Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL EN RELACIÓN COA NORMATIVA VIXENTE


A normativa que regula todo este procedemento queda recollida nos seguintes documentos:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. 

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022. 

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. 

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. 

  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. 

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. 

CONTEXTUALIZACIÓN DO PD NO CENTRO E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO


O C.E.I.P. Plurilingüe Pepe de Xan Baña de Traba, do Concello de Santa Comba, atópase nun contexto rural no que moitas familias viven da gandaría.

Contamos no centro, con 4 unidades. Unha aula mixta de educación infantil, con 15 alumnos, e 3 aulas mixtas en educación primaria. O número total do alumnado do centro ascende a 55. O claustro que temos agora mesmo é persoal definitivo, a excepción da especialista de Música. Contamos con tres persoas itinerantes no centro, unha delas a Orientadora, cuxo centro base é o CEIP Labarta Pose, e acode ao noso centro 2 días á semana (mércores e venres). Así como tamén a especialista de Relixión, que compartimos co CEIP O Coto, e ven ao noso centro 3 días a semana (luns, martes e mércores). E durante este curso contamos tamén cunha especialista en A.L que comparte centro co CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza, onde acode 2 días á semana.

Cabe destacar as instalacións privilexiadas coas que conta o noso centro. Contamos cunha biblioteca moi ben equipada, recursos informáticos, un gran pavillón deportivo e un patio espazoso con equipamento de xogo e abundante flora e horta escolar que pode ser aproveitada pedagoxicamente.

O C.E.I.P. Plurilingüe Pepe de Xan Baña leva anos procurando ofrecer ao alumnado unha oferta pedagóxica atractiva, como mostra a participación no programa PLAMBE (formando parte das Bibliotecas Inclusivas e Creativas, e tamén Radio na biblio), a súa aposta polas TIC e as linguas e o esforzo da formación continua do profesorado. Dende o equipo de dinamización da lingua galega búscase un uso axeitado do galego, contando cun alumnado que é maioritariamente galegofalante. Un dos obxectivos curriculares é acadar un nivel satisfactorio na lingua castelá.

Cabe destacar como novidade para este curso, a inclusión no programa Pluriinfantil, no cal se comeza impartindo 6 sesións en lingua inglesa. Ofertamos diversas actividades que pretenden achegar o alumnado a esa Lingua Estranxeira

O centro sigue apostando pola formación do profesorado. Destacando cursos, os cursos de ferramentas dixitais e os cursos que traballan a educación emocional.

Prestaremos especial atención a boa convivencia, procurando fomentar un clima de respecto tanto entre o claustro, en relación coas familias e a ANPA, entre o alumnado e os alumnos e o persoal docente e non docente. Buscarase a colaboración coas familias, o departamento de orientación e o diálogo entre todos os membros da comunidade educativa. Así mesmo consideramos fundamental colaborar co Concello de Santa Comba achegando ao alumnado a oferta das actividades que propoñan.

PROCESO DE ELABORACIÓN


No primeiro trimestre do curso 21/22 realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado do noso centro en canto dixitalización.  
No comezo do segundo trimestre implementouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital dos mestres e mestras do centro.
Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO do noso centro facendo unha análise de debilidades, amezas, fortalezas e oportunidades. Realizouse formación específica neste apartado e no da elaboración dos plans de accións nos meses de marzo e abril respectivamente dentro do contexto dun PFPP.
Finalmente, no terceiro trimestre, elaboráronse as táboas do plan de acción e por último procedeuse a redacción do Plan Dixital.

No curso 23/24 revisouse todo o documento e formuláronse novos obxectivos.
Cabe sinalar que o de seguimento por parte do mentor da nosa zona establecía a entrega de diversas tarefas ao longo do curso. Posteriormente ditas tarefas, terían concreción neste documento axudando a ter unha temporalización organizada.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para levar a cabo a elaboración deste Plan Dixital de Centrro, no curso 21/22 púxose en marcha ao inicio do curso un PFPP así como a creación do equipo de Dinamización do Plan Dixital. Realizáronse diversas sesións formativas das cales foron froito a posta en marcha do test SELFIE, test CDD, análise DAFO e táboas do  Plan de acción. Finalmente todo se traduciu na elaboración do Plan Dixital do noso centro. Neste curso, 23/24 seguimos a empregar a información do test SELFIE e do test TDD, así como a información do DAFO.

Interno
57 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H4. (2,7) ED (3) Prof (2,7) Al (2,5) NON se traballa a adquisición de ferramentas para comprobar a fiabilidade da información que atopamos na rede. Alumnado Non
Debilidade H1. (2,7) ED (3) Prof (2,7) Al (2,4) NON se realizan actividades para aprender a navegar seguro na rede. Alumnado Non
Debilidade H8. (2,8) ED (3) Prof (2,5) . O alumnado NON aprende a comunicarse a través das TICs Alumnado Non
Debilidade H10. (2,6) ED (3) Prof (2,7) Al (2). O alumnado non emprega de xeito habitual a tecnoloxía nas diferentes actividades. Alumnado Non
Debilidade H13. (2,4) ED (3) Prof (1,8). O alumnado NON aprende a resolver os problemas técnicos que aparecen ao empregar as TICs Alumnado Non
Debilidade PEC5.3 Al (2,4) O alumnado NON emprega software libre na súas casas para a realización das actividades da escola Alumnado Non
Debilidade H3. (2,9) ED (3) Prof (2,8) Al (3) NON se realizan tarefas para aprender a actuar de xeito responsable na rede. Alumnado Non
Debilidade H7. (2,8) ED (3) Prof (2,5) NON se ensina ó alumnado a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade H11. (2,4) ED (3) Prof (2,2) Al (2) O alumnado soamente traballa a codificación e a programación en actividades illadas. Alumnado Non
Debilidade PEC2.3 Al (1,7) O alumnado non pode facer o seguimento das súas tarefas a través da aula virtual Alumnado Non
Debilidade PEC4.3 Al (2,3) O alumnado NON é coñecedor dos programas de software libre Alumnado Non
Debilidade MIX1. As familias do centro teñen unha baixa competencia dixital Familias Non
Debilidade C8. (3,1) ED(3) Prof (3,7) Al (2,7) No noso centro non dispoñemos de suficientes dispositivos TIC nas aulas Infraestruturas Non
Debilidade C1.(2,8) ED (3) Prof (2,5) A infraestructura dixital NON é suficiente para respaldar o ensino aprendizaxe coas TICs. Infraestruturas Si
Debilidade C14. (2,6) ED (3) Prof (2,3) O espazo físico NON é o óptimo para o ensino aprendizaxe a través das TICs. Infraestruturas Non
Debilidade C3. (2,5) ED (2) Prof (2,5) Al (3) El acceso a internet en el centro es inestable Infraestruturas Non
Debilidade C16. (2,6) ED (3) Prof (2,2) No dispoñemos de respositorios ou bibliotecas en liña con materiais de ensinanza e aprendizaxe. Infraestruturas Non
Debilidade PEC5.1 ED (3) As aulas deberían contar cun mellor equipamento informático Infraestruturas Non
Debilidade C1.(2,8) ED (3) Prof (2,5) A infraestructura dixital NON é suficiente para respaldar o ensino aprendizaxe coas TICs. Organización de centro Non
Debilidade C8. (3,1) ED(3) Prof (3,7) Al (2,7) No noso centro non dispoñemos de suficientes dispositivos TIC nas aulas Organización de centro Non
Debilidade C3. (2,5) ED (2) Prof (2,5) Al (3) El acceso a internet en el centro es inestable Organización de centro Non
Debilidade C14. (2,6) ED (3) Prof (2,3) O espazo físico NON é o óptimo para o ensino aprendizaxe a través das TICs. Organización de centro Non
Debilidade C16. (2,6) ED (3) Prof (2,2) No dispoñemos de respositorios ou bibliotecas en liña con materiais de ensinanza e aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade PEC5.1 ED (3) As aulas deberían contar cun mellor equipamento informático Organización de centro Non
Debilidade B2. (3) ED (4) Prof (3) Al (2,1) Escaso debate co alumnado sobre as vantaxes e desvantaxes do uso das TICs Persoal docente Non
Debilidade E3. (2,9) ED (3) Prof (2,8) Non se empregan entornos dixitais de forma habitual Persoal docente Non
Debilidade F6. (2,9) ED (3) Prof (2,7) NON se fan proxectos interdisplinares empregando TICs. Persoal docente Non
Debilidade G3. (2,9) ED (3) Prof (2,7) NON se empregan as TIC para dar feedbacks ao alumnado Persoal docente Non
Debilidade D1. (3,8) ED (4) Prof (3,5) Non hai debate sobre a necesidade do DPC co profesorado no canto das TICs Persoal docente Si
Debilidade G5 (2,9) ED (3) Prof (2,7) O alumnado NON emprega as TIC para reflexionar sobre o seu aprendidaxe Persoal docente Non
Debilidade PEC1.2. Prof (3,7) NON se realizan as suficientes formacions individuais no canto das TICs. Persoal docente Non
Debilidade FLUT1. O profesorado considera que a falta de fondos e equipamento dixital ao igual que a inestabilidade na conexión internet limitan o uso das TICs. Persoal docente Non
Debilidade D3. (3,3) ED (3) Prof (3,5) Non hai intercambio de experiencias TICs dentro da Comunidade Educativa Persoal docente Non
Debilidade E1. (3,8). Non hai unha suficiente búsqueda de recursos educativos dixitais en liña. Persoal docente Non
Debilidade E2. (3,3) ED (4) Prof (2,5) Non se crean recursos dixitais Persoal docente Non
Debilidade F1. (3) ED (4). Prof (3) Al (1,9) No se realizan actividades TIC para adaptarse a las necesidades individuales del alumnado Persoal docente Non
Debilidade F3. (3) ED (3) Prof (3). NO se usan las TICs para fomentar la creatividad de nuestro alumnado. Persoal docente Non
Debilidade F4. (3,1) ED (4) Prof (3) Al (2,3) NO se realizan moitas actividades empregando as TICs. Persoal docente Non
Debilidade F5. (2,6) ED (3) Prof (2,7) Al (2) NON se empregan as TICs para traballar de forma cooperativa. Persoal docente Non
Debilidade G6 (2,8) ED (3) Prof (2,5) NON se fai uso das TIC para a observación do traballo dos compañeiros/as Persoal docente Non
Debilidade G9. (3,4) ED (4) Prof (2,8) NON empregamos datos dixitais para mellorar o aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade G10. (3) ED (3) Prof (3). NON se valora de forma axeitada o traballo coas TIC fora do centro. Persoal docente Non
Debilidade PEC4.1 ED (4) NON se coñece a normativa relativa a adquisicións de equipamento informático Persoal docente Non
Debilidade PEC5.2 Prof (3,5) O profesorado prefire empregar alternativas ao software libre Persoal docente Non
Debilidade DPC O profesorado prefire as actividades de DPC de forma presencial e que permitan aplicación directa na aula. Persoal docente Non
Fortaleza Biblioteca moi ben equipada (Radio e impresora 3D) Infraestruturas Non
Fortaleza PEC1.1 ED (4) Empregamos o software corporativo Infraestruturas Non
Fortaleza (2,9) ED (3) Prof (2,7) No noso centro dispoñemos de asistencia técnica cando temos problemas coas TICs Infraestruturas Non
Fortaleza PEC3.3 Al (4) O centro emprega o servizo de AbalarMobil para comunicarse coas familias. Infraestruturas Non
Fortaleza PEC2.1 ED (3) Emprégase software libre nos dispositivos do centro. Infraestruturas Non
Fortaleza FLUT2. O profesorado considera que o espazo escolar podería facilitar o uso das TICs. Infraestruturas Non
Fortaleza A3. (3,4) ED (3) Prof (3,7) O profesorado ten tempo para explorar novos métodos de ensinaza coa tecnoloxía Oferta Non
Fortaleza G7. (3,1) ED (3) Prof (3,2). Empregamos XADE para recoller os resultados da avaliación Persoal docente Non
Fortaleza D2. (3,9) ED (4) Prof (3,7) Temos acceso a un DPC no canto das TICs. Persoal docente Non
Fortaleza E4. (3,6) ED (4) Prof (3,3) Comunicámonos coas familias empregando as tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza G1. (3) ED (3) Prof (3) Empregamos XADE para recoller os resultados da avaliación Persoal docente Non
Fortaleza FLUT5. Dispoñemos de apoio técnico para resolver as nosas dúbidas cos problemas nas TICs. Persoal non docente Non
57 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A aplicación de XADE so serve para a recollida de notas Administración educativa Non
Ameaza O deseño das aplicacións corporativas é pouco visual e intuitivo Administración educativa Non
Ameaza É doado que o PDC pase a ser un documento máis sen outra pretensión. Administración educativa Non
Ameaza As familias teñen unha competencia dixital baixa Contorna Non
Ameaza O acceso a dispostivos por parte do alumnado e a conexión estable nas súas vivendas é limitado Contorna Non
Ameaza A burocracia e os continuos cambios limita as ganas de innovar do profesorado Lexislación Non
Ameaza É preciso desenvolver bancos de recursos que faciliten a labor docente (nube corporativa¿) Lexislación Non
Ameaza Excesiva lexislación educativa e cambios continuos. Lexislación Non
Ameaza B3. (2,9) ED (3) Prof (2,7) Falta de colaboracións con outras organizacións empregando as TICs Outras Non
Oportunidade A Administración aposta pola dixitalización dos Centros Administración educativa Non
Oportunidade Estamos nunha época de cambios e potenciación dixital froito da recente pandemia Administración educativa Non
Oportunidade Hai oferta formativa relacionada coas TICs. Administración educativa Non
Oportunidade A Administración educativa aposta polo plan TIC. Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA é colaboradora co centro. ANPA Non
Oportunidade As familias reciben de bo grado as novas actividades que teñen que ver coas TIC e a innovación educativa. ANPA Non
Oportunidade A Comunidade Educativa colabora estreitamente e ten moi boa relación co centro educativo Contorna Non
Oportunidade As TICs motivan a Comunidade Educativa Contorna Non
Oportunidade C7. (2,9) ED (3) Prof (2,7) En nuestro centro contamos con estratexias de protección de datos Contorna Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras analizar os documentos de test SELFIE, test CDD e DAFO evidenciouse que no noso centro educativo é preciso traballar. neste curso 23-24:

  1. No afondamento da formación do profesorado.(*D1)
  2. Realizar o inventario do centro educativo (*C1)
  3. Mellorar a competencia dixital do noso alumnado dándolles capacidade para o uso das TIC (H3* e H7)

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar ao profesorado en compentencia dixital (D1*) - (Área D - Competencia dixital docente)
002PD Realizar o inventario do centro educativo (*C1) - (Área C- Infraestructuras e equipamentos)
003PD Mellorar a competencia dixital do noso alumnado dándolles capacidade para o uso das TIC (H3* e H7) - (Área H - Competencia dixital do alumnado)

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada do seguinte xeito:

Avaliación procesual: unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos. Ademais, realizaranse propostas de modificación das mesmas de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes de educalidade para tal efecto.

Ademais, tamén se revisarán os distinto plans de acción en cada unha das visitas/videoconferencias realizadas pola persoa mentora. 

1º Trimestre

No primeiro trimestre, os obxectivos atópanse no seguinte estado:

  1. No afondamento da formación do profesorado.(*D1): Aínda non se comenzou a formación, comezarase no segundo trimestre.
  2. Realizar o inventario do centro educativo (*C1): Pendiente de formación do profesorado para o inventariado.
  3. Mellorar a competencia dixital do noso alumnado dándolles capacidade para o uso das TIC (H3* e H7): Comezarase para a semana esta formación cun guión consensuado sobre os contidos a traballar.
2º Trimestre

No segundo trimestre, os obxectivos atópanse no seguinte estado:

  1. No afondamento da formación do profesorado.(*D1): comenzouse de PDI.
  2. Realizar o inventario do centro educativo (*C1): Pendiente de formación do profesorado para o inventariado.
  3. Mellorar a competencia dixital do noso alumnado dándolles capacidade para o uso das TIC (H3* e H7): Non foi posible comezar polo que se comezará ao longo do mes de marzo.
3º Trimestre

No terceiro trimestre, os obxectivos atópanse no seguinte estado:

  1. No afondamento da formación do profesorado.(*D1): acadado.
  2. Realizar o inventario do centro educativo (*C1): Pendiente para o vindeiro curso académico. Vaise realizar un inventario fotográfico por aulas ao remate do curso. 
  3. Mellorar a competencia dixital do noso alumnado dándolles capacidade para o uso das TIC (H3* e H7): acadado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Avaliación procesual: unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos. Ademais, realizaranse propostas de modificación das mesmas de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes de educalidade para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisión da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de educalidade para valorar  o seu cumprimento.

Valoración xeral

Durante este curso  académico, o noso centro educativo traballou para cumprir cos obxectivos establecidos no Plan Dixital. A continuación, presentamos unha valoración xeral do estado de cada obxectivo:

Afondamento na formación do profesorado (D1*)

  • Estado: Acadado
  • Valoración: A formación do profesorado foi un éxito, proporcionando aos docentes as ferramentas e coñecementos necesarios para integrar as tecnoloxías dixitais nas súas prácticas educativas sobre radio e PDI.

Realizar o inventario do centro educativo (C1*)

  • Estado: Pendente para o vindeiro curso académico
  • Valoración: O inventario do centro educativo non puido ser completado neste curso académico. Con todo, planificamos realizar un inventario fotográfico por aulas ao remate do curso. Este paso é crucial para asegurar unha xestión adecuada dos recursos e planificar futuras adquisicións e melloras.

Mellorar a competencia dixital do alumnado (H3* e H7*)

  • Estado: Acadado
  • Valoración: Conseguimos mellorar significativamente a competencia dixital do noso alumnado, dotándoos de habilidades para o uso das TIC. Esta mellora foi posible grazas a unha serie de actividades e formacións específicas que permitiron ao alumnado desenvolver capacidades críticas para o seu futuro académico e profesional. Entre estas actividades atópanse obradoiros de seguridade na rede, talleres de radio e actividades en PDI.

Conclusión

En resumo, o Plan Dixital do noso centro experimentou avances importantes neste curso académico. Acadamos con éxito os obxectivos relacionados coa formación do profesorado e a mellora das competencias dixitais do alumnado. O inventario do centro educativo queda pendente para o próximo curso.

Proposta de mellora

Para continuar mellorando a implementación do Plan Dixital no noso centro propoñemos as seguintes melloras:

1. Continuar co inventariado do centro

  • Completar o inventario fotográfico por aulas ao remate deste curso para facilitar o proceso de mecanizado cando a aplicación de inventario estea dispoñible.
  • Establecer un procedemento regular para a actualización do inventario, garantindo que todos os recursos do centro estean rexistrados e xestionados eficientemente.

2. Realizar formacións para o profesorado

  • Ofrecer formacións continuas para o profesorado relacionadas coas novas tecnoloxías aplicadas a educación.

3. Continuar coa formación en competencia dixital do alumnado

  • Seguir desenvolvendo o currículo TIC para o alumnado, asegurando que as competencias dixitais sexan unha parte integral da súa formación.

Conclusión

Estas propostas de mellora teñen como obxectivo consolidar os avances logrados e superar os retos actuais, promovendo unha educación dixital máis completa e eficiente. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital do noso centro será publicado na web do mesmo. Ademais enviarase un enlace ás familias coa entrada para facelas coñecedoras da súa publicación. Tamén se enviará a todo o claustro vía correo electrónico e ao Consello Escolar.

PLAN DIXITAL 22/23

ENLACE AO PLAN DIXITAL DO CENTRO 23/24

Instrucións: no desplegable de convocatoria escoller o "ano académico 2023-2024". No desplegable de plans escoller "Plan Dixital". No apartado de centro podemos escribir o nome do centro a buscar e seleccionamos. Prememos en "Buscar". Na columnado de "Opcións" premer na lupa.