Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A cidade da Coruña está situada na Península do mesmo nome. O casco vello da cidade ocupa a parte sur da península onde se sitúan entre outros o faro de Hércules e a Praia de San Amaro. O Ensanche coincide coa zona do istmo que une a península co interior, entre o porto e a Bahía do Orzán.

Entre a Cidade Vella e a Torre de Hércules localízase o barrio de Monte Alto-Atochas, (distrito censal 02) parcelacións periféricas e desenvolvementos dos anos 50 con un carácter popular. Ao noroeste desta área, nas inmediacións do monte, estase producindo un forte proceso de  renovación das vivendas mentres que na parte este da península, xunto á Ensenada de San Amaro, sitúase el Polígono de Adormideiras dos anos 70.

No contorno físico onde se ubica o CEIP Plurilingüe Víctor López Seoane é o barrio de Monte Alto, Atochas e Adormideiras. É un barrio cunha poboación de case 30.000 persoas residentes na zona. É unha poboación de idade avanzada, cun alto índice de envellecemento, un nivel socio-económico-cultural baixo e con diferentes realidades sociais (inmigración, problemas familiares, étnicos, etc.). De todos modos, esta poboación convive cun, cada vez maior, número de familias xóves dun nivel socio-económico medio que se están establecendo no barrio.

A estabilidade do padrón coruñés non se distribúe a partes iguais polos seus distritos. A pirámide demográfica do barrio de Monte Alto e Atochas pode presumir de que o seu número de habitantes medra, segundo os datos dos últimos catro años.

Das dez demarcacións no censo de A Coruña, unicamente tres resisten. A primeira, a zona de Monte Alto, Orillamar e Adormideiras. Xa se beneficiaran dun crecemento de case o 1% no quinquenio anterior e repite neste quinquenio dita curva positiva suave.

A presenza das empresas no barrio é moi baixa en relación a outros distritos da cidade, por lo tanto Monte Alto-Atochas é un barrio tipicamente residencial.

Na actualidade constatase unha diversidade de veciños e veciñas de distintos poderes adquisitivos, niveis educativos e sociais. O que permitiu e permite un progresivo aumento da cohesión social no barrio.

Tradicionalmente, Monte Alto foi un barrio muy caracterizado por unha intensa actividade sociocultural. É o  fogar de numerosas agrupacións musicais y culturales, así como cuna de importantes figuras da cultura galega como o escritor Manuel Rivas o a banda musical Os Diplomáticos de Monte-Alto. Na novela e película do escritor Manuel Rivas, El lápiz del carpintero, aparecen diferentes escenarios do barrio, como a antigua Prisión Provincial o a área de fusilamiento de O Campo da Rata (hoy en día Campo dos Menhires).

Dentro do noso Proxecto Educativo de Centro están incluídos os proxectos e plans establecidos a longo prazo polo que os seus obxectivos, metodoloxías e accións deben desenvolverse progresivamente, con carácter anual. Seguindo esta liña, está incluído o Plan Dixital dende o curso 2021-22.

Os centros educativos forman parte dun mundo en cambio permanente e dunha sociedade e mercado laboral cada vez máis dixitalizado e por esa razón, os centros educativos deben dar resposta a esas necesidades e demandas da sociedade e mercado laboral para poder formar ciudadanos do futuro coas competencias necesarias para desenvolverse nun entorno dixitalizado. O uso da tecnoloxía nas diversas prácticas que teñen lugar nunha organización escolar, desde as relacionadas coas cuestións organizativas, ata as propias dos procesos de ensinanza-aprendizaxe é xa ineludible. A Educación é un recurso clave para asegurar a igualdade social, a promoción das persoas e máis xenericamente a mellora das condicións de vida de comunidades e persoas. Así pois, a Estratexia Europa 2020 recoñece a necesidades dunha transformación dos sistemas de educación e formación que garantice a adquisición de competencias dixitais, que a súa vez permitan aproveitar as oportunidades. Por outra parte, as organizacións educativas teñen a necesidade de revisar a súas estratexias co obxectivo de mellorar a súa capacidade para promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais.

Mediante este plan preténdese:

a. Avaliar a situación do centro educativo en relación co uso da innovación e as TIC nos distintos elementos clave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes, para poder, a continuación, diseñar e emprender un proceso de transformación no centro.

b. Recoñecer o Plan anual dixital como un recurso clave para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa.

c. Transformar o centro educativo nunha organización que aprende, sendo só posible se é unha organización dixitalmente competente.

d. Valorar as implicacións das organziacións escolares para desenvolver unha cultura dixital nas mesmas.

A normativa aplicable en relación co Plan Dixital do noso centro é a seguinte:

a. Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

b. Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

c. Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

d. Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Auto¿noma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

e. Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

f. Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, Test CDD e outras fontes realizadas no curso 21/22, o equipo puido xenerar unha análise DAFO (Debilidades, Amenazas, Fortalezas e Oportunidades) que revisa e actualiza anualmente no curso 22/23 e na actualidade.

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade G6 Pontenciar a crítica constructiva entre o alumnado de cara aos seus traballos nun entorno dixital. Alumnado Non
Debilidade H3 O alumnado ten a creencia errónea de que sabe manexarse en internet de maneira responsable. Alumnado Si
Debilidade A1. O centro non ten unha estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade F5 Utilizar a tecnoloxía para traballar en grupo. Persoal docente Non
Debilidade G5 Autorreflexión sobre a aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza H13 Gracias o uso das novas tecnoloxías o alumnado aprende a manexar programas, elaborar traballos, resolver problemas técnicos que xurdan... Alumnado Non
Fortaleza C8+C10+C2 Dispositivos dixitais para o aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza F1 Adaptación ás necesidades do alumnado: inténtase adaptar o horario para cubrir as necesidades do alumnado en canto as tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensinanza . Persoal docente Non
Fortaleza F4 Implicación do alumnado. Persoal docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C14 Certos espazos do centro non tenñen conexión se non é por cable. Administración educativa Si
Ameaza C5 Asistencia técnica. Administración educativa Si
Ameaza A4 A administración non deixa tempo no horario para investigar e preparar os coñecementos do docente sobre as tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza B4 Baixa competencia dixital das familias cun acceso limitado por parte do alumnado a unha conexión dixital estable nas súas casas. O 34% do alumnado non usa nunca a tecnoloxía fora do centro con fins de aprendizaxe. Outras Non
Oportunidade A1 O centro conta cunha estratexia dixital en 5º e 6º EP grazas o proxecto EDIXGAL da Consellería. Administración educativa Non
Oportunidade C3 O alumnado e profesorado de 5º e 6º EP pode levar a cabo o proceso de E-A grazas a contar cunha wifi Abalar da Conselleria. Administración educativa Non
Oportunidade E4 O centro emprega servizos dixitais educativos corportaivos (web, aula virtual, videoconferencia, abalar, correo corporativo...) para difundir a información do centro e o ensino virtual. Administración educativa Non
Oportunidade E3.- Pódese facer un seguimento das tarefas a través da aula virtual do centro e /ou do EVA do proxecto Edixgal na maioría das materias. Administración educativa Non
Oportunidade D2.- Particípase en actividades formativas individuais organizadas pola administración educativa para a actualización das competencias dixitais do profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade C3 Centro con conexión wifi. Administración educativa Non
Oportunidade C2 Dispositivos dixitais para o ensino. Administración educativa Non
Oportunidade E5 Recursos educativos abertos. Lexislación Non
Oportunidade B4.- Colaboración con outros organismos (policía...) para apoiar o uso responsable das tecnoloxías dixitais. Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da análise DAFO detectamos algunhas amenazas e debilidades que son prioritarias como centro e que levaremos a cabo ao longo do curso e intentaremos subsanar cos obxectivos propostos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Reorganizar os espazos do centro educativo para facilitar a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais.
O2PD Fomentar as destrezas necesarias para alcanzar as competencias dixitais nos diferentes ciclos.
O3PD Cambiar a creencia errónea do alumnado sobre o uso do manexo de internet de maneira responsable.

Seguimento

Procedemento

O equipo do Plan Dixital reunirase trimestralmente para realizar un seguimento do proxecto. Ademais contamos co seguimento e colaboración da mentora Adix.

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre organizáronse os espazos da aula virtual e os horarios para que todo o alumnado de primaria poda realizar actividades nela.

Ademais, nesta aula contamos con ordenadores para poder levar a toda a clase (25 alumnos e alumnas) na mesma sesión ou levar os ordenadores emprestados ás aulas titorías para traballar con eles.

Empezamos a traballar diferentes actividades dixitais:

Educación infantil, as titoras e profesorado especialista inician o traballo de actividades na aula cos scornabots.

En primaria, o alumnado de 1º e 2º preparan diferentes actividades con bee-bots; en 5º e 6º o coordinador de polos creativos está formando ao alumnado en programación (Scratch) para que podan crear algunha actividade para o alumando de 3º e 4º. 

 

2º Trimestre

Durante este trimestre nos cursos de educación infantil seguiron traballando cos scornabots con actividades relacionadas coa horta. 

En primaria, no 1º ciclo, os titores realizaron, a maiores de actividades cos bee-bots, actividades online (tipo genially) con temas da horta, de Rosalía de Castro... 

En 3º e 4º de primaria, o alumnado xa está baixando á aula de informática de maneira grupal, para realizar traballos cos ordenadores e tablets. 

No 3º ciclo, o alumnado segue traballando na aula con programación (Scratch) para realizar algunhas actividades no 3º trimestre co alumnado do programa TEI.  

 

3º Trimestre

- Formación do profesorado en Pensamento computacional e robótica educativa. 

- Formación do alumnado do 3º ciclo en técnicas de seguridade de internet por parte da policía co proxecto de Plan Director.

- Instalación en todas as aulas de Primaria de paneis interactivos. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do Plan Dixital contempla seguimento do proceso e avaliación dos resultado.

Revisión do proceso:

-  Metodoloxía:

-       Recollida das medicións (observacións, estadísticas e cuestionarios)

-       Elaboración dun informe referido aos obxectivos establecidos.

-       Reunión da Comisión TIC para o análise do informe.

-       Acta de conclusións e oportunidades de mellora para o período seguinte.

-  Frecuencia: trimestral.

-  Indicadores:

-       Accións desenvolvidas

-       Participantes nas accións

-       Grado de avance en competencia dixital.

Avaliación dos resultados:

-  Metodoloxía:

-       Informe final dos resultados  respecto aos obxectivos establecidos no Plan Dixital.

-  Frecuencia:

-       Inicio do proxecto: informe do valor inicial, previo ao Plan Dixital, respecto aos obxectivos establecidos no Plan Dixital.

-  Indicadores:

-       Integración dixital no currículo.

-       Comunicación e colaboración dixital da Comunidade Educativa.

-       Seguridade e saúde dixital.

-       Xestión TIC no colexio.

-       Compentencia Dixital Docente.

-       Infraestructuras e equipamento dixital.

Valoración xeral

A avaliación do proxecto neste curso é positiva, xa que se conseguiu alcanzar con éxito os obxectivos propostos: completouse a dotación da aula informática cun horario no que todos podían asistir de maneira grupal, o profesorado formouse en ferramentas dixitais para levar á práctica da aula, e o alumnado contou coa formación para coñecer os perigos do uso de internet.

Proposta de mellora

De cara ao curso 24/25 proponse as seguintes melloras:

- Ter un decálogo do bo uso das ferramentas dixitais da aula feito polo propio alumnado do 3º ciclo.

- Conseguir que o alumnado de 6º EP forme ao alumnado de 4º EP nese uso de ordenadores de cara ao curso seguinte de Edixgal. 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O centro difunde na súa páxina web https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15021536# os logros do alumnado, así como un resumen das actividades extraescolares e complementarias nun caderno de bitácora dixital.