Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O CIFP Someso está localizado na cidade de A Coruña, a economía da cal está baseada fundamentalmente no sector servizos, a pesares disto a cidade conta con dous polígonos industriais, o polígono de A Grela e o polígono de Pocomaco. 
A cidade de A Coruña ten unha poboación próxima aos 250.000 habitantes. Conta con distintas liñas de autobuses que prestan servizo á cidade e arredores. O CIFP está situado no barrio de Someso, barrio situado cerca da principal vía de saída da cidade. 

Trátase dunha zona en expansión con vivendas, áreas comerciais e instalacións deportivas. Non é unha zona industrializada; só estas áreas, pequenos comercios e obradoiros conforman o barrio. Os seus habitantes son maioritariamente traballadores de clase media, se ben coas novas vivendas que se están a construír, o barrio experimentará un crecemento importante, cunha poboación moito máis heteroxénea. 

Socialmente, o alumnado do centro é unha representación da clase media nos ciclos formativos de grao medio e superior e da clase media–baixa principalmente na formación profesional básica. A procedencia académica do alumnado é tanto da ESO, como doutros ciclos formativos, bacharelato ou mesmo da universidade. En canto á procedencia xeográfica, podemos falar dunha zona ampla, tanto da propia cidade de A Coruña como doutras comarcas, limítrofes e non limítrofes, incluso doutras provincias. 
No referente á inserción laboral hai que dicir que o índice de ocupación dos alumnos que cursan un ciclo formativo no centro, principalmente de grao medio e superior, é elevado. O centro conta con máis de 120 profesores pertencentes ás diferentes familias profesionais ofertadas no centro e ao departamento de Formación e Orientación Laboral así como ao departamento de Información e Orientación Profesional.

Desde hai anos, o CIFP Someso aposta pola dixitalización do centro. O Plan Dixital debe ser un impulso para afianzar este proceso.
Entre os obxectivos recollidos no Plan Anual do centro que, loxicamente, derivan do Proxecto Funcional. Ademais da implantación do Plan Dixital, tamén temos recollidos estes outros obxectivos que están moi relacionados:

  • Fomentar e impulsar o uso pedagóxico das TIC.
  • Ofertar formacións para que o profesorado mellore as súas competencias TICs.
  • Fomentar o uso de ferramentas dixitais.
  • Dixitalizar aqueles modelos existentes cos que traballamos no día a día (solicitudes de permisos para o profesorado, autorizacións para uso da imaxe, etc).
  •  Crear modelos de xestión que permitan crear bases de datos de forma automatizada.   

Breve xustificación do mesmo

A elaboración deste plan dixital do centro lévase a cabo de acordo coa normativa vixente que regula a súa elaboración e implantación:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e posta en práctica do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022   

Proceso de elaboración

 Para a elaboración do Plan Dixital no noso centro leváronse a cabo diferentes actividades de xeito secuencial e ordenado.

  • Nun primeiro momento constituíuse o equipo de plan dixital, formado por 4 persoas: o director, a responsable de TICs e dous profesores máis (unha deles a coordinadora do plan). 
  • As primeiras accións levadas á cabo polo equipo consistiron en conseguir información relativa ó estado actual de dixitalización na comunidade educativa. De xeito que se informou e fomentou a participación nas enquisas SELFIE e CDD.
  • A continuación elaborouse o documento DAFO coa información obtida.
  • E seguindo co traballo, fíxose a selección de obxectivos prioritarios a acadar (que debían ser específicos, medibles, alcanzables, relevantes e temporalizados; SMART) e plans de actuación previstos para o vindeiro curso. 
  •  Finalmente redactouse o plan dixital de centro, pensado como un documento vivo que se debe adaptar e completar en cada momento tendo en conta as circunstancias e casuísticas que vaian aparecendo.
  • Despois de un ano de implantación do plan incial procedemos a ir actualizándoo anulamente.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para levar a cabo a análise DAFO fíxose uso de diferentes ferramentas facilitadas pola administración educativa. Por unha banda a autoavaliación SELFIE aportou interesante información.
E por outra banda, tamén se empregaron os resultados obtidos do Test CDD deseñado pola propia consellería de educación e que foi implementado na plataforma FProfe.

O resultado presentase no DAFO que se amosa a continuación.

Interno
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H11. O alumnado non aprende a codificar/programar no centro. Alumnado Si
Debilidade H10.Parte alumnado adoece de coñecemento de uso de ferramentas de ofimática básica, e sistemas de comunicación virtual. Alumnado Si
Debilidade C1.Rede Ethernet do centro con cable de cobre que presenta colos de botella. Infraestruturas Si
Debilidade C2.Parte importante dos equipos antigos está desactualizados e teñen características que non se axustan ós requirimentos do software actual. Infraestruturas Si
Debilidade A6.Non existe participación das empresas no plan dixital do centro. Organización de centro Non
Debilidade D3.Escaso debate e intercambio de experiencias sobre o uso de tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade B1.Falta de avaliación do progreso dos procesos de ensinanza aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade F5.Falta de actividades con tecnoloxías dixitais colaborativas para o alumnado. Persoal docente Si
Debilidade G6.Non existen Recursos dixitais para a avaliación do alumnado facendo prácticas en empresa. Persoal docente Non
Debilidade A4.Falta de tempo para elaboración de actividades de aprendizaxe dixitais motivadoras para o alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza C13.O alumnado pode acceder e traballar no centro cos seus propios dispositivos. Alumnado Non
Fortaleza C3.Conectividade no centro (internet). Infraestruturas Non
Fortaleza C7.Protocolo de seguridade para a xestión da protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza C8.Recursos e infraestrutura dixital como respaldo da aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza C5.Asistencia técnica propia para soporte de dispositivos dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C11.Existen medidas para identificar dificultades que xurdan na aprendizaxe mixta. Organización de centro Non
Fortaleza C8.Equipos informáticos a disposición do alumnado. Organización de centro Non
Fortaleza F8.Faise uso de tecnoloxías dixitais coa fin de orientación profesional. Organización de centro Non
Fortaleza E3.Uso de entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza E4.Comunicación coa comunidade educativa a través de tecnoloxía dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Apoio por parte do equipo directivo do uso de tecnoloxía dixitais con fins de avaliación. Persoal docente Non
Fortaleza A3.Apoio ó profesorado na aprendizaxe e implantación de novas modalidades de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza D2.Parte dos integrantes do claustro moi cualificados e polivalentes en canto a tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E2.Creación de recursos dixitais por parte dos docentes. Persoal docente Non
Fortaleza B1.Emprego de tecnoloxías dixitais para avaliación de desempeños. Persoal docente Non
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A4.Excesiva burocracia para a solicitude de equipamentos. Administración educativa Non
Ameaza A4.Sobrecarga de traballo por parte do persoal docente en centros integrados (excesiva burocracia e protocolos) Administración educativa Non
Ameaza C11.Falta de acceso a dispositivos do alumnado a equipos dixitais con capacidade suficiente fóra do centro. Contorna Non
Ameaza Estabilidade laboral do persoal docente excasa (interinos e substitutos) Lexislación Non
Ameaza A6.Dificultade con pequenas empresas, reticentes a facer certos trámites de xeito dixital. Outras Si
Oportunidade C5.Asistencia técnica para soporte de dispositivos dixitais (AMTEGA). Administración educativa Si
Oportunidade C10.Equipos informáticos a disposición do alumnado. Administración educativa Si
Oportunidade A5.Existencia de recursos educativos dixitais libres. Administración educativa Si
Oportunidade Convocatorias que promoven a dixitalización. Lexislación Si
Oportunidade C7.Existencia de sistemas de protección de datos. Lexislación Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez levados acabo os test SELFIE e o cuestionario TCDD e empregando os resultados dos mesmos, o Equipo de Dinamización do Plan Dixiral do centro xerou unha análise DAFO que permite o
coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover na medida do posible o uso de software libre para monitorización de equipos
O02PD Promover a formación en TICs do profesorado
O03PD Poñer en marcha de pantallas dixitais de proxección para aulas informáticas
O04PD Poñer en funcionamento carritos wifi para equipar aulas non informáticas dos medios precisos para poder empregar ordenadores de xeito ocasional
O05PD Crear un repositorio de fotografías de todo o centro (imaxe corporativa)

Seguimento

Procedemento
  • O Equipo de Dinamización do Plan Dixital realizará unha reunión trimestral para valorar a evolución do plan.
  • A persoa mentora ADIX realizará visitas ó centro para analizar coa persoa coordinadora do plan do centro o desenvolvemento do mesmo.
  • A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso ó seguimento do mesmo en educalidade para rexistrar a súa evolución.

 

 

1º Trimestre

O seguimento no primeiro trimestre está a facerse dentro dos parámetros previstos. 

As accións van levandose a cabo tal e como se tiña programado, sen que existan diferencias sustanciais co esperado:

-Instalouse un programa de software libre para monitorización de equipos nos equipos de varias aula informáticas.

-Creouse un itinerario do pfpp do centro para formación en TICs do profesorado do centro interesado.

-Localizáronse as imaxes do centro para poder facer un repositorio de imaxes accesible para todo o claustro.

-Determináronse as necesiades de equipamento de carriños wifi para digitalizar aulas sen equipos informáticos para o alumnado.

2º Trimestre

O seguimento no segundo trimestre está a facerse dentro dos parámetros previstos. 

As accións van levándose a cabo tal e como se tiña programado:

-O itinerario do pfpp do centro para formación en TICs do profesorado do centro interesado, xa está en marcha e ten prevista unha formación sobre pantallas dixitais no mes de abril.

-Colgouse no curso da aula virtual de TIC do centro información sobre o uso de software libre para monitorización de equipos.

-Os carriños wifi para digitalizar aulas sen equipos informáticos están montados e está prevista a elaboración dun protocolo para o seu uso.

3º Trimestre

O seguimento no terceiro trimestre fíxose dentro dos parámetros previstos.  As accións previstas foron postas en práctica tal e como se tiña programado:

-O itinerario do pfpp do centro para formación en TICs do profesorado do centro interesado foi un éxito, con formación sobre pantallas dixitais e pequenas minipílulas de uso de software de monitorización de equipos, videoconferencias. office 365....

-Colgouse no curso da aula virtual de TIC do centro información sobre o uso de software libre para monitorización e dispoñibilidade de equipos informáticos portátiles .

-Fixose un apartado na AV de TIC coas as imaxes do centro (imaxe corporativa) que sirve como repositorio a dispoñibilidade de todo o claustro.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será:

  • Empregando os indicadores xa establecidos nos obxectivos do plan de actuación trimestralmente. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • Tamén existirá unha avaliación final anual. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Valoración xeral

A valoración do plan e implantación do mesmo foi satisfactoria, cumplíndose a totalidade dos obxectivos propostos para o curso académico.

Proposta de mellora

De cara ó vindeiro curso tentarase seguir na dirección xa marcada ata o momento:

-En promoción de uso das TIC entre o profesorado.

-En fomento da dixitalización de procesos de traballo no centro.

-En canto a xestión e fomento do uso das TIC  na relación profesor-alumno.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para darlle  publicidade e difusión ó plan dixital dentro de toda a comunidade educativa levaranse a cabo diferentes accións:

  • Presentación para o seu coñecemento ante o Consello Social.
  • Presentación para o seu coñecemento ante o Claustro de Profesorado.
  • Publicación do plan na web do centro para a difusión entre toda a comunidade educativa.