Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Na sociedade actual as TIC están a ter cada vez máis presenza nos fogares, no lugar de traballo, nos espazos de lecer e, en xeral, en moitas actividades cotiáns. O ensino non é alleo a esta realidade e ven de integrar no deseño curricular a competencia dixital e diversas materias que tratan de promover e educar ao alumnado no uso eficiente e responsable das novas tecnoloxías.

Datos básicos do centro

Nome: CPI de San Sadurniño

Dirección: Avda Marqués de Figueroa 19, 15560, San Sadurniño (A Coruña).

Correo: cpi.sansadurnino@edu.xunta.gal

Estapas educativas: Infantil, primaria e secundaria.

Nº de alumnado: 340

Profesorado: 37

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

É necesario contemplar neste plan os diferentes aspectos e retos que as TIC supoñen para o centro educativo de cara a integralas no traballo cotián na aula tendo en conta os medios necesarios e o grao de formación e competencia do profesorado e do alumnado. Desta situación inicial parten os obxectivos e accións que serán desenvoltas neste documento .

Traxectoria do centro no uso das TIC.

A páxina web do centro é frecuentemente actualizada con información escolar e sobre actividades de interese para a comunidade.

A aula virtual é moi empregada por parte do profesorado como espazo para achegar contidos, materiais e actividades de traballo para o alumnado. Parte do profesorado elabora materiais propios para a aula virtual e noutras plataformas para o uso directo na aula.

Os distintos departamentos teñen integrada a competencia dixital nas programacións anuais e están a incrementar o uso de aplicacións informáticas e de traballo na web e na rede.

Existen diversos blogs mantidos polo profesorado relacionados coas súas materias ou con actividades desenvolvidas no centro como a robótica, as bibliotecas, TecnoSansa, SansaLudoMates, proxecto LÓVA (ópera), reciclaxe, entre outros.

O centro conta tamén cun Espazo Maker e desenvolve varios proxectos de innovación educativa: Plans proxecta, CPInnova e CPInclúede e Biblioteca Creativas. No presente curso haberá tamén unha liña de traballo referente a Polos Creativos.

O profesorado participa frecuentemente en actividades de formacións relacionadas coas TIC para actualizar as súas competencias. A implantación dos proxectos ABALAR e E-Dixgal comprometeu ademais ao centro e ao profesorado na participación de actividades de formación.

O uso do correo electrónico para diferentes comunicacións, convocatorias, titorías, etc está totalmente asumido e asentado no traballo diario do profesorado. As contas de correo que se proporcionan ás familias para o traballo escolar do alumnado son empregadas con certa frecuencia dependendo das necesidades de cada materia, con posibilidades de mellora no uso por parte do alumnado.

O profesorado usa tamén as aplicacións de xestión educativa e profesional proporcionadas pola Xunta e Abalar-móbil para comunicar coas familias.

É frecuente o uso de diferentes aplicacións, materiais e recursos web nas actividades educativas do centro. Dependendo das necesidades de cada caso, o profesorado emprega recursos multimedia, actividades, aplicacións e contidos en liña, etc.

En xeral, o grao de implicación do profesorado na integración das TIC no ensino é medio ou medio-alto, sen rexeitamento explícito das mesmas. Con todo, hai aspectos das novas tecnoloxías que poden ser cuestionados ou que necesitan unha mellor e máis adecuada implantación xeral para que sexan operativas e non supoñan máis carga de traballo ou mesmo dificulten a tarefa docente.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24

O Plan Dixital de centro, unha vez aprobado polo Claustro e o Consello escolar foi incorporado na PXA do curso 23/24.

As accións programadas no presente plan implicarán de forma activa á dirección do centro, aos departamentos e profesorado de todos os niveis educativos na procura de acadar os obxectivos marcados no mesmo.

O desenvolvemento do plan no vindeiro curso será transversal e integrador e pretende mellorar a competencia e a asunción das ferramentas dixitais como parte do proceso educativo para toda a comunidade escolar incluídas, no posible, as familias.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Realizouse en primeiro lugar o test de autoavalición SELFIE coa participación do equipo directivo, do alumnado de 4º e 6º de primaria e o alumnado de 2º e 4º de ESO e do profesorado correspondente. Antes da realización do test explicouse ao profesorado a finalidade do mesmo e déronse pautas e consellos para realizalo recollidos da propia páxina da comisión europea.

Posteriormente realizouse o Test CDD de competencia dixital docente coa participación de todo o profesorado do centro aportando tamén a documentación necesaria.

Os datos e indicadores recollidos serviron de base para a realización do DAFO do centro. Para elo analizáronse polo miúdo seleccionando os aspectos máis relevantes:

  • As puntuacións obtidas en cada apartado ou o nivel de competencia resultante.

  • As actuacións que nos pareceron prioritarias para o noso centro.

  • A selección dun número realista e abarcable de items para a súa aplicación no vindeiro curso .

Resumo das áreas do informe SELFIE.

Pode verse o resultado do SELFIE na seguinte lifazón:

Selfie Sansa

Resultados do Test CDD.

Puntuación e nivel de competencia do centro.

Puntuación media do test (sobre 192)  |  Nivel de competencia  |  Puntuación media do test en Galicia (sobre 192)  |  Nivel de competencia en Galicia
82,9  |  Integrador/a (B1)  |  76,4  |  Integrador/a (B1)

Puntuación e nivel de competencia por etapas.

Etapa | Puntuación media do test (sobre 192)  |  Nivel de competencia  |  Puntuación media do test en Galicia (sobre 192)  |  Nivel de competencia en Galicia
INFANTIL   |  72,3  |  Integrador/a (B1)  |  66,2  |  Integrador/a (B1)
PRIMARIA  |  78,5  |  Integrador/a (B1)  |  77,3  |  Integrador/a (B1)
ESO           |  93,7  |  Integrador/a (B1)  |  79,7  |  Integrador/a (B1)

Distribución do profesorado por niveis.

| Nivel | Total profesorado no nivel de competencia  |  % de profesorado participante neste nivel
A1  |  1  |  4,5%
A2  |  4  |  18,2%
B1  | 12 |  54,5%
B2  |  3  |  13,6%
C1  |  1  |  4,5%
C2  |  1  |  4,5%
TOTAL  |  22  |  99,80%

Máis datos: Datos Selfie e CDD do Cpi de San Sadurniño

 

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade En ocasións pode facerse un uso pouco seguro ou adecuado de medios e dispositivos dixitais. Concienciación no uso das TIC como ferramentas de aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade Pode ser necesario mellorar a colaboración e concienciación sobre o uso das TIC como ferramenta de aprendizaxe e no uso seguro das mesmas Familias Si
Debilidade Certo equipamento pode necesitar renovación... Algún profesorado e alumnado pode necesitar pautas para adaptase ao traballo con equipamentos de baixas/medias prestacións. Tamén é mellorable o soporte técnico, a protección de datos e a conectividade. Infraestruturas Si
Debilidade É necesario mellorar a estratexia dixital, o proceso de avaliación, coordinación e participación no proxecto para consolidar a implantación das TIC. Mellorar as prácticas de avaliación Oferta Si
Debilidade É necesario mellorar a coordinación co profesorado para afianzar unha estratexia dixital común. Algúns cursos teñen un número elevado de alumnos e sen posibilidade de facer desdobre. Falta de apoio técnico exterior. A análise SELFIE e o DAFO realizado serían moito máis eficaces canto maior sexa a participación de todo o persoal do centro Organización de centro Si
Debilidade No CDD, o profesorado puntuou se tiña competencia dixital insuficiente cun 33,3%, e o equipo directivo puntuouna cun 100%.Rotación de profesorado novo no centro. Persoal docente Si
Debilidade Colaboración e intercambio de experiencias interdisciplinarios e do fomento da creatividade. Avaliación de capacidades e autorreflexión da aprendizaxe. Pode mellorarse en xeral a CDD e o uso de novas modalidades de ensino e de avaliación Persoal docente Si
Fortaleza O uso e coidado de materiais é axeitado e con poucas incidencias. A competencia xeral aceptable. Con acceso a dispositivos e conexión a internet dentro do centro. Alumnado Si
Fortaleza Colaboran no coidado de equipamento EDIXGAL Familias Si
Fortaleza En xeral considérase que Equipamentos Instalacións e Conectividade son boas. Equipos Edixgal tanto profesorado como alumnado Conexión a internet estable e rápida. Recursos educativos en liña. Nivel xeral de equipamentos e instalacións satisfactorio Infraestruturas Si
Fortaleza O centro conta na actualidade cunha estratexia e plan dixital, emprega as novas modalidades de ensino e ten servizos de transporte, e comedor, que facilitan a integración das TIC Oferta Si
Fortaleza Asistencia técnica e coordinador TIC implicado. Organización de centro Si
Fortaleza Existen liñas PFPP no centro e contrato-programas Outras Si
Fortaleza Alta implicación e traballo con medios e contornas dixitais adaptados (AV, EDIXGAL, videoconferencia, recursos e ferramentas dixitais...) e en novas modalidades de ensino. Nivel de competencia xeral na CDD lixeiramente superior á media de Galiza Persoal docente Si
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Certa lentitude na reposición de equipamento informático en aulas específicas e despachos e oficinas con equipos obsoletos nalgúns casos. Certa lentitude na solución dalgunhas incidencias TIC. Procesos burocráticos complexos nalgúns casos. Administración educativa Si
Ameaza Infraestruturas de comunicacións xerais de conectividade baixa/media que poderían profundar na fenda dixital e dificulta o traballo a distancia. Non hai empresas de relevancia no sector das TIC Contorna Si
Ameaza Implica cada vez máis burocracia que quita tempo. Non promove tanto o STEAM Lexislación Si
Ameaza É necesario estudar que outras colaboracións externas poden establecerse Outras Si
Ameaza Existe unha porcentaxe relativamente pequena de alumnado que aínda non dispón de internet na casa ou ten unha conexión deficiente. Outras Si
Oportunidade Os programas ABALAR - EDIXGAL permitne mellorar a incorporación das TIC no ensino Administración educativa Si
Oportunidade Creación recente da ANPA. Bo funcionamento e coordinación coa dirección do centro. ANPA Si
Oportunidade Existen empresas na contorna. Contorna rural. Contorna Si
Oportunidade Estase a potenciar a incorporación das TIC e STEM. A nova lei educativa (LOMLOE) propón a agrupación de materias, o cal supón unha oportunidade para traballar por ámbitos de forma coordinada Lexislación Si
Oportunidade O concello colabora e participa co centro na realización de actividades, obras, etc, A casa da cultura do concello e aula CEMIT fan actividades de alfabetización dixital e proxectos de interese: Fálame de San Sadurniño e Chanfaina Lab Outras Si
Oportunidade Alumnado con acceso a dispositivos e con conexión de internet fora do centro Outras Si
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tendo en conta os resultados observados na elaboración do plan de acción tratamos de buscar obxectivos prioritarios e realistas que fosen asumibles polos responsables no vindeiro curso escolar tendo en conta os medios, o tempo dispoñible e os recursos propios do centro.

En xeral, os obxectivos que seleccionamos como prioritarios céntranse en:

  • Mellorar a coordinación, información e integración da estratexia dixital no centro.

  • Fomentar a creatividade e o intercambio de experiencias internas e externas

  • Promover as novas modalidades de ensino e avaliación dixital.

  • Mellorar a competencia dixital de toda a comunidade educativa, en concreto, mellorar a participación, información e colaboración coas familias.

  • Concienciar do uso seguro e como ferramenta educativa das TIC.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
A01 Afianzar a realización de experiencias interdisciplinarias e actividades que potencien a creatividade.
A02 Manexar de forma máis eficiente as incidencias TIC.
A03 Mellorar o espazo web para unha mellor comunicación coa comunidade educativa.
A04 Mellorar os espazos virtuais de aprendizaxe para un uso máis sinxelo e eficaz dos mesmos.
A05 Concienciar á comunidade educativa do uso seguro das TIC e como ferramentas de aprendizaxe.
A06 Mellorar a información e colaboración coas familias en relación ao proxecto de E-Dixgal.
A07 Impulsar colaboracións con outros centros e entidades externas.
A08 Detectar as necesidades de formación do profesorado en materia dixital.

Seguimento

Procedemento

Para facer o seguimento valorarase o grao de consecución dos obxectivos e as accións segundo as datas fixadas, se foron aprazadas/os, realizadas/os total ou parcialmente.
Trimestralmente recollerase na aplicación EduCalidade este seguimento de obxectivos/accións, analizando os indicadores de logro e facendo as propostas de mellora ou, no seu caso, decidindo o aprazamento dalgunha acción cando se considere necesario.

1º Trimestre

Accións previstas: A01.1, A02.1, A06.1, A06.2

As catro foron realizadas totalmente.

2º Trimestre

Accións previstas: A03.1, A04.1, A08.1, A08.2

A acción A03.1 levouse a cabo.

As accións A08.1 a A08.2 están en proceso e a A04.1 adiouse. Diversas tarefas imprevistas (actualización dos equipos do alumnado para posibilitar a instalación do novo filtro, actualización de datos para o DRD, recollida de datos para a instalación dos paneis nas aulas e instalación de novos equipos...) imposibilitaron a realizacións das accións previstas.

3º Trimestre

Accións previstas para o terceiro trimestre: A02.2, A03.2, A08.3

As accións A02.2 e A08.3 foron completadas, así como as accións A04.1 adiada completamente e as A08.1 e A08.2.

A acción A03.2 (actualización da web) queda a adiada ata o vindeiro curso.

Accións previstas para levar a cabo ao longo de todo o curso: A01.2, A01.3, A04.2, A05.1, A05.2, A06.3, A07.1, A07.2.

Foron completadas as accións A01.2, A01.3, A05.1, A05.2, A07.2.

As accións A04.2 e A06.3 foron levadas a cabo parcialmente, continuarase o vindeiro curso.

A acción A07.1 non foi levada a cabo.

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar o proxecto valoraremos o grao de consecución dos obxectivos iniciais e as accións realizadas total ou parcialmente e as que foron aprazadas.

Solicitarase a cada responsable das accións e ao profesorado en xeral unha achega das accións e actividades realizadas desenvoltas para valorar o grao de cumprimento das mesmas.

Para a avaliación xeral de todo o proceso analizaranse as actividadas en relación a cada acción e achegaranse como anexos os documentos pertinentes.

Valoración xeral

A valoración xeral é moi positiva.

En relación ao Plan Dixital resultou unha guía útil e precisa do traballo a facer e unha forma eficaz de facer un seguimento do mesmo.

En canto ás accións propostas foron axeitadas e axustadas a tempo e recursos.

A maioría das accións propostas foron realizadas ou parcialmente realizadas. A aplicación EduCalidade axuda de maneira importante a rexistrar o traballo feito e valorar as necesidades e obxectivos de cara ao vindeiro curso.

Proposta de mellora

O principal obxectivo de cara aos vindeiros cursos será unha maior participación do profesorado/alumnado/familias nas accións propostas no Plan Dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión do plan realizaranse as seguintes accións:

  • Informar ao profesorado na CCP e no claustro de aprobación do mesmo.

  • Achegar ao profesorado a ligazón de acceso ao Plan Dixital a desenvolver.

  • Manter o espazo colaborativo con información e documentación sobre o Plan Dixital na Aula Virtual do centro.

  • Enviar por correo electrónico información periódica ao profesorado daquelas cuestións relevantes para o correcto desenvolvemento do plan.

  • Enviar información ás familias empregando AbalarMóbil no caso de que se considere oportuno e necesario.