centro. Organización de centro Si
Fortaleza - O Equipo Directivo promove o emprego do software libre no ámbito educativo. Organización de centro Si
Fortaleza - O profesorado considera que o centro difunde a información de interese e facilita o seguimento da actividade académica do alumnado a través de servizos dixitais educativos. Organización de centro Si
Fortaleza - O equipo directivo considera que non se adapta á tecnoloxía. Organización de centro Si
Fortaleza - No noso centro empregamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. Organización de centro Si
Fortaleza - Existen estratexias de comunicación entre as diferentes etapas do centro e con outros centros da contorna e internacionais. Organización de centro Si
Fortaleza - O noso centro leva unha política de protección de datos rigurosa. Organización de centro Si
Fortaleza - O centro participa en proxectos interdisciplinares. Organización de centro Si
Fortaleza - O centro recibe achegas económicas por parte da administración educativa. Outras Si
Fortaleza - A lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo axuda ao noso centro no seu desenvolvemento exitoso. Outras Si
Fortaleza - Existe unha colaboración estreita co Concello. Outras Si
Fortaleza - A lexislación educativa é unha oportunidade para o centro educativo. Outras Si
Fortaleza - Entidades externas como ALCOA ofrecen subvencións para mercar equipamento electrónico para alumnado con NEAE. Outras Si
Fortaleza - A comunicación coa ANPA é continua. Outras Si
Fortaleza - Colabórase con frecuencia con institucións alleas ao centro educativo, aínda que non existe un acordo unánime entre o profesorado (depende do posto de responsabilidade e nivel de esixencia persoal de cada docente). Outras Si
Fortaleza - A nosa ANPA colabora en gran medida co desenvolvemento de actividades no centro. Outras Si
Fortaleza - A relación con persoas que non forman parte da comunidade educativa é boa. Outras Si
Fortaleza - O equipo directivo potencia novas formas de ensinanzas con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza - Utilizo tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado ocasionalmente. Persoal docente Si
Fortaleza - Equipo directivo e profesorado debaten sobre as necesidades DPC (desenvolvemento profesional continuo) no relativo ao ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza - Utilizamos recursos dixitais para observar e documentar os progresos. Persoal docente Si
Fortaleza - O profesorado pretende adoptar innovacións educativas. Persoal docente Si
Fortaleza - Realizo actividades de aprendizaxe dixitais que motivan ao alumnado ocasionalmente. Persoal docente Si
Fortaleza - Creo recursos dixitais para reforzar o meu método de ensino. Persoal docente Si
Fortaleza - Utilizo contornas virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza - Utilizo tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo (por exemplo abalar), debido á inmediatez da chegada das mensaxes e ao aforro de soportes físicos. Hai que ter en conta que a situación de confinamento derivada da pandemia acelerou a formación do profesorado e das familias no seu emprego. Persoal docente Si
Fortaleza - O persoal docente considera que é seguro á hora de empregar a tecnoloxía á hora de preparar as clases, impartilas e comunicarse co alumnado e familias. Persoal docente Si
Fortaleza - O profesorado non participa en redes colaborativas profesionais. Persoal docente Si
Fortaleza - A práctica docente intenta transformarse co emprego de recursos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza O persoal docente considera que utiliza tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensinanza ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza - Utilizo tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza - A maioría do profesorado considera que participa en actividades formativas individuais organizadas pola Administración Educativa para a actualización das competencias dixitais do profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza - Busco recursos educativos dixitais en internet, porque son de fácil acceso e a rede ofrece numerosos recursos de calidade e xa elaborados. Persoal docente Si
Fortaleza - Temos acceso a posibilidades do DPC (desenvolvemento profesional continuo) no relativo ao ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza - O persoal docente ten estabilidade laboral. Persoal docente Si
Fortaleza - Existen iniciativas frecuentes para afrontar as necesidades de formación profesional continua do profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza - Utilizo recursos educativos abertos. Persoal docente Si
Fortaleza - O persoal non docente ten estabilidade laboral. Persoal non docente Si
105 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - O profesorado considera que as modalidades de formación organizadas pola Administración Educativa non se axustan ás necesidades formativas do profesorado. Administración educativa Si
Ameaza - Pouca oferta educativa (por exemplo FP). Actuacións da Administración Educativa en relación ao reforzo de recursos persoais. Non axudamos ao profesorado a utilizar tecnoloxías dixitais para fins de avaliación. Administración educativa Si
Ameaza - A resolución de incidencias é inefectiva externamente. Administración educativa Non
Ameaza - As axudas da ANPA pode limitarse en ocasións aos seus asociados. ANPA Si
Ameaza - Non existen suficientes proxectos externos. Contorna Si
Ameaza - Equipo directivo e profesorado consideran que as empresas coas que se colabora escasamente participan no desenvolvemento da estratexia dixital do centro. Contorna Si
Ameaza - A oferta de actividades formativas e as condicións para a participación son escasas. Contorna Si
Ameaza - Posible peche de empresas ubicadas na comarca o que suporía perda de alumnado e de partidas económicas. Contorna Si
Oportunidade - O centro recibe achegas económicas por parte da administración educativa. Administración educativa Si
Oportunidade - A nosa ANPA colabora en gran medida co desenvolvemento de actividades no centro. ANPA Si
Oportunidade - A comunicación coa ANPA é continua. ANPA Si
Oportunidade - Existe unha colaboración estreita co Concello. Contorna Si
Oportunidade - Entidades externas como ALCOA ofrecen subvencións para mercar equipamento electrónico para alumnado con NEAE. Contorna Si
Oportunidade - A lexislación educativa é unha oportunidade para o centro educativo. Lexislación Si
Oportunidade - A lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo axuda ao noso centro no seu desenvolvemento exitoso. Lexislación Si
Oportunidade - A relación con persoas que non forman parte da comunidade educativa é boa. Outras Si
Oportunidade - Colabórase con frecuencia con institucións alleas ao centro educativo, aínda que non existe un acordo unánime entre o profesorado (depende do posto de responsabilidade e nivel de esixencia persoal de cada docente). Outras Si
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O noso centro dispón da rede corporativa sen fíos “edu.xunta.gal” e “ABALAR” en toda a súa extensión grazas á recente solicitude e posterior instalación seguindo o protocolo CXR 008. Tamén se fixo o cambio á Fibra de alta velocidade de Movistar. Dispoñemos de 5 liñas de voz: Dirección, Secretaría, Orientación, Profesorado 1 e Profesorado 2.

 

En cada aula, o profesorado dispón dun PC portátil coa Maqueta Abalar 20.2, agás nas aulas E-Dixgal, nas que o profesorado emprega a Maqueta Abalar 8, así como o alumnado, tanto en 5º como en 6º. Dispoñemos, ademais, de tres PC de sobremesa en Conserxería de uso común para a impresión de documentos, conectados en rede con 3 fotocopiadoras. Tamén están os PC de sobremesa de Dirección, Secretaría, Xefatura de Estudos, Departamento de Orientación, AL, PT, Biblioteca e Sala de Mestres. Na actualidade temos en funcionamento a Aula de Informática con 15 ordenadores obsoletos funcionando coa Maqueta Abalar Lixeira.

 

O medio de difusión principal do centro educativo é a páxina web. Nela, as familias poden acceder dunha forma directa e sinxela á información recente do seu interese, como procesos de matriculación, fondo libros, solicitudes de admisión, etc. Tamén, a nosa web é punto de acceso para o profesorado e alumnado á Aula Virtual, a cal empregamos para subir materiais educativos, proxectos compartidos polo profesorado e alumnado, enlaces ás videoconferencias de Webex, etc. Recentemente activamos tamén a nosa páxina de Agueiro, e será empregada no futuro para subir máis materiais e contidos para o acceso de toda a comunidade educativa. En 5º e 6º dispoñemos de E-Dixgal, e o profesorado e o alumnado empregan esta plataforma para a realización de actividades e as comunicacións bidireccionais. Certo profesorado emprega o espazoAbalar para a descarga de materiais e contidos así como o Coordinador TIC o emprega para descargar as Maquetas Abalar máis recentes. Abalar Móbil e AbalarPro son ferramentas de uso cotián e moi empregadas entre o profesorado e tamén coas familias, xa que é a principal canle de comunicacións, avisos e solicitudes de titorías. Na etapa de Educación Infantil tamén empregan o ClassDojo, baixo autorización previa das familias.

 

O mantemento dos equipos dixitais do noso centro está realizado principalmente polo Coordinador TIC, quen fai unha primeira avaliación do estado dos equipos e atende aos reportes do profesorado ou alumnado en referencia a problemas, dúbidas ou incidencias técnicas. Se o problema persiste ou non ten solución por parte do centro, este comunícase coa UAC e abre incidencia para o seu seguimento e posterior soporte.

 

Enlaces aos Plans de Comunicación do centro:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistaalegre/aulavirtual/pluginfile.php/6957/mod_resource/content/1/Plan%20de%20comun%20interna.pdf?redirect=1

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistaalegre/system/files/Plan%20de%20comun%20externa.pdf

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Incrementar a formación do profesorado en materia dixital.
O02PD Potenciar a participación do alumnado utilizando as TIC en proxectos interdisciplinares e de intercambios comunicativos con outro alumnado
O03PD Aumentar a elaboración, utilización e compartición de materiais dixitais entre o profesorado.
O04PD Utilizar tecnoloxías dixitais para avaliar actividades
O05PD Fomentar o uso das NNTT entre o alumnado con necesidades educativas especiais
O06PD Establecer a canle telemática como modo preferente de comunicación coa comunidade educativa

Seguimento

Procedemento

Ao longo do presente curso realizarase un seguimento trimestral das Accións Obxectivos acadadas, así como dos Obxectivos do Plan Dixital quedando reflectido nesta sección de EduCalidade.

 

1º Trimestre

Durante o 1o trimestre, decidíuse cando organizar unhas sesións cun relator para a formación do profesorado en torno ó itinerario de lapis 3D e plotter de corte. 

A realización das sesións co relator terán lugar os días 17 de xaneiro e 21 de febreiro. Ambos días son mércores. A previsión que se ten para o resto do curso é a de, unha vez realizada a formación, facer algunha actividade do centro empregando tales materiais.

2º Trimestre

Tal  e como se indicou na lapela do 1º trimestre, no segundo trimestre, houbo dúas sesións cun relator acerca de traballar o contido deste itinerario (coñecer o Plotter de corte e o lapis 3D).

Pois ben. Ámbalas sesións tiveron lugar os días que se indicaron e resultaron ser positivas. Ata tal punto que ademais de traballar o contido proposto do itinerario, tamén revisamos e reciclamos os coñecementos en base a empregar a impresora 3D. 

A partir de tales sesións de aprendizaxe, estase a realizar por parte do profesorada, diferentes actividades que implican directamente o emprego de tales ferramentas.

3º Trimestre

Rematado o curso cómpre sinalar que os obxectivos para o Plan Dixital foron realizados satisfactoriamente.

Se ben, cómpre tamén sinalar que tales obxectivos téñense que ver reforzados, profundizados e desenvolvidos en vindeiros cursos pois as ferramentas dixitais son unhas ferramentas moi útiles nos procesos de ensinanza-aprendizaxe.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación co grao de consecución de obxectivos nos seguintes contextos:

No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao trimestre, facendo xuntanzas do Equipo de Dinamización do Plan Dixital e levantando actas de ditas reunións, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Analizarase se os obxectivos e as accións do Plan Dixital se están a acadar ou non.

No contexto da avaliación final mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao ano, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

As ferramentas dixitais recollidas no Plan Dixital, constitúen unhas ferramentas de apoio para os mestres. Cómpre sinalar que no mundo dixital no que vivimos no ano 2024 non se pode obviar prescindir de ferramentas dixitais para potenciar a educación.

Pois con esta sensación de fondo, no CEIP Vista Alegre a partir de ferramentas dixitais temos elaborado, avaliado, adaptado, etc actividades educativas. En suma, temos empregado tales ferramentas para a posta en contacto con outros axentes da comunidade educativa do noso centro e doutros centros educativos.

Mais, estamos no proceso de seguir investigando e coñecendo tales ferramentas para axudarnos no noso traballo.

Proposta de mellora
  1. Ampliar o coñecemento das ferramentas dixitais en todos os ciclos do centro.
  2. Desenvolver máis actividades feitas a partir de ferramentas dixitais.
  3. Potenciar a autonomía do alumnado no emprego de tales ferramentas.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Realizaranse publicacións ao remate de cada Plan de Acción na páxina web do centro, explicando a consecución, ou non consecución do mesmo.


Redactaranse enquisas a cubrir por parte do profesorado ao remate de cada Plan de Acción, cunha pequena reflexión sobre a posibilidade de avanzar máis nesa área cun novo Plan de Acción.


Redactaranse enquisas para as familias para que valoren os Plans de Acción que lles afectan directamente. Publicaranse os resultados destas enquisas na páxina web do centro.