Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

O CRA de Culleredo, no presente curso, escolariza 61 alumnas e alumnos divididos nas escolas de A Choeira (que conta con dúas unidades), Ledoño, Sésamo e Vinseira. As 5 aulas do centro son mixtas e escolarizan alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil (EI).

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O CRA está situado no concello de Culleredo.

Culleredo é un municipio galego da provincia de A Coruña, situado na área central, no extremo sur da Ría do Burgo.

O municipio ten como límite polo norte a cidade de A Coruña e, a través da Ría do Burgo o mar; polo sur o termo municipal de Cerceda; polo este os termos municipais de Oleiros, Cambre e Carral e polo oeste con Arteixo, A Coruña e Laracha.

Integrada na área metropolitana de A Coruña, a súa poboación está distribuída en 11 parroquias: Rutis, O Burgo, Almeiras, Culleredo, Orro, Sésamo, Sueiro, Ledoño, Veiga, Celas e Castelo.

A nosa área de influencia é a zona rural do Concello, aínda que no noso caso escolarizamos alumnado das zonas limítrofes debido ás características diferencias do noso centro. Isto trae consigo que a comunidade educativa estea moi implicada nas actividades propostas e participe activamente en todas elas.

Somos un centro activo, participamos en numerosos Plans e Proxectos.

Breve xustificación do mesmo

Este documento está elaborado en base ás disposicións e referentes legais que establece  a normativa da nosa Comunidade Autónoma no referente á implantación e elaboración do Plan Dixital para todos os centros docentes galegos.

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Proceso de elaboración

  1. Creación dun grupo de traballo para a elaboración do plan dixital.
  2. Preparación, posta en marcha e recopilación de datos do informe SELFIE.
  3. Preparación, posta en marcha e recopilación de datos do informe CDD.
  4. Elaboración do análise DAFO.
  5. Elaboración do Plan de Acción.
  6. Elaboración definitiva do Plan Dixital.
 
 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida foron o informe Selfie, os test CDD e a análise DAFO realizados no curso 21-22. O equipo do Plan Dixital foi revisando e actualizando estes datos de forma anual, polo que seguimos mantendo os resultados como punto de partida e información previa.

Interno
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade A competencia dixital do noso alumnado Alumnado Si
Debilidade As familias non consideran prioritarios os coñecementos dixitais para o proceso de aprendizaxe das súas fillas e fillos Familias Si
Debilidade O centro non dispón dunha gran infraestrutura e equipamento dixital - precisamos axentes externos para resolver problemas técnicos. Infraestruturas Si
Debilidade Escasa participación dalgúns membros do claustro do centro Oferta Si
Debilidade Na meirande parte de ocasións o profesorado ten que facer uso dos seus dispositivos para unha mellor calidade do servizo Organización de centro Si
Debilidade Escasa avaliación competencial Persoal docente Non
Debilidade Non é xeralizado o uso de ferramentas TIC para a avaliación do alumnado Persoal docente Si
Fortaleza Alumnado internivel que favorece a colaboración Alumnado Non
Fortaleza Interese e motivación do noso alumnado cara ás actividades dixitais Alumnado Non
Fortaleza As familias teñen coñecementos básicos dixitais e dispoñen de dispositivos actualizados Familias Si
Fortaleza Participan activamente nas actividades dixitais impulsadas polo centro e nos obradoiros da Escola de Nais e Pais vinculados ás TIC Familias Si
Fortaleza Dotacións de biblioteca creativa e PFPP - as escolas dispoñen de equipamento dixital básico (portátil, encerado dixital interactivo e internet). Infraestruturas Non
Fortaleza Existen propostas desde a biblioteca e o equipo TIC con recursos para desenvolver a competencia dixital nas aulas Oferta Non
Fortaleza O centro fai uso das ferramentas dixitais para a comunicación coa Comunidade Educativa Organización de centro Si
Fortaleza Dispoñemos dun protocolo para protección de datos da nosa comunidade educativa Organización de centro Non
Fortaleza Existe un traballo interdisciplinar Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado comparte coñecementos e apóiase na competencia dixital Persoal docente Non
Fortaleza Emprego de ferramentas e recursos TIC na intervención de alumnado con NEAE Persoal docente Non
Fortaleza O Equipo TIC involucra ao Claustro na estratexia dixital Persoal docente Non
Fortaleza Formación nunha liña de PFPP enfocada ás TIC na que participa una boa parte do Claustro Persoal docente Non
Fortaleza Algún profesorado emprega metodoloxías activas vinculadas a recursos TIC Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado é creador de contidos dixitais e usa contornas virtuais para apoiar as aprendizaxes Persoal docente Non
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de horario para explorar e crear contidos dixitais Administración educativa Si
Ameaza Necesidade de renovación de equipamento no centro Administración educativa Si
Ameaza Escasa liberación horaria para dinamización de equipos Administración educativa Non
Ameaza Escolas repartidas no rural: fallos de conexión a internet ANPA Non
Ameaza Cambios lexislativos constantes Lexislación Non
Ameaza Necesidade da regulación dos horarios para a realización de actividades dixitais e coordinación do equipo TIC Lexislación Non
Oportunidade Oferta formativa axeitada Administración educativa Si
Oportunidade O noso centro pertence ao LIA.3, cunha dotación económica para recursos TIC Administración educativa Si
Oportunidade Bo nivel de resolución de problemas (UAC) Administración educativa Non
Oportunidade Creación recente da ANPA moi participativa ANPA Si
Oportunidade Facemos uso dos recursos TIC como medio de comunicación e interrelación entre as diferentes Escolas que compoñen o nos centro e coas familias Contorna Non
Oportunidade Importancia da competencia dixital no currículo Lexislación Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Partindo do análise do DAFO, seleccionamos unhas áreas de mellora sobre que actuar coa posta en marcha deste documento, e para cada unha delas marcámonos uns obxectivos prioritarios que nos permitan superar as debilidades e amezas detectadas empregando as oportunidades e fortalezas. Establecemos a nosa liña de traballo entorno a tres ámbitos de acción principal: a xestión de equipamento, o alumnado e as súas familias e o equipo docente.

Porén, estes obxectivos e as súas correspondentes accións están en constante evolución e por iso serán actualizados cada curso escolar tendo en conta os recursos materiais e humanos que dispoñamos no propio momento de actualización e revisión do documento.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Actualizar o equipamento dixital do centro
O2PD Fomentar o uso das TIC entre a nosa comunidade educativa
O3PD Motivar e iniciar ó alumnado de EI no uso das TIC

Seguimento

Procedemento

Como procedemento de seguimento do desenvolvemento do Plan e da consecución dos obxectivos marcados realizarase unha avaliación procesual, realizada como mínimo unha vez ao trimestre, na cal os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e propostas de mellora.

A mentora ADIX realizará este seguimento a través da comunicación e as reunións coa coordinadora do P.Dixital.

1º Trimestre

O traballo o longo deste período centrouse nas diferentes accións programadas para o trimestre e recollidas no Plan de Acción.

O seguemento e valoración das mesmas levouse a cabo nas reunións de seguemento realizadas  coa coordinadora ADIX, e quedan recollidas no seguemento das accións desta aplicación.

2º Trimestre

O traballo o longo deste período centrouse nas diferentes accións programadas para o trimestre e recollidas no Plan de Acción.

O seguemento e valoración das mesmas levouse a cabo e queda recollido nas lapelas de seguemento das accións desta mesma aplicación.

3º Trimestre

O traballo o longo deste período centrouse nas diferentes accións programadas para o trimestre e recollidas no Plan de Acción.

O seguemento e valoración das mesmas levouse a cabo e queda recollido nas lapelas de seguemento das accións desta mesma aplicación.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Como procedemento de seguimento do desenvolvemento do Plan e da consecución dos obxectivos marcados realizarase a avaliación:

Unha avaliación procesual, realizada como mínimo unha vez ao trimestre, na cal os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e propostas de mellora.

Unha avaliación final como mínimo unha vez ao ano. Entre os aspectos a considerar incluiranse, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

A valoración xeral deste plan, en canto ó cumprimento dos obxectivos plantexados é positiva.

Reseñar que moitas das acción que pretendimos levar a cabo non foron posibles pola imposibilidade de axilizar procedementos e prazos que non dependen directamente de nós (estámonos a referir a diferentes indidencias que se foron reclamando ao longo de todo o curso, e que a mediados de xuño aínda non foron atendidas nin resoltas).

Proposta de mellora

De cara á administración, que o desenvolvemento destes documentos, atendan ás realidades dos centros educativos, e sexan unha canle para poder mellorar e seguir avanzando para ofrecer a mellor atención e resposta educativa ás necesiddades do noso alumnado.

Pola nosa parte, marcar un plan de acción menos esixente, tendo en conta que no centro levamos a cabo de forma simultánea moitos proxectos e propostas e o noso horario laboral non nos permite abarcar tanto.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital é un documento de centro que marcará o camiño para a transformación dixital da escola, é por iso que como o resto de documentos terá carácter público e estará a disposición de toda a comunidade educativa. O documento completo atoparase en Educalidade e poderá consultarse a través da seguinte ligazón: Plan Dxital CRA de Culleredo 2023-24.