Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL EN RELACIÓN COA NORMATIVA VIXENTE


A normativa que regula todo este procedemento queda recollida nos seguintes documentos:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación. 
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da CCAA de Galicia para o curso 2021- 2022. 
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da EI  na CCAA  de Galicia. 
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da EI na CCAA  de Galicia e se regula a súa avaliación.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da EP na CCAA  de Galicia. 
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da EP na CCAA de Galicia e se regula a súa avaliación.

CONTEXTUALIZACIÓN


O colexio Ntra. Sra. Inmaculada iniciou a súa actividade o 5 de novembro de 1.958 na localidade de Santa Comba (A Coruña), baixo a dirección de D. José Quintela Busto. Ata 1.970 estivo ubicado na Avda. Alfonso Molina, trasladándose nesa data a r/ Santiago nº 4 e posteriormente ao nº 15 da mesma. Coa orde do 26 de xaneiro de 1.998 (D.O.G. 16 de febreiro) autorízase definitivamente o centro, sendo a súa composición actual a seguinte:

A localidade posúe unha poboación maioritariamente rural, sendo tamén importante a porcentaxe de poboación que tivo que emigrar e a que ocupa o sector servizos. No que se refire á incardinación e contribución deste documento ao proxecto educativo, pasa a ser un referente que pretende axudar a levar a cabo, os obxectivos que xa se viñan formulando  en cursos anteriores no plan de introdución das TIC. Algún destes obxectivos son:

  • Potenciar o emprego da informática como ferramenta de traballo no proceso de ensino-aprendizaxe, utilizándoa de forma activa por parte dos alumnos/as. 
  • Fomentar o uso dos medios informáticos, facilitando o acceso a esta ferramenta por parte dos alumnos/as como medio de apoio e reforzo na aprendizaxe.
  • Favorecer a súa utilización por parte do profesorado nas súas tarefas habituais do Centro: programacións, memorias, plans, circulares, normativas, etc. 
  • Impulsar a comunicación con outros centros e con outras localidades, co fin de coñecer e trasmitir valores sociais e de respecto a outras formas de vida.
  • Facilitar a busca de información e o tratamento crítico desta, como forma de coñecer o mundo de Internet e as posibilidades de acceso á información útil.
  • Utilizar o ordenador e as PDI como medios de investigación para ampliar coñecementos e elaborar pequenos proxectos a nivel individual e/ou colectivo. 
  • Utilizar o ordenador e as PDI como medio de creación, de integración, de cooperación, de potenciación de valores sociais e de expresión das ideas.
  • Utilizar as TIC como medio de perfeccionar a actividade docente a través da súa utilización, de aproveitar a información que delas poida sacar, e para mellorar a formulación pedagóxica a través da súa utilización 
  • Saber consultar información a través do ordenador, tanto de temas profesionais como de temas interesantes para a súa actividade docente. 
  • Intercambiar experiencias, coñecementos, actividades, e/ou participar en debates,… a través de Internet. 

O Plan Dixital vén a contribuír á inmersión do centro nas novas tecnoloxías como ferramentas fundamentais do proceso de ensino-aprendizaxe. O centro está participando actualmente na Plataforma Snappet, grazas á que o alumnado traballa con tablets no centro e coa que poden reforzar os contidos aprendidos no centro. Por último, a PXA verase enriquecida por este documento incorporando á mesma a pretensión dun maior aproveitamento de todos os recursos tecnolóxicos da nosa comunidade. Pasará a ser parte do eixo vertebrador que fundamente o uso de infraestruturas tecnolóxicas, formacións do alumnado, profesorado e familias, cun aproveitamnto máis reflexivo, estuado e estruturado de todos eles. 

Dentro do Plan Dixital contémplanse varias actuacións que permitirán ampliar e reforzar as  estratexias dixitais do noso centro. Ao mesmo tempo, ao contar con ferramentas de avaliación específicas para cada unha destas medidas e sistemas cuantificables de rendemento, será fácil levar a cabo a avaliación do plan e analizar o seu éxito, puntos de mellora e mesmo obxectivos para continuar coa súa integración e optimización nos sucesivos cursos escolares. Intentarase sempre ampliar o seu impacto nas máximas áreas posibles do quefacer diario do centro, procurando o emprego das TIC como ferramenta que axude, axilice e mellore todos os procesos.

PROCESO DE ELABORACIÓN


A elaboración do primeiro PD levouse a cabo no curso 21-22 por parte do Equipo de Dinamización do Plan Dixital, constituído pola Directora do Centro e outra mestra, sendo esta última a coordinadora do mesmo. A coordinadora mantivo catro reunións presenciais co coordinador Adix do centro e co seu asesoramento completáronse todas as etapas previas para a redacción do plan.  No primeiro trimestre dese curso 21-22, realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado do noso centro en canto dixitalización.  
No comezo do segundo trimestre implementouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital dos mestres e mestras do centro.  Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO do noso centro facendo unha análise de debilidades, amezas, fortalezas e oportunidas. Por último no terceiro trimestre do citado curso 21-22, elaboránrnse as táboas do plan de acción e por último procedeuse a redacción do Plan Dixital. Cabe sinalar que o seguimento por parte do mentor da nosa zona, establecía a entrega de diversas tarefas ao longo do curso. Posteriormente ditas tarefas terían concreción neste documento e  axudaron a ter unha temporalización organizada na súa elaboración.

No curso 22-23 implemntouse o Plan Dixital deseñado e procedeuse a primeira mecanización do mesmo en EduCalidade. Neste curso 23-24 revisouse o documento e formuláronse novos obxectivos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos utilizados para a recollida de información previa foron:

  • No primeiro trimestre do curso 21-22, realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado do noso centro en canto dixitalización.  
  • No comezo do segundo trimestre do mesmo curso, implementouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital dos mestres e mestras do centro. 
  • Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO do noso centro facendo unha análise de debilidades, amezas, fortalezas e oportunidas.
  • No terceiro trimestre elaboránrnse as táboas do plan de acción e por último procedeuse a redacción do Plan Dixital.

Actualmene seguimos a utilizar os datos estatísticos dos test SELFIE e CDD como referencia para o actual Plan Dixital. Ademais, tamén segue vixente para nós a infomación do DAFO elaborado tido en conta para formular novos obxectivos este curso académico 23-24.

Interno
50 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H8. ED (4) e prof (3,3) consideran que o alumnado non aprende suficientes estratexias para comunicarse mediante a teconoloxía Alumnado Non
Debilidade H6. ED (3) e prof (3,1) opinan que o alumnado debe aprender a empregar responsablemente o traballo doutras persoas en internet. Alumnado Non
Debilidade H7. ED (1) e prof (1,6) opinan que o alumnado non aprende a crear contidos dixitais Alumnado Non
Debilidade H11. ED (4), prof (4) e alumnado (2,4) afirman que o alumnado non aprende a programar/codificar no centro. Alumnado Non
Debilidade H13. ED (4) e prof (3,6) opinan que o alumnado non é quen de resolver os problemas técnicos que xorden nas TIC. Alumnado Non
Debilidade Algúns alumnos/as teñen un acceso limitado a dispositivos dixitais e a internet nos seus fogares. Familias Non
Debilidade C10. Tanto ED (1) como prof (1,3) afirman que non existen dispositivos na escola que o alumnado poida levar para casa. Infraestruturas Non
Debilidade C.13. ED (1) e prof (1,1) corroboran que o alumnado non trae os dispositivos propios para empregalos na clase. Infraestruturas Non
Debilidade C16. ED (1) e prof (1,3) concordan en que non existen repositorios/bibliotecas en liña no centro. Infraestruturas Non
Debilidade C.15. ED (2) e prof (1,9) consideran que o ACNEE non ten un correcto acceso ás tecnoloxías de apoio Infraestruturas Non
Debilidade A1. O ED (4) e o prof (3,6) consideran que non existe unha estratexia dixital sólida Organización de centro Non
Debilidade E2. tanto EDI (1) coma prof (2,8) consideran que non se crean os suficientes recursos dixitais. Organización de centro Non
Debilidade C.16 tanto EDI (1) como prof(1,3) indician que non existe biblioteca ou repositorios en liña. Organización de centro Non
Debilidade C5. tanto EDI(4) como prof(3,9) consideran que non hai asistencia ténica suficiente dispoñible. Organización de centro Si
Debilidade E3. ED e prof (4 e 1,9) consideran que non se están a utilizar entornos de aprendizaxe dixitais co alumnado Persoal docente Non
Debilidade E2. ED (1) e prof (2,8) afirman que o profesorado non crea recursos dixitais para reforzar o ensino Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado participa na autoavaliacón e coavaliación empregando ferramentas dixitais. Alumnado Non
Fortaleza H1. ED (4), prof. (3,9) e alumnado (4,4) consideran que o alumnado aprende a actuar con seguridade en internet. Alumnado Non
Fortaleza H3. ED (4), prof (4,1) e alumnado (4,7) consideran que o alumnado aprende a actuar de maneira responsable en internet. Alumnado Non
Fortaleza H4. ED (4), prof (4,1) e alumnado (4) afirman que o alumnado do centro aprende a valorar se a información de internet é fiable. Alumnado Non
Fortaleza H10. ED (5), prof (4,8) e alumnado (4,9) afirman que o ED garante que o alumnado aprenda habilidades dixitais nas diferentes materias. Alumnado Non
Fortaleza PEC3. As familias poden consultar as novidades e información relevante ao centro na web ou no blog Familias Non
Fortaleza C2. ED (5) e prof (4,8) consideran que existen dispositivos dixitais para o seu uso na docencia (igual se puede poner como amenaza para buscar financiación para comprar dispositivos) Infraestruturas Non
Fortaleza C8. ED (5), prof (4,6) e alumnado (5) corroboran que existen dispositivos dixitais no centro para o uso do alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza C1. ED (5) e prof (4'8) consideran que a infraestrutura dixital propia do centro é favorable á aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza C11. ED (5) e prof (4,5) afirman que existen medidas no centro para identificar as dificultades que xurden co aprendizaxe mixto. Infraestruturas Non
Fortaleza C14. Tanto ED (5) como prof (4,6) afirman que os espazos físicos facilitan a aprendizaxe e o ensino con tecnoloxías. Infraestruturas Non
Fortaleza A2. O ED (5) e o prof (4,6) consideran que se ten en conta a opinión deste último para desenvolver a estratexia dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Tanto A3 (5) (4,6) como A4 (5)(4,3) favorecen apoio ao profesorado para explorar uso de ensinanzas con tecnoloxías e adamais dispomos de tempo para ameza. Organización de centro Non
Fortaleza C12 tanto ED (5) como Prof(4,5) afirman que teñen un plan de axuda de aprendizaxe mixto acorde en relacióin ás necesidades do alumnado. Organización de centro Non
Fortaleza C14. Tanto EDI (5), como prof(4,6) afirman que no noso centro, os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza B1 tanto ED (5) como prof (4,6) evalúan progresos de ensino aprendizaxe con tecnoloxías. Organización de centro Non
Fortaleza G8. ED (5) e prof (4,4) afirman que o prof. facilita ao alumnado o uso das TIC para documentar a aprendizaxe. Organización de centro Non
Fortaleza E4. ED e prof (4 e 4,1) afirman que se empregan tecnoloxías dixitais na comunicación coas familias. Persoal docente Non
Fortaleza F1. ED, prof e alumnado (5, 4,6 e 4,9) afirman que o prof. utiliza as TIC para adaptar a súa ensinanza ás necesidades do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza F6. ED (5) e prof (4,4) afirman que se fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares usando TIC. Persoal docente Si
Fortaleza D1. ED (4) e prof (4,8) afirman que o ED reflexiona co profesorado sobre as súas necesidades de formación en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza D2. ED (5) e prof (4,8) afirman que o profesorado ten posibilidades de FPC en materia de ensino e tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza F3. Tanto ED(5) como prof (4,3) consideran que o prof. utiliza as TIC para fomentar a creatividade do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza G1. ED e prof (5 e 4,8) afirman que as TIC se empregan na avaliación das competencias do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza G6. ED (5) e prof (4,4) empregan as TIC para que o alumnado poida comentar o traballo dos compañeiros. Persoal docente Non
Fortaleza B2. Os nosos profesores utilizan as tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. EDI(5), prof (4,6), alumnado (4,9) Persoal docente Non
Fortaleza D3. Tanto ED (5) como prof (4,6) corroboran que o ED axuda ao profesorado a intercambiar experiencias en relación ás tecnoloxías e o ensino. Persoal docente Non
Fortaleza E1. ED e prof (5, 5) afirman que o profesorado busca recursos dixitais educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza E5. ED e prof (5 e 4,6) afirman que o profesorado emprega recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Fortaleza F4. ED (5), prof (4,4) e alumnado (4,6) afirman que se levan a cabo actividades dixitais motivantes para o alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F.5. ED (5), prof (4,4) e alumnado (3,3) consideran que se emprega a tecnoloxía para facilitar a colaboración entre o alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza G3. ED e prof (5 e 4,8) afirman que se empregan as TIC para dar unha retroalimentación axeitada ao alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza G5. Tanto ED (5) como prof (4,8) consideran que se empregan as TIC para facer reflexionar ao alumnado sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza G6. ED (5) e prof 4,4) empregan as TIC para que o alumnado poida comentar o traballo dos compañeiros. Persoal docente Non
50 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C3. Malia que o ED (5), prof (4,8) e alumnado (4,9) afirman que existe acceso a internet no centro, tamén recalcan que a conexión é pouco fiable e que debe mellorarse. Administración educativa Non
Ameaza O deseño das ferramentas corporativas da Admón. é pouco intutitivo e funcional. Administración educativa Non
Ameaza Algúns alumnos/as teñen un acceso limitado a dispositivos dixitais. Contorna Non
Ameaza C7. O EDI (3) e prof (3,3) sinalan que non existen sistemas de protección de datos. Lexislación Non
Ameaza A excesiva burocracia afecta ás iniciativas innovadoras por parte dos centros. Lexislación Non
Ameaza A5. A pesar da opiniñon do ED (5) e prof (4,9) non existe un coñecemento suficientemente profundo sobre. O uso das licencias e dereitos dea autor Lexislación Non
Ameaza B3. (5)(4,4) Non se utilizan tecnoloxías para colaborar con outras organizacións. Outras Non
Ameaza Non existen colaboración ou proxectos externos Outras Non
Ameaza B4. (4) (3,4) Non está a colaborar con entidades externas para apoiar o uso das TIC Outras Non
Oportunidade A infraestructura dixital do centro é favorable e o mesmo está aberto a recibir apoio por parte da Admón. Ed. en materia de teconoloxías. Administración educativa Non
Oportunidade O centro conta con espazos físicos que facilitan a aprendizaxe e ensino coas tecnoloxías e co apoio da Admón. Ed. Administración educativa Non
Oportunidade A Admón. Educativa aposta pola modernización e dixitalización dos centros. Administración educativa Non
Oportunidade A administración educativa aposta polo Plan Dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Amosa unha actitude colaborativa co centro, o que se pode aproveitar para a realización de cursos en materia dixital. ANPA Non
Oportunidade Existen numerosas entidades coas que se pode colaborar. ANPA Non
Oportunidade As familias reciben de bo grao as iniciativas en materia dixital. Contorna Non
Oportunidade Existen numerosas entidades coas que se pode colaborar Outras Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras analizar de novos os test realizados así como o DAFO elaborado no curso 21-22, ponse de manifesto unha serie de carencias que se intentarán mellorar:

  • O01PD Formar ao profesorado no manexo de novas tecnoloxías e benestar emociaonal. (*D1) - (Área D - Desenvolvemento profesional Continuo)
  • O02PD Solicitude do material recollido na ORDE do 11 de maio de 2023 (*C5) - (Área C - Infraestrutura e equipamentos)    
  • O03PD Aplicar recursos dixitiais do centro no alumnado máis vulnerable (NEAE) para apoiar o seu desenvolvemento. (*F1) - (Área F - Pedagoxía: implementación na aula)    
  • O04PD Mellorar o acceso a internet na biblioteca e equipamentos (*C1) - (Área C - Infraestrutura e equipamentos)

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar ao profesorado no manexo de novas tecnoloxías e benestar emociaonal. (*D1) - (Área D - Desenvolvemento profesional continuo)
O02PD Solicitude do material recollido na ORDE do 11 de maio de 2023 (*C5) - (Área C - Infraestrutura e equipamentos)
O03PD Aplicar recursos dixitiais do centro no alumnado máis vulnerable (NEAE) para apoiar o seu desenvolvemento. (*F1) - (Área F - Pedagoxía: implementación na aula)
O04PD Mellorar o acceso a internet na biblioteca e equipamentos (*C1) - (Área C - Infraestrutura e equipamentos)

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos de EduCalidade. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes de EduCalidade para tal efecto. 

Ademais, tamén se revisan as accións dos distintos plans de acción nas visitas e/ou videoconferencias realizadas coa persoa mentora.

1º Trimestre

O estado dos obxetivos do Plan Dixital do noso centro é o seguinte:

  • O01PD Formar ao profesorado no manexo de novas tecnoloxías e benestar emocional. (*D1) - (Área D - Desenvolvemento profesional continuo): O profesorado formouse en benestar emocional e está á espera de recibir a formación didáctica en Polos Creativos (Robótica). A coordinadora de Polos Creativos Beatriz Quintela Fernández está recibindo formación a distancia e presencial (cursos, charlas, conferencias e titoriales)
  • O02PD Solicitude do material recollido na ORDE do 11 de maio de 2023 (*C5) - (Área C - Infraestrutura e equipamentos):  Xa acadado. Os materiais achegados tras as solicitudes da Orde do 11 de maio do 2023 xa están no centro educativo (3 PDI e 3 ordenadores) instalados na aula de 4º de EI, 4º e 6º de EP.
  • O03PD Aplicar recursos dixitiais do centro no alumnado máis vulnerable (NEAE) para apoiar o seu desenvolvemento. - (*F1) - (Área F - Pedagoxía: implementación na aula):    O profesorado está a buscar recursos para poñer na web do centro.
  • O04PD Mellorar o acceso a internet na biblioteca e equipamentos (*C1) - (Área C - Infraestrutura e equipamentos): Estamos agardando a preparar o espazo físico de Polos Creativos pola proximidade á biblioteca para impulsar este obxectivo.
2º Trimestre

O estado dos obxetivos do Plan Dixital do noso centro é o seguinte:

  • O01PD Formar ao profesorado no manexo de novas tecnoloxías e benestar emocional. (*D1) - (Área D - Desenvolvemento profesional continuo): O profesorado formouse en benestar emocional e está á espera de recibir a formación didáctica en Polos Creativos (Robótica) con data 9 e 14 de maio . A coordinadora de Polos Creativos Beatriz Quintela Fernández está recibindo formación a distancia e presencial (cursos, charlas, conferencias e titoriais)
  • O02PD Solicitude do material recollido na ORDE do 11 de maio de 2023 (*C5) - (Área C - Infraestrutura e equipamentos):  Obxectivo acadado. Os materiais achegados tras as solicitudes da Orde do 11 de maio do 2023 xa están no centro educativo (3 PDI e 3 ordenadores) instalados na aula de 4º de EI, 4º e 6º de EP.
  • O03PD Aplicar recursos dixitiais do centro no alumnado máis vulnerable (NEAE) para apoiar o seu desenvolvemento. - (*F1) - (Área F - Pedagoxía: implementación na aula):   Creouse un espacio na web do centro "Actividades de apoio para o alumnado" https://inmaculadasantacomba.com/?page_id=23920. Só resta colgar materiais para o terceiro trimestre. 
  • O04PD Mellorar o acceso a internet na biblioteca e equipamentos (*C1) - (Área C - Infraestrutura e equipamentos): Estamos agardando a preparar o espazo físico de Polos Creativos pola proximidade á biblioteca para impulsar este obxectivo.
3º Trimestre

O estado dos obxetivos do Plan Dixital do noso centro é o seguinte:

  • O01PD Formar ao profesorado no manexo de novas tecnoloxías e benestar emocional. (*D1) - (Área D - Desenvolvemento profesional continuo):Obxectivo acadado. O profesorado formouse en benestar emocional e en formación didáctica de Polos Creativos (Robótica) con datas 9 e 14 de maio. A coordinadora de Polos Creativos Beatriz Quintela Fernández recibiu formación a distancia e presencial (cursos, charlas, conferencias e titoriais)
  • O02PD Solicitude do material recollido na ORDE do 11 de maio de 2023 (*C5) - (Área C - Infraestrutura e equipamentos): Obxectivo acadado. Os materiais achegados tras as solicitudes da Orde do 11 de maio do 2023 xa están no centro educativo (3 PDI e 3 ordenadores) instalados na aula de 4º de EI, 4º e 6º de EP.   
  • O03PD Aplicar recursos dixitiais do centro no alumnado máis vulnerable (NEAE) para apoiar o seu desenvolvemento. - (*F1) - (Área F - Pedagoxía: implementación na aula): Obxectivo acadado. Creouse un espacio na web do centro "Actividades de apoio para o alumnado" https://inmaculadasantacomba.com/?page_id=23920
  • O04PD Mellorar o acceso a internet na biblioteca e equipamentos (*C1) - (Área C - Infraestrutura e equipamentos): Obxectivo acadado parcialmente. Non foi posible por outras necesidades do centro, realizar a mellora da conectividade dos espazos formulados neste obxectivos. Por outra bando, estamos agardando a preparar o espazo físico de Polos Creativos pola proximidade á biblioteca para impulsar este obxectivo así a chegada de materiais anunciada pola Consellería.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos de EduCalidade. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes da aplicación EduCalidade.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisión da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada un dos obxectivos para o seu cumprimento. 

Valoración xeral

Os nosos obxectivos a acadar foron catro, dos cales tres cumpríronse cun alto grao de cumprimento. En canto á valoración e aos obxectivos alcanzados destácase que mellorou a formación dixital do profesorado a través da participación en experiencias de desenvolvemento profesional continuo, así mesmo mellorou a dotación de material dixital no centro e a páxina web do mesmo foi actualizada e continúa actualizándose diariamente. Ademáis, tamén se creou un espacio na web do centro para apoiar o desenvolvemento do alumnado con NEAE.

  • Obxectivo 1: Formar ao profesorado no manexo de novas tecnoloxías e benestar emocional,  o profesorado e a coordinadora formáronse en benestar emocional e en formación didáctica de Polos Creativos (Robótica) no mes de maio.
  • Obxectivo 2: Os materiais achegados tras as solicitudes da Orde do 11 de maio do 2023  están instalados no centro educativo (3 PDI e 3 ordenadores).
  • Obxectivo 3: Creouse un espacio na web do centro "Actividades de apoio para o alumnado" co fin de aplicar recursos dixitiais do centro no alumnado máis vulnerable (NEAE) para apoiar o seu desenvolvemento.
  • Obxectivo 4: Falta mellorar o acceso a internet na biblioteca e equipamentos, estamos agardando a preparar o espazo físico de Polos Creativos pola proximidade á biblioteca para impulsar este obxectivo, farémolo no vindeiro curso xa que pretendemos seguir no programa de innovación educativa. 
Proposta de mellora

En canto ás propostas de mellora: 

  • Preténdese que para o vindeiro curso todo o profesorado do centro se involucre no programa de Polos Creativos, continúe a formación nel e o poña en marcha nas súas aulas. (CECE, CAFI,...)
  • Doutra banda, pretendemos aumentar a participación do alumnado o contidos de creación dixital, en robótica e así tamén a súa competencia dixital.
  • Para finalizar, mellorar a conectividade na biblioteca e no espacio físico de Polos Creativos.
  • Ademais para o vindeiro curso preténdese crear un espazo na nosa web con contidos de seguridade na rede para as nosas familias e outras temáticas educativas que poidan ser do seu interese.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Enviarase un enlace ás familias coa información de acceso ao Plan Dixital para facelas coñecedoras da súa creación. Tamén se enviará a todo o claustro esa información vía correo electrónico e ao Consello Escolar.

 

  • Acceso oo Plan Dixital do curso 23-24
    • Enlace ao buscador de Plan Dixital
      • Instrucións: no desplegable de convocatoria escoller o "ano académico 2023-2024". No desplegable de plans escoller "Plan Dixital". No apartado de centro podemos escribir o nome do centro a buscar e seleccionamos. Prememos en "Buscar". Na columnado de "Opcións" premer na lupa.