Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

No CEIP Plurilingüe Labaca entendemos a tarefa educativa como proceso de desenvolvemento da personalidade do alumnado, desde perspectivas democráticas de liberdade, tolerancia, integración, espírito crítico en todos os ámbitos da vida persoal, familiar, social e profesional. Apostamos por unha escola ideoloxicamente pluralista, respectuosa coas ideoloxías e crenzas de todos, na procura de dar os alumnos informacións o máis obxectivas posibles para que, progresivamente, formen os seus propios criterios e podan analizar a realidade e tomar decisións responsables. Apostamos por formar cidadáns competentes por e para a vida,e formar ao alumnado de maneira que entenda, comprenda, interiorice e aplique as competencias clave no seu día a día para poder desenvolverse nunha sociedade cambiante. O imparable desenvolvemento tecnolóxico da sociedade está a supoñer retos, impensables hai uns anos, para a educación e a aprendizaxe. A tarefa principal, por tanto, é lograr que o alumnado mellore as súas aprendizaxes coa utilización das tecnoloxías da información. Iso supón configurar un novo escenario nas relacións entre o profesorado, o alumnado e os contidos do ensino, e facelo tamén na avaliación de todo o proceso.

Este Plan Dixital de Centro enténdese coma un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe como no resto de procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo final de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado. Este plan recolle as accións a desenvolver para a mellora da competencia dixital de toda a comunidade educativa, en especial a do profesorado e do alumnado. Tendo en conta o mundo no que vivimos, é necesario abordar a tecnoloxía dende unha perspectiva global deseñando planes baseados nas características dos propios centros educativos e tendo en conta a lexislación vixente tal coma:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

• Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

• Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

A actualización do presente plan está dirixida pola coordinadora do Plan Dixital e guiada por un titor asignado ao noso colexio, o cal forma parte do ADIX 2 Coruña. Para a elaboración do mesmo, partiuse da análise do Plan Dixital vixente o curso pasado, tendo en conta especialmente os obxectivos non acadados ou parcialmente.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

As fontes empregadas para a análise DAFO foron dous test/cuestionarios feitos coa colaboración de dous dos axentes que constitúen a comunidade educativa, tales coma o alumnado e o equipo docente do centro. Estes cuestionarios son, por unha banda, o cuestionario da auto-avaliación SELFIE e por outra o Test CDD (competencia dixital docente).

Auto-avaliación SELFIE: feita no primeiro trimestre do curso 2021/2022 coa colaboración do alumnado, equipo directivo e o resto do equipo docente que levaba polo menos un ano académico no centro educativo.

Test CDD: test dirixido á todo o profesorado do centro e ofrecido pola Xunta a través da plataforma FPROFE. Foi elaborado no segundo trimestre do curso 2021/2022.

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de verificación da calidade da información por parte do alumnado. Alumnado Non
Debilidade Comportamento pouco seguro e responsable das tecnoloxías dixitais do alumnado. Alumnado Non
Debilidade Falta de actualización de equipos e redes dixitais para o ensino-aprendizaxe, xunto cunha asistencia técnica insuficiente. Infraestruturas Si
Debilidade Inexistencia dunha estratexia dixital de centro. Organización de centro Si
Debilidade Non se avalían os progresos en referencia ao uso e manexo das TIC. Organización de centro Non
Debilidade Insuficiente creación de recursos propios para reforzar a labor de ensinanza. Persoal docente Si
Debilidade Insuficiente emprego de prácticas de avaliación facilitadas pola tecnoloxía, incluíndo información e retroalimentación ao alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Insuficiente creación de recursos propios para reforzar a labor de ensinanza. Persoal non docente Si
Fortaleza Experiencia no emprego de dispositivos dixitais e plataformas educativas así como na creación de contidos por parte do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza Profesorado e equipo directivo con boa predisposición de cara a explorar novas modalidades de ensinanza e recibir asesoramento e colaborar tanto interna coma externamente sobre o uso da tecnoloxía. Organización de centro Si
Fortaleza Suficiente participación en proxectos formativos e de innovación. Persoal docente Si
Fortaleza Utilízanse recursos educativos abertos e en liña incluíndo entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza Utilízanse recursos educativos abertos e en liña incluíndo entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal non docente Si
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Dificultade na implementación das TCI debido á falta de recursos e equipamento dixital e tempo para exploralas. Administración educativa Si
Ameaza Falta de actualización de equipos e redes, e insuficiente asistencia técnica. Administración educativa Si
Ameaza Pouca estabilidade nos cambios lexislativos. Lexislación Non
Oportunidade Contorna socioeconómica favorable con acceso maioritario a dispositivos dixitais con conectividade. Contorna Si
Oportunidade Emprego de ferramentas de comunicación para intercambio bidireccional de información coa comunidade educativa. Contorna Si
Oportunidade A nova lexislación aposta un pouco máis polas novas tecnoloxías. Lexislación Non
Oportunidade Existen canles de comunicación corporativa e doutra índole para a colaboración con outros centros e entidades. Outras Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

En base ao análise DAFO realizado no noso centro educativo, considérase prioritaria a realización dun inventario pormenorizado de todo o equipamento dixital do colexio. É importante coñecer o estado no que se atopan todos os equipos inventariables como punto de partida para a relizar unha actualización dos mesmos, xa sexa a través da petición ás Administracións educativas correspondentes ou a través da adquisición a cargo dos gastos de funcionamento xerais. Unha vez recollida a información poderase realizar unha xestión máis eficaz en base ás necesidades reais, de maneira efectiva e sostible.

Tamén se priorizarán as prácticas docentes facilitadas pola tecnoloxía, empregando recursos educativos realizados por outras persoas ou entidades respectando a propiedade intelectual ou creando recursos propios adaptados á realidade educativa para reforzar a labor de ensinanza.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Impulsar a comunicación entre o centro e as familias mediante o uso da páxina web e o espazo Abalar.
O02PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital. (B3)
O03PD Actualizar e/ou renovar dispositivos dixitais e redes do centro. (C8)
O04PD Potenciar o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado. (E3)
O05PD Adaptar actividades de aprendizaxe dixitais á diversidade e necesidades do alumnado.

Seguimento

Procedemento

- 1 reunión trimestral na que se valoran as accións e obxectivos realizados en ese trimestre, dificultades atopadas e posibles modificacións/aprazamentos de accións.

1º Trimestre

Fíxose o correspondente seguimento das diferentes accións relacionadas cos diferentes obxectivos plantexados para este curso académico. As accións destinadas para este trimestre foron acadadas na súa maioría tendo en conta que algunha delas non está baixo o noso control. 

Seguimos esperando a aplicación para facer o inventario do centro, así como a recibir tanto os paneis dixitais que quedan pendentes coma os equipos informáticos para o equipo directivo. 

Polo resto de accións, estánse a levar a cabo.

2º Trimestre

Revisáronse as accións correspondentes para este trimestre. Todas as accións restantes estánse a levar a cabo xa que teñen data posterior ao remate deste trimestre. A maioria delas estánse a levar a cabo dunha maneira óptima. 

Como no trimestre pasado, seguimos pendentes da aplicación para facer o inventario do centro, así como a recibir os paneis dixitais que quedan pendentes. Non se recibiron os equipos informáticos para o equipo directivo, pero si en cambio dous equipos para ubicálos noutras localizacións do centro. Con estes equipos fíxose unha reestructuración e retirada dos máis vellos. 

3º Trimestre

Revisáronse e cumprimentáronse todas as accións, indicadores e obxectivos correspondentes para este trimestre, rematando así o Plan Dixital para este curso académico.

Como no trimestre pasado, seguimos pendentes da aplicación para facer o inventario do centro, así como a recibir os paneis dixitais que quedan pendentes. Non se recibiron aínda os equipos informáticos para o equipo directivo.  

Entre os obxectivos, queda parcialmente acadado o número 5 derivado dos constantes cambios no Departamento de Orientación do centro. E tamén queda parcilamente acadado o número 3 xa que, como menciona o parágrafo anterior, aínda quedan pendentes de recibir os paneis dixitais de dous cursos. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de avaliación constará de varios momentos. Un primeiro momento referido a avaliación continua, a cal farase cunha frecuencia trimestral coma mínimo valorando aspectos como o estado de execución e a posta en marcha das accións presentadas nas táboas dos obxectivos, a análise e valoracións dos resultados obtidos, e de ser o caso, a posible modificación desas accións mencionadas así coma as propostas de mellora. O segundo momento desta avaliación fai referencia a unha avaliación final na que a frecuencia neste caso será dunha vez ao ano, marcada esta ao final do curso escolar. Nesta valoración teranse en conta aspectos coma os obxectivos marcados no Plan de Acción e a súa consecución, así como os aspectos a mellorar e as súas propostas. Con este proceso de avaliación conseguirase chegar ao desenvolvemento dunha nova versión deste plan, co fin de mellorar a competencia dixital da comunidade educativa.

Valoración xeral

O desenvolvemento do Plan Dixital levouse a cabo dentro das posibilidades do noso centro educativo e tendo en conta que é importante ter un enfoque dun proceso que é continuo e evolutivo no tempo. Sendo este o segundo ano que se aplicou dito plan, seguiu sendo un reto para toda a comunidade educativa e seguiron sendo varios os factores que condicionaron o desenvolvemento do mesmo, como por exemplo, e de novo, a dotación tecnolóxica do centro, a formación e capacitación dos docentes ou a dispoñibilidade de recursos dixitais axeitados para as diferentes metodoloxías do proceso de ensino-aprendizaxe. Os obxectivos marcados para este curso académico foron acadados a excepción do número 3 e 5 que quedaron parcialmente acadados. Este último relacionado co departamento de orientación e que debido aos cambios no persoal durante todo o curso, igual que pasou na aplicación do primeiro Plan Dixital, decidiuse deixalo e reformulalo para o vindeiro curso.

 

Proposta de mellora

Seguir marcando obxectivos cunha perspectiva máis ampla no tempo xa que algúns dos prospostos para este curso, aínda que se levaron a cabo, sería mellor marcalos para máis adiante. Realizar una nova avaliación das necesidades tecnolóxicas e recursos dispoñibles no centro para poder determinar que recursos adicionais son necesarios. Poñer de novo o obxectivo de facer o inventario xa que segundo informacións da Consellería, queda pendente a chegada de novo material ademais dunha nova app onde poder introducir todos os datos recollidos. Revisar e actualizar, dentro das posibilidades do noso centro, os ítems do DAFO para poder modificar e establecer obxectivos más axeitados ás necesidades do centro educativo. Seguir fomentando a formación dos docentes para a mellora da competencia dixital e por suposto mellora do proceso de ensino-aprendizaxe. Fomentar, de novo, a participación activa de toda a comunidade educativa no Plan Dixital tanto para a toma de decisións coma na implementación de estratexias dixitais.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión farase uso dos recursos dixitais corporativos cos que conta o centro educativo. Neste caso refírense á propia páxina web do colexio (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplabaca/) na que o Plan Dixital estará dispoñible. Ademais, tamén se utilizará a aplicación móbil Abalar para comunicar á toda comunidade educativa, neste caso as familias, de que o plan estará dispoñible no recurso antes mencionado.

A estas ferramentas corporativas únese a nova plataforma corporativa posta en marcha o curso pasado coma es “Educalidade” na cal estarán dispoñibles todos os plans dixitais de todos os centros educativos da comunidade autónoma.