Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Este Plan Dixital responde á necesidade de unificar e sistematizar todas as iniciativas, actividades e esforzos que se desenvolven no centro, e que están relacionados co uso das ferramentas dixitais para a planificación, o desenvolvemento e a avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe.

Dende fai anos, as chamadas Tecnoloxías da Información e da Comunicación foron gañando presenza e protagonismo nos Centros educativos, sendo ferramentas auxiliares nos diferentes procesos, tanto nos didácticos como nos administrativos, comunicativos…

Na actualidade, as ferramentas dixitais son inherentes á sociedade da que forman parte os docentes e tamén as nenas e nenos, polo que deben formar parte do día a día dos Centros educativos, dado que aportan un valor engadido do que todos somos conscientes.

Polo tanto, este Plan Dixital vén a unificar todas as iniciativas que se desenvolven no Centro relacionadas co uso das Ferramentas Dixitais, conformando un Documento no que se establecen os Obxectivos a conseguir, e un Plan de Acción para cada un deles. O marco normativo que regula a esta acción é o seguinte:

¿ Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

¿ Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

¿ Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

¿ Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro: Melide é un concello do interior de Galicia, situado ó SE da provincia da Coruña, no Camiño de Santiago. Ten uns 102 Km2 .

O concello de Melide ten unha poboación de 7443 habitantes APROXIMADAMENTE, agrupados en 26 parroquias. A capital municipal conta con preto de 4.000. Tamén se observa o fenómeno da inmigración. Prodúcese un avellentamento da poboación debido a que a mortalidade é superior á natalidade.

As familias do alumnado que viven no entorno do centro residen en edificios de pequena altura ou vivendas unifamiliares, que se estenderon nos últimos anos pola nosa zona. Os que viven no rural acostuman a facelo tamén en vivendas unifamiliares.

A maioría dos alumnos/as contan con recursos tecnolóxicos e informáticos nos fogares. Os sectores laborais das familias do alumnado do centro sitúanse nos sectores agrícola-gandeiro, construción, transporte e administración e servizos.

O nivel socio-económico e cultural das familias é medio-baixo.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa, ….

O Plan Dixital formará parte da PXA, contribuíndo á adquisición da competencia dixital por parte do alumnado durante o próximo curso.

Para a elaboración do Plan Dixital creouse un grupo de traballo no que participou todo o profesorado do centro a través dunha liña de traballo dentro dun PFPP.

Todo o traballo foi realizado en conxunto, levando a cabo reunións periódicas e establecendo as liñas a seguir e concretando as necesidades do noso centro en materia dixital.

Os resultados dos test e enquisas realizados foron recollidos polo coordinador do Plan Dixital e expostos e debatidos.

Con todo ilo, establecemos os obxectivos de cara o curso que vén de forma conxunta e coordinada con todos os membros do claustro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Empregamos as seguintes ferramentas:

  • Autoavaliación SELFIE
  • Test CDD
Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Hai alumnado con pouco acceso a medios tecnolóxicos. Alumnado Si
Debilidade 2. O alumnado non manexa equipamento informático salvo móbiles e con ferramentas lúdicas. Alumnado Non
Debilidade 3.O alumnado non é capaz de ver a seguridade ou inseguridade na rede. Alumnado Non
Debilidade 1. Dispositivos dixitais inexistentes para o alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade 2. Dispositivos para o profesorado insuficientes e desactualizados. Infraestruturas Non
Debilidade 3. Non existen un sistema de protección de datos. Infraestruturas Non
Debilidade 1. Pouco orzamento por parte do centro para a compra de medios dixitais. Organización de centro Si
Debilidade 2. Inexistencia dunha Estratexia Dixital de Centro. Organización de centro Non
Debilidade 3. Falta de horario por parte do profesorado para adicar a mantemento dos aparellos dixitais. Organización de centro Non
Debilidade 1. Pouca motivación por parte do profesorado polo uso das tecnoloxías na aula. Persoal docente Si
Debilidade 2. Pouca formación en novas tecnoloxías. Persoal docente Non
Debilidade 3. Non se debate sobre as vantaxes e desvantaxes sobre o proceso de ensinanza aprendizaxe usando as novas tecnoloxías. Persoal docente Non
Fortaleza 1. No centro fomentamos o uso responsable das novas tecnoloxías. Alumnado Si
Fortaleza 2. O alumnado manexa ferramentas dixitais na súa vida cotiá. Alumnado Non
Fortaleza Acceso a Internet na maioría do centro. Infraestruturas Si
Fortaleza 1. O centro usa medios dixitais para a comunicación coas familias do alumnado. Organización de centro Non
Fortaleza 1. Busca de recursos dixitais en Internet por parte do profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza 2. Utilización de medios dixitais nas aulas por parte do profesorado. Persoal docente Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Non existe no noso centro asistencia técnica experta por parte da administración. Administración educativa Si
Ameaza 3. Falta de tempo para o profesorado para explorar a Ensinanza Dixital. Administración educativa Non
Ameaza 2. Falta de investimento en medios dixitais. Administración educativa Non
Ameaza 4. Falta dun espazo físico para a correcta organización. Administración educativa Non
Oportunidade 1. Posibilidade de participación no proxecto E-dixgal. Administración educativa Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Actualizar o inventario dixital do centro a partir de 2015 ata a actualidade
02PD Iniciarse nas TIC na etapa de Educación Infantil
03PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP para analizar a fiabilidade da información.
04PD Dotar ao centro de tabletas dixitais para poder iniciar ao alumnado de segundo e terceiro ciclo na programación dixital.
05PD Favorecer o intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros, tanto entre o profesorado do propio centro coma doutros centros de similares características
06PD Facer un uso dos Recursos Educativos Abertos respectuoso cos Dereitos de Autor e Licenzas de Uso.
07PD Iniciarse en robótica no primeiro ciclo de EP

Seguimento

Procedemento

Realizarase unha vez ao trimestre unha revisión do grado de consecución dos obxectivos.
Valorarase o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
O seguimento queda recollido tamén nas táboas do Plan de Acción.
Tamén se realizará unha avaliación final ao rematar o curso para establecer propostas de mellora e analizar o grado de consecución dos obxectivos.

 

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre traballaronse os obxectivoos propostos para o período cos seguintes resultados:

A acción AO01PD Darse de alta na aplicación Inventario Cotexar o material existente no centro co inventariado por AMTEGA Envío das incidencias detectadas a AMTEGA non puido ser realizada porque a apliiccación Inventario no foi implementadda aínda pola Consellería. Posponse ao segundo trimestre.

A acción AO3.1PD Crear grupos de traballo na aula para analizar a información. Leváronse a cabo actividade de análise da información na Internet no curso de 6º de educación primaria. Pendente de levar a cabo a tarefa dos retos(AO3.3PD).

A acción AO06.1PD non se pudio realizar xa que dita liña de formación non se aprobou. Posponse ao seguinte curso.

A acción AO07.1PD Usar de xeito semanal instrumentos para traballar robótica na aula esta en proceso pola falta de material de Polos Creativos que aínda non foi enviado por parte da Consellería.

2º Trimestre

Realizouse o seguemento trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.

Analizamos que os obxectivos do PD correspondentes ata o 2ª trimestre , todos desenvolvense segundo o programado, agás os obxectivos 07PD, que foi posposto de cara o vindeiro curso e o obxectivo 04PD, que se levou a cabo pero cunha modificación dos procedementos.

3º Trimestre

Realizouse o seguemento trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.

O obxectivo 01PD está adiado ao vindeiro curso por causas externas ao centro, posto que a Consellería non deu e alta o aplicativo.

O obxectivo 06PD e o 07PD están adiados para o vindeiro curso por falta de material.
 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Recolleremos os datos das diferentes actividades realizadas nun documento de texto ao longo de todo o curso.

Valoración xeral

Acadáronse a maioría dos obxectivos propostos, polo que a valoración xeral é moi positiva.

Proposta de mellora

Conseguir máis material no centro para traballar a competencia dixital. Continuar traballando na formación do profesorado nas novas tecnoloxías para poder levar a cabo unha ensinanza eficiciente na competencia dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O centro difundirá o Plan Dixital entre a comunidade educativa a través da súa páxina web.
Tamén haberá unha copia dispoñible para todo aquel que queira consultalo na secretaría do
centro.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippastorbarral/node/515#attachments

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/