Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital conforme a normativa legal

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Integración e contribución do PD ao Proxecto Educativo e Programación Xeral Anual

O centro ten dende fai moito tempo un claro compromiso coa Educación Dixital. Incorporouse ao Proxecto Abalar durante no curso 2010/11 e ao Proxecto E-Dixgal no curso 2017/2018. No curso 2020/2021 o centro ampliou a súa participación no Proxecto E-Dixgal a toda a ESO e maior parte das materias.

Coa colaboración co co Centro de Formación e Recursos da Coruña, dende o ano 2017/2018 unha das liñas do PFPP sempre tratou as novas tecnoloxías (Integración didáctica das TIC, Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais, Educación dixital; Iniciativas no ámbito STEAM, Desenvolvemento do Espazo Maker e Club de Ciencia, etc.)

O centro ofrece ao seu estudantado materias curriculares STEM: “Programación” 1º, 2º ESO, “Robótica” 1º Bacharelato.

Hai unha participación activa en Programas e Proxectos de Innovación Educativa: Plan Proxecta dende o curso 2012/13 ata o curso 2018/19; Contratos Programa dende o 2011; Programa Coruña Emprende e Lanzadeiras, dende o curso 2014/15; Congreso FP Innova Galicia, dende o ano 2017, cos proxectos seleccionados nas convocatorias Lanzadeiras; Espazo Maker dende o curso 2018/19; Club de Ciencia dende o curso 2019/20.

Hai un esforzo por parte do equipo directivo e claustro en manter actualizadas a páxina web e aula virtual do centro.

Neste Plan Dixital inclúese como obxectivos a formación do profesorado en certos aspectos (como se pode ver na sección 3.1). Esta formación realizarase como parte dun parte do Proxecto de Formación Permanente do Profesorado do noso centro e polo tanto terá que figurar na Programación Xeral Anual do curso próximo.

Proceso de elaboración

Para a elaboración do presente documento seguíronse os pasos promovidos polo equipo de mentores ADIX.

En primeiro lugar, durante o curso 2021/2022 levouse a cabo unha recollida de información sobre o estado actual do centro en canto a uso das novas tecnoloxías. Para isto empregáronse dúas ferramentas provistas pola Consellería e comúns a toda a Unión Europea: SELFIE e o Test de Competencias Dixitais Docentes (SELFIE for Teachers). Estas enquisas foron realizadas polo alumnado durante o período lectivo nas diferentes aulas do IES coa axuda dos integrantes do equipo de Coordinación do Plan Dixital. En canto ao profesorado e ao equipo directivo, realizaron as enquisas de forma independente a partir das ligazóns que lles foron enviadas por correo. Unha vez recollida a información e baseándose nela e no coñecemento sobre as dinámicas e a situación do centro elaborouse unha análise DAFO que nos permitise ter condensado aspectos de mellora e aspectos a manter. Cos ditos aspectos en mente elaborouse un Plan de Acción con un total de 5 obxectivos que acadar durante o curso escolar 2022/2023.

Unha vez rematado o curso 2022/2023 realizouse unha valoración do nivel de consecución dos obxectivos así como de aspectos a mellorar para vindeiros cursos. O presente plan dixital centrado no curso 2023/2024 bebe directamente do plan dixital creado ate o momento e das conclusións do primeiro ano de aplicación. Conservaremos 4 dos 5 obxectivos orixinais engadindo un que se traballará nos PFPPs deste curso.

De igual forma que no Plan Dixital anterior, neste reúnense para deixar constancia todos os documentos de recollida de información complementándoos con información de contexto e estado actual do centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a realización da análise DAFO, empregáronse os resultados das enquisas realizadas tanto polo alumnado (SELFIE) como polo profesorado (SELFIE e test CDD). Tamén se usou, loxicamente, o coñecemento empírico que ten o equipo de elaboración do presente documento sobre o contexto do centro e as relacións que existen con outras institucións. A análise destes dous documentos pode verse nos anexos deste documento.

Interno
61 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade (H6) Parte do alumnado considera que non aprende a dar crédito as traballo doutras persoas que atopan en internet. Alumnado Non
Debilidade (H11-H13) Parte do alumnado considera que non aprende a programar nin a resolver problemas técnicos que xorden ao empregar tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade O alumnado emprega equipamento tecnolóxico tamén no seu tempo de lecer e ás veces non sabe separar os diferentes usos. Alumnado Si
Debilidade (B4) Non se debaten co alumnado as vantaxes e desvantaxes de uso das novas tecnoloxías. Alumnado Si
Debilidade Pouca porcentaxe de contratación do seguro do equipamento EDIXGAL e polo tanto dificultades a hora de reparar os equipos con problemas. Familias Non
Debilidade Moitas familias non son dixitalmente competentes e teñen problemas a hora de empregar os aplicativos informáticos de educación. Familias Si
Debilidade (C3) O alumnado de bacharelato que emprega o seu teléfono móbil na aula con fins didácticos ten que empregar a súa conexión de datos. Infraestruturas Non
Debilidade O equipamento de aula (portátil e proxector) tanto das aulas E-DIXGAL como das outras comeza a estar vello e a fallar. Tamén sucede o mesmo co equipamento presente en conserxería e na sala de ordenadores anexa a sala do profesorado. Infraestruturas Non
Debilidade Falta de ordenadores para algúns espazos do centro (aulas de debuxo, etc.) onde se imparte clase de forma frecuente. Infraestruturas Non
Debilidade Acumulación de equipamento vello e sen empregar en diversos almacéns do centro sen ter moita consciencia do que hai e do seu estado. Infraestruturas Non
Debilidade Poucas tomas de conexión eléctrica na sala do profesorado para que os profesores poidan conectar os seus ordenadores persoais. Infraestruturas Non
Debilidade A comunicación das actividades complementarias ofertadas faise de forma non tecnolóxica. Oferta Non
Debilidade O centro non fai uso das redes sociais para promocionar as actividades. Oferta Non
Debilidade Non é doada a consulta por parte da comunidade educativa do catálogo da biblioteca do centro a través de internet. Oferta Non
Debilidade Hai documentos de uso cotiá que non están dixitalizados ou a disposición do persoal do centro de forma sinxela (tarefas do libro de gardas, horarios de profesorado e alumnado, etc.). Organización de centro Non
Debilidade Determinados informes e partes (de faltas do profesorado, de condutas, etc.) non poden ser entregados de forma dixital. Organización de centro Non
Debilidade (A1) Algúns aspectos da estratexia dixital do centro non están plasmados de forma escrita nun documento. Organización de centro Non
Debilidade (F6) Ausencia de proxectos interdisciplinares sobre todo en BAC. Persoal docente Non
Debilidade (G5-G6) Pouco uso da autoavaliación e a coavaliación mediante tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade (CDD) Un cuarto do profesorado considera que está no nivel Principiante (A1) ou explorador (A2). Persoal docente Si
Debilidade (CDD) Pouco uso de tecnoloxías emerxentes. Persoal docente Si
Debilidade (E4) O sistema de comunicación coas familias é bastante pobre coa imposibilidade de anexar documentos. Persoal docente Non
Debilidade (E4) Parte do persoal do departamento de Orientación (orientadora, PTs) non pode comunicarse directamente coas familias a través de Abalar. Persoal docente Non
Debilidade Ausencia de formación de parte do persoal docente en canto ao uso de certos recursos que ofrece a aula virtual. Persoal docente Si
Debilidade As comunicacións efectuada polo persoal non docente (conserxería, secretaría) adoita ser por medios non tecnolóxicos. Persoal non docente Non
Debilidade Parte do persoal non docente non ten activado o enderezo de correo corporativo e polo tanto non ten acceso a algún dos servizos da Consellería (WiFi, baixas, etc.) Persoal non docente Non
Fortaleza (H10) O alumnado desenvolve habilidades dixitais en todas as materias. Alumnado Si
Fortaleza (H8) O alumnado ten a habilidade de comunicarse co profesorado e cos seus compañeiros e compañeiras a través de tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Unha importante parte do alumnado ten certa habilidade na creación de contidos dixitais que desenvolve no seu tempo de lecer. Alumnado Non
Fortaleza A maior parte das familias dispoñen de dispositivos TIC nos seus fogares. Familias Si
Fortaleza A maior parte das familias dispón de acceso de calidade a Internet nos seus fogares. Familias Non
Fortaleza A maior parte de familias está implicadas no proceso de ensino-aprendizaxe dos seus fillos e fillas. Familias Non
Fortaleza As familias son quen de consultar as notas do alumando dende a plataforma ABALAR. Familias Non
Fortaleza (C13) O alumnado de BAC ten móbiles propios que pode traer ao centro e empregar, cando o profesorado o solicita, de forma didáctica. Familias Si
Fortaleza (C3) No noso centro facilítase unha conexión a internet a todo o profesorado e o alumnado da ESO. Infraestruturas Si
Fortaleza (C14) Temos espazos para facilitar a ensinanza con dispositivos dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro ten a disposición do profesorado varias cámaras web para poder impartir clase a distancia. Infraestruturas Non
Fortaleza (C1) Temos unha infraestrutura de rede adecuada. Infraestruturas Si
Fortaleza (C4) O centro dispón de asistencia técnica tanto para o equipamento propio. Infraestruturas Non
Fortaleza (C2) Temos equipamento de aula (portátil/proxector/pantalla) para o seu uso na ensinanza. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro ten a disposición do profesorado un escáner automático que axiliza a dixitalización de documentos. Infraestruturas Non
Fortaleza Aposta do centro polo proxecto E-DIXGAL. Oferta Si
Fortaleza Alta participación e compromiso do Club de Ciencia, Espazo Maker, Equipo de Biblioteca e Equipo de Dinamización da Lingua Galega que ofertan actividades en paralelo as clases. Oferta Non
Fortaleza Posibilidade de cursar algunha materia optativa de TIC en todos os cursos. Oferta Non
Fortaleza Existencia do servizo de Transporte Escolar. Oferta Non
Fortaleza O catálogo da biblioteca está dixitalizado. Oferta Non
Fortaleza A biblioteca ten un lector de código de barras para facilitar o rexistro dos exemplares no catálogo e o préstamo e devolución dos mesmos. Oferta Non
Fortaleza (A1) Existencia dunha estratexia dixital traballada xunto ao profesorado. Organización de centro Si
Fortaleza Uso maioritario das aulas virtuais oficiais da consellería (EVA E DIXGAL e aula virtual do centro). Organización de centro Si
Fortaleza O centro almacena certos informes e documentos de forma dixital. Organización de centro Non
Fortaleza (CDD) O profesorado obtivo unha nota media algo superior a media galega. Persoal docente Non
Fortaleza (B4) Existe un debate dentro do profesorado para o uso das novas tecnoloxías na docencia. Persoal docente Si
Fortaleza (D1) O profesorado debate sobre as súas necesidades de formación sobre o uso de novas tecnoloxías na educación. Persoal docente Si
Fortaleza (D2) O profesorado ten a súa disposición formación sobre novas tecnoloxías. Persoal docente Si
Fortaleza (E1) O profesorado é quen de buscar recursos educativos en liña. Persoal docente Si
Fortaleza (E3) O profesorado emprega contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza (E4) O profesorado emprega tecnoloxías dixitais para a comunicación coas familias e co alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza (F1) O profesorado emprega tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensino-aprendizaxe ao alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Presenza de Auxiliares de Conversa no centro que polo xeral son persoas xoves familiarizadas co uso das novas tecnoloxías. Persoal non docente Non
Fortaleza A conserxería e persoal administrativo do centro dispón de equipamento informático actualizado. Persoal non docente Non
Fortaleza O persoal non docente do centro colabora no bo desenvolvemento das actividades e actúa as veces de nexo entre o alumnado e o profesorado. Persoal non docente Non
61 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza (A4) Insuficiente tempo para que os docentes poidan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Administración educativa Non
Ameaza A plataforma ABALAR non permite as familias enviar mensaxes ao titor/a. Administración educativa Non
Ameaza Baixa calidade dalgún libro de texto da plataforma E-DIXGAL. Administración educativa Non
Ameaza Os cambios lexislativos pode causar que o material proposto en E-DIXGAL estea desactualizado e que esta actualización non sexa inmediata. Lexislación Non
Ameaza O marco lexislativo está en constante cambio e resulta inabarcable para a maior parte da comunidade educativa. Lexislación Non
Ameaza O currículo é demasiado extenso nalgunhas materias e non permite en ocasións traballar as TIC como elemento transversal. Lexislación Non
Oportunidade Esforzo por parte da administración educativa de dixitalización dos centros. Administración educativa Si
Oportunidade (C4) A administración educativa prove de asistencia técnica para o equipamento EDIXGAL. Administración educativa Non
Oportunidade A velocidade de a que se solucionan as incidencias cos equipos tende a ser alta. Administración educativa Non
Oportunidade (C8-C10) O alumnado da ESO ten dispositivos dixitais propiedade da Administración Educativa (E-DIXGAL) para poder empregar na aulas e levar a casa. Administración educativa Si
Oportunidade Existencia dunha ANPA. ANPA Non
Oportunidade Boa disposición da ANPA para colaborar coas necesidades do centro (fondo de libros, material, etc.) ANPA Non
Oportunidade A contorna ten en xeral unha cobertura de conexión a internet nos fogares moi alta. Contorna Si
Oportunidade Existencia dun establecemento dentro da Rede de puntos físicos de atención no Concello contiguo. Contorna Non
Oportunidade Existencia dunha aula CeMIT no concello de Sada para a formación da comunidade educativa (sobre todo ás familias). Contorna Non
Oportunidade Participación en programas do Plan Director do Ministerio de Interior relacionados coas TIC (ciberacoso, redes sociais, etc.) Outras Non
Oportunidade O Concello de Sada fai unha programación de actividades para as persoas xoves. Outras Non
Oportunidade Colaboración co Concello para axudar a cubrir as necesidades do centro. Outras Non
Oportunidade Colaboración coas Universidades Galegas e outras asociacións a hora de programar charlas e outras actividades para o alumnado. Outras Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Empregar o curso de Moodle Educación Dixital para o profesorado como espazo de formación para o profesorado do centro e o de nova incorporación.
O02PD Empregar o curso de Moodle Educación Dixital para o alumnado como espazo de formación para o alumnado do centro e o de nova incorporación
O03PD Empregar o software Epoptes para controlar o uso do ordenador na aula
O04PD Empregar o caderno de contactos da aplicación corporativa Webmail
O05PD Crear material dixital interactivo para mellorar os recursos de aprendizaxe que aportamos ao alumnado

Seguimento

Procedemento

Realizarase unha avaliación procesual do estado de implementación do plan de acción ao final de cada trimestre. Neste punto analizaranse que accións xa están realizadas e faranse, de ser necesarias, modificacións nas accións a desenvolver nas seguintes avaliacións.

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre realizouse o Caderno de contactos do profesorado para facilitar a comunicación entre os profesores. Tamén se creou o grupo de traballo dentro do PFPP e se matriculou a todo o profesorado e alumnado nos cursos da aula virtual corresondentes onde se almacena axuda para as tarefas diarias que se realiza coas TIC.

2º Trimestre

Durante o segundo trimestre, empezouse a realizar a formación do grupo de traballo sobre a creación de material dixital interactivo.

3º Trimestre

Durante o terceiro trimestre rematouse a formación do grupo de traballo.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao final de curso levarase a cabo unha avaliación final na que se indicará a consecución ou non dos obxectivos, propostas de mellora para os mesmos e proposta de obxectivos a acadar no curso seguinte.

Valoración xeral

Durante este curso experimentarose avances na difusión dos espazos de formación pois dende o principio de curso se matriculou a todo o alumnado e profesorado en ditos espazos. O PFPP asociado ao plan dixital realizouse con éxito e o alumnado participante aprendeu a crear material dixital interactivo. Por outra banda o uso de Epoptes e do caderno de contactos. quedaron un pouco a marxe ao non estar vinculadas ao PFPP.

Proposta de mellora

Voltar a realizar a matriculación do alumando e profesorado nos espazos. Realizar formacións ao principio de curso sobre o uso de Epoptes e sobre o caderno de contactos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión
  • A anterior versión do Plan Dixital foi informada e aprobada en reunión ordinaria de Claustro e Consello Escolar, celebradas o 15 de xuño de 2022. Da mesma forma esta modificación figura como obxectivos dentro da Programación Xeral Anual do curso 2023/2024. Dita PXA foi informada en Claustro do día 8 de setembro de 2023 e aprobada no Consello Escolar do día 20 de setembro do 2023.
  • Publicación na páxina web do centro Documentos do Centro.