Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

Introdución

Introdución

Datos do centro:

Centro:  EPAPU "EDUARDO PONDAL"

DIRECCIÓN:  Rúa Educación 3, 2º andar, 15011 A Coruña

Páxina web:  http://www.edu.xunta.gal/centros/epaeduardopondal/

Alumnos matriculados: 714

Número de profesores: 22

ETAPAS EDUCATIVAS QUE SE IMPARTEN:

  • EBI, Ensino Básico Inicial (modalidade presencial e semipresencial)
  • ESA, Ensino Secundario para persoas adultas (modalidade presencial e semipresencial)
  • BACHARELATO réxime adultos (semipresencial)
  • ENSINANZAS NON REGRADAS: galego e castelá para inmigrantes

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O Centro EPA "Eduardo Pondal" é o único centro público específico para educación de persoas adultas da cidade da Coruña. Forma parte dunha rede de 6 centros exclusivamente de alumnado adulto, dependentes da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas de Réxime Especial da Consellería de Educación.

As actividades lévanse a cabo en dous edificios que se encontran en dúas zonas diferentes da cidade: a parte administrativa, dirección, as ensinanzas de EBI, ESA, Bacharelato e Aula Mentor, nas instalacións do Centro de Ensinanzas a Distancia na Rúa Educación 3, que comparte edificio coa UNEd e CEFORE. O ensino de Galego e Castelán para inmigrantes nas instalacións da Praza de Nosa Señora s/n.

A oferta está pensada para todas as persoas maiores de 18 anos, en especial para aqueles que abandonaron o sistema educativo sen unha titulación básica e que queren adquirila ou ben actualizala e acceder a outros niveis. A finalidade básica do centro é impartir os niveis educativos que completen a formación académica do noso alumnado, desde o ensino básico inicial ata o bacharelato, así como a formación en lingua castelá e galega para inmigrantes. 

É unha oferta gratuita e con horarios flexibles que garante os dereitos dos cidadáns a seguirse formando ao longo de toda a vida.

O ámbito de actuación do centro abrangue toda a comarca da Coruña, incluíndo os concellos próximos.

Os horarios establécense en dúas quendas (mañá e tarde) para todas as modalidades de ensino que se imparten, tendo en conta as características do alumnado e os espazos de que dispón o Centro. Revélanse como ferramenta imprescindible para completar este ensino as ferramentas dixitais, especialmente a aula virtual onde hai cursos de todas as materias e ámbitos nos que o profesorado guía aos discentes no seu percorrido pedagóxico. Este ensino para persoas adultas, permite unha grande flexibilidade de horarios, sen limitacións de tempo, lugar ou distancia, podéndose adaptar as circunstancias laborais, persoais e familiares dos alumnos e alumnas.

O alumnado do centro constitué un colectivo moi heteroxéneo desde todos os puntos de vista: idade, motivación, capacidade, etc. Cabe sinalar, porén, algunhas características comúns:

Unha grande parte levan varios anos sen estar escolarizados e carecen xeralmente de hábitos e técnicas de estudo. Por utro lado, o aumento nas porcentaxes de fracaso escolar, a crise laboral xerada pola pandemia actual e a falta de postos de traballo, fan que se incremente o número de alumnos entre 18 e 25 anos que carecen de traballo estable e hábitos de estudo e procuran unha segunda oportunidade, así como alumnos de máis de 30 que se incorporan ás ensinanzas por estar sen traballo e querer completar a súa formación.

Adoitan estar bastante motivados, aínda que por causas diferentes segundo os casos: obtención do título de ensino básico, necesidade de acceder a etapas educativas de nivel superior, desexo de promoción profesional ou cultural, necesidade de axudar ós fillos, etc.

A súa procedencia é moi variada. Na actualidade hai un importante número de persoas procedentes doutros países que carecen de titulación algunha e que precisan dunha atención específica, xa sexa polo descoñecemento tanto de galego como de castelán, como por descoñecemento da historia da nosa comunidade ou do noso estado.

Posúen unha importante bagaxe de experiencias vitais coas que poden compensar as súas deficiencias iniciais indicadas anteriormente.

Por outra banda, temos que considerar unha serie de características do alumnado segundo as seguintes agrupacións:

- Alumnos/as menores de 20 anos de idade, procedentes da ESO que no acadaron a titulación básica. Este alumnado conta cunhas carecterísticas especiais: son adolescentes coa personalidade aínda sen asentar, xeralmente en situación de desemprego, está pouco motivados e mostran, en maior ou menor medida, un rexeitamento pola institución escolar.

- Alumnos/as con contratos de aprendizaxe. Son alumnos/as de idade menor ou igual a 25 anos que están a traballar con esta modalidade de contrato. O acordo de formación inclúe unha dispoñibilidade do 15 % do tempo de traballo semanal para a formación básica, sexa pola modalidade presencial ou a distancia. Tamén neta categoría englóbanse os deportistas de alto rendemento.

- Alumnado que forman parte de grupos de alfabetización e educación básica. Benefícianse das axudas que a Consellería de Educación convoca anualmente ao efecto, asistindo ás clases co grupo correspondente.

- Alumnos/as de Bacharelato pola modalidade a distancia semipresencial. Trátase xeralmente de persoas que están a traballar e que non poden acudir normalmente ás clases presenciais nun IES e que desexan mellorar profesionalmente ou acceder a un nivel educativo superior.

- Alumnado da Aula Mentor. A oferta formativa consiste nunha ampla gama de cursos de ensinanzas non regradas dirixidas a persoas adultas que non precisan de titulación previa e impartido mediante tecnoloxías informáticas e da comunicación telemática a través de Internet.  A oferta de cursos é moi variada: aplicacións informáticas, educación para a saúde, educación infantil, turismo rural, medio ambiente, mantemento de equipos informáticos, xestión de PIMEs, cursos CISCO, etc.

A modalidade de ensino semipresencial que é a maioritaria para o noso alumnado e tamén a dixital co alumnado da Aula Mentor, revela que os recursos a través de medios dixitais son unha seña de identidade do noso ensino no que é fundamental establecer unha estreita relación entre a modalidade semipresencial e o Plan Dixital de Centro (PDC), dentro do cal contemplamos unha mellora dos medios dixitais dispoñibles cuxa obsolescencia é evidente.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Infraestructura, equipamento e servizos dixitais

Descripción xeral

a) Tipo de conexión: Fibra

b) Conexión por cable: 60 (8 impresoras, 2 fotocopiadoras e 50 terminais, entre PCs e portátiles).

c) Conexión WIFI: 4 puntos de acceso que cobren zonas limitadas do centro escolar.

d) Número de aulas, espazos e outras dependencias con conexión: Todas

Equipamento dispoñible

a) Equipos por tipo

  • Sobremesa: 45
  • Portátiles: 5
  • Tabletas: 0

b) Equipos por localización

  • En aulas específicas: 13 na sala de usos múltiples (U.M.)
  • En aulas habituais de clase: 6
  • En dependencias de administración e xestión: 9
  • Noutras dependencias (biblioteca, departamentos, sala do profesorado, ...): 22
  • Sen localización definida: 0

c) Ordenadores por utilización preferente

  • Tarefas administrativas: 9
  • Tarefas educativas e de docencia: 40
  • Non asignados a unha tarefa preferente: 1

Outros equipamentos do centro

Nº de encerados interactivos: 0

Nº de proxectores: 12

Nº de impresoras con escáner: 8

Nº de impresoras sen escáner: 2

Nº de impresoras en rede (conectadas a varios equipos): 2

Nº de impresoras locais (conectadas a un único equipo): 8

Nº de fotocopidadoras: 2

Nº de puntos de acceso WIKI (incluido router WIFI): 4

Sistema CAMEDU (Cámaras web en aulas): 4

Fontes empregadas para a análise  DAFO

A - Liderado

  • Equipo Directivo:  Primaría: 2,5;  ESO: 2,3;  Bach: 2,7
  • Profesorado:  Primaría: 2,9;  ESO: 2,3;  Bach: 2,5

B - Colaboración e redes

  • Equipo Directivo:  Primaría: 2,4;  ESO: 1,9;  Bach: 2,3
  • Profesorado:  Primaría: 2,1;  ESO: 2;  Bach: 2,1
  • Alumnado:  Primaría: 3,3;  ESO: 2,3;  Bach: 2,8

C - Infraestructuras e equipos

  • Equipo Directivo:  Primaría: 2,5;  ESO: 2,2;  Bach: 2,5
  • Profesorado:  Primaría: 2,1;  ESO: 2,1;  Bach: 2,2
  • Alumnado:  Primaría: 3,2;  ESO: 2,8;  Bach: 2,2

D - Desenvolvemento profesional e continuo

  • Equipo Directivo:  Primaría: 3;  ESO: 2,8;  Bach: 2,9
  • Profesorado:  Primaría: 2,8;  ESO: 2,8;  Bach: 2,6

E - Pedagoxía: Apoio e recursos

  • Equipo Directivo:  Primaría: 3,1;  ESO: 3;  Bach: 2,5
  • Profesorado:  Primaría: 3,2;  ESO: 3,3;  Bach: 3,4
  • Alumnado:  Primaría: ---;  ESO: 3,7;  Bach: 3,7

F - Pedagoxía: Implementación na aula

  • Equipo Directivo:  Primaría: 2,2;  ESO: 2,3;  Bach: 2,3
  • Profesorado:  Primaría: 2,7;  ESO: 2,6;  Bach: 2,9
  • Alumnado:  Primaría: 2,8;  ESO: 2,6;  Bach: 2,9

G - Prácticas de avaliación

  • Equipo Directivo:  Primaría: 2,3;  ESO: 2,3;  Bach: 2,4
  • Profesorado:  Primaría: 2,3;  ESO: 2,6;  Bach: 2,5
  • Alumnado:  Primaría: ---;  ESO: 2,1;  Bach: 2,6

H -  Competencias dixitais do alumnado

  • Equipo Directivo:  Primaría: 2,2;  ESO: 2,4;  Bach: 2,6
  • Profesorado:  Primaría: 2,3;  ESO: 2,3;  Bach: 2,5
  • Alumnado:  Primaría: 3,1;  ESO: 2,2;  Bach: 2,8

Participación segundo perfil do profesorado

  • Definitivo:  Nº profesorado que participa: 7;  Nº profesorado total: 12;  % Participación:  58,3 %
  • Provisional:  Nº profesorado que participa: 1;  Nº profesorado total: 8;  % Participación:  12,5 %
  • Interino:  Nº profesorado que participa: 3;  Nº profesorado total: 6;  % Participación:  50 %
  • Substituto:  Nº profesorado que participa: 1;  Nº profesorado total: 1;  % Participación:  100 %

Puntuación e nivel de competencia do Centro

  • Puntuación media do test (sobre 192):  80,5;  Nivel de Competencia:  Integrador/a (B1)
  • Puntuación media do test en Galicia (sobre 192):  76,4;  Nivel de Competencia en Galicia:  Integrador/a (B1)

Puntuación e nivel de competencia por etapas

ESO

  • Puntuación media do test (sobre 192):  92,5;  Nivel de Competencia:  Integrador/a (B1)
  • Puntuación media do test en Galicia (sobre 192):  78,4;  Nivel de Competencia en Galicia:  Integrador/a (B1)

BACHARELATO

  • Puntuación media do test (sobre 192):  54,5;  Nivel de Competencia:  Explorador/a (A2)
  • Puntuación media do test en Galicia (sobre 192):  77,9;  Nivel de Competencia en Galicia:  Integrador/a (B1)

F. P.

  • Puntuación media do test (sobre 192):  62,3;  Nivel de Competencia:  Explorador/a (A2)
  • Puntuación media do test en Galicia (sobre 192):  76;  Nivel de Competencia en Galicia:  Integrador/a (B1)

Distribución do profesorado por niveis

  • A1: 1  (8,3 %)
  • A2: 5  (41,7 %)
  • B1: 2  (16,7 %)
  • B2: 3  (25 %)
  • C1: 0  (0 %)
  • C2: 1  (8,3 %)
  • Total:  12  (100 %)
Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H4 O alumnado non comproba a fiabilidade da información que atopa en internet. Alumnado Non
Debilidade C5 A asistencia técnica non cubre as necesidades do centro. Infraestruturas Non
Debilidade B1 No centro non se avalía con tecnoloxías dixitais os progresos de ensino aprendizaxe Oferta Non
Debilidade A estratexía dixital do centro está deseñada só a medio prazo. Está centrada en actividades concretas e non en obxectivos Organización de centro Non
Debilidade F6 Baixa participación en proxectos interdisciplinares. G5 Baixo emprego de tecnoloxías na autorreflexión do alumnado sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Elevado porcentaxe do profesorado con destino provisional Persoal docente Non
Fortaleza H1 O alumnado aprende a actuar de maneira segura en internet. H3 O alumnado aprende a actuar de maneira responsable en internet. H8 O alumnado do centro aprende a comunicarse utilizando as tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Concienciación por parte do equipo directivo da importancia do uso das TIC e da realización dun Plan Dixital do Centro real e práctico. Infraestruturas Non
Fortaleza A1 O centro emprega novas metodoloxías que integran as tecnoloxías Oferta Non
Fortaleza C12 O centro conta con plans de formación para axudar aos docentes a enfrontarse aos desafios do ensino mixto Organización de centro Non
Fortaleza A3 O profesorado síntese apoiado e participa na mellora da súa competencia dixital D2 Todo o profesorado ten acceso a un desenvolvemento profesional continuo (DPC). E4 Os docentes, na súa totalidade, empregan a tecnoloxía dixital na comunicación no centro. Persoal docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A4 Deficit horario para poder reflexionar e mellorar os coñecementos tecnolóxicos Administración educativa Non
Ameaza A constatación de que as leis educativas dependen máis de criterios políticos que pedagóxicos, polo que os docentes teñen a sensación de estar a traballar para un enfoque que pode non ter un percorrido suficiente que xustifique as innovacións pedagóxicas necesarias que deben acompañar ao uso das novas tecnoloxías. Lexislación Non
Ameaza B4 Baixa interacción na realización de proxectos educativos con outras entidades. Outras Non
Oportunidade O centro conta cunha infraestrutura dixital adecuada e adaptada ao ensino mixto (moodle, webex, ...). Os recursos dixitais (aplicacións e recursos didácticos) que poñen ao dispor dos centros educativos. O propio Plan Dixital de Centro supón unha oportunidade de integrar mellor as novas tecnoloxías no Proxecto Educativo de Centro Administración educativa Non
Oportunidade A5 No centro respéctanse os dereitos de autor e as licenzas de emprego das tecnoloxías dixitais. Lexislación Non
Oportunidade C11 No centro dispoñemos de medidas para identificar as dificultades de aprendizaxe mixta para evitar a fractura dixital. Os servizos de formación e colaboración proporcionados por entidades como CFR, AULA MENTOR, AMTEGA, PLATEGA,... Poden facilitar o traballo en rede e o acceso a coñecementos e ferramentas útiles para o traballo na aula Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Plan de Acción

O plan de acción está encamiñado a consolidar no centro as incorporacións tecnolóxicas que se comezaron a levar a cabo nos pasados cursos como, por exemplo:

  • Comunicación coas familias a través de Abalar Móbil
  • Utilización das pantallas dixitais interactivas
  • Emprego da aula virtual como complemento a formación presencial.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Deseñar unha estratexia dixital enfocada ao seguimento do Plan Dixital
02PD Desenvolvemento de cursos de alfabetización dixital ao longo do curso como centro de capacitación dixital autorizado
03PD Mellorar a competencia dixital dos docentes do centro EPAPU
04PD Elaboración de materiais didácticos

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será:

-   En canto a avaliación procesual, realizarase nas datas reflectidas nas distintas descricións das accións, como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

-   Antes do 30 de xuño realizarase unha avaliación final que incluirá, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Obxectivo 1:

Dotar a aula virtual de contidos e recursos para o profesorado e alumnado (D3/E1/B3)

Graos de desempeño

  • Non se engadiron recursos ou menos do 30 %
  • Engadíronse entre o  30 %  e  o  50 % dos recursos previstos
  • Engadíronse entre o  50 %  e  o  80 % dos recursos previstos
  • Engadíronse entre o  80 %  e  o  100 % dos recursos previstos

Execución das accións para acadar os obxectivos do plan dixital (valoración de 1 a 4): 3

Resultados vinculados ás accións levadas a acabo (valoración de 1 a 4): 3

(*)  (1)  Non acadado,  (2) En proceso,  (3) Acadado,  (4) Modificado

(*")  (1)  Nada satisfactorio,  (2) Non concluinte,  (3) Aceptable,  (4) Moi satisfactorio

Obxectivo 2:

Empregar o sistema de avaliación de moodle para volcar os datos de avaliación do alumnado (G1)

Graos de desempeño

  • Entre 1 e 2 profesores/as empregan o sistema de avaliación de moodle
  • Entre 3 e 4 profesores/as empregan o sistema de avaliación de moodle
  • Entre 5 e 6 profesores/as empregan o sistema de avaliación de moodle
  • Todos os profesores/as empregan o sistema de avaliación de moodle

Execución das accións para acadar os obxectivos do plan dixital (valoración de 1 a 4): 1

Resultados vinculados ás accións levadas a acabo (valoración de 1 a 4): 1

(*)  (1)  Non acadado,  (2) En proceso,  (3) Acadado,  (4) Modificado

(*")  (1)  Nada satisfactorio,  (2) Non concluinte,  (3) Aceptable,  (4) Moi satisfactorio

Obxectivo 3:

Completar catro cursos de alfabetización dixital ao longo do curso escolar

Graos de desempeño

  • Obtiveron a certificación dixital o 25 % do alumnado participante
  • Obtiveron a certificación dixital entre o 26 %  e o  50 %  do alumnado participante
  • Obtiveron a certificación dixital o 51 %  e o  75 %  do alumnado participante
  • Obtiveron a certificación dixital o 75 % e o 100 %  do alumnado participante

Execución das accións para acadar os obxectivos do plan dixital (valoración de 1 a 4): 2

Resultados vinculados ás accións levadas a acabo (valoración de 1 a 4): 2

(*)  (1)  Non acadado,  (2) En proceso,  (3) Acadado,  (4) Modificado

(*")  (1)  Nada satisfactorio,  (2) Non concluinte,  (3) Aceptable,  (4) Moi satisfactorio

2º Trimestre

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizarase unha avaliación do proceso a través dunha escala de valoración. Esta escala medirá en catro niveis o grao de adquisición das accións levadas a abo no plan e os graos de consecución dos resultados vinculados a dito plan.

Tamén se incluirá un apartado de modificacións e un de propostas de mellora.

Realizarase tamén unha avaliación final que terá en conta os obxectivos a través dunha rúbrica medindo os graos de desempeño de ditos obxectivos e onde incluiremos da mesma forma as propostas de mellora que xurdan na avaliación do proceso.

AVALIACIÓN DA EXECUCIÓN DO PLAN POR TRIMESTRES

1º TRIMESTRE

Execución das accións para acadar os obxectivos do plan dixital (valoración de 1 a 4): (*)

Resultados vinculados ás accións levadas a acabo (valoración de 1 a 4): (**)

Acción:

Modificación:

2º TRIMESTRE

Execución das accións para acadar os obxectivos do plan dixital (valoración de 1 a 4): (*)

Resultados vinculados ás accións levadas a acabo (valoración de 1 a 4): (**)

Acción:

Modificación:

3º TRIMESTRE

Execución das accións para acadar os obxectivos do plan dixital (valoración de 1 a 4): (*)

Resultados vinculados ás accións levadas a acabo (valoración de 1 a 4): (**)

Acción:

Modificación:

(*)  (1)  Non acadado,  (2) En proceso,  (3) Acadado,  (4) Modificado

(*")  (1)  Nada satisfactorio,  (2) Non concluinte,  (3) Aceptable,  (4) Moi satisfactorio

RÚBRICA AVALIACIÓN FINAL DO PDC

Obxectivo 1:

Dotar a aula virtual de contidos e recursos para o profesorado e alumnado (D3/E1/B3)

Graos de desempeño

  • Non se engadiron recursos ou menos do 30 %
  • Engadíronse entre o  30 %  e  o  50 % dos recursos previstos
  • Engadíronse entre o  50 %  e  o  80 % dos recursos previstos
  • Engadíronse entre o  80 %  e  o  100 % dos recursos previstos

Obxectivo 2:

Empregar o sistema de avaliación de moodle para volcar os datos de avaliación do alumnado (G1)

Graos de desempeño

  • Entre 1 e 2 profesores/as empregan o sistema de avaliación de moodle
  • Entre 3 e 4 profesores/as empregan o sistema de avaliación de moodle
  • Entre 5 e 6 profesores/as empregan o sistema de avaliación de moodle
  • Todos os profesores/as empregan o sistema de avaliación de moodle

Obxectivo 3:

Completar catro cursos de alfabetización dixital ao longo do curso escolar

Graos de desempeño

  • Obtiveron a certificación dixital o 25 % do alumnado participante
  • Obtiveron a certificación dixital entre o 26 %  e o  50 %  do alumnado participante
  • Obtiveron a certificación dixital o 51 %  e o  75 %  do alumnado participante
  • Obtiveron a certificación dixital o 75 % e o 100 %  do alumnado participante
Valoración xeral

Dotouse as Aulas Virtuais das distintas materias de suficientes recursos e contidos para o alumnado, acadándose prácticamente o 100% do obxectivo 1.

En referencia ao obxectivo 2 (avaliación por moodle) fixéronse algunhas probas que nos levaron a determinar que no noso Centro non é efectiva xa que o alumnado non dispón dun ordenador de xeito continuado.

Por último, levaronse a cabo os catro cursos de alfabetización dixital previstos acadándose resultados positivos.

Proposta de mellora

Construcción dunha nova aula de informática.

Dotar aos departamentos e profesorado de equipamento informático actualizado.

Organización de outros catro cursos de competencias dixitais de grao medio.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A tarefa de difusión do PDC, ten que ser consecuente con dito plan e deberá facerse a través das ferramentas institucionais dispoñibles: páxina web do centro, AbalarBox e Abalar móvil.

1. PRIMEIRA FASE

DESTINATARIOS:  Difusión entre o profesorado. Consideramos que os primeiros en coñecer o plan deben ser o profesorado do centro.

MEDIO: A través do  enlace enviado a través do correo corporativo edu.xunta.gal

PRAZOS:  Primeira semana de novembro do curso  2023/24 

2. SEGUNDA FASE

DESTINATARIOS:  Difusión entre o alumnado

MEDIO: Páxina web do centro. O PDC incorporarase ao PE no apartado de Documentos de centro no menu Drupal da páxina web do centro. Asimesmo, terá unha subcategoría propia cunha presentación sinalando, diagnóstico de necesidades, obxectivos e accións para levalos a cabo entro outras como puntos destacados

PRAZOS:  Segunda semana de novembro do curso  2023/24

3. TERCEIRA FASE

DESTINATARIOS:  Toda a comunidade educativa

MEDIO: Abalar móvil, AbalarBox e correo electrónico. Enviarase un correo electrónico o Abalar do centro co enlace a unha páxina web do centro onde aparecerán os puntos do plan desglosados e diferentes apartados vinculados aos obxectivos e ás accións previstas. Este medio servirá ademais como instrumento de avaliación do plan a modo de PORTFOLIO DIXITAL.

PRAZOS: Finais do mes de novembro do curso 2023/24.