Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O CEE Nosa Señora do Rosario está situado no barrio de Monelos, compartindo recinto co CEIP María Pita e á beira do CEIP Ramón da Sagra e do IES Otero Pedrayo. O CEE  créase en 1964, con 3 profesores e 15 alumnos en 3 aulas do colexio Concepción Arenal. Posteriormente foi trasladado a unhas aulas do colexio María Pita ata que en 1985 se inaugura o edificio no que está localizado actualmente. Nos seus inicios foi constituído en réxime de Xunta de Promoción Educativa dependente do Concello da Coruña. No ano 2000 o centro pasa a ser público de réxime xeral e dependente integramente da Xunta de Galicia.  Desde a súa creación o centro estivo compartindo o espazo con centros ordinarios, o que provocou que ademais da función educativa propia, sempre se potenciase a integración do alumnado, sendo unha das características da nosa identidade a modalidade de escolarización combinada.

O CEE Nosa Señora do Rosario escolariza alumnado de entre 3 a 21 anos, conta con comedor de xestión directa para 70 usuarios e 4 rutas de transporte escolar. Ata o curso 2012/2013, as alumnas e alumnos escolarizados no centro eran unicamente rapazas e rapaces con diversidade funcional de tipo auditivo que cursaban a EP e ESO no centro, os servizos educativos completábanse cunha unidade de atención temperá de 0-3 anos (derradeiro curso 2008/2009) e coa atención ambulatoria do centro de recursos na quenda de tarde, dirixida ao alumnado que precisa intervencións específicas de audición e linguaxe matriculados en diferentes centros ordinarios da Comarca da Coruña (en funcionamento desde o curso 1997/1998). Será no curso 2013/2014 cando cambie o perfil de alumnado que accede ao centro, autorizándose as primeiras escolarizacións en modalidade combinada para alumnas e alumnos con graves alteracións na comunicación e/ou linguaxe sen perda auditiva, e no curso 2016/2017 as primeiras matriculacións a tempo completo. Tamén neste curso se implanta o primeiro Programa Formativo de FP Básica “Actividades Domésticas”, seguido no curso 2017/2018 polo PF “Limpeza de Edificios” e no curso 2018/2019 polo PF “Peiteado”.

O Plan Dixital de Centro, de agora en diante PDC, ten que formar parte das señas de identidade do centro e polo tanto contribuír e formar parte do Proxecto Educativo. O alumnado do CEE Nosa Señora do Rosario, alumnado con NEAE, ten que estar formado en tódalas competencias, dependendo das súas capacidades, o que conleva a necesidade de traballar a competencia dixital en todos os niveis e en función das súas capacidades. Os recursos que poidamos ofrecer a través de medios dixitais serán clave para traballar e lograr un maior éxito académico e social.

Actualmente, desde o centro, e para dar resposta ás necesidades dixitais participamos no proxecto Digicraft da Fundación Vodafone, Robótica, Club de Ciencias e Polos Creativos.

É fundamental establecer unha estreita relación entre o PLAMBE e o Plan Dixital xa que no CEE Nosa Señora do Rosario é a Biblioteca o eixe que fai xirar o Proxecto de Centro para cada curso académico.

O PDC contribúe á Programación Xeral Anual do curso 23/24 en catro vías:

  1. Integración das tecnoloxías no día a día.

  2. Mellora da competencia dixital do profesorado e do alumnado.

  3. Renovación da dotación de medios e recursos para o profesorado e alumnado para fomentar a aprendizaxe dixital e así acadar unha mellora académica.

  4. Actualización e renovación da páxina web do centro.

1.2. Breve xustificación do mesmo

  •  Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula á atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Resolución do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2022-2023.

  • Resolución do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do proceso de admisión das ensinanzas de FP de grao básico para o curso 2022-2023.

  • Orde do 21  de abril de 2022 pola que se crea o programa de innovación educativa Polos Creativos e se establece o procedemento para a participación dos centros docentes públicos dependentes desta Consellería.

1.3. Proceso de elaboración

O traballo distribuíuse da seguinte maneira:

a) Análise da situación de partida. Partindo das enquisas para o profesorado e alumando realizadas o curso pasado, que nos deron un diagnóstico das necesidades do centro e das áreas de mellora para inclír no plan dixital.

b) Datos do SELFIE e análise dos resultados no curso anterior.

c) Revisión do plan de acción: propóñense varios obxectivos entre os membros do Plan e escóllense os máis asumibles e funcionais de cara ao curso 23/24.

d) Redacción do PDC: distribuénse os apartados entre os diferentes membros.

e) Difusión do PDC: empregándose as ferramentas tecnolóxicas institucionais.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

2.1. Fontes empregadas para a análise DAFO

      A -Liderado

            Equipo Directivo: Primaria: 3.4 / ESO: 3.8 /  FP: 3.8

            Profesorado: Primaria: 3.9 / ESO: 2.8 / FP: 3.8

            Alumnado: Non hai datos 

B- Colaboración e redes

            Equipo Directivo: Primaria: 2.7 / ESO: 3.5 / FP: 3.5

            Profesorado: Primaria: 2.4 / ESO: 3.5 / FP: 3.5

            Alumnado: ESO: 4 

C- Infraestruturas e Equipos

            Equipo Directivo: Primaria: 2.8 / ESO: 3.6 / FP: 3.4

            Profesorado: Primaria: 3.5 / ESO: 3.9 /  FP: 3.9

            Alumnado: FP: 3.9 

D- Desenvolvemento profesional continuo

            Equipo Directivo: Primaria: 4.7 / ESO: 4.7 / FP: 4.6

            Profesorado: Primaria: 4.1 / ESO: 2.8 / FP: 3.1

            Alumnado: -

E- Pedagoxía: Apoio e Recursos

            Equipo Directivo: Primaria: 4.2 / ESO: 3.9 / FP: 4.1

            Profesorado: Primaria: 4.4 / ESO: 3.7 / FP: 4

            Alumnado: FP: 5 

F- Pedagoxía:

Implementación na aula

            Equipo Directivo: Primaria: 4.2 / ESO: 3.8 / FP: 3.8

            Profesorado: Primaria: 3.2 / ESO: 3 / FP: 3.2

            Alumnado: FP: 4.5

          

G- Prácticas de avaliación

            Equipo Directivo: Primaria: 3 / ESO: 3.2 / FP: 3

            Profesorado: Primaria: 2.3 / ESO: 2.8 / FP: 1.8

            Alumnado: FP: 3.4

H- Competencias dixitais do alumnado

            Equipo Directivo: Primaria: 3.6 / ESO: 3.4 / FP: 3.6

            Profesorado: Primaria: 3.3 / ESO: 3.2 / FP: 3.3

            Alumnado: FP: 4.4

                                                                                   

 

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - O coñecemento das familias a nivel tecnolóxico é limitado. Familias Si
Debilidade - C1. Infraestrutura - C8. Dispositivos dixitais para o aprendizaxe - C11. Brecha dixital: medidas para identificar retos - C15. Tecnoloxías asistenciais. A asistencia técnica non cubre con tódalas necesidades. - C16. Bibliotecas/repositorios en liña Resolución de Incidencias Técnicas. Infraestruturas Si
Debilidade - A4. Falta de tempo para explorar a ensino dixital. - B1. No centro non se avalía con tecnoloxías dixitais os progresos de ensino aprendizaxe. Oferta Si
Debilidade - Dificultades no uso lexislativo referente a protección de datos. Organización de centro Non
Debilidade - 1.5 Práctica reflexiva: escasa reflexión sobre a propia práctica profesional e a colectiva no referente ás tecnoloxías dixitais e á avaliación. - O escaso tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades. AX.PEC 3 As diferentes modalidades de formación organizadas pola A. Educativa non se axustan as nosas necesidades. - Competencia dixital do Profesorado: Mellorable. A5. Dificultades coas normas sobre os dereitos de autos e licenzas de uso. Escasa formación na avaliación. F3. Escaso fomento da creatividade. Persoal docente Si
Debilidade - Non existe intercambio de experien-cias dixitais. Persoal non docente Non
Fortaleza - Utilización no centro de equipos dixitais propiedade do alumnado. Alumnado Si
Fortaleza - Escasa capacitación e habilidades dixitais do alumnado derivadas das súas capacidades. - C10. Escasos dispositivos para o alumnado. - Necesidade de incorporar actividades de aprendizaxe que lle esixan ao alumnado o uso de tecnoloxías dixitais para buscar, avaliar e xestionar información e datos en contornos dixitais. - Escaso uso da Aula Virtual Alumnado Si
Fortaleza - E4. Unha boa comunicación coas familias. Familias Non
Fortaleza - C3. Acceso a internet. O centro dispón de acceso a internet por cable en tódalas aulas e por WIFI en tódalas instalacións. Infraestruturas Si
Fortaleza - A. Pregunta Específica Centro 3 (Equipo Directivo): Dende o centro promovese a participación do profesorado en actividades formativas. Oferta Si
Fortaleza - C12. O centro conta con plans de formación para axudar aos docentes a enfrontarse aos desafíos do ensino mixto. - G8. O profesorado fai un escaso emprego das tecnoloxías na documentación da aprendizaxe do alumnado. Organización de centro Si
Fortaleza - D1. Necesidades de Desenvolvemento Profesional Continuo (DPC). - D2. Moita predisposición á participación no DPC. - Implicación na mellora da competencia dixital. - Creación de recursos en liña. - Predisposición á aprendizaxe. - A3 O profesorado síntese apoiado e participa na mellora da súa competencia dixital. - E4 Os docentes, na súa totalidade, empregan a tecnoloxía dixital na comunicación no centro. - F6 Alta participación en proxectos interdisciplinarios. Persoal docente Si
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - C11. Brecha Dixital. - O centro non dispón de recursos dixitais suficientes como para poder aplicar o Ensino dixital nas aulas: falta de pantallas dixitais. - A4. Deficit horario para poder reflexionar e mellorar os coñecementos tecnolóxicos e dixitais. - Pouca estabilidade do profesorado. - Moita burocracia Administración educativa Si
Ameaza - Falta de comunicación entre os cen-tros que desenvolven proxectos simi-lares. Contorna Si
Ameaza - Dificultades no uso lexislativo referente a protección de datos - A5 No centro, en xeral. non se respectan os dereitos de autor e as licenzas de emprego das tecnoloxías dixitais. Lexislación Si
Ameaza - B3. No centro empregamos en pou-cas ocasións as tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións aínda que as empreguemos para as coordina-cións. - B4. Baixa interacción na realización de proxectos educativos con outras entidades. Outras Non
Oportunidade - C1 O centro conta cunha conexión dixital adecuada e adaptada ao ensino mixto. Administración educativa Si
Oportunidade - Boa relación coa AMPA. ANPA Non
Oportunidade - C1 O centro conta cunha conexión dixital adecuada e adaptada ao ensino mixto. Lexislación Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

+ INTERNOS:

- INFRAESTRUCTURAS- EQUIPAMENTO

Fortalezas: C3

Debilidades: C1, C8, C11, C15, C16

- PERSOAL DOCENTE

Fortalezas: D1, D2, A3, E4, F6

Debilidades: A5, F3

-PERSOAL NON DOCENTE:

Fortalezas: -

Debilidades: C10

- FAMILIA:

Fortalezas: E4

Debilidades:

- OFERTA:

Fortalezas:

Debilidades: A4, B1

- ORGANIZACIÓN DO CENTRO:

Fortalezas: C12, G8

Debilidades:

 

+EXTERNOS

- ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA:

-LEXISLACIÓN

Fortalezas: C1

Debilidades: A5

-CONTORNA

Fortalezas: -

Debilidades:

-ANPA

Fortalezas: Boa relación coa ANPA

Debilidades: -

- OUTRAS ENTIDADES:

Fortalezas:

Debilidades: B3, B4

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a implementación do Plan Dixital
O02PD Actualizar ou renovar dispositivos dixitais do centro
O03PD Actualizar o modelo da nosa páxina web
O04PD Organizar os espazos do centro para crear un aula de informática e así poder facilitar a ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais.
O05PD Dinamizar as RRSS do centro para compartir experiencias e experiencias coa Comunidade Educativa
O06PD Mellorar a competencia dixital docente

Seguimento

Procedemento

Realizarase unha avaliación do proceso a través dunha escala de valoración. Esta escala medirá en catro niveis o grao de adquisición das accións levadas a cabo no plan e os grao de consecución dos resultados vinculados a dito plan. Incluirase tamén un apartado de modificacións e un de propostas de mellora.

Tamén realizarase unha avaliación final que terá en conta os obxectivos a través dunha rúbrica medindo os graos de desempeño de ditos obxectivos e onde incluiremos da mesma forma as propostas de mellora que xurdan na avaliación do proceso.

1º Trimestre

Neste trimestre encamiñamos o traballo de renovación da páxina web, actualizando logos e reorganizandoa. Chegamos á conclusión de que hai que rediseñala para darlle un aspecto máis limpo e máis accesible. 

Aproveitamos este primeiro trimestre para seguir co grupo de traballo para a mellora dixital docente. 

Puxemos en marcha a  aula de Polos Creativos coa creación dun horario de uso para non solapar o uso da mesma

Por outra banda, reestructuramos tamén a Aula Virtual con espazo para grupo e revisando os usuarios e eliminando aos que xa  non están no centro, 

2º Trimestre

Ao final deste trimestre chegaron por fin as pizarras interactivas que estaban solicitadas. 

A posta en marcha das redes sociais quedou un estancada debido aos proxectos nos que estamos inmersos, pero sí demos pinceladas de como queremos que se leven a cabo. Seguiremos un mesmo estilo, sinxelo e dinámico.

Seguimos a traballar no deseño da páxina web e chegamos a conclusión de mudala a Drupal 9. 

3º Trimestre

Este trimestre o traballo centrouse sobre todo en seguir o encamiñado nos trimestres anteriores. Ademáis deuse asesoramento ao claustro, en colaboración coa coordinadora de Polos Creativos,  sobre as dúbidas que lles podesen xurdir sobre o funcionamento dos novos paneis interactivos, así como sobre calquera aspecto relacionado con contidos dixitais. 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizarase unha avaliación do proceso a través dunha escala de valoración. Esta escala medirá en catro niveis o grao de adquisición das accións levadas a cabo no plan e os grao de consecución dos resultados vinculados a dito plan.

Incluirase tamén un apartado de modificacións e un de propostas de mellora.

Tamén realizarase unha avaliación final que terá en conta os obxectivos a través dunha rúbrica medindo os graos de desempeño de ditos obxectivos e onde incluiremos da mesma forma as propostas de mellora que xurdan na avaliación do proceso.

Valoración xeral

En xeral o Plan Dixital mellorou a competencia dixital do centro do equipo docente.

Aínda que queden obxectivos por cumplir, o camiño a seguir está ben encauzado. O equipo docente implicouse na formación dos materiais e equipamentos dotados a través de Polos Creativos, e demandan máis formación para sacar redendemento dos mesmos, polo que de cara o vindeiro curso sería recomendable establecer formación específica para continuar a realizada durante este curso. 

Proposta de mellora

En canto as propostas de mellora estaría ben de cara o vindeiro curso: 

- Rematar o traslado da páxina web a drupal 9

- Dinamizar os blogs e redes sociais do centro, os cales naceron para dar visibilidade ao que se fai dentro dos distintos proxectos e plans, e que debido a carga de traballo, están un pouco abandonados.

- Usar de xeito xeral a Aula virtual como unha ferramenta máis a nivel de centro

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A tarefa de difusión do PDC, ten que ser consecuente con dito plan e deberá facerse a través das ferramentas institucionais dispoñibles: páxina web do centro, abalar móbil e rede Agueiro.

1. PRIMEIRA FASE.

  1. DESTINATARIOS: Difusión entre o profesorado. Consideramos que os primeiros en coñecer o plan deben ser os mestres/as do centro.
  2. MEDIO: A través do correo corporativo edu.xunta.gal
  3. PRAZOS:
  •  1ª semana de xullo do curso 21/22 (mestres do curso actual)
  •  1ª semana de setembro do curso 22/23 (mestres de nova incorporación).

2. SEGUNDA FASE.

  1. DESTINATARIOS: Difusión entre as familias do alumnado.
  2. MEDIO: Páxina web do centro. O PDC incorporarase ao PE no apartado de Documentos de centro no menú Drupal da páxina web do centro.
  3. PRAZOS: 1ª semana de setembro do curso 22/23.

3.TERCEIRA FASE.

  1. DESTINATARIOS: Toda a comunidade educativa.
  2. MEDIO: Abalar móbil e rede Agueiro. Enviarase abalar do centro co enlace a unha páxina de Agueiro onde aparecerán os puntos do plan detallados e diferentes apartados vinculados aos obxectivos e ás accións realizadas a través de probas audiovisuais.
  3. PRAZO. Mes de setembro (abalar) e durante todo o curso, na rede Agueiro.