Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O centro atópase na parroquia de San Nicolás de Mosteirón, situada a uns 5 kms do centro de Sada. Dita parroquia está caracterizada por un ámbito semi urbano, no que predominan os espazos verdes e o ámbito natural.

            Atopámonos nun centro ambicioso e con ganas de impulsar a innovación educativa, co cal o traballo interdisciplinar cobra moito sentido; isto fai que todos os plans de centro se axuden entre sí para ser levados a cabo, polo tanto o traballo entre os diferentes equipos e dinamizacións é fundamental.Xa case dende o comezo da andaina do centro pertence á rede abalar e, dende o curso 21.22 está dentro do proxecto E- Dixgal.

Anualmente a través do PDI do centro artéllanse todas as actividades e intenta sacarse o máximo proveito para traballar a temática sobre diversos aspectos: biblioteca, TIC, EDLG… Por iso o Plan dixital estará presente na vindeira PXA seguindo a lexislación marcada.

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educacio¿n.

  • Resolucio¿n do 3 de setembro de 2021, da Secretari¿a xeral de Educacio¿n e Formacio¿n Profesional, pola que se ditan instrucio¿ns para o desen¿o, elaboracio¿n e implementacio¿n do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos pu¿blicos da Comunidade Auto¿noma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenacio¿n e o curri¿culo da educacio¿n infantil na Comunidade Auto¿noma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenacio¿n e o curri¿culo da educacio¿n infantil na Comunidade Auto¿noma de Galicia e se regula a avaliacio¿n nesa etapa educativa.

  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenacio¿n e o curri¿culo da educacio¿n primaria na Comunidade Auto¿noma de Galicia.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenacio¿n e o curri¿culo da educacio¿n primaria na Comunidade Auto¿noma de Galicia e se regula a avaliacio¿n nesa etapa educativa.

Proceso de elaboración.

Dado que, anteriormente xa se tiñan recabado todos os datos necesarios en setembro de 2023 elaborouse o plan dixital.
 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

DAFO

Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Comportamento responsable: O alumnado de hoxe en día ten moito acceso á información instantánea pero pouco coñecemento dos perigos Alumnado Non
Debilidade Creación de contidos dixitais: O alumnado precisa máis formación e recursos para crear contidos. Alumnado Si
Debilidade É preciso que abalarmóbil deixe adxuntar documentos. Familias Non
Debilidade Tamén sería interesante que se crease unha aplicación para cada aula na que poder compartir as actividades (mediante fotos, vídeos, unha exposición) do que estamos facendo. Familias Non
Debilidade En xeral hai pouco control parental, pouca vixilancia do tempo e contidos que emprega o alumnado. Familias Non
Debilidade Protección de datos Información sobre protección de datos insuficiente por parte da administración Infraestruturas Non
Debilidade Fallos no filtro da rede para que o alumnado acceda a contidos inapropiados. Infraestruturas Non
Debilidade Necesidade de equipamento portátil para xestión do centro dende casa cumprindo protección de datos Infraestruturas Non
Debilidade Avaliación do progreso: Precisamos medidas para poder avaliar absolutamente todo de xeito informático. Permisos das aplicacións excesivamente restrictivos: o/a xefe do Dto de orientación non pode acceder á xestión de NEAE. Organización de centro Non
Debilidade Estratexia dixital: Carecemos dela, precisamos dar un impulso Organización de centro Non
Debilidade Colaboración do alumnado: Alumnado acostumado aos dispositivos pero non para a formación académica Persoal docente Non
Debilidade Retroalimentación axeitada: Non se empregan suficientemente ferramentas de retroalimentación dixital da aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Auxiliares de conversa: Non teñen conta edu.xunta Persoal non docente Non
Debilidade É importante sinalar que a gran debilidade é que o persoal non docente non ten acceso a espazo abalar para poder enviar notificacións acordadas no centro, nin correo corporativo nalgúns casos. Persoal non docente Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para a aprendizaxe Alumnado Non
Fortaleza Igual que a anterior. Ambos comentados no apartado de infraestruturas Alumnado Non
Fortaleza O 98% das familias do centro emprega abalarmóbil, o que permite unha comunicación máis eficaz, todas as familias facilitan un correo electrónico, teñen acceso á información a través da páxina web do centro. Familias Non
Fortaleza C1, C2, C3,C8 Dispositivos dixitais para o ensino: Infraestruturas Non
Fortaleza Un ordenador por aula para docencia Carro de tablets Infraestruturas Non
Fortaleza Carro de tablets Impresora 3D Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos de búsqueda na biblioteca Infraestruturas Non
Fortaleza Aulas Edixgal para 5º e 6º Infraestruturas Non
Fortaleza EDIXGAL: Curso 21. 22 comezamos a ser centro edixgal Oferta Non
Fortaleza COMEDOR: Centro con comedor xestionado polo Ies que conta con cociña propia. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: Xestionadas pola ANPA do centro e tamén madrugadores. TRANSPORTE, PLAN DIRECTOR: Acoso, drogas, alcohol xogos...., P Oferta Non
Fortaleza PLANS PROXECTA, PROA +. Actividades encamiñadas á realización de hábitos saudables. Actividades de libre configuración: Máis actividade . máis saudable e oralidade. Oferta Non
Fortaleza enda dixital: A día de hoxe temos a todo o alumando con dificultades para acceso á dispositivos dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza : Novas modalidades de ensino. Somos un centro, que se anima a experimentar con novas propostas ano a ano. Organización de centro Non
Fortaleza Recursos educativos en liña: Busca e crea recursos en liña adaptados ás necesidades e con formato atractivo. Persoal docente Non
Fortaleza E4: Comunicación coa comunidade educativa: As comunicacións coas familias e profesorado realízanse a través de abalar e correo electrónico. Persoal docente Non
Fortaleza Administrativa: para matrícula no XADE e outras xestións empregando as ferramentas de edu.xunta Persoal non docente Non
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva carga burocrática que ralentiza o traballo do día a día. Administración educativa Non
Ameaza Acceso a internet con deficiencias Contorna Non
Ameaza A lexislación debería actualizarse sendo clara e sen dar lugar a dúbidas. A día de hoxe atopámonos con ROC do ano 1997 con correccións de erros do 98, modificacións do 2010, 2011¿. Pero non adaptado á nova realidade educativa. Lexislación Non
Ameaza A lexislación publicada da moito peso ao ámbito emocional, sendo piar básico para a educación do século XXI. Lexislación Non
Ameaza Precisamos máis colaboración do Concello de Sada. Outras Non
Oportunidade Está mellorando as aplicacións informáticas. Comunicación con Inspección Educativa. Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA do centro é colaborativa. Organiza actividade de Robótica ANPA Non
Oportunidade Temos realizado algunha colaboración con ASPACE, realizamos actividades coa reserva da biosfera. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

-        Valoración do punto de partida en cada un dos ítems detectados no DAFO.

-        Detallar todas as necesidades detectadas.

-        Analizar as necesidades prioritaria coa finalidade de establecer os obxectivos que van marcar o Plan dixital.

-        Determinar en cada un dos obxectivos puntos de partida, recursos, responsables…

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Iniciar ao centro nos polos creativos.
O02PD Impulsar no uso da Aula Virtual do centro nos niveis de 1 a 4 de Educación Primaria e 2 ciclo Ed. Infantil.
O03PD Promover o emprego dos recurso TIC que temos no centro.

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre tivéronse dúas reunións coa asesora, ademais de apoio conínuo. 

Indicar que en base aos obxectivos o máis destacable é o seguinte:

  • Obx1: Estivemos en contacto cos responsables de Polos Creativos para ver unha aula modelo. Queda pendente a data por non coincidir na mesma. Está definido o equipo do Polos definido e xa fixeron unha reunión para (A1.1 e 1.2). Está buscando o ponente que vai dar formación no centro.
  • Obx2: Renovouse e preparouse a Aula Virtual para este curso escolar. Analizamos os datos da enquisa do curso anterior e valoraron en función do último curso , as necesidades que non están cubertas (A2.1).
  • Obx3: Está feita a enquisa (3.1) e detectadas as necesidades TIC de Infantil e Primaria. Temos listaxe.
2º Trimestre
  • Obx1: Levouse a cabo a formación a cargo de Xurxo Cobelas. Creouse un equipo TIC de alumnado que ten unha caixa de suxestións e queixa e están comezando a elaborar videotitoriais. (A3.1). Está en proceso de creación un itinerario TIC dende infantil a 6º de Primaria para coñecer o básico que deben de saber en cada curso. Levarémolo a Claustro para engadir ao PE.
  • Obx2. Como non hai confinamento o profesorado non emprega a AV. Non conseguimos avanzar neste obxectivo.So o están a empregar 1º Ed. Primaria B e 3º Ed.Primaria.
  • Obx3. Xa fixemos a listaxe do que teñen e comezaron entre eles e tamén coa formación de Polos. Todo o colexio está empregando a impresora e hai un maior uso dos recurso tecnolóxicos do centro por parte do profesorado.
3º Trimestre
  • Obx1: Logo da formación recibida leváronse a cabo algunhas actividades, pero non todo o desexado dado que non chegou o material de polos creativos. Fixeron outras actividades que non estaban dentro da programación, tendo presente os intereses do alumnado.
  • Obx2: Segue en funcionamento a aula virtual. Estase mercando material para que o poidamos preparar e comezar en setembro a empregalo. Todo isto gracias á participación en grupos de traballos e programas e proxectos da Consellería.
  • Obx3: Está funcionando o equipo de alumnado e os/as mestres/as formando a outros en aspectos que precisan.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

As datas de avaliación coincidirán coas datas da avaliación de cada trimestre e marcarase por porcentaxe de resultados acadados..

Avaliación final. Ao final do ano o equipo realizará a avaliación final do Plan considerando a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valorarase coas táboas que se indicaron anteriormente.

Valoración xeral

O Plan dixital é un plan que no centro desenvolvemos de xeito voluntario, dado que se debemos ir acorde á sociedade é unha demanda que temos que cubrir, pero os obxectivos iniciais poden variar dados os intereses do alumnado e profesorado.

 

Proposta de mellora

- Dende a Consellería debería de haber unha plataforma onde volcar todo o realizado en base a temáticas e non ter que ir volcando en diferentes aplicacións. Por exemplo o Plan dixital desenvólvese gracias a financiacións do centro de formacións e recursos, de radio na biblio e do propio centro, con tal de facer un documento explicando todo sería necesario.

-Ofrecer dotación económica.

-Mellorar esta aplicación, dado que ás veces cubres algúns aspectos e ao gardar tes que volver arriba da pantalla.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Somos conscientes da importancia de facer unha boa difusión desta iniciativa pois na medida en que sexamos capaces de concienciar as comunidade educativa da súa importancia, daremos conseguido un uso responsable das TIC nas nosas vidas para cubrir necesidades educativas.

Promocionarase entre as familias e se colgará na páxina web do colexio.