Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

 Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-20.

Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

O PD implementarase no noso centro nos seguintes documentos e ámbitos:

No PEC incluiríase como un obxectivo en toda a súa amplitude, por tratarse dun documento con maior proxección no tempo.

Contribuirá aos seus obxectivos nestes ámbitos:

- No ámbito de xestión e organización facilitar ao profesorado a dotación de recursos suficientes para o desenvolvemento máis satisfactorio posible da súa actividade docente.

- No ámbito institucional favorecer a participación do profesorado en actividades de formación permanente.

Na PXA salientase o Plan anual dixital como un recurso clave para a planificación da estratexia dixital do centro que precisará da implicación de todo o claustro para o seu desenvolvemento. Propoñeranse algúns obxectivos concretos de entre todas as facetas que abrangue dito plan. Ao final de curso avaliarase o seu logro.

O plan lector será o tempo de ler, un espazo de tempo moi axeitado para consolidar nos alumnos a afección pola lectura inclusive en medios dixitais.

No ámbito institucional, demandaremos formación e medios para avanzar progresivamente no perfeccionamento do PD.

Nas relacións con diferentes membros da comunidade educativa, procurarase dar a maior visibilidade e coñecemento posible do PD, co fin de que o valoren e repercuta así a súa importancia en todo o alumnado.

O plan dixital pretende mellorar a competencia dixital dos membros da comunidade educativa para transformar os centros en organizacións educativas dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de relación.

É preciso facilitar a integración e o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais nos procesos formativos e optimizar a xestión dos recursos humanos e materiais do centro para, así, dar resposta a unha realidade social en permanente cambio e cun uso xeneralizado das tecnoloxías de información e comunicación e cunha necesidade de aprendizaxe permanente na competencia dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

As fontes empregadas para o análise DAFO foron a Autoavaliación SELFIE e o Test CDD.

Do Test CDD obtense a seguinte información, por unha banda, a participación segundo o perfil do profesorado participante no Test CDD, e por outra, a información sobre a puntuación a nivel de competencia do centro e por etapas.

A partir do informe SELFIE, do test CDD e da observación directa e sistemática, chegamos a unha análise DAFO que nos permite coñecer a realidade do noso centro no eido dixital. Revisamos todas as áreas temáticas para identificar valores promedio especialmente altos ou baixos. Deste xeito facemos unha lectura detallada de cada área, comparando diferencias importantes entre ítems e entre as respostas promedio de cada grupo. É así como chegamos a ver aspectos chamativos e posibles causas. Esta análise facilitaranos a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Comunicación e colaboración para compartir experiencias. Estratexia dixital básica. Organización de centro Si
Debilidade Discrepancia entre o equipo directivo e o profesorado en canto a formación en novas modalidades de ensino. Falta de tempo para crear materiais para a aprendizaxe. Discrepancia entre o equipo directivo e o profesorado en canto a valoración do proceso de ensino aprendizaxe con tecnoloxías. Falta de colaboración con outras organizacións. O profesorado considera que se adaptan as tecnoloxías ás necesidades do alumnado. O equipo directivo non tanto. Escaso traballo de Proxectos interdisciplinar. Escasa práctica de avaliación por competencias e con instrumentos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Dispositivos dixitais suficientes. Comportamento seguro e responsable. Verifícase a calidade da información Alumnado Non
Fortaleza O centro conta con infraestrutura, dispositivos, acceso a internet e asistencia técnica. Infraestruturas Si
Fortaleza Novas modalidades de ensino. Oferta Non
Fortaleza Asistencia técnica. O equipo directivo involucra ao profesorado na estratexia dixital de centro. Organización de centro Non
Fortaleza Facilidade para buscar recursos educativos en liña. Canles de comunicación entre a comunidade educativa. Valórase a importancia do DPC e se ten acceso a él. Reflexión sobre as vantaxes e desvantaxes de empregar as tecnoloxías para a aprendizaxe. Persoal docente Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Aspectos demográficos: continua incorporación alumnado doutras culturas. Nivel socioeconómico e cultural. Contorna Non
Ameaza Falta de colaboración con outros centros. Aínda que sí existe con ONGs e co Concello. Outras Non
Oportunidade Infraestruturas, dispositivos e acceso a internet. Administración educativa Si
Oportunidade Protección de datos. Lexislación Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

No Selfie observamos unha participación baixa no grupo de profesorado e no de alumnado, quizais por iso a media das puntuacións en cada unha das áreas é alta. Pensamos que precisamente participou o profesorado do centro máis involucrado e máis preparado.

Os porqués desta realidade situámolos en dúas posibles causas: -A extensión e complexidade dos ítems, que poden repercutir nunha contestación arbitraria.

-A ausencia de adaptación do test ás diferentes etapas (fundamentalmente Infantil e 1ºciclo de Primaria)En canto o baixo índice de participación do alumnado, consideramos que é a consecuencia dun fallo docente, posto que se puxo a disposición dos grupos a aula virtual e a hora de informática, para que cada titor o puidese facer co seu grupo. Aínda así a participación foi dun 44% do alumnado de 5º e 6º cursos.

Ante esta realidade a puntuación obtida nos perfiles de profesorado e alumnado é alta, polo que para analizar os datos establecemos unha puntuación media de 3.

Por outra banda, nalgúns ítems hai diferenzas significativas entre usuarios. Quizais o equipo directivo adopta unha visión máis estrita da realidade. Polo contrario o profesorado ve máis fortalezas. Isto tamén pode deberse a que participou a totalidade do equipo directivo, e menos da metade do profesorado (que pode ser o máis preparado). E o alumnado segue nesa brecha optimista.

Tanto o profesorado como o alumnado consideran que teñen as competencias dixitais suficientes. Non o ve deste xeito o equipo directivo, que considera que poden ser competentes para o que están facendo neste momento, pero non para seguir afondando e abrindo novos camiños.

No punto no que si conflúen ambos usuarios e na área a que ambos outorgan a menor puntuación: Prácticas de avaliación. Aquí observamos unha debilidade.

O centro conta con aula de informática, wifi recén posta e ordenadores e pantallas nas aulas; restaría por acadar que todas esas pantallas foran interactivas. Por iso os tres perfiles de usuarios sitúan en fortaleza a infraestrutura coa que se conta.

Ademais dos medios, o persoal docente é consciente da importancia do DPC. A relación do nivel do profesorado cos entornos virtuais no CDD, no que o índice de participación foi alto, sitúa o persoal no nivel Explorador A2. En Infantil, por exemplo, sitúase por debaixo da media de Galiza, que é Integrador. Necesítase formación en avaliación dixital, licenzas, creación de recursos...

A partir da análise do DAFO e a conseguinte reflexión establécense tres áreas prioritarias de mellora:

- A infraestrutura e equipamento

- Desenvolvemento profesional continuo.

-Prácticas de avaliación

Cada unha destas áreas ten un obxectivo medible, realista e cunha temporalización determinada.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Manter actualizado o inventario dos dispositivos dixitais dispoñibles
O2PD Participación no programa de innovación educativa Polos creativos.
O3PD Deseño de actividades para acadar os indicadores de logro da da Competencia Dixital.

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán:

-Estado das accións

-Analise e valoración dos resultados

-Propostas de mellora

Os obxectivos do plan dixital serán avaliados nas reunións do equipo TIC os meses de novembro (1º trimestre), marzo (2º trimestre) e xuño (3º Trimestre).

 

1º Trimestre

No 1º obxectivo, manter actualizado o inventario, éstase a facer cunha tabla Excell, pendentes da aplicación inventario de AMTEGA. A día de hoxe está actualizado. Iráse engadindo novo material no momento que se reciba.

O 2º obxectivo, o de Polos creativos, está solicitada a formación e estamos pendentes do CFORE. a coordinadora de Polos creativos, vai informando sobre o tratado nas formacións e xuntanzas da Consellería. Polo que se refire a material non se recibiu nada.

O obxectivo 3, o do deseño de actividades é o que máis dificultade está a presentar pola súa complexidade. Pretendemos que sexa de fácil entendemento e fácil de poñer en práctica polo profesorado, para así animar na súa consecución pero atopámonos cun claustro moi heteroxéneo no que ao uso dos medios dixitais se refire.

2º Trimestre

No 1º obxectivo, manter actualizado o inventario, éstase a facer cunha tabla Excell, pendentes da aplicación inventario de AMTEGA. Tras a decisión de que o espazo para o material de polos creativos sexa a aula de informática de inglés, en desuso actualmente, é necesario revisar os equipos informáticos, posiblemente obsoletos, para dalos de baixa ou buscar unha nova ubicación, ben noutra aula ou nesa mesma.

O 2º obxectivo, o de Polos creativos, xa están confirmadas as datas para as docencias, serán no mes de abril os días 9, 16 e 23 de 16:00 a 18:00 e o relator é Javier  Sordo.
Centrarase principalmente nas ferramentas que xa temos no centro para intentar sacarlle partido e comezar entre todos un banco de recursos para o centro (de cara a Polos Creativos). Se a dotación maquinaria de Polos Creativos chegara a tempo,  ensinaría pinceladas básicas no seu manexo.

O obxectivo 3, o do deseño de actividades xa está feito. As actividades propostas están ordeadas por ciclos e adaptadas á idade do alumnado. Están detalladas de tal xeito que facilita a labor do titor na competencia dixital. Queda pendente a comunicación  do documento aos titores.

 

3º Trimestre

- O 1º obxectivo, manter actualizado o inventario, está feito nunha tabla Excell. Os equipos informáticos do espazo para o material de polos creativos foron dados de baixa.

- O 2º obxectivo, o de Polos creativos, determinaronse as tarefas e docencias dentro do PFFP.

  •   A primeira tarefa foi a creación e matriculación dunha aula virtual que funcionará como Banco de recursos para todo o centro.
  •    A segunda tarefa consistiu no visionado de dúas videoformacións a elexir entre 8, para co coñecemento delas, poder establecer pautas na creación da Aula Polos.

           Temáticas das videoconferencias: Tecnoloxías DUA, transformación do espazo,  difusión de contidos,  xestión, creación e documentación, protección de datos, situacións de aprendizaxe, pensamento computacional e  pensamento visual.

  •    A tercera tarefa consistiu na aportación polo equipo de modelos de recorridos True True, recorridos Code & Go, modelos de chapas para festividades, modelos para Lapis 3D e actividades iniciais de pensamento computacional. O resultado destas creacións recóllense na aula virtual.

· Nas datas 9-04-2024, 16-04-2024 e 23-04-2024 lévanse a cabo as sesións de docencias, impartidas por Javier Sordo Ferreiro. Nestas sesións trátanse os seguintes puntos:

  •    A importancia da verticalización de contidos dixitais no centro para favorecer a coordinación entre cursos e etapas
  • A creación dun equipo Polos para o funcionamento da aula.
  •  Exemplos varios de funcionamento da aula Polos
  •  Sistemas variados de comunicación e coordinación (Drive, AbalarBox...)
  •  Materiais robóticos variados que chegarán ao centro como dotación da Consellería. Vantaxes e desvantaxes didácticas dalgúns destes materiais.
  •  E finalmente, experimentación robótica e posibilidades didácticas cos seguintes materiais: máquina de chapas, lapis 3D, LEGO Spike,  LEGO Duplo coa app Coding Express,  MBot e a súa app de control, True True (funcionamento manual e a través da app) e Makey-Makey – programación con Scratch

Do obxectivo 3,  deseño de actividades para a competencia dixital comunicouse o documento aos profesores.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será unha vez ao ano, ao fin do 3º trimestre. 

Os aspectos a considerar incluirán:

-Adecuación dos obxectivos

-Adecuación da temporalización

-Valoración xeral do plan e propostas de mellora

 

Valoración xeral

No desenvolvemento do plan dixital deste curso destacan factores que condicionaron o seu desenvolvemento. O principal factor foi a organización por parte da Consellería dos Polos creativos: o material non chegou este curso; xa comezado o curso informan da necesidade de facer un itinerario do PFFP sobre este tema. Outros factores son as dificultades para cumplir os obxectivos pola carga docente, a pouca disponibilidade horaria, a burocracia, a novidade que supuxo as programacións Proens, participación de case todo o claustro en PFFPs.

No que se refire aos obxectivos, foron acadados o primeiro e o terceiro. O segundo, o referido a polos creativos, está parcialmente acadado.

O obxectivo 1, a actualización do inventario está acadado pero será necesario formularlo en cada curso. O vindeiro curso complicarase máis se se recibe o material de polos, pois precisaría un inventario moi detallad : falta adecuación do espazo. O vindeiro curso irase acomodando  e organizando o material na aula de Polos. 

Así no desenvolvemento do obxectivo 2, o deseño de actividades para acadar os indicadores de logro da competencia dixital do alumnado está acadado pero non é utilizado por unha gran parte do profesorado. Teríamos que conseguir unha maior motivación para o seu uso.

O obxectivo 3: participación no programa de innovación educativa Polos creativos a preparación do espazo non se acadou porque non se recibiu o material. Quedaría pendente para o vindeiro curso. Polo que se refire as accións formativas no marco dun PFPP de 20 horas foi realizado (detallado no seguimento do terceiro trimestre) e a valoración é positiva.

Proposta de mellora

A implementación do plan dixital en vindeiros cursos precisará dunha formación continúa e maior adicación a él. Precisaríamos que os factores anteriormente expostos e que a dificultan fóranse solventando.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

No último consello e claustro do curso 2022-2023 aprobouse o plan dixital do curso 2023-2024. 

Comunicaronse os novos obxectivos no Consello escolar de setembro de 2023 e na CCP do 16 de outubro de 2023.

Unha vez rematado estará accesible na aula virtual na “área do profesorado".