Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Este Plan Dixital responde á necesidade de unificar e sistematizar todas as iniciativas, actividades e esforzos que se desenvolven no centro, e que están relacionados co uso das ferramentas dixitais para a planificación, o desenvolvemento e a avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe.

Dende fai anos, as chamadas Tecnoloxías da Información e da Comunicación foron gañando presenza e protagonismo nos centros educativos, sendo ferramentas auxiliares nos diferentes procesos, tanto nos didácticos como nos administrativos, comunicativos, etc.

Na actualidade, as ferramentas dixitais son inherentes á sociedade da que forman parte os docentes e tamén as nenas e nenos, polo que deben formar parte do día a día dos centros educativos, dado que aportan un valor engadido do que todos somos conscientes.

Polo tanto, este Plan Dixital vén a unificar todas as iniciativas que se desenvolven no centro relacionadas co uso das ferramentas dixitais, conformando un documento no que se establecen os obxectivos a conseguir, e un plan de acción para cada un deles.

Como non podería ser doutra maneira, existe un marco normativo que articula a elaboración e características do nomeado documento, e que se recolle deseguido:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Enlace ao plan dixital colgada na páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmartagona/?q=node/166

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información foron os seguintes:

  • Autoavaliación SELFIE: o informe de centro SELFIE reúne as opinións do equipo directivo, o profesorado e o alumnado e compáraas. Do mesmo xeito que un selfie de verdade, a información recollida en SELFIE ofrece ao centro unha instantánea de en que punto atópase na actualidade en relación coa estratexia e a práctica no uso das tecnoloxías dixitais de ensino e aprendizaxe. Os resultados de SELFIE poden axudar a establecer un diálogo dentro da comunidade escolar. Pode ser unha boa base para identificar e analizar as fortalezas e as debilidades e crear un plan escolar en relación co uso das tecnoloxías dixitais para dar apoio á aprendizaxe.
  • Test CDD: o Test de Competencia Dixital Docente (CDD) permite ao profesorado auodiagnosticar o seu nivel de competencia dixital tomando como referencia o Marco de Competencia Dixital DigCompEdu.
  • Análise DAFO: a análise DAFO é unha sinxela ferramenta de análise estrátegico moi estendida na toma de decisións de todo tipo de organizacións e empresas. Por tanto resulta de gran utilidade para emprendedores, autónomos e pemes á hora de analizar os seus proxectos e negocio así como elaborar os seus estudos de mercado, plans estratéxicos e de negocio.
Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Fomento da capacidade de valorar o traballo que os demais realizan e comparten a través da Internet. 2. Creación de contidos dixitais por parte do alumnado. 3. Capacidade do alumnado de comunicarse a través das Tecnoloxías Dixitais. 4. A pesares de ser nativos dixitais, presentan escasos coñecementos no manexo do equipamento informático, mais alá de dispositivos táctiles e relacionados cos aspectos lúdicos das Tecnoloxías Dixitais. Alumnado Si
Debilidade 1. Dificultades de acceso a Internet. 2. Escaseza nos fogares de Tecnoloxías Dixitais. 3. De maneira puntual, escaseza de coñecementos na utilización de Tecnoloxías Dixitais con fins educativos. 4. Pouco coñecemento do uso que os seus fillos fan dos dispositivos, O que se traduce tamén nunha baixa supervisión e un uso pouco regulado E razoado. Familias Non
Debilidade 1. Infraestrutura dixital deficiente, existindo aulas aínda sen cablear. 2. Asistencia Técnica. 3. Existencia de sistemas de protección de datos. 4. Dispositivos obsoletos/desactualizados. Infraestruturas Si
Debilidade 1. Existencia dunha estratexia dixital no Centro. 2. Dificultades para a resolución das incidencias (falta de coñecementos para resolvelas, falta de tempo...). 3. Adicación dunha boa parte do orzamento do Centro á compra e mantemento das Tecnoloxías Dixitais (de non recibir partidas específicas ou que resulten insuficientes). Organización de centro Si
Debilidade 1. Avaliación do progreso na utilización das Tecnoloxías Dixitais. 2. Uso de Tecnoloxías Dixitais para colaborar con outras institucións. 3. Existencia de reflexión sobre o Dsenvolvemento Profesional Continuo. 4. Intercambio de experiencias entre o profesorado. 5. Creación de recursos dixitais. 6. Emprego de Contornas Virtuais de Aprendizaxe. 7. Fomento da creatividade a través das Tecnoloxías Dixitais. 8. Fomento da participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando as Tecnoloxías Dixitais. 9. Uso de Tecnoloxías Dixitais para informar ao alumnado sobre os resultados da avaliación. 10. Uso de Tecnoloxías Dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa propia aprendizaxe. 11. Uso de tecnoloxías Dixitais para a coavaliación do alumnado. 12. Certa reticencia ao cambio por parte dunha parte do profesorado, debido a inseguridades, falta de formación, abandono da zona de confort... Persoal docente Si
Fortaleza 1. Fomento de pautas de actuación entre o alumnado para o uso seguro de Tecnoloxías Dixitais. 2. Fomento de pautas de actuación ente o alumnado para o uso responsable e respectuoso das Tecnoloxías Dixitais. 3. Fomento de habilidades para a busca, selección e procesamento da información entre o alumnado. 4. Habilidades dixitais para a súa aplicación nas diferentes materias. 5. Capacidade para codificar e programar. 6. Capacidade para resolver problemas técnicos de fácil resolución. Alumnado Si
Fortaleza 1. Predisposición para a utilización de Tecnoloxías Dixitais. Familias Si
Fortaleza 1. Dispositivos dixitais para o uso nos procesos de E/A. 2. Acceso a Internet. 3. Dispositivos dixitais a disposición do alumnado, aínda que insuficientes. Infraestruturas Si
Fortaleza 1. Uso das Tecnoloxías Dixitais para as Comunicacións coa Comunidade Educativa. 2. Interese pola incorporación, ao Centro, de Tecnoloxías Dixitais Innovadoras. 3. Utilización das ferramentas institucionais para as comunicacións coa Comunidade Educativa (web do Centro, Abalarmobil...). 4. Dotación do Centro na medida das posibilidades económicas. Organización de centro Si
Fortaleza 1. Novas modalidades de ensinanza. 2. Respecto polos dereitos de autor e licenzas de uso. 3. Existencia de debate sobre as vantaxes e desvantaxes no uso das Tecnoloxías Dixitais. 4. Busca de recursos dixitais en Internet. 5. Preferencia polo uso de recursos educativos abertos. 6. Adaptación dos métodos ás necesidades do alumnado utilizando Tecnoloxías Dixitais. 7. Realización de actividades utilizando as Tecnoloxías Dixitais. 8. Utilización de Tecnoloxías Dixitais para favorecer a colaboración entre o alumnado. 9. Utilización de tecnoloxías Dixitais para avaliar ao alumnado. Persoal docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Tempo para explorar a Ensinanza Dixital. 2. Espazos físicos insuficientes para unha correcta organización dos Dispositivos Tecnolóxicos. 3. Excesiva burocracia nos procesos de solicitude dos Plans e Programas (proxecto previo, memoria, avaliación do mesmo, análise de impacto...). 4. Falta de mantemento e renovación do equipamento tecnolóxico do Centro. 5. Excesiva tardanza na resolución das incidencias que requiren a presenza dun Técnico no Centro. 6. Escasa atención ás demandas materiais do Centro (equipos informáticos, Tabletas, impresoras...). Administración educativa Non
Ameaza 1. Escasa atención aos aspectos relacionados coa alfabetización dixital das familias e do propio alumnado, no contexto das actividades Extraescolares. ANPA Non
Ameaza 1. Fenda Dixital. Contorna Si
Ameaza 1. Inestabilidade lexislativa, continuos cambios, con grande carga burocrática para os Centros, o cal xenera unha inevitable desatención a outros aspectos, Como poden ser as Tecnoloxías Dixitais. 2. Escasa difusión da normativa sobre Dereitos de Autor e Licenzas de Uso. Lexislación Non
Oportunidade 1. Sinerxias para a aprendizaxe mixta (oportunidades a través da Formación). 2. Existencia de posibilidades de formación para o Desenvolvemento Profesional Continuo. 3. Posibilidade de avaliar a propia Competencia Dixital Docente. 4. Oferta de programas, plans, proxectos, formación... que inciden directamente no uso e aplicación ao ensino das Tecnoloxías Dixitais (Edixgal, Robótica Educativa, Impresión 3D, Digicraft...). Administración educativa Si
Oportunidade 1. Publicación de Plans e Proxectos que xeran oportunidades de actualización nos Centros. Outras Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Destacamos que os conceptos de formación e dotación de material son aspectos a mellorar de forma salientable en vindeiros cursos académicos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Solicitar formación de Polos Creativos, para dotar ao profesorado das ferramentas necesarias para a utilización do material recibido.
O02PD Actualizar o inventario de equipamento informático e audiovisual.
O03PD Dinamizar o uso do material informático en toda a escola.
O04PD Revisar o estado de actualización do equipamento informático e arranxar posibles problemas de hardware ou sofware
O05PD Formar ao alumnado no manexo básico dun equipo informático, e na resolución de pequenos problemas técnicos.
O06PD Impulsar o uso da Aula Virtual
O07PD Incorporar datos dos recursos dixitais a aplicación Inventario da xunta cando esté dispoñible.
O08PD Establecer uns mínimos dixitais para cada curso.

Seguimento

Procedemento

En colaboración co equipo TICs do centro, realizaranse as pertinentes reunións para facer o seguimento sobre a aplicación do plan dixital. 

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre e mes de xaneiro estivose a traballar na totalidade dos obxectivos do curso.

Conseguironse as seguintes accións:

- Conectar todos os equipos a redes de internet.

- Revisar todos os equipos informáticos e asegurarse que están actualizados e funcionan correctamente

-Actualización do alumnado na aula virtual

- Limpeza de actividades antigas na aula virtual para que cada mestre teña libre o seu curso.

Seguimos a traballar na consecución de todos os obxectivos propostos

O obxectivo 7 queda a espera de que a Consellería dea de alta a aplicación.

2º Trimestre

Durante o segundo trimestre continuouse co traballo inciado e foronse conseguindo os seguintes obxectivos:

- Formalización dunha enquisa sobre a competencia dixital.

- Elaboración duns contidos mínimos a traballar co alumnado sobre o análise realizado da enquisa dixital.

-  Actualizaronse equipamentos que non funcionaban correctamente e arranxaronse problemas de conexión e funcionamento que foron xurdindo.

Quedamos á espera de que a Xunta lance o aplicativo Inventario.

Seguimos a traballar nos obxectivos propostos e dando continuidade e acutalizando aqueles xa acadados.

3º Trimestre

Durante o 3º trimestre deuse  continuado ao traballo realizado. 

Como resumo:

Os mestres continuaron a traballar a competencia dixital do alumnado dun xeito máis concreto tras as recomendacións recibidas sobre os resultados das enquisas.

O aplicativo da xunta INVENTARIO todavía non saíu.

As aulas virtuais do centro tiveron maior utilización e están a ser revisadas para quedar listas para o ano que ven.

En xeral impulsouse a utilización do material TICs do centro, aínda que queda traballo pendente neste eido, sobre todo con Polos Creativos. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Este documento estará sometido a unha revisión e actualización constante, sendo revisado, canto menos, trimestralmente, facendo fincapé no estado de execución das accións e cumprimento de obxectivos.

No referido á avaliación final, esta centrarase na análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e propostas de mellora.

Valoración xeral

O Plan Dixital de centro obtivo resultados satisfactorios, conseguindo a maioría dos obxectivos propostos. Levouse a cabo unha actualización do equipamento así como unha posta a punto do mesmo para facilitar o seu uso, tendo un impacto positivo sobre a comunidade educativa.

Utilización da aula virtual, de tablets, e pcs... da páxina web do centro... as novas tecnoloxías foron gañando protagonismo no centro.

Quedaron obxectivos pendentes de consecución sobre os cales se seguirá traballando para o ano que ven.

Proposta de mellora

Sería interesante incrementar a formación xeral do profesorado no uso das TICs pero dun xeito máis concreto e funcional para a súa utilización no día a día.

Os obxectivos do ano que ven poderían ir enfocados a esta temática, propoñendo tarefas máis concretas no uso das TICs  e da súa aplicación na docencia diaria como ferramenta útil de traballo e xestión.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Informarase a claustro e consello escolar para a súa aprobación, difundindo este documento entre a comunidade educativa utilizando a seguinte URL: educalidade (xunta.gal)  que estará dispoñible a través da páxina web do centro.