Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución

  • Nome do centro: IES Terra de Xallas
  • Dirección: Rúa Rosalía de Castro s/n CP. 15840 Santa Comba (A Coruña)
  • Correo: ies.terra.xallas@edu.xunta.gal
  • Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesterraxallas/
  • Etapas educativas:  ESO, Bacharelato, Ciclo Medio Xestión administrativa, Ciclo Superior Administración e finanzas, Ciclo Básico cociña e restauración, Ciclo Básico mantemento de vehículos.
  • Número de alumnado: 457
  • Número de profesorado: 56

2. Contextualización do Plan Dixital no Centro. Contribución ao Proxecto Educativo do centro.

O IES Terra do Xallas é o único centro educativo de Educación Secundaria do concello de Santa Comba, situándose no núcleo municipal. Santa Comba é un dos maiores municipios da provincia da Coruña en extensión, cun área de 203,1 km2, pero cunha poboación que vai diminuíndo. O concello de Santa Comba é basicamente unha terra amesetada que se sitúa no noroeste da provincia da Coruña, no treito alto do río Xallas, case no centro dun triángulo formado pola Coruña, Santiago e Fisterra. Santa Comba considérase a capital da zona do Xallas, o eixe vertebrador das actividades económicas dunha ampla contorna que abrangue os concellos limítrofes de Mazaricos, Negreira, A Baña, Val do Dubra e Zas. O IES Terra do Xallas recibe alumnado procedente destes concellos, sobre todo para cursar FP Básica, Ciclos de FP ou Bacharelato.

O IES Terra de Xallas conta con unha plantilla de 57 profesores, en gran parte con destino definitivo.O Equipo directivo, a excepción da xefatura de estudos, ten continuidade.A Comisión de Coordinación Pedagóxica continúa a maior parte no presente curso, aínda que foi nomeado algún Xefe de Departamento didáctico novo.

En canto estrutura arquitectónica dispoñemos dun total de 3 edificios.

Un edificio principal que consta de planta baixa e dous andares. A planta baixa alberga os despachos de tódolos órganos administrativos, despachos de dirección , sala de titorías, sala de profesores, casa do conserxe e cafetería. Os outros andares corresponden a aulas.Outro edificio de planta baixa e un andar, dedicado case exclusivamente a aulas. Inclúe tamén 3  aulas de informática e a bibliotca.No terceiro edificio, tamén de planta baixa e dous andares, encóntrase o Departamento de Orientación, as aulas de Tecnoloxía, Música e Educación Plástica e Visual entre outras aulas. Na planta baixa existe un salón de actos e audiovisuais.No recinto escolar encóntranse tamén un Pavillón, o ximnasio, aula de lecer, taller de mecánica e restauración.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo.

O PD incardínase dentro dos obxectivos do Proxecto Educativo contribuíndo á consecución do seguinte obxectivo:

     e) Convivencia harmónica da tradición e a innovación: impulso  das TIC.

O coñecemento respectuoso do noso pasado histórico e cultural combinarase coa dinamización no centro de todas as iniciativas destinadas a potenciar o uso das TIC no profesorado e no alumnado. Aspírase así a facilitar unha formación sólida e actual no mesmo, que lle permita facer fronte aos retos da actualidade.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24.

Por último a PXA verase enriquecida por este documento incorporando á mesma a pretensión dun maior aproveitamento de todos os recursos tecnolóxicos da nosa comunidade. Pasará a ser parte do eixo vertebrador que fundamente o uso de infraestruturas tecnolóxicas, formacións do alumnado, profesorado e familias, cun aproveitamento máis reflexivo, estudado e estruturado de todos eles.

3. Breve xustificación do plan.

 A normativa que regula todo este procedemento queda recollida nos seguintes documentos:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

4. Proceso de Elaboración

No primeiro trimestre do curso 21/22 realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado do noso centro en canto a dixitalización. No comezo do segundo trimestre, do citado curso, implementouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital do profesorado do centro. Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO do noso centro facendo unha análise de debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades. Finalmente, no terceiro trimestre de curso académico 21/22 elaboránronse as táboas do plan de acción e por último procedeuse á redacción do Plan Dixital.

No curso 23/24 revisouse todo o documeno e formuláronse novos obxectivos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información foron o a autovaliación SELFIE ( test para avaliar nos centros en que punto se econtran en canto a aprendizaxe na era dixital). 

Outro instrumento usado é Test CDD ( tes de comptencia dixital) vinculado co perfil do profesorado. 

Unha vez realizado isto elaborouse un documento DAFO grazas ao cal se construíron as táboas de plans de acción do noso centro.

Todo isto trouxo consigo a creación do primeiro Plan Dixital do noso centro

Neste curso 23/24 seguimos a ter como referencia a información estatística das citadas ferramentas. 

Interno
48 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H11. Aprender a codificar o programar (2,3) Alumnado Non
Debilidade H13. Resolver problemas técnicos (2,5) Alumnado Non
Debilidade C10.Dispositivos para o alumnado. (2,6) Infraestruturas Non
Debilidade C15. Tecnoloxías asistenciais. (2,6) Infraestruturas Non
Debilidade C7. Protección de datos. (3,1) Infraestruturas Non
Debilidade C13. Traer o propio dispositivo. (2) Infraestruturas Non
Debilidade A2. Desenrolo da estratexia do profesorado (2,6) Organización de centro Non
Debilidade A1. Estratexia Dixital (2,56) Organización de centro Si
Debilidade A4. Tempo para explorar o ensino dixital (2,33). Organización de centro Non
Debilidade G5. Autorreflexión sobre el aprendizaje (2,6) Persoal docente Non
Debilidade G6. Comentarios a otros/as alumnos/as sobre su trabajo (2,3) Persoal docente Non
Debilidade D1. Necesidades de DPC (3). Persoal docente Si
Debilidade B3. Colaboraciones (2,5). Persoal docente Non
Debilidade B4. Sinerxias para o ensino e o aprendizaxe a distancia (2,2). Persoal docente Non
Debilidade F3. Fomento de la creatividad (2,9). Persoal docente Non
Debilidade G3. Retroalimentación adecuada (2,7) Persoal docente Non
Debilidade D2. Participación no DPC (3,8). Persoal docente Non
Debilidade B1. Evaluación del progreso (2,4). Persoal docente Non
Debilidade B2. Debate sobre el uso de la tecnología (2,4) Persoal docente Non
Debilidade F6. Proyectos interdisciplinares (2,6) Persoal docente Non
Debilidade G10. Evaluación de las capacidades desarrollada fuera del centro (2,53) Persoal docente Non
Fortaleza H6. Otorgar reconocimiento al trabajo de los demás (3,1) Alumnado Non
Fortaleza H1. Comportamiento seguro (3,3) Alumnado Non
Fortaleza H3. Comportamiento responsable (3,5). Alumnado Non
Fortaleza H8. Aprender a comunicarse (3,3) Alumnado Non
Fortaleza C3. Acceso a internet. (3,4) Infraestruturas Non
Fortaleza C2. Dispositivos dixitais para o ensino. (3,6) Infraestruturas Non
Fortaleza C1. Infraestruturas. (3,5) Infraestruturas Si
Fortaleza C5. Asistencia técnica. (2,9) Infraestruturas Non
Fortaleza C11. Brecha digital: medidas para idenificar retos (3,1) Infraestruturas Non
Fortaleza C12. Brecha digital: apoyo para abordar retos (2,9) Infraestruturas Non
Fortaleza C14. Espacios físicos (2,9) Infraestruturas Non
Fortaleza C8. Dispositivos dixitais para o aprendizaxe (3,1) Infraestruturas Non
Fortaleza C16. Bibliotecas/repositorios en línea (2,9) Infraestruturas Non
Fortaleza E4. Comunicación con la comunidade educativa (3,9) Persoal docente Non
Fortaleza E1. Recursos educativos en línea (4) Persoal docente Non
Fortaleza E2. Creación de recursos digitales (3,3) Persoal docente Non
Fortaleza F1. Adaptación a las necesidades del alumnado (3,1) Persoal docente Non
Fortaleza F1. Adaptación a las necesidades del alumnado (3,1) Persoal docente Non
Fortaleza F8. Orientación profesional (3) Persoal docente Non
Fortaleza G7. Evaluación digital (2,96) Persoal docente Non
Fortaleza D3. Intercambio de experiencias (3,1). Persoal docente Non
Fortaleza E3. Empleo de entornos virtuales de aprendizaje (3,6) Persoal docente Non
Fortaleza E5. Recursos educativos abiertos (3,4) Persoal docente Non
Fortaleza F4. Implicación del alumnado (3,2) Persoal docente Non
Fortaleza F5. Colaboración del alumnado (3) Persoal docente Non
Fortaleza G1. Evaluación de las capacidades (2,7) Persoal docente Non
Fortaleza G8. Documentación del aprendizaje (2,73) Persoal docente Non
48 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza H7. Creación de contenidos digitales (2,7) Administración educativa Non
Ameaza Dotación de equipo informático (equipamento envellecido) Administración educativa Non
Ameaza A5. Normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso (3,6). Lexislación Non
Ameaza A burocracia limita as ganas de innovar dos centros educativos. Lexislación Non
Ameaza O profesorado ten tanta carga burocrática que lle impide adicar tempo a explorar novos métodos de ensinanza con tecnoloxías dixitais Lexislación Non
Oportunidade Relación coa ANPA ANPA Non
Oportunidade Participación das familias. ANPA Non
Oportunidade Colaboración con institucións alleas ao centro educativo Contorna Non
Oportunidade No noso centro respectamos os dereitos de autor e utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe. Lexislación Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras analizar de novo os resultados do noso DAFO evidéncianse as seguintes necesidades para este curso 23-24 no noso centro:

  • O01PD - Formar ao profesorado nas TIC : Realizar PFPP vinculado aos Polos Creativos (Área D - Desenvolvemento Profesional Continuo)        
  • O02PD - Realizar o inventariado do material dixital do centro. (Área A - Liderado)        
  • O03PD - Clasificar e depurar o material tecnolóxico de centro. (Área C - de infraestrutura e equipamentos)

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar ao profesorado nas TIC: Realizar PFPP vinculado aos Polos Creativos (Área D - Desenvolvemento Profesional Continuo)
O02PD Realizar o inventariado do material dixital do centro. (Área A - Liderado)
O03PD Clasificar e depurar o material tecnolóxico de centro. (Área C - Infraestrutura e equipamentos)

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada a través da avaliación procesual. Será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes de EduCalidade para tal efecto. 

Ademais, tamén se revisará o avance do plans de acción durante as visitas e/ou videoconferencias periódicas coa persoa mentora. 

1º Trimestre

O estado dos obxectivos neste trimestre é o seguinte:

  • O01PD - Formar ao profesorado nas TIC : Realizar PFPP vinculado aos Polos Creativos (Área D - Desenvolvemento Profesional Continuo): Realizadas algunhas formacións queda pendente a formación dos Polos Creativos.       
  • O02PD - Realizar o inventariado do material dixital do centro. (Área A - Liderado): Documento odt realizado e inicio de mecanizado.        
  • O03PD - Clasificar e depurar o material tecnolóxico de centro. (Área C - de infraestrutura e equipamentos): centralizado dos materiais para revisión.

Tras asumir a dirección do Centro detectáronse novas necesidades nas que se están a traballar:

  • Actualización da web do Centro.
  • Actualización das IPs dos equipos.
  • Creación de conta wifi para conexión de equipamento para o alumnado.

 

2º Trimestre

O estado dos obxectivos neste trimestre é o seguinte:

  • O01PD - Formar ao profesorado nas TIC : Realizar PFPP vinculado aos Polos Creativos (Área D - Desenvolvemento Profesional Continuo): Realizadas algunhas formacións queda pendente a formación dos Polos Creativos.       
  • O02PD - Realizar o inventariado do material dixital do centro. (Área A - Liderado): Acadado.    
  • O03PD - Clasificar e depurar o material tecnolóxico de centro. (Área C - de infraestrutura e equipamentos): Acadado, pendente envío do material á UAC.
  • Tras asumir a dirección do Centro detectáronse novas necesidades nas que se están a traballar:

    • Actualización da web do Centro: Acadado
    • Actualización das IPs dos equipos Acadado
    • Creación de conta wifi para conexión de equipamento para o alumnado: Acadado
3º Trimestre

O estado dos obxectivos neste trimestre é o seguinte:

  • O01PD - Formar ao profesorado nas TIC : Realizar PFPP vinculado aos Polos Creativos (Área D - Desenvolvemento Profesional Continuo): acadado.
  • O02PD - Realizar o inventariado do material dixital do centro. (Área A - Liderado): acadado.
  • O03PD - Clasificar e depurar o material tecnolóxico de centro. (Área C - de infraestrutura e equipamentos): acadado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes de EduCalidade para tal efecto. 

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisión da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de EduCalidade para valorar o seu cumprimento. 

Valoración xeral

No presente curso académico, o noso centro educativo avanzou significativamente no cumprimento dos obxectivos establecidos no Plan Dixital. A continuación, presentamos unha valoración xeral do estado dos obxectivos acadados:

O01PD - Formar ao profesorado nas TIC: Realizar PFPP vinculado aos Polos Creativos (Área D - Desenvolvemento Profesional Continuo): acadado.


Durante este curso, levamos a cabo formacións específicas para o profesorado enfocadas en Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC). Estas formacións foron parte do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) e estiveron vinculadas aos Polos Creativos (radio e impresión 3D). O profesorado adquiriu novas habilidades e ferramentas para integrar as TIC nas súas prácticas docentes, o que contribúe a unha mellora continua no ámbito educativo.

O02PD - Realizar o inventariado do material dixital do centro. (Área A - Liderado): acadado.


Completamos con éxito o inventariado de todo o material dixital do centro. Este proceso permitiunos ter unha visión clara e actualizada dos recursos dispoñibles, facilitando así a súa xestión e utilización óptima. Ademais, esta acción fortalece o liderado do centro na organización e administración dos recursos tecnolóxicos.

O03PD - Clasificar e depurar o material tecnolóxico de centro. (Área C - Infraestrutura e Equipamentos): acadado.


O material tecnolóxico do centro foi clasificado e depurado de maneira efectiva. Esta tarefa implicou a revisión e catalogación dos equipos, así como a eliminación daqueles que estaban obsoletos ou en mal estado. Como resultado, agora contamos cunha infraestrutura máis eficiente e organizada, o que repercutirá positivamente na calidade do ensino e na dispoñibilidade de recursos tecnolóxicos actualizados para o alumnado e o profesorado.

Ademais destes obxectivos tamén se realizou a mellora da web do noso centro. Utilización de Agueiro, cun grupo pechado de profesorado, para seguimento do alumnado da aula de convivencia.

En resumo, podemos afirmar que este curso académico foi altamente produtivo en termos de implementación do Plan Dixital. 

Proposta de mellora

En relación ás propostas de mellora para o vindeiro curso, destacamos as seguintes:

Formación do profesorado no uso das novas PDIs:


  • Continuar coa formación do profesorado para o uso efectivo das novas Pantallas Dixitais Interactivas (PDI) que están por chegar.

Pilotar a creación dunha aula de idiomas:


  • Accións a seguir:
    • Selección do profesorado responsable para xestionar a aula.
    • Selección do espazo axeitado para a aula de idiomas.
    • Elección do software que mellor se adapte ás necesidades do alumnado e do profesorado.
    • Realización dun curso de probas para avaliar a eficacia das ferramentas e métodos seleccionados.

Charla informativa sobre seguridade na rede e uso de móbiles para familias.


Organizar unha charla destinada ás familias para informar sobre a seguridade na internet e o uso responsable dos teléfonos móbiles. 

Dixitalización do material inventariable.


 Crear e organizar un sistema dixital para o inventariado do materail funxible.

Posible sistema de comunicación directa co profesorado do centro


Selección de aplicación de comunicación entre o profesorado para notificacións internas.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital do noso centro será difundido na web do mesmo. Ademais enviarase o enlace ás familias coa entrada para facelas coñecedoras da súa publicación. Tamén se enviará a todo o claustro e ao Consello Escolar.

  • Plan Dixital do curso 22/23.
  • Plan Dixital do curso 23/24
    • Enlace ao buscador de Plan Dixital
      • Instrucións: na opción de convocatoria escoller o "ano académico 2023-2024". Na opción de plans escoller "Plan Dixital". No apartado de centro podemos escribir o nome do centro e seleccionamos. Prememos en "Buscar". Na columna de "Opcións" premer na lupa.