Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Os centros educativos forman parte dun mundo en cambio permanente e dunha sociedade e mercado laboral cada vez máis dixitalizado. Por esa razón, os centros educativos deben dar resposta a esas necesidades e demandas da sociedade e mercado laboral para poder formar cidadáns e cidadás do futuro coas competencias necesarias para desenvolverse nunha contorna dixitalizada. O uso da tecnoloxía nas diversas prácticas que teñen lugar nunha organización escolar, dende as relacionadas coas cuestións organizativas, ata as propias dos procesos de ensino e aprendizaxe é xa ineludible.

A Educación é un recurso clave para asegurar a igualdade social, a promoción das persoas e máis xenericamente a mellora das condicións de vida de comunidades e persoas. Así pois, a Estratexia Europa 2020 recoñece a necesidade dunha transformación dos sistemas de educación e formación que garanta a adquisición de competencias dixitais, que á súa vez permitan aproveitar as oportunidades.

Por outra banda, as organizacións educativas teñen a necesidade de revisar as súas estratexias co obxectivo de mellorar a súa capacidade para promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e da comunicación, e dos recursos educativos dixitais.

O CEIP Isaac Diaz Pardo está situado no concello de Culleredo. Para intentar dar resposta a estas necesidades e, en base á normativa vixente, elabórase o presente Plan Dixital. Así, teranse en conta as seguintes referencias legais:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Resulta fundamental recoñecer o Plan Dixital de Centro como un recurso clave que debe encaixar e contribuir ao Proxecto Educativo, polo que ambos deben ser complementarios. Ademais, este P.D debe tamén cooperar co resto de Plans e Proxectos do centro, así como nas metodoloxías de traballo presentes na aula e nos programas nos que participa o centro (Programa Edixgal, Digicraft…).

Mediante este Plan Dixital de Centro, pretendemos avaliar a situación do centro educativo con relación ao uso das TIC nos distintos elementos clave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes, para poder, a continuación, deseñar e emprender un proceso de transformación no centro. Así, nel recollemos os principais obxectivos e a planificación a seguir para lograr os cambios que se buscan. 

É importante destacar a participación do equipo directivo no proceso de elaboración e de implantación do proxecto, así como do resto da comunidade educativa, fundamental para poder levar a cabo as accións recollidas.

Finalmente, debemos destacar a colaboración do Equipo TIC así como dos mentores ADIX, que traballan na elaboración deste P.D sempre en coordinación co equipo directivo. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Grazas aos Informes SELFIE e TCDD que foron realizados no curso 21-22, e grazas ao coñecemento que ten o Equipo TIC da situación do centro a nivel dixital, xerouse unha análise DAFO, revisada de forma anual, que reflicte a realidade do centro e permite establecer uns obxectivos e unhas liñas de traballo do presente Plan Dixital. 

 

Interno
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado presenta unha competencia dixital baixa. Alumnado Si
Debilidade Necesidade dunha formación dixital secuenciada ao longo das etapas de infantil e primaria. Alumnado Si
Debilidade Non existe unha avaliación continua da competencia dixital do alumnado do centro. Alumnado Si
Debilidade Disminución na matriculación de novo alumnado Alumnado Non
Debilidade Non se lle permite ao alumnado o uso de dispositivos persoais no centro Familias Si
Debilidade No noso centro, os espazos físicos non facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais debido aos problemas derivados da conectividade. Infraestruturas Si
Debilidade O centro non conta con dispositivos ( convertibles, tabletas,...) para todo o alumnado. Infraestruturas Non
Debilidade Os docentes contan con dispositivos dixitais que están en moitos casos obsoletos e que fallan con frecuencia. Infraestruturas Si
Debilidade O centro conta cunha infraestructura dixital deficiente: carece de fibra e detéctanse deficiencias de cableado que afectan á conectividade tanto das aulas Edixgal coma ao resto das clases do centro. Infraestruturas Si
Debilidade Falta dunha estratexia dixital definida no centro. Organización de centro Si
Debilidade Falta de visibilidade do centro no eido dixital. Organización de centro Si
Debilidade A dispoñibilidade da asistencia técnica é escasa para as necesidades que presenta o centro. Organización de centro Non
Debilidade Necesidade de actualizar a páxina web do centro, así como de empregala como un medio de visibilización do centro na contorna e de comunicación coas familias. Organización de centro Si
Debilidade Falta de hábito no emprego das tecnoloxías dixitais co alumnado, tanto no desenvolvemento da creatividade, como na avaliación, na reflexión sobre a aprendizaxe... Persoal docente Si
Debilidade Detéctanse necesidades de formación continua Persoal docente Non
Debilidade O horario docente non deixa tempo para adicar a mellora e exploración de tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Falta de comunicación entre o persoal docente e non docente sobre as tecnoloxías dixitais. Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado considera que o profesorado emprega actividades dixitais motivadoras. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado pode empregar ordenadores ou tabletas do centro Alumnado Non
Fortaleza Boa rede de conexión e equipamento nos cursos de 5º e 6º grazas á participación no programa Edixgal. Alumnado Si
Fortaleza Motivación xeneralizada do alumnado polos materiais, recursos e contidos que desenvolven a competencia dixital. Alumnado Si
Fortaleza Boa comunicación entre a escola e as familias a través da plataforma ABALAR. Familias Non
Fortaleza Equipamento aceptable do centro en medios dixitais para poder desenvolver o Plan de Dixitalización do Centro. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro ten un sistema de detección de alumnado afectado pola fenda dixital. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro ten contratada unha asistencia técnica externa para resolver os problemas puntuais que poidan xurdir. Por outra banda, as aulas Edixgal contan co servizo de reparación contratado pola consellería. Infraestruturas Si
Fortaleza O profesorado síntese apoiado polo equipo directivo á hora de implementar novas tecnoloxías na práctica docente. Oferta Non
Fortaleza O Equipo docente facilita ao alumnado o uso das tecnoloxías dixitais para guiar a súa aprendizaxe nas aulas de quinto e sexto onde existe Edixgal, e no resto dos niveis educativos a través da aula TIC. Organización de centro Non
Fortaleza O equipo docente amosa interese por participar no desenvolvemento dunha estratexia dixital. Persoal docente Non
Fortaleza O equipo directivo apoia ao profesorado nas competencias dixitais para o ensino. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado busca recursos educativos dixitais na rede e participa na creación de recursos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado emplea contornas virtuais de aprendizaxe, sobre todo nos dous últimos cursos de Educación Primaria. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado utiliza as tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado, así como para levar a cabo actividades motivadoras. Persoal docente Non
Fortaleza Busca recursos educativos dixitais en internet. Persoal non docente Non
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O centro mantén problemas de conectividade recurrentes como consecuencia da deficiente calidade da rede. Administración educativa Si
Ameaza Gran cantidade de burocracia, que resta tempo ao profesorado para diseñar actividades innovadoras e desenvolver a súa competencia docente. Administración educativa Non
Ameaza A administración ofrece asistencia técnica pouco efectiva e resolutiva que desembocan en desconexións á rede. Administración educativa Si
Ameaza O centro non dispón de biblioteca ou repositorios dixitais de uso compartido entre os docentes do centro. Administración educativa Si
Ameaza O centro non conta cun plan de aprendizaxe mixta. Contorna Non
Ameaza O centro non colabora con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais, Contorna Non
Ameaza O concello amosa escasa colaboración co centro no referente á interacción e desenvolvemento de estratexias e actividades dixitais. Contorna Non
Ameaza Excesivos cambios lexislativos que provocan unha disminución no tempo e na motivación do profesorado. Lexislación Non
Oportunidade Colaboración estreita coa ANPA ANPA Non
Oportunidade O centro ten en conta a lei de protección de datos para o desenvolvemento das actividades dixitais. Lexislación Non
Oportunidade Existencia de obradoiros de uso responsable da rede. Outras Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Os resultados da análise DAFO indican que é necesario no noso centro: 

  • Seguir impulsando a competencia dixital docente.
  • Potenciar o uso das TIC por parte de toda a comunidade educativa, para así desenvoler a competencia dixital no noso alumnado. 
  • Dar visibilidade ao centro na contorna a través de diversas canles. 

Eses obxectivos son os que se intentarán abordar no Plan Dixital do centro. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Crear actividades na Aula Virtual e promover o seu uso por parte de todos os membros da comunidade educativa.
O2PD Introducir a programación e a robótica nas aulas.
O3PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de Educación Primaria para o uso das tecnoloxías.
04PD Actualizar a aula TIC e promover o seu uso en todos os niveis educativos.
05PD Mellorar a visibilidade do centro a nivel tecnolóxico (Páxina web, redes sociais...)

Seguimento

Procedemento

Durante o curso levarase a cabo un seguimento do desenvolvemento do PD:

  • Reunións mensuais do Equipo TIC: nestas reunións, discutirase o avance do PD, reflectindo esta análise en Educalidade.
  • Por outra banda, estarase en contacto de forma trimestral coa mentora ADIX do centro, a través de visitas ou videoconferencias, para tratar tamén os avances. Este seguimento reflectirase tamén en Educalidade. 
1º Trimestre

No primeiro trimestre, no terceiro ciclo, empezamos co segundo curso de Digicraft traballando domótica. 

En quinto de primaria empezamos co uso dos ordenadores de edixgal, e organizamos unha titorización entre iguais por parte do alumnado de sexto ao alumnado de quinto, para aprender a usar a plataforma edixgal e os distintos documentos.

No segundo ciclo empezouse a traballar cos ordenadores de fenda dixital. Completouse o carro ata ter os suficientes para todo o alumnado e empezaron a traballar nas distintas materias. 

Na aula TIC eliminouse todos os ordenadores e recursos desactualizados e elaborouse un horario para o seu uso. Con todo, esta aula permaneceu pechada durante practicamente todo o trimestre por mor das goteiras. 

Tamén comezamos a radio escolar, que coordina quinto de educación primaria, e que se leva a cabo diariamente nos recreos. 

Creouse a conta de instagram do centro e comezáronse a subir publicacións. 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2º Trimestre

Continuouse o traballo do terceiro ciclo en edixgal. 

Terceiro e cuarto de educación primaria continuaron co uso dos ordenadores de fenda dixital nas aulas, traballando diversos aspectos e distintas aplicacións (mecanografía, creación de cómics, LibreOffice...).

En quinto continuouse co traballo na radio escolar. 

Dinamización da conta de Instagram coas actividades realizadas no centro, así como da páxina web, eliminando os contidos desactualizados. 

 
 
 
 
 
 
3º Trimestre

No terceiro trimestre fíxose a avaliación final de digicraft, rematando así este proxecto de forma satisfactoria. 

Quinto deu por rematado o paso pola radio escolar, realizando unha entrevista a un locutor de Cuac FM. 

Sexto realizou diversos vídeos, como un Stop Motion, familiarizándose co uso de programas de edición de vídeo.

O alumnado de segundo expuxo a súa curtametraxe realizada empregando a pantalla croma nas clases de Proxecto Competencial. 

Levouse a cabo unha actividade de toma de contacto coa intelixencia artificial en 4º de EP, realizando unha actividade de Arte xenerativa con IA relacionada co proxecto de Educación Responsable. 

As aulas de terceiro de EP seguiron traballando cos ordenadores de fenda dixital, pasando a formar parte da metodoloxía de traballo de certas asignaturas, combinando o uso dos ordenadores co das tablets de Snappet.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para comprobar o seguimento do Plan Dixital realizaranse dous tipos de avaliación: 

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Por outro lado, realizarase tamén unha avaliación final, cunha frecuencia de unha vez ao ano. Nela valoraranse os logros dos obxectivos do curso e as propostas de mellora de cara ao seguinte curso, para establecer novas metas e novos retos. 

A maiores, existirán reunións de carácter periódico coa mentora ADIX para ver os avances e iranse reflectindo os avances e o seguimento na aplicación Educalidade. 

Valoración xeral

Na valoración do plan dixital deste curso queremos destacar varios aspectos:

- Por un lado, o uso continuado dos ordenadores de fenda dixital por parte do profesorado do segundo ciclo, de forma que xa supoñen unha parte da metodoloxía de certas asignaturas. Este uso permite que o alumnado estea máis familiarizado co emprego dos equipos, o que resulta moi interesante para o traballo futuro coa plataforma edixgal.

- Ademais, este curso aumentou a visibilidade do centro no entorno grazas á actualización da páxina web do centro e da creación dun perfil nunha rede social. Isto permite ás familias e ao resto da comunidade educativa coñecer as distintas actividades que se van realizando no centro, así como enterarse de información de interese. 

- Destácase tamén o progresivo enriquecimento da plataforma edixgal no traballo de quinto e sexto, incluíndo novos recursos e novos materiais. 

- Por outra banda, este curso finalizamos en quinto e sexto o programa Digicraft, que nos aportou novos recursos, actividades e formación ao profesorado. Este programa permitiu ao alumnado descubrir aspectos relacionados coa programación sen pantallas, a robótica, a domótica, o uso de scratch...

- Finalmente, resulta interesante destacar a introdución das TIC en diversos proxectos realizados ao longo do curso en diferentes niveis educativos. 

En conclusión, a avaliación do plan dixital no curso 23-24 é positiva. 

Proposta de mellora

Consideramos que a avaliación do plan dixital deste ano é positiva, e debemos seguir traballando en futuros obxectivos o curso que vén. É necesario seguir apostando polo contacto do alumnado coas novas tecnoloxías tanto en primaria como en infantil, xa que resulta fundamental que o alumnado aprenda a facer un uso autónomo e responsable das mesmas.

Así, debemos seguir traballando creación de recursos nas aulas virtuais (incluíndo edixgal), de forma que fomentemos un uso máis rico e variado nas aulas. Tamén debemos seguir traballando na mellora da aula TIC, como un espazo máis de traballo integrado no día a día da aula. 

Por outro lado, debemos seguir traballando na páxina web do centro, como un espazo de comunicación coa comunidade e coas familias.  

Ademais, debemos seguir potenciando a introdución das TIC en proxectos de centro, en diferentes materias e niveis educativos. 

En definitiva, debemos seguir traballando o próximo curso na estabilización das TIC dentro do centro e no uso responsable por parte do alumnado. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa realizarase a través desta URL presente nesta aplicación:  Plan Dixital