Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro é a seguinte:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

• Instrucións para o ensino non presencial.

• Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de

Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021- 2022

• Instrucións para elaborar o plan dixital de centro.

• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación

Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

• Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, polo que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do

3 de maio, de Educación.

O CEIP NOVO MESOIRO é un centro de recente creación. Está situado nun barrio da provincia de A Coruña. Conta con 18 unidades: 6 de E.I. e 12 de E.P. Atópase sito no termo municipal de A Coruña, na contorna dos núcleos de Feáns e Pocomaco. Conta con cómodos accesos tanto a través do uso de vehículos privados como empregando o transporte público. Novo Mesoiro é un dos barrios máis novos da cidade, con máis de 3100 vivendas de protección autonómica.

O censo do concello é de 8.132 habitantes no ano 2021 seguindo o IGE (Instituto Galego de Estatística). É o barrio máis novo de A Coruña, con mais do 90% da poboación entre 20 e 34 anos.

A principal base económica é o polígono industrial da zona. No referido ás familias, a maioría pertencen a unha clase sociocultural media e son castelán falantes. Mencionar como dato significativo o asentamento no concello de varias familias inmigrantes e varias vivendas de protección social. O centro dispón de servizo complementario de comedor, madrugadores, e extraescolares xestionados pola A.N.P.A

O presente Plan Dixital de Centro, PDC, é un piar importante dentro do marco educativo do mesmo, polo que é preciso incluílo dentro do Proxecto Educativo. Preténdese que o alumnado deste centro sexa un alumnado cunha formación competencial acorde co establecido pola lei educativa que rexe o sistema educativo español. O PDC deberá establecer unha serie de estratexias para que o alumnado adquira as aprendizaxes precisadas a través de ferramentas

dixitais e, para isto, precísase ter unha serie de medios como recurso e apoio para o seu proceso de E-A. Debemos tamén prestar especial importancia ao alumnado NEAE, para o cal se deberán ofertar diversos recursos dixitais que lle permitan traballar e, por ende, conseguir un maior éxito académico e socio-emocional.

Non menos importante serán as familias, como persoas relevantes no proceso de Ensinanza e Aprendizaxe dos nenos e nenas. A comunicación cos mesmos será a través de diversas plataformas, onde se empregarán sistemas completos e que brinden máis facilidades ás mesmas.

A relación deste plan con futuros proxectos ou propostas levadas a cabo dende a biblioteca son de gran importancia. Para isto, contemplamos unha mellora dos medios dixitais dispoñibles para este espazo, así coma tamén a adquisición de dispositivos electrónicos e robótica. Todo isto serviranos para levar a cabo o vindeiro curso un PDI no que se traballarán as competencias ALFIN e AMI.

No que respecta a outros plans, a difusión do idioma galego e o traballo de actividades e recursos a través das TIC, axudarannos a unha maior difusión do plan de Dinamización da Lingua Galega.

O PDC vai contribuír á PXA do vindeiro curso nos seguintes aspectos:

• Formación do profesorado.

• Dotación de medios e dispositivos dixitais para o profesorado e alumnado para a mellora

académica.

• Aumentar o nivel de seguridade das ferramentas TIC empregadas, así coma tamén mellorar a competencia dixital do alumnado e profesorado.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

-Informe SELFIE 

-Test CDD

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Retroalimentación axeitada. Habilidades dixitais para diferentes materias. Alumnado Si
Debilidade Auto-reflexión sobre a aprendizaxe. Familias Non
Debilidade Posta en práctica da estratexia dixital. Dispositivos para o alumnado. Equipamento informático para as aulas. Infraestruturas Si
Debilidade Participación do profesorado en actividades formativas. Oferta Si
Debilidade Organización do centro. Avaliación do proceso. Organización de centro Non
Debilidade Desenvolvemento da estratexia dixital co profesorado. Participación no DPC. Avaliación das capacidades. Creación de contidos dixitais. Comentarios a outros alumnos sobre o seu traballo. Persoal docente Si
Debilidade Aprender a comunicarse. Persoal non docente Non
Fortaleza Disponse de tempo para explorar a ensinanza dixital. Adaptación ás necesidades do alumnado, así coma colaboración por parte do mesmo Alumnado Si
Fortaleza Colaboración continua por parte das mesmas. Boa comunicación coa comunidade educativa. Familias Non
Fortaleza Cóntase con boa asistencia técnica. Cóntase con recursos educativos en liña. Avisos e notificación a través da ferramenta AbalarMóbil. O equipo directivo coñece a normativa sobre a adquisición de equipamento informático. Infraestruturas Non
Fortaleza Ofértanse novas modalidades de ensinanza. Oferta Si
Fortaleza Bibliotecas e repositorios en liña en constante cambio. Documentación da aprendizaxe. Comportamento seguro. Difusión de información por parte do centro. Organización de centro Non
Fortaleza Obsérvase unha necesidade dentro do DPC. No centro lévanse a cabo intercambios de experiencias. Estase a traballar na creación de recursos dixitais. Outórgase recoñecemento ao traballo dos demais. Seguimento de tarefas na AV. Persoal docente Non
Fortaleza Modalidades de formación organizadas pola Administración. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Dispositivos dixitais para a ensinanza. Non hai suficiente material para suplir as necesidades do alumnado. Infraestruturas. Administración educativa Si
Ameaza Fenda dixital. Apoio para afrontar retos. Avaliación das capacidades desenvolvidas fóra do centro. ANPA Non
Ameaza Fenda dixital. Medidas para identificar retos. Contorna Si
Ameaza Avaliación das capacidades. Lexislación Non
Ameaza Tecnoloxías asistenciais. Protección de datos. Outras Non
Oportunidade Acceso a internet. Acceso a internet. Dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Recursos educativos abertos. Fomento da creatividade. Administración educativa Non
Oportunidade Debate sobre o emprego das tecnoloxías. Implicación do alumnado. ANPA Non
Oportunidade Fenda dixital. Apoio para afrontar retos. Fenda dixital. Medidas para identificar retos. Proxectos interdisciplinares. Comportamento responsable Contorna Non
Oportunidade Emprego de Entornos Virtuais de Aprendizaxe. Lexislación Non
Oportunidade Tecnoloxías asistenciais. Emprego de datos para mellorar a aprendizaxe. Verificar a calidade da información. Vantaxes do equipamento informático con software libre. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Desenvolver un plan de estratexia dixital co profesorado (A1, A2)
O02PD Crear un repositorio na AV con actividades, apps e ideas para traballar a competencia dixital dende as titorías. Favorecer o intercambio de experiencias entre o profesorado (D3) Colaboración e redes (B2)
O03PD Equipar ao centro con hardware e software específico.
O04PD Empregar a AV correctamente e integrala no proceso educativo do alumnado.
O05PD Desenvolver instrumentos de avaliación empregando ferramentas dixitais colaborativas
O06PD Mellorar a competencia dixital do alumnado.

Seguimento

Procedemento

Para o procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de accións e obxectivos realizaremos unha avaliación procesual cunha xuntanza trimestral. Os aspectos a valorar incluirán as dificultades que nos imos encontrando no camiño, o estado da execución das accións que se realizaron neste trimestre ou o aprazamento das mesmas se fose necesario, os obxectivos que imos acadando...

1º Trimestre

Cúmplense os obxectivos programados para o primeiro trimestre: 

Realizouse o inventario de todos os equipos informáticos do centro. Creando usuarios e contrasinais para a conexión wifi de cada un deles. 

Solicitáronse os paneis dixitais para o terceiro ciclo e así ter todas as aulas de infantil e primaria cubertas. 

A AV está operativa e pode ser utilizada por todo o profesurado e alumnado. 

Creouse o repositorio dentro da AV, os recursos iranse engadindo polo profesorado ao longo do curso. 

Iniciouse a formación en Polos Creativos para o profesorado. 

2º Trimestre

Durante o segundo trimestre está operativo o repositorio da aula virtual para que todo o profesorado poida engadir recursos, 

Obsérvase que a aula de informática non se está a utilizar por todos os grupos. Polo que se decide adaptar o espazo transpormándoo en Espazo Maker. Para o uso de ordenadores polo alumnado deixarase só o carro. 

O curso de formación para o profesorado segue en proceso. 

3º Trimestre

Considéranse acadados os seguintes obxectivos : 

O01PD: Desenvolver un plan de estratexia dixital co profesorado. 

O06PD: Mellorar a competencia dixital do alumnado. 

Obxectivos acadados parcialmente: 

- O03PD: Equipar ao centro con hardware e software específico. 

Durante este curso dotouse ao centro de pouco equipamento á espera de que chegue o material previsto por parte da Xunta. Decidiuse esperar ao material de Polos Creativos, para adaptar o equipamento ao novo material, pero nunca chegou. Tampouco chegaron os paneis dixital e ordenadores portátiles para o terceiro ciclo. Contábamos con estes para a redistribución dos equipos e PDIs que hai agora en ditas aulas, que serían reubicados en aulas de PT, relixión, biblioteca. Tamén se contaba desde o curso anterior con novos equipos procedentes do Plan Director, pero tampouco chegaron. 

- O04PD: Empregar a AV correctamente e integrala no proceso educativo do alumnado. 

Dependendo do nivel deuselle máis o menos uso. Sendo pouco empregada no primeiro ciclo. 

- O05PD: Desenvolver instrumentos de avaliación empregando estratexias dixitais colaborativas: 

Unha parte do profesorado utilizou aplicacións no proceso de ensino-aprendizaxe que serven para a avaliación, como o Kahoot, por exemplo. Pero non se chegou a implementar dentro da Aula Virtual. 

Obxectivos pendentes: 

- O02PD: Crear un repositorio na AV con actividades, apps e ideas para traballar a competencia dixital dende as titorías. Favorecer o intercambio de experiencias entre o profesorado. Colaboración e redes: 

O repositorio está creado, e unha parte do profesorado utilizouno para subir algún recurso. Pero a maior parte do claustro considera o proceso tedioso e non se lle deu o uso esperado. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación final, realizarase unha reunión a lo menos, ao remate do curso académico 2023-2024, na que incluiremos entre os aspectos a valorar, o grado de consecución de cada obxectivo, a avaliación do Plan Dixital en xeral e as propostas de mellora para o curso seguinte.

As propostas de mellora que se recollan tanto nas sesións trimestrais coma na sesión final (ao remate do curso) ditarán as posibles modificacións que o Plan Dixital precise no futuro, tanto no seu Plan de Acción coma no documento en xeral.

 

Valoración xeral

As accións levadas para desenvolver este Plan Dixital foron satisfactorias. Os obxectivos foron tratados en tódolos seus aspectos, véndonos na obriga de pospoñer algún deles debido a causas externas. 

Durante o primeiro trimestre as accións realizadas centráronse en inventariar todos os equipos do centro para facer a solicitudes oportunas, definir un plan de formación e deixar operativa a Aula Virtual para poder ser utilizada por toda a comunidade educativa, así como deixar operativos e correctamente conectados a internet a través de cable e WIFI todos os equipos e paneis do centro.  

Seguidamente puxemos en marcha as propias actividades de formación. No derradeiro trimestre foronse pechando tódolos ámbitos abertos deste plan. Debemos indicar que no apartado de creación de contidos dixitais, así como a concienciación sobre o uso das novas tecnoloxías foi un traballo contínuo ao longo de todo o curso.

Proposta de mellora

- Redistribuir os equipos da aula de informática. Actualmente equipada con 20 ordenadores non está a ser empregada moi amiudo, polo que se propón reubicar eses equipos en diferentes aulas e convertir a aula de informática en aula de Polos Creativos, para sacarlle máis partido.

- Os ordenadores portátiles do carro de carga poden ser utilizados en todas as aulas, pero ata agora non se usan en todos os niveis, polo que se intentará fomentar máis o seu uso.

- Unificar os criterios para a descarga de aplicacións nos Paneis Dixitais. 

- Valorar a continuación do Repositorio na aula virtual ou, de ser o caso,  buscar algunha alternativa, xa que non se lle está a dar moito uso. 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A tarefa de difusión do PDC, ten que ser consecuente con dito plan e deberá facerse a través das ferramentas institucionais dispoñibles: páxina web do centro e Abalar Móbil.

1. PRIMEIRA FASE.

 DESTINATARIOS: Difusión entre o profesorado, pois consideramos que deben ser os primeiros en coñecer o plan. MEDIO: A través do correo corporativo edu.xunta.gal

PRAZOS: 

3ª semana de outubro do curso 23/24

 

2. SEGUNDA FASE.

 DESTINATARIOS: Difusión entre as familias do alumnado.

MEDIO: Páxina web do centro, así como a través de AbalarMóbil. O PDC incorporarase ao PE no apartado de Documentos de centro no menú da páxina web do centro. 

PRAZOS: 4ª semana deoutubro do curso 23/24.

 

3. TERCEIRA FASE.

 DESTINATARIOS: Toda a comunidade educativa.

MEDIO: Abalar móbil. Enviarase abalar do centro co enlace ao Plan Dixital. Tamén será publicado na páxina web do colexio.